Pan por Pan 23 maio (Foto facilitada por Carme Carballo)
Estará hoxe en Auria o escritor chileno Luis Sepúlveda, autor de contos, novelas, obras de teatro, ensaios e guións para cine e radio. Como xornalista coñeceu nos anos 70 a Amazonia Ecuatoriana no marco dunha investigación da UNESCO e alí, entre os indios shuar (mal chamados jíbaros), naceu a novela “Un viejo que leía novelas de amor”, premio Tigre Juan, a sedutora historia de Antonio José Bolívar Proaño despois de convivir cos indios nese mundo virxe que xa non saberemos ver sen os ollos do realismo máxico. Traducida a vinte idiomas, tras desta obra publicáronse moitos outros dos seus títulos, incluídos “Hot Line” e “Diario de un killer sentimental”. Falará nos locais de Caixa Galicia (Xoán XXIII), convidado polo Club Internacional de Prensa, sobre “A importancia de ser un idiota latinoamericano”, nunha charla de seguro tan suxestiva como polémica.
Supoño que as conferencias de Santiago e Ourense foron semellantes, así que aí vai un resume:
Un texto ben simpático de Luis Sepúlveda (un anaco só). Por certo, recomendo os seus artigos en Le Monde Diplomatique (accesibles aquí).
Hay monos más caros que otros (15-VIII-2005)
Si un mono de Gibraltar gasta treinta euros anuales en comida, vacunas y veterinarios, ¿por qué el Estado chileno gasta 600 millones de pesos cada año en alimentar, vacunar y asistir veterinariamente a Pinochet? Los monos de Gibraltar roban helados, bolsas de papas fritas, hasta alguna cartera dejada al descuido en el auto, pero ninguno tiene cuentas secretas en los EE.UU o en paraísos fiscales, Tampoco defraudan al fisco con declaraciones fuleras, ni sus monas y monitos forman sociedades para delinquir.
Los ingleses están convencidos de que esos monos sirven para algo, pero ningún chileno puede decir lo mismo de Pinochet. ¿Es justo que ese punga tenga asignados cinco autos con chofer, una ambulancia con médico incluido y 45 empleados que le pelan los plátanos?
Si un mono de Gibraltar gasta treinta euros anuales en comida, vacunas y veterinarios, ¿por qué el Estado chileno gasta 600 millones de pesos cada año en alimentar, vacunar y asistir veterinariamente a Pinochet? Los monos de Gibraltar roban helados, bolsas de papas fritas, hasta alguna cartera dejada al descuido en el auto, pero ninguno tiene cuentas secretas en los EE.UU o en paraísos fiscales, Tampoco defraudan al fisco con declaraciones fuleras, ni sus monas y monitos forman sociedades para delinquir.
Los ingleses están convencidos de que esos monos sirven para algo, pero ningún chileno puede decir lo mismo de Pinochet. ¿Es justo que ese punga tenga asignados cinco autos con chofer, una ambulancia con médico incluido y 45 empleados que le pelan los plátanos?
7 comentarios:
Interesante e voa idea do Club Prensa de traer a Ourense tamen a xente. Inda que contou cousas, penso que está mellor leélo.
De consegir baixar o Documental:Corazón Verde, pasarei aquí a dirección
Non contou nada do entrevistado. Que tal foi todo?
A min resultoume tópico profundo.
Cos chistes agardables dun dono da palabra lationoamericano, non vou dicir dun "idiota" como os ultraliberais, pero o que el dicía de Vargas Llosa creo que se lle pode aplicar a el. Escritor privilexiado, político errado.
Creo que deu unha imaxe de Chile excesivamente terceiromundista que non recoñezo. Mesmo no de regatearlle o apoio a Bachelet, presuntamente "vendida" a non sei qué... A aposta dela é pola vía socialdemocrata europea,etc.
