11 abr. 2007


No ano 2037.

(Imaxe de William Paxton)

Un centro estratéxico do Ministerio de Defensa británico presentou un estudo predictivo de probabilidades sobre cómo será o mundo no 2037. Seguirá a globalización económica, Estados Unidos seguirá pesando moito no concerto mundial (pero non tanto como hoxe) e xurdirán novas potencias como China e a India, quizais con fortes tensións co mundo islámico. Ademais, haberá grandes atentados e armas máis destructoras e baratas e unha radicalización das clases medias que poderían levar ó extremismo (así chaman no informe ó marxismo). Non vexo na prensa detalles sobre qué pasará co cambio climático ou coas fontes de enerxía: pódese albiscar o futuro nestes campos sen ser especialista nestas materias. De aquí aló tamén haberá, digo eu, grandes libros, marabillosas obras de arte, arquitecturas fermosas e melodías engaiolantes. Pero diso non sae nada no informe.

2 comentarios:

Tralaira dijo...

Onde se pode consultar o informe?
De partida non creo que co de "radicalizacion das clases medias" pensen no marxismo (q.e.p.d) senón case no contrario, tipo Le Pen e leña ao inmigrante, etc.

Leituga 1 dijo...

No ano 2037 todos nós estaremos criando malvas. Polo menos eu, mecajonatós.