15 abr. 2007

As Uvas hai un ano

Abrín esta bitácora hai pouco máis dun ano, reproducindo unha Andoliña do 10 de marzo de 2006 sobre os “Columbarios nas igrexas e nos estadios”. De que falamos naqueles primeiros días de marzo. Pois pode ter interese relembralo. Andabamos os do Liceo a recitar contos para os nenos do Hospital Infantil e nestas Uvas falábase destes temas: Do Lacisimo na escola. Da funcionalidade educativa dos relatos de Blanco Amor. Do comunicado de tregua de ETA. Da misoxinia na literatura. Do xornalismo literario e de Antón Villar Ponte. De Nani Moretti e de Xurxo Sierra Veloso. Da Bienal da Caricatura.
Do Honoris Causa de Franco. Do apoio popular de Franco.
De Xoaquín Lorenzo e Cuevillas. De Xosé Luís Parente.
Da conferencia de Santiago Carrillo en Ourense. Da demisión de Ánxeles Cuña.
De Francisco Ayala. De Beiras, “Galego Egrexio”.
Dos inicios da Autonomía Galega e de Francisco Vázquez falando en galego.
De “grazas” ou “graciñas”. Do epistolario de Carballo Calero. Dos refráns sobre a muller de M. Schipper. Pois xa pasou un ano, pero moitos destes temas seguen ben vivos aínda. Non cren?

36 comentarios:

paideleo dijo...

Noraboa por este ano.
Vexo que o neno goza dunha saúde envexable e espero que siga así.
Graciñas ( que non grazas ) por estares aí.

arume dos piñeiros dijo...

Haberá que celebralo. Non sei como, pero haberá.
Parabéns e, sobre todo, moitas gracias.

Mr Tichborne dijo...

e que cumpra moitos máis! noraboa polo seu traballo

Etxeokeai dijo...

¿Facemos unha cea?
Unha cita a cegas....
Unha romaría laica?
Saúde e adiante, kamarada

amelia dijo...

¿Cita a cegas? Pero se só hai homes. ¿Ou seredes todos gais?

Leituga 1 dijo...

Eu non son gay. Pero unha "quedada", como se di nestes medios, igual non estaba mal. E vostede, Amelia, apúntese.

arume dos piñeiros dijo...

Recomendo sobre quedadas blog de beliscos pequenos. Alí se conta a derradeira quedada blogueira, unha blogoesmorga, en Santiago. Para tomar recortes.
E, amiga Amelia, non sei por que dá por suposto que todos somos homes.

a.p.-c. dijo...

Penso que a maioría dos que andamos por aquí somos homes, polo menos iso é o que di Valcárcel. Se algúns son gays non o sei. Pero "guays" seguro que si.

Dixomedixome dijo...

Veña, veña!, con ou sen cita a cegas, o cumpre, ben merece unha copa chea, e non se debería deixar pasar.

Ala xá, vostede Amelia tamén,onde e cando ?.

arume dos piñeiros dijo...

E, unha curiosidade, señor Valcárcel, cantos vimos sendo os seus fieis devotos?

X dijo...

Si, poucas cousas mudaron, mais de todas formas felicítoo pola súa constancia e polo interese do blog. Parabéns.

marcel swann dijo...

Por moito tempo máis. "Sem" subvencións.

Anónimo dijo...

Non me enteo, pero este cumpleanos non o celebraramos xa, cunha tarta e cos nomes dos invitados, non me importa celebralo outra vez, pero logo aquelo que foi...
Jimy de Rairo

marcos valcarcel dijo...

Para Jimmy de Rairo: si, xa celebramos o aniversario hai uns días e eu só quería con este post relembrar algúns temas de hai un ano que, penso eu, non quedaron nada obsoletos (non pretendía recoller felicitacións nin nada parecido: excusas se provoquei iso sen pretendelo).
Agora que a idea de quedar un día a tomar uns viños e uns pinchos en Ourense non estaba nada mal: o único problema sería a organización do evento, pero hai que pensalo. Supoño que, se nos animamos, o Liceo colaboraría e ese é un bo lugar para xuntar un grupiño de amigos/as...

marcos valcarcel dijo...

