A REPÚBLICA POLO CHAN
(Afonso Vázquez-Monxardín. La Región, 13 abril. Fotos do autor do artigo: clicando nelas vense ben ampliadas)
Non teñan medo que lles empece a falar dos ataques á II República como a “sanjurjada”, a crise de 33, ou o levantamento de Asturias do 34. Non hai caso de que lles conte tampouco a sublevación do irmán do aviador, que tanta guerra deu, nin do traslado da capital a Valencia. Nin sequera da marabillosa operación de pór a salvo os cadros do Museo do Prado na que traballou o noso Ferro Couselo, e que debeu ser a única operación da guerra que acabou en éxito absoluto, pois non se perdeu nin o primeiro. Nin sequera lles mentarei a nosa actual “res pública” na que o enfrontamento que proxectan os políticos fai que medre non o desacougo pero si o escepticismo respecto de tan precisa como interesante actividade súa. Nada tan diso neste fermoso abril de agua e sol.
Vou arrastrar –e espero que vostedes comigo- a vista polo chan nas rúas de Ourense... Pero imos ao conto. Sonlle afeccionado a algo que nin nome ten. Se a numismática é o estudo das moedas e medallas, se a filatelia é a afección aos selos de correos... ¿como lle podemos chamar ao estudo das tampas dos sumidoiros, por palabra árabe-castelá, al-cantarillas? ¿Que lles parece, por exemplo, “tampoloxía”. A disciplina que estuda as tampas dos rexistros urbanos. Sen máis boato, e co permiso das súas caras, queda inaugurada a palabra. Sigamos.
¿Que que teñen de interesante as tampas? Moito máis do que cren. En xeral, a través delas, igual que nas moedas e selos, podemos ir vendo a evolución da historia e das ideas estéticas dominantes. Antes, por exemplo, só había as do Concello e Fenosa... Pero miren ben, algunhas das grandes cadradas, aínda levan o nome da empresa precedente, Sociedad Gallega de Electricidad –anteriores pois a 1943-. Agora hai tamén rexistros de Jazztel, de R, dos semáforos, das calefaccions... Pero e a República?
Pois en Ourense, por sorte, as tampas dos sumidoiros públicos e chaves de paso levaban o escudo da cidade e a data. Foi isto desde 1929 ata unha desgraciada decisión do Concello nos anos finais do século XX que preferiron unhas amorfas e non identificadas, sen escudo nin data, que nos han confundir no futuro. Dese ano 1929, podemos ver algunhas aínda pola rúa do Paseo. Claro que en propiedade, non debemos falar de escudo, senón dos escudos... porque foron cambiando... Nas tampas máis antigas, un estilizado con aires modernistas, fala da estética dos anos vinte... do mesmo xeito que as referencias a Malingre ou Pereira dos Santos, nos lembran a chegada a Ourense dos industriais belgas ou portugueses. E na República, o vello escudo tóucase coa coroa do castelo propia da nova era. Así a vemos nas poucas que hai das fundicións Marín de Gijón, de 1934. (Onda a Deputación, na rúa da Paz, algunha na Avenida de Buenos Aires). E o que é máis interesante de todo... unha curiosidade “tampolóxica” rarísima: as colocadas nos primeiros anos da guerra seguen levando a coroa republicana. Sabemos que, de partida, xogouse á ambigüidade: non deixaban claro se era un movemento pola rexeneración da república ou un atentado contra a mesma, como foi. Ao longo de Santo Domingo, enfronte da Igrexa e na confluencia con Cardeal Quiroga, hai varias. O cambio prodúcese na Praza do Ferro. Alí xa conviven tampas de 1938 co escudo republicano e outras co vello monárquico recuperado. Por sorte o varrido de símbolos non chegou a eliminar estas tampas que ben merecían unha homenaxe pola súa impasibilidade, modestia, discreción e aguante. Por traernos algo cotián da república aínda en activo. E por moitos anos.
Así pois, xa saben; se queren ler unha historia que pisamos todos os días sen reparar nela, unha historia de monarquía, república, ditadura, e democracia recuperada, dean unha volta por estas rúas do centro mirando ao chan. Pero procuren non tropezar.

13 comentarios:
A petición dun lector (noutro fío) incluímos este traballo de Monxardín que revisa unha das súas "vellas" teimas: as tampas de Ourense, que merecían unha gran exposición.
Pois agora non hai máis remedio que colocar como ilustración deste post unhas cantas fotos: xa poden ir tiralas ou poñer as que teñan. Por favor, estao demandando Galicia enteira. Non haberá hoxe mellor homenaxe á República.
Creo que o amigo Monxardín ten unhas cantas: se lle prace mandarmas, farémoslle un sitio.
