29 abr. 2007


Brincadeira

(Pan por Pan 29 abril. A caricatura de Ramón Villares é de Fausto e está publicada na II Bienal de Caricatura de Ourense)

Tocoume onte compartir o xantar con varios amigos do mundo cultural, no Balneario de Mondariz. Na conversa, en ton lúdico, xurdiu o tema dos parecidos con famosos. Alonso Montero confesou que máis dunha vez o confundiran co humorista Quique Camoeiras. A Pepiño de Redondela case lle fan inaugurar unha exposición en Compostela pensando que era o alcalde Xerardo Estévez. Noutra ocasión xantaban xuntos o mesmo Pepiño e Ramón Villares, cando era reitor, nunha taberna de Redondela. E viron que uns paisanos miraban cara eles de seguido dende a barra. Un deles achegouse e intercambiaron unhas palabras. Volveu pouco despois e invitounos a unhas copas. Quedaron agradecidos e sorprendidos. Aínda se achegou de novo e díxolle a Villares: “Logo tennos que contar os chistes de onte na televisión”. Daquela caeron da burra: pensaban que o reitor era Moncho Borrajo.

4 comentarios:

a.p.-c. dijo...

Non hai dúbida de que as semellanzas son notorias, sobre todo a de Alonso Montero con Quique Camoeiras. Gran comediante, por certo. Camoeiras, non Alonso, quero aclarar.

arume dos piñeiros dijo...

Eu coñezo unha anécdota semellante á de Villares. Un camareiro en Vigo confundiu a Alonso con Camoiras ao pedirlle un autógrafo. Seica a Alonso non lle fixo precisamente gracia. Pero hai que dicir que gracias á confusión o servizo de mesas foi impecable e atento. A vis cómica de Camoiras trasládase a Alonso e fai que sempre agarde de Alonso unha gracieta, o que moi poucas veces se produce.

Anónimo dijo...

Alonso e Camoiras teñen ademais outra cousa en común, os dous falan moito.

Anónimo dijo...

pero Alonsos gánalle cando di eu fixen eu dixen eu estiven eu escribin, sempre eu