19 may 2007

Luis Sepúlveda
Mércores 23 maio. Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (Xoán XXIII), Ourense.
Conferencia de Luis Sepúlveda, escritor, xornalista e realizador cinematográfico chileno:
"A importancia de ser un idiota latinoamericano"
Organiza Club Internacional de Prensa.

5 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

É un home divertido, a pesar da súa aparente severidade, e nas distancias cortas un anticastrista. Nas longas non quere darlle auga ao nemigo, ou sexa Montaner, Vargas Llosa (Álvaro), Plinio Apuleyo, os escritores do Manual del perfecto idiota latinoamericano.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois tócame presentalo e terei a sorte, logo, de coñecelo: xa lles contarei.

Anónimo dijo...

Eu de Sepúlvedra só lle lin unha novela curta. Creo que se titulaba "El viejo que leía novelas de amor" ou algo así. Publicáraa Tusquets, coido.

Na miña opinión unha noveliña ben escrita e fácil de ler, pero á que lle faltaba orixinalidade e ambición literaria.

Pareceume un epígono máis do realismo máxico latinoamericano.
Perdín, daquela, interese nel.

Quizais fixo posteriormente obras mellores, non sei. Gustariame que alguén nos dese algunha indicación ao respecto.

Anónimo dijo...

Nas distancias curtas anticastrista e nas longas non.

Sinceramente, non me gusta moito esta duplicidade, porque non me gusta que nos traten como menores de idade.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Probablemente sexa máis importante como impulsor de iniciativas (vive en Xixón e seica leva ou axuda á celebración da semán negra) que coma escritor. Eu lin algunha outra noveliña máis, pero creo que non dá para moito máis. Eso sí tende ao humor. Eso de epígono non sei, pero ten unha cousa entre Isabel Allende e o Pantaleón e as visitadoras de Vargas Llosa. Probablemente, amigo APC, teña razón vostede.
Sobre o asunto político, non é o primeiro: a Saramago, por exemplo (e non sei se nomeei a bicha), pásalle o mesmo.