Portugal
Dende outro ámbito cultural, o poeta Carlos Marzal reivindicou recentemente a necesidade de incorporar o portugués á escola e aproveitar as sinerxias culturais que iso xeneraría, alternativa que tamén se defendeu recentemente neste foro.
Velaquí o seu excelente artigo, completo (só dicir que eu engadiría na lista de traductores lusófonos ó noso Basilio Losada).
En mis ensueños de pedagogo por libre, se me ocurre que una hora semanal de portugués en las escuelas –ahora que el español es lengua de enseñanza obligatoria en Brasil– haría más por la formación integral de nuestros alumnos que las tan necesarias y bien empleadas horas de inglés. Con muy poco esfuerzo los acercaría a una extraordinaria e inacabable literatura, a una de las civilizaciones más apasionantes de la historia cultural, y a formar parte de una comunidad hispano-portuguesa de cerca de 700 millones de hablantes. Casi nunca, con tan poco, se podría hacer tanto.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
9 comentarios:
No noso caso xa non son sinerxias, senón prolongación "natural" e proxección notoria. Somos un caso cualitativamente diferente, e a cousa esixiría tratamento propio.
Se o portugués acabase entrando na escola galega por disposición gobernamental española, vaia ironía. Que importa que nos conveña, o caso é que Madrid o mande...
Pesoalmente estou por achegar gramaticalmente as dúas linguas e non por crear unha asignatura concreta. Claro que si xa bastantes problemas temos co galego non quero nin imaxinar os que habería co portugués. As linguas teñen una dimensión económica sen dubida. De ser Portugal unha potencia coma Alemaña, xa fai moito tempo que o portugués estaría na escola. Carlos Marzal fala en termos culturais (literatura) pero desafortunadamente iso non é o que move ao mundo.
Xustamente por iso, as enormes expectativas do Brasil en termos económicos e xeopolíticos deberían facer que cidadáns e políticos cavilasen. O portugués, como o galego, son para nós pura conveniencia.
O malo é que si Brasil mira para o español pouco imos avanzar por que non esquezamos que o español avanza imparable alí.
Mire, iso parécelleme unha versión interesadamente difundida desde España.
Por algún comentario diríase que no Brasil hai un proceso de substitución linggüística en marcha. Parece, pola contra, que tamén na Arxentina e outros países veciños aumenta o estudo do portugués. Cousa lóxica, porque a diferenza vai camiño de ser abismal en termos económicos; e en demografía só México lle é comparable.
Que non somos raza condenada, hom.
E certo, desde as follas de El Pais vai por varias veces que recibín esa información posiblemente interesada.
Esa información, a referida á demanda do estudo do castelán en Brasil, é certa, independentemente de que sexa motivo de contento e mesmo de fachenda para sectores eitoriais, culturais e políticos españois. A min confirmáronmo importantes ecritores brasileños, que, dito sexa de paso, o ven como un bo síntoma e non como algo preocupante. E ademais andan por aí os datos. Non é ningún invento. Isto, por suposto, non lle quita nin un chisco de importancia á lingua portuguesa, que debería ter unha presenza no sistema educativo galego que hoxe non ten. Os países avanzados ou decididos a avanzar, exceptuando os anglosaxóns, están a optar claramente polo multilingüísmo.
O último que di resulta claro, porque é verdade e porque é intelixente. Ora ben, no tema do Brasil e o español outras son as castañas xogadas.
É moi lóxico que no Brasil aumente a demanda no ensino de español, só con que aumente a porcentaxe da poboación que realiza estudos secundarios. No seu contexto continental saber español ten que supor unha vantaxe, deixando aparte a non nimia cuestión do interese cultural; da mesma maneira, que aumente o número de estudantes de portugués na Arxentina é igualmente razoable: o Brasil é un único estado, pero ocupa a metade da América do Sur, vai camiño dos douscentos millóns de habitantes, trinta millóns de internautas (iso hai dous anos, todo debe medrar alí coma as plantas) e unha das tres ou catro "economías emerxentes" a nivel mundial.
Ora ben, o que se nos transmite a través de diferentes altavoces ("El País" incluído) é que o español no Brasil iría camiño de converterse practicamente nunha especie de lingua cooficial. Apuntando probablemente a un status coma o do inglés en certos países do norte de Europa (Holanda desde logo, ¿os escandinavos?); onde moitos estranxeiros de residencia permanente seica non se interesan por aprender a lingua nacional (ou propia), e xa sería motivo de certa preocupación do(s) goberno(s) respectivo(s).
E seica a cousa non andaría por aí, á marxe dos intereses do aparello mediático-propagandístico español (desculpen, eu falo así).
Como galegos, o noso interese e potencialidades parécenme claras: con pouco máis investimento ca arestora, cada cidadán podería deixar o ensino secundario dominando razoablemente galego, español e portugués; o do inglés, tendo en conta o paupérrimo nivel actual, sería outros lópeces que, indubidablemente, tamén é perentorio abordar; e sen menoscabo dalgunha outra Segunda ou Terceira Lingua a nivel moi básico.
Non sei se o tema anda en moitas axendas. En todo caso, deben ser ben secretas.
Será necesario lembrar os millares de estudantes de portugués de vantaxe que Extremadura lle leva á Galiza? É preciso que falemos do que para nós debe ser a maior evidencia? Desde logo, e o dos 700 millóns de falantes é algo que ten que ocorrérselle a un valenciano antes que a un galego!
Publicar un comentario