Pois, respostando a Arume, polo que dixo esoutro día, a min gustoume a intervención de Sepúlveda. Nas súas críticas ó tándem Alvaro Vargas Llosa-C.A.Montaner-Plinio A. Mendoza, foi comedido e usou o recurso do humor como mediador, defendendo ós idiotas, grupo no que el mesmo se quixo enmarcar (con Galeano, García Márquez, Ramonet, etc). Do resto falou sobre todo do caso chileno, dos desastres ecolóxicos que se plantearon na Patagonia co goberno Lagos e defendeu a Bachelet a nivel persoal, aínda que fixo constar que tiña presións moi fortes e unha Constitución e unhas leis que lle ataban as mans (falou de apoio crítico e da necesidade de reformar a Constitución chilena). En fin, non houbo -esoutro día- excesos de radicalismos gratuítos e nin sequera se abordaron temas máis conflictivos (Fidel, Chávez).
Etxe e Valcárcel non deberon oír a mesma conferencia.
Si que oimos a mesma conferencia... pero valorámola de forma distinta.
Por exemplo, o Sr. Sepúlveda falou do intento de agresión á natureza no sur de Chile, facendo unha enorme central hidroeléctrica no río Bio-Bio -que non nomeou- e a implantación dunha planta de alumnina aluminio como se fose a hecatombe.(Nós temos a do norte de Lugo e non nos pasa nada). Pois ben, non se fixo. ¿Por que? Porque Chile é un país moi normal. Un dos poucos normais e non corruptos da zona. Houbo oposición popular organizada, constestación científica, etc. e a administracion envaina o tema e fóra, a outra cousa. Para min, ese intento do capitalismo por aproveitar ao máximo os recursos sen pararse en barras non é de estrañar, aquí e alá. E que un goberno se deixe seducir polos 70 mil millóns de euros que dicía investirían no país, -para todo o país, máis alá desa zona dunha sociedade seica arcádica de cria de gando ecolóxico,etc.- é entendible, sexan de dereitas, centro ou esquerda. O que non quere dicir que se comparta.
O goberno Lagos, o primeiro goberno saído da presión demócrática da cidadanía chilena e da conxuntura internacional,-Margaret Thacher "enganou" a Pinochet para que convocara un referendum sobre a súa continuación- O goberno de Lagos, digo, debe ser valorado como o goberno de Adolfo Suárez... pero co ditador vivo. Por iso, un pouco máis de xenerosidade, non só con Lagos, senón coa concertación social -democracia cristiá, socialistas, etc.- que había por tras del. Tourear con Pinocho vivo, irlle arrincando parcelas do poder qeu se quixo reservar na Carta Magna, para acabar con el en arresto domiciliario non é pouco.
A min, de todo o que vin nos últimos tempos de Chile, o que menos me gustou foron as manifestacións na Av. O Higgins dos contrarios a Pinochet o día que morreu. Pareceume o rexurdir do MIR e daqueles chaladiños que tanto mal fixeron coa axitanción social na rúa ao goberno de Allende.
¿Alguén pode crer, máis alá do chiste, que como dicía o Sr. Sepúlveda, o goberno chileno -non deixou claro se fora Pinochet ou Lagos, en calqeura caso non facía moitos distingos- suprimise o transporte pùblico e andasen os chóferes "apañando" clientes sen liñas fixas por Santiago adiante? Por favor...
A constitución chilena non ata especialmente as mans do goberno chileno. ¿Que sacraliza a economía de mercado, etc.? Estamos ante unha constitución occidental, de necesaria reforma no que atinxe aos restos pinochetistas, residuais, pero nada máis. Atada, Bachelet, está pola lóxica política. O insurreccionalismo non é desta época. Ela, creo, é unha convenciada da vía socialdemócrata occidental e non do indixenismo barato de Evo Morales ou do populsimo de Hugo Chavez. Os tempos de Allende, recibindo de mans de Fidel un kalasnikov para defender o socialimso, pasaron. Agora é outra sociedade, outro mundo... e deume a impresión de que cun discurso bonito, branco, brando e simpático, o Sr. Sepúlveda vivía noutro mundo anterior. Moi rendible para os que aínda viven en Europa de exiliados dunha ditadura fenecida hai vinte anos.
Aínda así, o que máis me alucinou foi que nacese en 1949. Está feito un chaval.
Publicar un comentario