CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. 1968: NACE VOCES CEIBES.
En maio, nunha xuntanza no Hotel Compostela, nacía oficialmente o grupo Voces Ceibes, nome proposto por Xavier e onde estaban presentes tamén Benedicto, X. Moscoso, A. Conde, Margariña Valderrama e Vicente Araguas (este último foi quen historiou este proceso en Voces Ceibes, Xerais 1991)
A nova do ano foron os conflitos estudantís na Universidade de Santiago (Maio do 68) e o nacemento do grupo Voces Ceibes e da Nova Canción Galega. Tralo recital de Raimon en Compostela (maio 67), un novo concerto celebrado o 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina, daba saída definitiva á NCG: actuaron alí Benedicto, Xavier González del Valle, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas, con letras propias ou dos escritores Alfredo Conde, Celso Emilio Ferreiro, Lois Diéguez, ademais de textos de poemas cataláns e doutras culturas traducidos por Xosé L. Franco Grande, Carlos Casares e Salvador García-Bodaño, etc. En maio, nunha xuntanza no Hotel Compostela, nacía oficialmente o grupo Voces Ceibes, nome proposto por Xavier e onde estaban presentes tamén Benedicto, X. Moscoso, A. Conde, Margariña Valderrama e Vicente Araguas (este último foi quen historiou este proceso en Voces Ceibes, Xerais 1991).
Outros nomes asociados logo á NCG foron Miro Casabella, Andrés Lapique do Barro (a quen se lle prohibe algún concerto), Xoán Rubia, Suso Vaamonde, Jei Noguerol, Luís Emilio Batallán, entre outros. En decembro de 1968 houbo outro concerto, no Cine Capitol de Santiago, presentado por Manuel María e para esa ocasión fixo un fermoso cartel Reimundo Patiño. Ó longo dese ano houbo máis de 13 concertos programados: na A.Cultural de Vigo, no grupo Rumbo de Ourense, en O Facho da Coruña, en O Galo de Santiago, Pontevedra, etc.
Algúns destes encontros foron prohibidos e os seus protagonistas multados, como testemuña o informe da policía que Xan Fraga vén de publicar na revista Grial (n.173): poemas como ‘Vencermos nós’, ‘Loitemos’ ou ‘Carta a Fuco Buxán’ eran aplaudidos e cantados por grupos de mozos (arredor de 300 en cada actuación). Benedicto era multado con mil pesetas por cantar "No al Vietnam" en Pontevedra. Os primeiros discos apareceron da man do selo Edigsa, con Galaxia, e da recén creada Xistral: entre eles Poemas ditos coa súa voz, de Manuel María, e Miro canta as súas cancións, de Miro Casabella. No mundo literario foi tamén ano de bos libros. Aínda que se publicou máis tarde, desa data é o poema ‘Vietnam canto’, de Uxío Novoneyra, que marcou a toda unha xeración. E o polémico libro de Celso Emilio Ferreiro, Viaxe á país dos ananos, que foi recortado pola censura (non se autorizaron os poemas ‘Anaina polo Che’, ‘Proieuto final’ e ‘Contribución ao Plan de Desenrolo’) e provocou un gran debate no que non faltaron voces críticas co poemario (Luís Seoane ou Fernández Ferreiro, por exemplo). No mesmo ano, en Caracas, Celso Emilio editaba as súas Cantigas de escarnio e maldicir, unha das pezas claves da súa poesía satírica. (...)

6 comentarios:
Non sei de ónde sacarían o informe policial que ven no último Grial, pero sei que, entre moitas verdades e un cáseque perfecto coñecemento do medio (a ver quen cantaba usando unha partitura equivocada) contén algunhas inexactitudes, silencia algúns recitais e da nomes dos que, a estas alturas da película, servidor non ten nin a máis lixeira idea. Da que pensar o feito de que, á entón aínda Maria del Carmen Valderrama, se lle chame xa no informe Margariña que é nome que lle puxo servidor nalgúsn poemas e cundeu, pero máis adiante. Tamén que se diga que se cantaban pormas meus. Sempre me neguei a que cantaran nada meu, dada a miña situación no grupo, e os dous únicos que cataron foi "a traición": Moscoso apañou dunha servilleta no "Derby" e quixo darme unha sorpresa e Vicente sacoino do meu primeiro libro psotp á venda vai haber corenta anos no ano que ven. Pero iso sucedeu moito máis adiante. Non nos recitais que se citan. E por aí seguido. Tanto que sería moito o que habería que contar; asi que millor, calado.
Alfredo Conde
Despois de celebrar a visita de tan ilustre persoeiro, quería preguntar se é verdade que a traducción do we shall overcome era de Franco Grande (con Beiras polo medio)?
EStaría moi ben que don Alfredo Conde nos contase máis cousas daquela época. Anímense.
Quixen dicir "anímese", en seingular.
Quixe dicir "singular".
A ver se esta semana podo rescatar algún tema de Miro Casabella que gravou hai moito en RadioValadouro
Publicar un comentario