
Na ceremonia da que lles falei no post anterior, os rapaces fixeron unha especie de parodia dun concurso televisivo con fotos antigas de alumnos (dos dous cursos de Bacharelato que remataban) e dos seus profesores. Os que concursaban acertaron esta, pero tiveron que darlle unha pista: "Un profesor que conta moitas anécdotas, ás veces moi divertidas, outras veces para roncar" (máis ou menos, en clave irónica).
4 comentarios:
Ah! O peor do conto foi escoitar ás compañeiras: "Ai, que neno máis guapiño eras...", que é como dicirche: iso era antes, moito antes, claro.
O que máis me chama a atención desa foto e o temperán da súa afección pola lectura.
Moi bo, Xabier.
Si, moi boa a saída de Xabier. Tanto que podo asegurarlles que, non de libros relixiosos, pero si fun lector afervoado dende neno. E anuncioulles que moi cedo deixarei aquí un post titulado "Da miña nacencia como lector".
Publicar un comentario