25 may 2007


En poleiro alleo

Monxardín escribe sobre o que imos escoitar todos o luns 28: todos gañaron (o artigo completo).
E Ferrín reclama, cero que con acerto e xustiza, uns Premios Nacionais de Literatura Galega, apoiados pola Xunta de Galicia: Premios Nacionais de Literatura Galega. Imaxe de Tamara de Lempicka.

(...) Unha parte da vitoria é negar sempre a derrota. E por absurdo que sexa, sempre haberá xente disposta a crer cegamente. ¿Non se suicidaron uns para iren na cola do cometa Hale-Bopp en praza de primeira? ¿Non houbo quen comprou minimotoserras eléctricas de cociña para cortar o pan de comer? A xente estalles disposta a crer calquera cousa que lle digan "os seus". Tanto ten que sexan líderes relixiosos como políticos, mediáticos ou deportivos. A xente necesita crer. Así, pasadomañá, as explicacións máis peregrinas terán o seu corifeo de azaneadores e todos contentos. O PP de aquí, porque gañará en Madrid, aínda que baixe en Galicia. O PSOE gañará, porque mentres o pau vai e ben descansa o lombo e resistiu aparentemente ben feros ataques que de tan indiscriminados, acabaron por aborrecer. O BNG gañará porque manterá os bastións, incrementará votos e seguirá na súa política de diferenciación. (...) (Monxardín)

Pois ben, se un autor galego no pode recibir o Cervantes, nin o Reina Sofía, nin o Príncipe de Asturias, e só con moita sorte (houbo casos, sobre todo de literatura infantil e xuvenil) recibirá un Nacional de Literatura, a Xunta de Galicia, como ocorre co Goberno de Euskadi e coa Generalitat de Cataluña, tería que fundar e conceder premios nacionais galegos de nivel equivalente. E cando digo nivel equivalente estou a decer que o Premio Rosalía de Castro, poñamos por caso, hoxe verdadeiramente inexistente, non podería estar dotado nin con un euro menos ca o Premio Cervantes. (Ferrín)

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Estes premios xa os houbo. Ferrín debera saber algo deles. A. Pousa sendo director xeral de cultura co PP concedéulle un a Ferrín e, antes de que Pousa o fixera público en rolda de prensa, Ferrín, en Vigo, convocara outra, renunciando a el. O mesmo Ferrín comentou co que subscribe que unha campaña de publicidade semellante sairíalle ben máis cara que os dous millóns de pesetas do premio. Máis tarde, en tempos di tripartiro, Bodaño e Casares, daquela amigos do conde, levaron eses mesmos premios tamén xenerosamente dotados. Logo disque desapareceron. Tamén a Lei do 1% que tanto sirveu prá plástica galega, do mesmo xeito que agora desaprece o IGAEM, antes do Balletr alego, o Centro de Documentación das Artes Escénicas de Galicia e tantas outras inciativas que agora a xente con pouca memoria reclama en troques de revindicar as que xa existiron e padeceron esa especie de cotus interruptus que se chama marcha atrás.

Anónimo dijo...

É que Ferrín ten memoria selectiva, e así non se pode, non se pode.

O artigo de Monxardín... directo ao gran.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois o de Bodaño e Casares co tripartito, o certo é que nin o recordo: non debeu ter demasiada difusión ou estar ben publicitado. E o de Ferrín, que si lembro ben, foi cando Pousa xogando ó posibilismo fixo un bo labor na Direción Xeral de Cultura da Xunta sobre todo nalgúns sectores (audiovisual). Non lembro o nome, pero algo tiñan que ver os premios con Carlos Velo, ou non? Tería que consultalo. Pero creo que nunca se chamaron Premios Nacionais da Literatura Galega nin tiñan a dimensión e remuneración do Cervantes. Ferrín rexeitouno para amosar a súa disconformidade coa autonomía e creo que ata oiu críticas en sectores ben próximos (cousas como "puideches cobrar e logo dábaslle os cartos ós obreiros de Ascón", etc.)

Anónimo dijo...

O de Pousa foi un intento de crear unha especie de Premio das Artes e as Letras de Galicia. Non lembro exactamente como se chamaban, pero ese era o seu sentido e o seu obxectivo. Ou sexa, algo moi similar ao que reclama hoxe Ferrín no Faro non sen certo cinismo dada a súa conduta neste asunto. Cinismo e incoherencia, porque se a autonomía segue a ser unha especie de concesión ou carta outorgada supoño que os premios que esta conceda sempre serán menores, dependentes e subalternos. E para Ferrín deberían ser tan rexeitables hoxe coma onte.

Anónimo dijo...

[url=http://sunkomutors.net/][img]http://sunkomutors.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]counter strike wsaeintr error in windows vista, [url=http://sunkomutors.net/]serial number for filemaker pro 9[/url]
[url=http://sunkomutors.net/][/url] discounted microsoft office windows vista drivers
buy software downloads [url=http://sunkomutors.net/]pda office software[/url] who sell software
[url=http://sunkomutors.net/]discount software for schools[/url] adobe photoshop softwares
[url=http://sunkomutors.net/]macromedia director software[/url] Leopard Retail Price
buy indesign software [url=http://sunkomutors.net/]buying software company[/b]

Anónimo dijo...

[url=http://murudobaros.net/][img]http://murudobaros.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]web store software, [url=http://murudobaros.net/]microsoft office 2003 pro[/url]
[url=http://murudobaros.net/]QuarkXPress 8 Retail Price[/url] adobe meeting software software for a store
kaspersky anti virus freeware [url=http://murudobaros.net/]buy macromedia dreamweaver 8[/url] utv software buy
[url=http://murudobaros.net/]downloadable phone software[/url] software at low prices
[url=http://murudobaros.net/]canadian software resellers[/url] macromedia flash5 software
buy the 2.0 software update [url=http://murudobaros.net/]www macromedia com software flash about[/b]

Anónimo dijo...

[url=http://vonmertoes.net/][img]http://vonmertoes.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]side by side comparison of indesign cs3 and quarkxpress 7, [url=http://vonmertoes.net/]selling the software[/url]
[url=http://vonmertoes.net/][/url] autocad tutorials adobe software cheap
cheapest adobe software [url=http://hopresovees.net/]academic softwares[/url] its software store
[url=http://bariossetos.net/]adobe photoshop cs3 for mac student version[/url] journey academic software
[url=http://vonmertoes.net/]discount software for you[/url] discount language software
software for cheap [url=http://vonmertoes.net/]educational software sales[/b]