25 mar. 2007


Bryce Echenique versus José María Pérez Álvarez, "Chesi"
Dende logo é todo un nivel que un escritor como Bryce Echenique che copie un artigo, literal, case sen cambiar máis que un par de palabras: así o contou Cristina Huete en El País. Parabéns para Chesi, autor do texto de referencia, "Las esquinas habitadas" (publicado na revista Jano e en Alternativa de contenidos, de Galipress.com). E queda demostrado unha vez máis que no mundo dos escritores hai de todo: ata xenios que se deixan caír nestas "canalladas" (a espresión é de Chesi, recollida en La Región). De paso, recomendamos os excelentes artigos de Chesi en Alternativa de Contenidos, a serie "Puede ser así".

9 comentarios:

a.p-c. dijo...

Lin onte a noticia e non daba creto. O plaxio é máis que evidente. E seica tamén hai máis casos.

Que baixo se cae ás veces, mesmo os grandes como Bryce. Non somos ninguén!

marcos valcarcel dijo...

Sen dúbida, Internet facilitou as cousas. Hoxe é facilísimo seguir unhas cantas webs, blogs ou diarios de todo o mundo e sacar dalgún deles o tema e artigo que che interesa: cada vez se descobre máis casos e hai xente, por fortuna, que se dedica a denuncialos. Pero sorprende que un señor como Bryce non se moleste nin en cambiar o estilo (aínda que aproveitase o argumento, iso non é plaxio: as historias repítense). En fin, eu levo probablemente milleiros de artigos publicados e nunca copiei conscientemente ningún, como moito inspirarme nun tema tratado por outro autor ó que sempre cito, por suposto. Pero, visto que o fai, Bryce Echenique, a tentación é grande (é broma, claro!).

arume dos piñeiros dijo...

E onte Caneiro facia unha exaltación gloriosa de Martín Romaña. En que poucas páxinas pasa un do ceo ao inferno.
Non é desculpa, pero as aficións, desgraciadamente para el e para nós que o amamos tanto, de Bryce desviano da causa literaria.

a.p-c. dijo...

En base a este novo vicio nefando, Bryce vai tirar do prelo unha nova novela autobiográfica: "La exagerada vida de Martín PIRAÑA".

a.p-c. dijo...

Por certo, un bo traballo xornalístico de Cristina Huete. Parabéns.

Anónimo dijo...

Sexamos xustos, de outorgar parabéns deberíase de citar tamén o Xornal la Región, que na mesa data (penso eu) tamén fala do tema e non de xeito menos profesional que El País.

http://www.laregion.net/content/view/30869/28/

a.p-c. dijo...

Síntoo, pero eu nunca vexo ese xornal ourensán. Polo tanto, non podo opinar do que nel se di.

marcos valcarcel dijo...

Os dous xornais informaron con bastante detalle, de certo. El País ademais ofreceu, en paralelo, os dous artigos, orixinal e copia, e así se pode comprobar a identidade case absoluta dos dous textos (creo que non se pode ligar aquí, porque non saen na edición dixital aberta a todos).

arume dos piñeiros dijo...

Eu quero, nestes momentos de turbación, botarlle un capote ao meu amigo Bryce a quen lle teño que agraceder algúns dos momentos máis divertidos da miña vida. Vino non menos de cinco veces en diferentes conferencias e nalgún curso case seminario que deu sobre a literatura hispanoamericana. Entre whisky e whisky foi deixando a súa vida entre as mans dos espectadores que escachabamos da risa. POr esas festas da palabra, merece unha honra no altar da literatura. Por outras, pasar polo xulgado a pagar, ao menos, as costas e unhas copas aos copiados.
Nota: eu creo que Bryce non plaxia: toma prestado. Así, segundo as malas linguas, fai sempre. Unha mágoa, pero así é Alfredo.