Precioso e suxerente artigo, coma todos os de Monxardín. Cando reúna un feixe deles, coido que será obrigado que os edite por xunto. Parabéns de entrada.
O da persistencia da Coroa mural no antigo escudo republicano foi xeral na caótica situación simbólica do bando sublevado durante a guerra civil. Segundo a orde do 13.9.1936, sería de uso xeral no bando franquista a bandeira bicór co escudo da República (con coroa mural e non monárquica!). O novo escudo coa aguia de San Xoán e mais o xugo e as frechas dos RR. CC., con aires imperiais, foi engadido á bicór por decreto do 2.2.1938. No ABC sevillano pódense ler algúns artigos de protesta dende abril de 1937 pola conservación da coroa mural por ser "timbre afrancesado, antiheráldico y antiespañol". Nalgúns documentais da época sobre o bando franquista pódese apreciar como era de uso bastante xeral a bicór coa Cruz de Santiago, polo demais. E o dos himnos foi unha salada de froitas ata comezos dos anos 40.
Subscribo o pedimento de que o amigo Monxardín publique algunha desas fotos no post.
Amigo/a Isildur:
Dime que es que che pago unhas cervexas. Graciñas pola esaxeración das túas palabras.
Se me deixa o Marcos, colgo tampas ata de ROMA, que aínda levan o SPQR.
Cando eu vaia a Ourense, pago eu as cervexas, por esta xenerosidade sen límites. Saúde e república desde Vigo.
Mincomentario ás tampas:
O Marcos meteunas desordenadas, pero aí vai unha pequena guía:
Numerareinas de abaixo a arriba.
1. Tampa do tempo de Afonso XIII, de 1929. Na Rúa do Paseo hoxe.
2. Tampa da monarquia actual. Ao non levar data, é de despois de 1995. No comezo de Santo Domingo.
3. Tampa do franquismo. Primeira fornada co escudo vello recuperado, 1938. Na Praza do Ferro.
4. Tampa da Fundicion Crisol, de Gijón, 1934. Deseño propio, non copia. Coroa República moi estilizada. Da Rúa da Paz, ao pé da casa de Otero.
5. Tampa do franquismo, seguindo o modelo estético iniciado en 1944 e que durou ata a morte do irmán do aviador. (O molde é copia, así o releve é de moi mala calidade). Na zona da Praza do Ferro.
6. Tampa do franquismo, aínda coa coroa da República. 1937. É a primeira do franquismo, do 36 non hai tampas. Na confluencia da Rúa de Santo Domingo e Cardeal Quiroga.
7. Tampa do franquismo, última coa coroa da República, inicios de 1938, na confluencia da Praza do Ferro e a Rúa de San Miguel. (A comparar coa número 3).
Saúde
Postos a navegar nesta erudición, sobre todo porque as que eu vexo por Vigo veñen de fundicións cataláns, de onde veñen sendo esas tampas. Por que na de Xixón (a máis fermosa, sen dúbida) figura Boca de Riego? É unha homenaxe subliminal republicana?
Como din os rapaces novos de agora, Monxardín é un "crack".
Amigo AVM: Con ese material poderiase facer unha boa exposición.
E descoide, que as cervexas págoas eu. Bon, mellor uns "chops" cando haxa ocasión.
Saúde e República [galega]
Saúde e república para todos (ou, cando menos, a primeira).
Veñen moitas de Cataluña...
Curiosamente hoxe en día o concello de ourense e moitos outros compránlle moito a unha tal "fundició benito, mataró" co que o catalán abunda máis nas tampas que o galego.
A tradición de Ouresne é que fosen da terra. Malingre, a fundición do industrial belga que se asentou en Ourense, Pereira dos Santos, o Portugués, Marín,un de Santiago, creo, e despois de Medina de Rioseco... Hainas tamén francesas -con esto da liberalización teño visto as mesmas tampas "Pont a Mousson" -viliña ao pé de Metz en Lorena- en varios países.
Tamén é curioso como se reaproveitan. Se Arume vai dar un paseo da Ramallosa a Baiona, verá que as tampas teñen o escudo de Ourense e, cunha rebarbadora eliminado o de Ayuntamiento de Orense. Hai que aproveitar o material. Tampouco me expliquei nunca porque as tampas de Celanova levan unha áncora... Restos dalgunha da costa.
Porén, para min, as máis bonitas son as das letras modernistas de Coruña e as de Santiago feitas en Sanjurjo-Vigo, que levan o caliz, a hostia, o sartego do apóstolo, e a estrela que o ilumina coa súa luz.
Estes ourensáns... tanto mirar para o chao...
Hai que mirar para o ceo, machiño, que vai volver a gueivota ppeira a riparnos os votos catro aniños máis, n'Ourens e na provincia.
Publicar un comentario