5 may 2007


Non lle damos ben á música pop... ("Nós, os desafinados")

Segundo opina hoxe o amigo Henrique Alvarellos, os galegos non lle damos ben á música pop: velaí o seu simpático artigo de hoxe en Galicia Hoxe.

(...) Mais polo son das estrelas do sábado noite destas últimas semanas pasou unha bandada tal de foraxidos dos sons, dos tons, do estilo, que un perde algo de respecto pola presunta vea artística do noso pobo, que é un astro nos agudos da gaita, no esquecido acordeón, no canto e no baile popular... Pero niso que lle chaman pop, a selección do sábado noite está tan lonxe, tan lonxe, do que a mesma tele nos amosa noutras latitudes, que semella ás veces -e doe dicilo- que estamos sentados diante dun programa de humor, e non nun musical.

2 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Pois penso que debería escoitar o funky dos Loretta Martin ou a mestura popeira dos Lamatumbá.

Anónimo dijo...

Gústame iso dos "foraxidos dos sons, dos tons, dos estilos". Este Henrique Alvarellos tamén escribe ben, ademais de ser un editor moi interesante e unha persoa de trato moi agradable. Coincido no que di sobre os artistiñas que saen nesa Operación Comarcas montada pola TVG, pero non me parece xusto deducir da visión e audición desa desfasada grea unha incapacidade pouco menos que conxénita dos galegos para o pop. Andrés Dobarro dáballe ben ao xénero. E as rapazas de Aerolíneas Federales bordaban as poucas cancións que fixeron en galego. O problema é que, polo que se ve nese programa, o que predomina aquí é a escola Ana Kiro con influencias de Chenoa e Mia Patterson. Todo queda no Luar. E da Gayoso´s Factory nunca sairá un Bob Dylan.