9 mar 2007


O blog de Carlos Casares
(Andoliña 9 marzo 2002)
A foto é duns Encontros Literarios en Ourense sobre Literatura e Oralidade (1997), no Liceo.
Están na foto Basilio Losada, Pepe Trebolle, Xoán Fonseca, Siro López, Carlos Casares, Marcos Valcárcel e Alonso Montero.

Cúmprense hoxe cinco anos da morte de Carlos Casares e non podemos deixar de constatar o inmenso baleiro que na cultura galega representou a súa prematura desaparición. Excelente escritor, magnífico conversador e tertuliano, para moitos foi tamén un amigo e un referente moral. Lembrarémolo no Liceo ourensán cunha serie de actos nos que máis de 50 persoas leremos os seus textos xornalísticos.
Ademais, tiven a ousadía de convocar os colegas do blogomillo galego (a todos aqueles ós que puiden chegar) para que hoxe lle dediquen un comentario nas súas bitácoras. Porque Carlos Casares non chegou a escribir un blog, non era tempo aínda, pero tiña unha peculiar bitácora dende os xornais e dende eles comunicaba con moitos milleiros de galegos e galegas: cónstanos ademais que recibía moitos comentarios, vía telefónica, sobre os temas das súas columnas, como hoxe se reciben por escrito en cada un dos nosos blogs.
Sabendo ademais que Carlos era un apaixonado dos trebellos, das novas tecnoloxías e do mundo da internet, estou seguro de que lle encantaría saber que hoxe si vai ter un blog, pero espallado en múltiples bitácoras: dende Auria ata Buenos Aires, en merecida homenaxe.

7 comentarios:

Ra dijo...

Que suerte de foto. Bonito homenaje.

Ana Bande dijo...

Grazas pola fotografía, é emocionante ver a algún amigo como Xoan F., apertas para él.

FraVernero dijo...

Misión cumprida, meu. Vexamos abrollar mil homenaxes máis...

Andrederabal dijo...

O meu sinxelo homenaxe xá está tamén subido.

Anónimo dijo...

Nós tampouco o esquecemos e sumámonos á homenaxe

Anónimo dijo...

Todo un éxito da convocatoria no blogomillo.

Parabéns, Marcos, pola iniciativa.

Silvio Falcón dijo...

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/03/carta-aberta-aos-galegos-exemplares.html

A miña contribución, señores. Grazas Marcos polo gran traballo realizado.