27 mar. 2007


A obsesión polo canon: que novelas bota vostede en falta?

Onte, dous xornais (La Voz de Galicia e El País) publicaban listas. Listas de novelas. La Voz de Galicia recollía a información dun novo título, 1001 libros que hay que leer antes de morir, obra de Peter Boxall (revisada na súa edición española por José Carlos Mainer), na que se ofrecen estes datos:
El gallego que más títulos coloca entre los 1.001 elegidos es Valle-Inclán, con tres piezas que, en realidad, son ocho. Del autor se seleccionaron su novela Tirano Banderas , la saga El ruedo ibérico (trilogía compuesta por La corte de los milagros , Viva mi dueño y Baza de espadas ) y las cuatro Sonatas (de otoño, de estío, de primavera y de invierno) en las que el marqués de Bradomín cuenta sus presuntas memorias. El ya mencionado Camilo José Cela aporta dos piezas al total, La colmena y Viaje a la Alcarria , y el resto de elegidos (otros nueve) se tienen que conformar con colgar una obra entre las piezas estelares. El resto de textos en castellano firmados por autores gallegos que se han encaramado a este singular (y concurrido) podio son Los pazos de Ulloa , de Emilia Pardo Bazán; Larva. Babel de una noche de San Juan , de Julián Ríos; y Los gozos y las sombras , de Gonzalo Torrente Ballester. En gallego han logrado hacerse un hueco entre los 1.001 mejores relatos de todos los tiempos A esmorga , de Eduardo Blanco Amor, (presentada aquí como La parranda ); O Grifón , de Alfredo Conde; Merlín e familia , de Álvaro Cunqueiro; Memorias dun neno labrego , de Xosé Neira Vilas; Un millón de vacas , de Manuel Rivas; y Tic-tac , de Suso de Toro.

Á súa vez El País tamén publicaba unha páxina enteira, dentro das informacións do XIII Congreso de Academias de la Lengua Española, sobre "Las mejores novelas en español", elixidas por 80 especialistas. Esta era a súa escolla:
1. El amor en los tiempos del cólera, Gabriel García Márquez.
2. La fiesta del Chivo, Mario Vargas Llosa.
3. Los detectives salvajes, Roberto Bolaño.
4. 2666, Bolaño.
5. Noticias del imperio, Fernando del Paso.
6. Corazón tan blanco, Javier Marías.
7. Bartleby y compañía, Enrique Vila-Matas.
8. Santa Evita, Tomás Eloy Martínez.
9. Mañana en la batalla piensa en mí, Javier Marías.
10. El desbarrancadero, Fernando Vallejo.

En fin, se o desexan, poden ampliar ou modificar ámbalas dúas listas: pola miña banda, só podo certificar a extrema calidade das dúas primeiras citadas na lista de novelas en español, e o meu respecto pola outra lista, sobre todo no que se refire ás obras citadas de Valle Inclán, Torrente Ballester, Cunqueiro, Cela, Pardo Bazán e Blanco Amor (máis discutible sería o título escollido no caso de M.Rivas e supoño que moitos lectores discutirán o de Suso de Toro, aínda que considero que Tic Tac é unha gran obra e unha das súas mellores novelas).

5 comentarios:

nhusko dijo...

Bolaño é morto. Que podo agardar xa da literatura?
É hipérbole, seino, mais tamén case un sentimento.

Anónimo dijo...

Estas listas lembrame o que dicia Debord respecto da economía, que ía organizándose como o mesmo espectaculo. Cal será pois a forza succionante do espectaculo respecto dos sistemas literarios?. Elévadisima. Asi se comprenden estes tops de exitos nacionais e mundiais. Para que sirben? dende logo que para ensinar literatura non, na literatura o importante é a relación, a xustificación das relacións estabelecidas entre unha obras e outras. A relación é o coñecimento. O enumeramento é unha simples acumulación de datos. O valor, e as posibeis xerarquias, graos e diferencias estabelecense coas relacións.
Mais didactico, e de maior valor informativo sería difundir o que se entende por literatura, por novela... nos diferentes espacios e tempos, aportaía esto unha base para a posibilidade de estabelecemento de opinións, de hipóteses, de funcións. Estas listas dan unha información excesivamente redundante, verdadeiramente non son información, simplesmente consolidación, consagracion duns valores, os xa existentes, os clasicos de sempre e os mais populares de hoxe. Se nos tomásemos estas listas en serio, a mesma literatura sería sustituida polo espectaculo. Pode que non esteamos tan lonxe de que así sexa, mais polo momento, a literatura permite o marcaxe da diferencia que o espectáculo homoxeiniza, ainda que sexa con autores que non figuran nos listados( ou que si figuran os detestan ou detestarían) e tamén estudios literarios que aborrecen estes tops e que lle negan o mais mínimo valor cognitivo. Quizais estas listaxes para quen mais valor de uso teñan, sexa para os funcionarios da literatura, e para toda a gama de horteras.
Jimy de Rairo

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Perdoen que repare en cousa tan nimia: que o marqués de Bradomín conte as súas "presuntas" memorias chegoume á ialma (como se dicía antes de antes): han ser sospeitosas? Han ser falsas? Hasn ser mentireiras? Non son memorias?

Anónimo dijo...

Home, señor Arume, cando alguén e feo e sentimental, a cousa pode ter un pase; pero iso de ser católico (ainda que sexa medio en broma) quita toda credibilidad... Ou non?

arume dos piñeiros dijo...

O problema é que o marqués de Bradomín non é feo, católico e sentimental. O marqués de Bradomín DI que é feo, católico e sentimental. O lector ten a última palabra. Xa se verá.