20 abr 2007


Lembranza de Bonifacio Borreiros

Andoliña 20 abril

Chégame o volume Bonifacio Borreiros na memoria de Galicia, no que ademais teño a honra de colaborar. Editado polo Concello de Ferrol e Biblos e coordinado por Pedro X. Blanco Llano, o libro é a homenaxe dos amigos a este home, falecido hai só uns meses con 51 anos e sempre comprometido co galeguismo e o socialismo. Militou no Partido Socialista Galego nos 70, cando era estudante de Medicina, e logo no PSdeG-PSOE. Era un home moi querido no Ferrol, onde foi concelleiro de cultura, e desempeñou a Dirección Xeral de Cultura no goberno Laxe. Como profesor traballou tamén en Ourense, no Instituto da Carballeira, onde compartimos arelas e soños no labor cotián.
Este libro de homenaxe é unha auténtica regalía: nesta evocación colaboran máis de oitenta autores, entre eles Xosé R. Barreiro, Ramón Villares, Justo Beramendi, Damián Villalaín, F. X. Fernández Naval, Salvador García Bodaño, Isaac Díaz Pardo, González Laxe, Ánxela Bugallo, Caetano Díaz e Emilio Pérez Touriño. Ademais o libro pode lerse como unha ampla escolma de grandes poetas, presentes aquí cos seus versos: Celso Emilio, Lorca, Goytisolo, Neruda, Juan Ramón Jiménez, Ferrín, Benedetti, Octavio Paz. Os poetas da nosa xeración.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non coñecín nin tratei a Bonifacio.
Pero o feito de que teña mil amigos amosa que tiña que ser unha excelente persoa. E iso, a fin de contas, é o que vale.

Anónimo dijo...

É Ferrol, non O Ferrol, logo será "en Ferrol", nunca "no Ferrol".
Saúdos.

Anónimo dijo...

O Boni era bo tipo.
Coincidín con el dando clase antes de que se metese de Director xeral con Alfredo Conde.
Afable, mesmo cariñoso no trato, pero non paraba de fumar...
Mágoa

Anónimo dijo...

Non mente a soga no casa do aforcado, etxeokeai, que desde que me puxen ao blog levo xa media ducia de pitos consumidos ata o flitro. Eu morrerei tamén diso. O que non sei é cando, pois non está ao meu alcance ese coñecemento.
Hoxe recibín o libro de homenaxe a Bonifacio Borreiros e é un traballo excelente.

Anónimo dijo...

Estamos na mesma lista, amigo Leituga 1. Mais, como son un cabaleiro, cédolle o paso para que entre vostede primeiro.

(Saiume unha broma máis que macabra)

Anónimo dijo...

Non, por favor, señor AP-C. Vostede primeiro... Faltaría máis!

Anónimo dijo...

Insisto: vostede primeiro, que ten máis méritos.