25 mar. 2007

Intelectuais da esquerda cara a dereita

O pasado 10 de marzo José Vidal-Beneyto remataba en El País unha interesante serie de artigos titulada "El capitalismo contra el planeta". Onte mesmo, 24 de marzo, iniciaba outra titulada "La derechización del mundo": na primeira entrega subliñaba o paso de antigos intelectuais de esquerda europeos ás filas da dereita conservadora (os en tempos chamados Novos Filósofos franceses ou Francesco Alberoni, entregado agora a Berlusconi). Tema que tamén debatemos nesta bitácora e que, ben se ve, preocupa a moita xente.

8 comentarios:

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

Sinceramente, son pouco optimista neste eido e non vexo unha alternativa real e efectiva ao capitalismo neo-liberal que domina o mundo. As diferenzas no económico entre esquerda en dereita son case insignificantes.

É mais, por exemplo, a dereita francesa tería unha política máis de esquerdas (en contra da guerra no Iraq, favorábel a unha xornada laboral mais curta, cun sector público forte, etc,...) do que moita da esquerda británica laborista.

Xabier dijo...

Eu tamén lín eses interesantes artigos e concordo con Vidal-Beneyto en que igual as esquerdas non foron capaces de satisfacer moitas esperanzas. Basta con fixarse neste país donde cun goberno socialista a banca, as eléctricas, as petroleiras, as telecomunicacións etc mostraban non fai moito aos seus accionistas os beneficios máis altos da súa historia. Xa non falemos do acceso a vivenda. Todos verdadeiros inquisidores do cidadán. ¿Donde está a diferencia entre estar gobernados pola esquerda ou pola dereita entón? ¿En migallas coma retirar unhas tropas de Irak?. Por certo ¿alguén sabe donde vai aquela "terceira vía" de Giddens?. Igual xa estamos no tempo "poshistórico" que pronosticaba Fukuyama co establecemento definitivo do liberalismo económico e político e donde as ideoloxías xa non contan e por eso non hai conflicto nesa migración a dereita.

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

O problema non é, Xabier, que as empresas gañen cartos. É mais, oxalá que gañen moitos cartos, pois para iso están os negocios. O problema é que moitas veces non os gañan de maneira ética nin reparten os beneficios de maneira xusta entre os seus traballadores. Quen entende que un banco gañe o 40% de beneficios sobre capital e incremente os salarios dos seus empregados o 2%.

descrido dijo...

Xa que Marcos sacou de novo este interesante fío de debate; tamén pode ser interesante rescatar algunha afirmación ó respecto de Fernández Buey o 18 de Marzo (compartía espazo de debate con Ignacio Sotelo no xornal "El País")...e dicía "la nomina habitual de los intelectuales de izquierda que se pasan a la derecha en este país está hinchadísima, pues se tiende a llamar intelectuales a muchos que no lo son y se tiende a considerar de izquierdas a otros tanto que sólo lo fueron en su imaginación de ahora"...

a.p-c. dijo...

Seguro que me trabuco, pero non creo que, durante moitos anos, José Luis Sampedro fose exactamente un home de esquerdas. Quizais lle fose máis acaído o termo de "inconformista dentro dun orde".

Non en balde, estivo moi ben relacionado con sectores do réxime e da banca durante os anos cincuenta, sesenta e primeiros dos setenta.

Logo si, unha vez xubilado, ou pouco antes, si que se pronunciou inequivocamente como un home de esquerdas.

E que non se tome isto como unha acre descalifación. Antes ao contrario, paréceme un home entrañable, de quen, cando a lin no seu día, me pareceu extraordinaria a súa novela "Octubre, octubre".

Remixio dijo...

Non me parece moi lucida (non sei se moi lúcida) a nómina de Fernández Buey. En todo caso, paréceme un pouco pobre ter que botar man de Ferrín, quen, cando posa de intelectual, sempre me pareceu un pouco ridículo e impostado. Eu creo que é un bo escritor con ínfulas sartreanas. Pero un intelectual non mo parece, se é que consideramos que baixo ese vocábulo non cabe todo.

marcos valcarcel dijo...