Para satisfacer a curiosidade de Arume dos Piñeiros (e doutros posibles amigos lectores/as), infórmame disto o meu técnico e tamén amigo Xulio Outumuro:

As 11:51 de onte á noite o último comentario era de Arume co número 4830.
O usuario máis regular dende que se creou o blog e se instalou o chivato de estadísticas (ADDFREESTATS) utiliza un ordenador con dominio da Universidade de Santiago de compostela, para acceder ÁS uVAS. En segundo lugar unha conexión de Telefónica, e en terceiro lugar un de Georgetown(EEUU).
Dun longo informe dos últimos 500 usuarios, a cuota máis alta de visitas alcanzouna o mes de marzo pasado cunha media de 150 visitas por día, frente a marzo de 2006 cando acaba de nacer, cunha media de 20 por día.
Existen usuarios que se conectan moi asiduamente dende sempre :
Madrid, Vigo, Santiago, Pontevedra, Ourense,Coruña, Sevilla, Logroño, Albacete, Faro (Portugal), Alemaña, Bélgica, Calgary, (Canadá), Buenos Aires, México, Santa Fé de Bogotá e Caracas (Venezuela), Quito de Pichincha (Ecuador), Uruguay e Norway (Noruega).
Un madrugador, de KINGDOM entraba por primeira vez hoxe ás 8:55 da mañán de hoxe.
Colocareille nestes días outro avisador de estadísticas como complemento ó anterior, para solventar certas eivas que ten este. Saúdos.

marcos valcarcel dijo...

E pola miña banda, non o dixen, por suposto encantado con esas 150 visitas diarias de lugares tan arredados como Sudamérica, Canadá, Noruega ou Faro (Portugal, canta calor pasei aló nun verán!). No que me queda de vida non creo que poida ir a moitos deses lugares, así que cando menos viaxo cunha aperta de irmandade dende estas páxinas virtuais.

Mª Paz dijo...

Moitos parabéns Marcos, xa que cando as "criaturiñas" aínda comenzan a dar os primeiros pasos, tí xa es un referente.
¡Qué sexan moitos máis!

Leituga 1 dijo...

E quen será ese de Xoooorxtáun que tanto nos visita? Non será EL?

Etxeokeai dijo...

Si. É EL. Estou seguro.
O grande ollo. A grande orella. O pequeno tacto. O mal gusto. O errado olfato. Varrendo, varrendo as ondas, as liñas, os pensamentos, as tendencias, as redes... Non me estrañaría que outros blogs somellantes tivesen tamén esa presenza misteriosa...

marcos valcarcel dijo...

Pois eu agardo que o de Georgetown non sexa el, a quen supoño moi ocupado colocando o seu álbum de fotos (na portada aquel trío famoso). Mira ti, a ver se foi deixar por aló algún discípulo. E, por favor, que non se moleste o amigo real que nos visita dende eses lares tan a cotío: todo isto é unha broma entre amigos e agardo que saiba compartila con humor.

marcos valcarcel dijo...

E para Etxeokeai: coas liñas que apuntou no seu último comentario, ten un excelente inicio dun posible conto en clave de ciencia-ficción e realto moral. Anímese...

a.p.-c. dijo...

Eu, sinceramente, non son moi optimista verbo dos datos cuantitativos dos visitantes.

É obvio que moita xente entra neste blog (150 é unha media máis que estimable), por claros e notorios merecementos do seu dono.

Mais, alén dos datos numéricos, cantas persoas len non só as entradas de Valcárcel, senón tamén os comentarios e debates que os habituais poñemos aquí? Seguen estes debates ao longo dos días? Canto tempo permanecen enganchados os visitantes? Fan só un barrido xenérico ou demóranse en ler as ocurrencias que, con maior ou menor tino, poñemos os tertuliáns?

Penso que, nos tempos que corren, ansiosos e con présa, non son demasiados os visitantes que debullan o blog. Desde logo, moitísimos menos que eses 150 visitantes diarios.

En fin, lamento esta xerra de auga fría ante tanto optimismo numérico. Obvio é dicir que espero estar, unha vez máis, trabucado de cabo a rabo.

Xosé M. González dijo...

Pois a min paréceme ben relevante ese elevado número. Sobre todo tendo en conta que eu mesmo leo o que leo con moita máis présa da debida.

Observo con sorpresa que non son dos máis asiduos (a orixe delata o dato). Ou sexa, que os hai máis enganchados ca min...

E parabéns logo. Ante a dificultade presumible para a reunión formal (e eses anonimatos, meus contertulios, onde quedarían?), o sábado que vén beberei por vostedes.

Leituga 1 dijo...

