6 may 2007


a conspiración.


Pan por Pan domingo 6 maio


Son pouco amigo das teorías conspiradoras. En tempos estas eran enarboradas sobre todo por xentes da esquerda, pero agora semellan ser patrimonio da dereita. Velaí a nosa dereita mediática que non lle chegou con facer o ridículo no tema do 11-M, senón que insiste. Jiménez Losantos e os seus mariachis insinúan que a detención de Isabel Pantoja, suposta branqueadora de mil millóns de pesetas, obedece ás poutas secretas dun tal Zapatero. E terá razón o egrexio xornalista, pero quédase curto. Para ocultar as fotos de De Juana Chaos, foi Zapatero quen mandou a dona Letizia parir, xusto nestes días, a súa segunda nena. E para aumentar a confusión, non se sabe ben cómo, foi Zapatero quen teledirixiu a charla sobre as copas de máis ó volante dun tal Aznar. E organizou a folga do naval en Galicia e a vitoria dos nacionalistas en Escocia: moito poder ten a conspiración!

(P.S.: Estiven menos dun día fóra de Ourense e encóntrome no meu correo máis de 50 mensaxes procedentes do blog: tereinas que ler aínda de vagar, vexo que o debate estivo moi animado. Déixenme dicirlles que eu mesmo estou asombrado do seguimento que estas charlas están a ter entre nomes moi relevantes da cultura galega (presentes onte en Mondariz, na entrega dos Premios da Crítica de Galicia), que xa lles coñecen a todos vostedes, un a un, polos seus seudónimos e seguen con fidelidade, como se se tratase dos siareiros dun equipo de fútbol. As persoas das que lles falo non acostuman a intervir nos debates, polo que sexa, pero están moi, pero que moi atentos, ás nosas disquisicións... )

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois conte, ho, conte qué lle dixeron de todos nosoutros tan relevantes personalidades: É que nos fai ilusión ser famosos no anonimato!

Quen é siareiro de cada quen?
Quen dos que aquí falamos cae mellor e quen peor? (ben... isto último mellor non preguntalo)
Quen sabe quen se agocha tras dos nosos pseudónimos? (isto por se algúns temos que mudar de alcume ou facernos a cirurxía estética)
Quen...?

Ou máis preguntas:

Que facianas das nosas esquizoides personalidades sería conveniente que salientasemos máis?

A política?
A cultural?
A musical?
A esperpéntica?
A demagóxica?
A erudita?
A chiripitifláutica?
A modesta?
A poética?
A gastronómica?
A viaxeira?
A etílica?
A pequeno-burguesa?
A nacionalista?
A pseudo-nacionalista?
A socialista?
A ambiguamente galeguista?
A de extrema esquerda?
A dereitosa?
A literaria?
A linguística?
A ecoloxista?
A cotilla?
A anti-política?
A feminista?
A cinematogáfica?
A cultureta?
A amable?
A pelotilleira?
A resentida?
A humilde?
A disparatada?
A...?

Todo sexa polo noso querido público, ao que tanto debemos.

Xa sabemos que vostede é un cabaleiro, amigo Valcárcel, e que non caería na tentación de delatarnos... no caso de que saiba quen somos uns e outros.

Moi boa e espléndida tarde a todos.

(Remato de vir de xantar fóra e agora toca un chisco de desanso, que o viño estaba delicioso)

Marcos Valcárcel López dijo...

Demasiadas preguntas, amigo APC. O público seguirá atento e os anonimatos resgardados: aquí hai personalidades moi variadas e dignas de atención. Aínda que ... postos a xogar, e se fosen todos heterónimos ó xeito pessoano dunha única voz esa si esquizoide per se?

Marcos Valcárcel López dijo...

Por certo, este meu comentario de hoxe coincide, nun 98 por cento, no mesmo que di hoxe M.Campo Vidal na súa páxina semanal dos domingos en La Voz de Galicia. Confeso que non lle plaxiei porque o deixei escrito onte pola mañá (por se acaso).

Anónimo dijo...

Como hai ortónimos (a saber, habituais AVMF, o amo e un servidor; ocasionais, algún outro), ignoro se quedamos exentos canto ao interese dos próceres aludidos. É indiscutible, con todo, cadrarmos excluídos do "Eu sóu inúmeros" pessoano.

Ter entrada nesta casa, polo visto, confire risco de fachenda probablemente excesiva para modestas sinaturas coma a miña. "Memento mori" afirmo en monólogo interior ao tempo que confeso algunha humana curiosidade ao xeito do AP-C.

Anónimo dijo...

De todas maneiras, sobre o asunto que trae o amigo Valcárcel, o sorprendente é que Zapatero resposte.

Anónimo dijo...

Non se preocupe, amigo González, que a súa é sempre unha sinatura chave neste blog polos seus habitualmente asisados comentarios, todos moi lonxe da fachenda e da iracundia.

Mais eu teño que recoñecer un problema derivado das servidumes da fama: dubido sobre que "modelito" poñerme fronte á pantalla. Porque, de agora en adiante, hai que estar ben lavados e planchados, ou non?

Anónimo dijo...

Eu que pensaba que detras da conspiración esa estaba o CEFOU ourénsán!

Anónimo dijo...

Supoño que o Zapatero considera iso de que un trinta por cen do censo votante (disque, seica) constitúe firme e sólida base electoral da dereita. Ora que eu, todo hai que dicilo, non teño unha gran expectativa no Zapatero nin na Xustiza.

Queden aparte, iso si, a Pantoja e o Losantos. Que son outros mundos.