Ven a conto este artigo, onte no Faro (Marcos): INVENTARIO DE PERPLEJIDADES. La lista de Savater
Le exigió a Fernández Buey que diese al menos cinco o seis nombres de esos "insobornables" | JOSÉ MANUEL PONTE

En su número del domingo antepasado un importante periódico madrileño incluía dos artículos de Ignacio Sotelo y de Francisco Fernández Buey, bajo el epígrafe general de "¿Por qué los intelectuales de izquierda se hacen de derechas?" Cada uno de los dos catedráticos lo respondía a su manera. Sotelo, como buen sociólogo, llamaba la atención sobre la alternancia del fenómeno ideológico que provocaba mareas hacia la izquierda o hacia la derecha, históricamente constatables. "A los más viejos -escribía- nos ha tocado vivir cambios en las dos direcciones, conversión multitudinaria a la izquierda en el 67/69, y fuerte derechización de los años noventa". Y llegaba a la conclusión final de que, al margen de vaivenes electorales entre sedicentes fuerzas de derechas y de izquierdas, que en el fondo se parecen como dos gotas de agua, el dilema que se plantea ahora mismo -proliferación creciente del armamento nuclear y cambio climático- excede de ese esquema simplista y demanda una nueva síntesis de pensamiento. Por su parte, Fernández Buey, como filosofo, reflexionaba sobre el transformismo de los intelectuales que muchas veces se arriman al sol que más calienta, dejando en olvido todo lo que predicaron. A ese respecto, citaba el caso del contraste clamoroso entre el discurso izquierdista de Miguel Boyer en la Escuela de Verano del PSOE en 1976, propugnando la nacionalización de la banca, las eléctricas y la siderurgia, y lo que decía luego en la fundación FAES de Aznar. O el caso de Mussolini, que pasó del socialismo maximalista a ser fundador del partido fascista italiano. Después, se quejaba de la tendencia periodística a destacar solamente las conversiones ideológicas hacia la derecha, y terminaba haciendo un elogio de los intelectuales de izquierdas que habían permanecido fieles a sus compromisos ideológicos, sin dar nombres. Bien creímos los lectores de esos dos artículos que la polémica se había cerrado, pero en esto terció en ella el también catedrático Fernando Savater, quien en carta al director del antedicho periódico le exigió a Fernández Buey que diese al menos cinco o seis nombres de esos "insobornables". A ser posible de su propio entorno para que le resultase más fácil. "No se los pido por morbo malsano -remataba irónicamente- sino porque quiero enviarles mi felicitación las próximas navidades". Y a parte de todo eso, aprovechaba el viaje para hacer una descripción de lo que él entiende que debe de ser un intelectual de esa clase que en el fondo es un retrato acabado de lo que el piensa de sí mismo, porque alude a quienes luchan contra el etnicismo nacionalista en el País Vasco, a los que defienden el Estado de derecho aunque les llamen "españolistas", y los que asisten a todas las manifestaciones contra ETA. En su carta de réplica, Fernández Buey tiene el detalle de no reprocharle ese alarde vanidoso y se limita a dar una lista de personas honradas a las que el filósofo donostiarra pueda felicitar por Navidad. Son estas: Xesús Alonso Montero, Ignacio Fernández de Castro, Josep Fontana, Joan Martínez Aller; José Manuel Navedo, Juan Carlos Rodríguez, José Luis Sanpedro, José Sanchis Sinisterra y José Luis Méndez Ferrín, admirado compañero en las páginas de este periódico. Esperemos que no tenga reparo en felicitarlos.

a.p-c. dijo...

Qué cousa máis rara. O meu comentario anterior púxeno porque antes estaba colgado o texto de Ponte Far, e así viña a conto, pero logo este apareceu despois do meu, polo que a miña intervención quedou excéntrica. Supoño que o dono do blog o movería de sitio.