9 jun. 2007

En poleiro alleo
Rivas escribe sobre Paleopolítica. E non deixen de ler o artigo de Antonio Elorza, moi crítico coa figura "moderada" de Tariq Ramadan, do que se falou aquí con detalle hai uns meses (non accesible na rede, pero seguro que teñen El País en casa).

No es lo mismo un paleopolítico que un paleoterrorista, pero suelen ser complementarios. El paleoterrorismo puede ser minoritario pero condiciona la vida de todos. La paleopolítica lo utiliza, por ejemplo, para empujar a la democracia hacia los lindes de la excepción. Un ejemplo palmario de paleopolítica lo tenemos en lo más alto del poder mundial. No es un chiste: Bush y Putin se desentienden del calentamiento global, aunque parecen dispuestos a reanudar la guerra fría. En cuanto al paleoterrorismo, tenemos el trágico privilegio de poder observar un extraño caso de retroceso en la evolución de las especies. El texto en el que ETA anuncia su vuelta a las armas es una declaración de ardor guerrero frente a la política, no porque la política fracasara sino por el peligro de que triunfara, como ha demostrado Nafarroa Bai. ETA ha vuelto con una antigüedad futurista. En sus últimos vídeos propagandísticos, los símbolos nacionalistas son las armas. ¿La verdadera identidad es Euskal Herria o es la guerra?
"Paleopolítica", Manuel Rivas, El País 9 xuño.

5 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

O presidente Bush non ten nin un só minuto da súa axenda (nin falta que fai, pero en fin) para visitar ao presidente Zapatero, pero sí para palmetear a un dos irmáns Kaczynski.

arume dos piñeiros dijo...

Antonio Elorza non concede ao islam nin o beneficio da dúbida. A súa análise da relixión coránica é demoledor: cre que mentres inspire as accións políticas ningunha aproximación democrática pode darse, por non falarmos da yihad, da guerra santa, que para Elorza está presente en todo o pensamento islámico.

a.p.-c. dijo...

Eu non son experto no tema, xaora. Pero dame a sensación que Elorza leva a razón. Polo tanto, espéranos un futuro bastante mouro.

marcos valcarcel dijo...

DO ISLAM. Quizais Elorza teña razón, eu tamén así o penso. Aínda que unha cousa son os gobernos e outra as sociedades: acabo de mercar o especial de La Vanguardia sobre Irán e é moi esclarecedor. Contra o que aquí pensamos e o que deixan ver os ayatolás e os conservadores que gobernan, a sociedade iranía é moi dinámica, maioría de mulleres estudantes e licenciadas e cada vez menos islamizada. Seica.

arume dos piñeiros dijo...

Non son experto no tema e quizáis deberiamos todos saber algo máis de todo aquilo, pero no islam hai faccións ben distintas que poñen o acento en diferentes aspectos centrais da doctrina. Suníes o chiitas son ás veces máis irreconciliables que algúns deles con outras relixións.
Na argumentación de Elorza, a quen sigo desde hai tempo nos seus artigos xornalísticos, o concepto de piedade ou de compasión que nace do novo testamento, é dicir, do cristianismo, concede á charitas (o amor) un valor sustancial no ser humán. Para Elorza, esa é a base do humanismo occidental que pouco a pouco dá paso ao laicismo presente nas sociedades cristianizadas. Este concepto está ausente do Islam. A súa visión teocrática (presente mesmo na estructura gubernamental) renuncia a unha reivindicación humanística do individuo. Mesmo en sectores como os chiitas, maioritarios en Irán, e menos estrictos con certos preceptos do Corán, estos conceptos son aceptados.
En fin, convén estudar máis aqueles pobos, máis complexos do que pensamos, aínda co mesmo espíritu crítico que aplicamos ás nosas costumes ou ás nosas ideas. Ollo, non as que cremos presentes en Occidente, senón as que cremos deben estar presente en todos os países.