Desta vez coincido co señor González moito máis que con AP-C. Eu creo que o número de visitantes diarios é moi grande, tendo en conta que a maior parte dos blogs son uns artefactos mortos de soedade, de silencios, de nulidade posteira e de comentarios cero. Con tanta oferta como hai pola rede -mesmo en galego- 150 ao día é unha barbaridade. Eu sempre pensei que eramos moitos menos e xeograficamente máis concentrados os que viñamos con algunha asiduidade pola casa virtual do señor Valcárcel.

a.p.-c. dijo...

Ou non me debín explicar ben ou non se me debeu entender (ai, esas présas!). Dixen que 150 visitantes é unha media máis que estimable. Xa que logo, un número elevado ou moi grande. Concordo niso.

Porén, o que eu me preguntaba era algo que ía alén do cuantitativo e entraba na dimensión cualitativa. Reléanse, logo, as miñas palabras e, se se quer, opínese sobre as interrogantes alí apuntadas.

Xosé M. González dijo...

Contéstolle e, en síntese probablemente insatisfactoria: obviamente, non todos nos interesamos por todos os debates; Non todos estamos igualmente interesados polo blog en si; non todos temos tempo dabondo ou decidimos dedicarllo a isto.

a.p.-c. dijo...

Pois a iso me refería.
Daquela, o visitante de "calidade" -e desculpas por unha expresión para nada axeitada- é ben inferior á cifra de 150.

Xosé M. González dijo...

Xa, pero fíxese en que nós mesmos -eu, polo menos- non sempre lemos con calidade, nin menos: as présas, vde. mesmo o di; eu, xa non é só a lectura, compróbense as grallas contidas nunha boa parte dos meus non corrixidos escritos.

Ou sexa que, todo pesado, o balance non me parece malo.

marcos valcarcel dijo...

Por suposto, para min todos os lectores/as son "de calidade", dende os máis impresionistas ata os máis asiduos. Pero, claro, hai un grupo reducido moi constante e participativo que sostén o núcleo de moitos debates: de feito, creo sinceramente, que o éxito do blog non está tanto nos meus textos, senón no feito de ser capaces de crear entre todos/as un clima de diálogo aberto e tolerante, de alta calidade intelectual. E iso é mérito de todos. E creo que ata os lectores que entran máis de pasada ou que non participan con comentarios veñen en busca dese clima e da valía dos traballos que aquí xeneramos entre todos.

a.p.-c. dijo...

O incuestionable éxito do blog é, en primeiro lugar e sobre todo, do anfitrión, Marcos Vacárcel.

El é quen de presentar e suxerir temas e asuntos que, logo, os demais debaten. El é quen, co seu bo saber facer, de lograr que todos se sintan cómodos e libres para expresarse sen cortapisas (coido que cortapisas é palabra nada galego).

Valcárcel serve café, copa e puro, de calidade indiscutible, para todos.

Os demais, agradecidos, tran de cando en vez algunha delicatessen, ou tamén augardente forte, para festexarmos o sabor da palabra civilizada. Cortés, arisca ou aceda, pero sempre civilizada.

Parabéns a todos.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Coincido punto por punto co amigo APC. Que sexa por moito tempo.

marcel swann dijo...

O perigo está en que o foro o dominen tres ou catro licenciados, que interactúan entre si, e que os de infantería, que somos os mais, fiquemos en orsay.

a.p.-c. dijo...

Eu penso, amigo Marcel, que aquí interactuamos todos con todos, e que iso enriquece o blog, convertíndose isto nun dos seus sinais distintivos.

Fronte ao autismo habitual dos participantes noutros blogs, aquí todos a "liamos" con todos, opinamos, retrucamos, ironizamos, en suma, interactuamos positivamente.

Non creo que ninguén pretenda establecer ningún dominio nin que tampouco haxa ningún motivo para que ninguén se sinta nin de infantería nin de cabalería. Ese perigo, coido, non existe.

Aquí, penso, todos somos iguais. Ás veces particípase máis e ás veces menos, segundo as circunstancias de cada momento.

Eu, desde logo, estou encantado de debatir con vostede e con todos os demais, e considéroos "amigos virtuais". E estou certo que a vostede tamén lle pasará algo semellante.

Saúdos.

arume dos piñeiros dijo...

Eu, pola miña banda, como na propia vida, non lle miro o pedigree á xente. A mín tanto me ten. Aquí divertimonos e ademáis, sobre todo eu, aprendemos. Que diso se trata. Saúde e felicidade, sempre en boa compaña.

Leituga 1 dijo...

De acordo, punto por punto, co eloxioso comentario que AP-C fai do blog e do labor do señor Valcárcel.

Averroes dijo...

É certo que ten boa pinta este sitio. A ver se veño máis de agora en diante.