27 mar. 2007


Cidadanía: a "perigosa" nova materia
Andoliña mércores 28 marzo (Imaxe de Vermeer)

Que é un cidadán? Como formula a resolución intelixente dos conflitos entre as persoas? Como enfoca a loita pola felicidade? Cales son os cimentos da dignidade dos seres humanos? Que é un bo cidadán? Quen son eu? Como se pode vivir en convivencia a amizade, a parella e a sexualidade? Como se establece a convivencia? Que é a democracia? A este rosario de preguntas quere responder a nova materia de Educación para a Cidadanía, que se impartirá en terceiro de ESO, para mozos e mozas de 14 e 15 anos. O filósofo José A. Marina fixo o primeiro manual da materia, que enfoca tamén temas como a igualdade de homes e mulleres, a solidariedade e os Dereitos Humanos.

Contra este "perigoso" proxecto chama á obxección de conciencia Juan Antonio Martínez Camino, portavoz da Igrexa católica: nun xornal de Madrid definía a nova materia como "unha formación moral das conciencias, á marxe da libre elección dos pais". E resulta curioso que a Igrexa se sinta autorizada a falar en nome de todos os pais, que xa están ben representados nos seus lexisladores (para iso está a democracia). Por certo moi calados estaban estes novos insubmisos cando só existía a formación moral obrigatoria do nacional-catolicismo.

2 comentarios:

XM Carreira: Caixa do Mendinho dijo...

Ao mellor a Monseñor
Camino non lle gusta a obra> de Marina e prefire outro tipo de Obras.

Leituga 1 dijo...

E iso que Marina é cristiano convicto e confeso, aínda que non sei se confesado.