22 jun 2007


Fraga e o centro.

Pan por Pan 22 xuño

Cando foi que Fraga se deixou arrebatar a bandeira do centro? Porque a iso xogaba o de Vilalba cando a morte de Franco: apertura, asociacións e todo iso. Pero nas eleccións de 1977 Fraga montou un partido propio, Alianza Popular (AP), con todos os refugallos do franquismo: dende Fernández de la Mora (o do crepúsculo das ideoloxías) ata Licinio de la Fuente e Silva Muñoz. Con eles ía Arias Navarro, o das bágoas por Franco, que nin sequera sacou escano en Madrid.
Chamáronlles os Sete Magníficos. Repetían como lema aquilo de “España, lo único importante”. Os resultados foron desastrosos: 16 deputados e o 8 por cento dos votos. AP foi o partido que máis gastou nesa campaña e quedou en quebra: moito cambiara xa a sociedade española. Mentres, Adolfo Suárez gañaba as eleccións e falaba xa con Tarradellas para restaurar a Generalitat.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

o que Suarez entendeu no 77 a Fraga costoulle 20 anos máis e mesmo penso que nalgúns puntos aínda non o entendeu

Anónimo dijo...

Por facer algo de debate, vexamos o "lúcido" (ironía!) comentario de Ramón Chao e o "trabucado" (ironía!) que está Ramonet, a dúo nunha entrevista en "Galicia Hoxe":

Como ven a Galiza despois de trinta anos de democracia?

Ramonet. Pois relativamente ben, cambiada, en calquera caso mellor neste momento que noutros. Está a dar unha imaxe de país progresista gobernado por unha coalición que está a sacar o país do inmobilismo no que estivo metida durante tanto tempo.

Chao. Pois hai que cuestionar, en primeiro lugar, a palabra democracia. Eu diría, desde a morte de Franco. Véxoa moi cambiada, tremendamente, pero con moitísimas máis desigualdades que hai cincuenta anos.

Sorpréndeme.

Chao. Pois dígollo de verdade, hai moitísimas máis diferenzas entre pobres e ricos.Tanto me ten que apoien as vodas gais e que muden os costumes, porque iso, aínda que foi difícil, non afecta ao sistema. Fan que cambian, pero ao sistema económico non lle tocan.

Anónimo dijo...

Boeno.Xa sabemos que Nacho e Moncho están noutro debate,no debate "Global".Pensan moito en global,pero en "local" non saben pensar nin actuar.Ó director do "Diplomatique" véselhe cós pes máis na terra,pero as súas respostas non dicen ren.

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Eu penso que ese que vostede chama Moncho é un comediante de tomo e lomo.

Anónimo dijo...

xa regresei de ese lugar infernoso que me tiña presa, finalmente rematei as clases retomando o blog.
saú2

Anónimo dijo...

Vaia,Sr.ap-c. Agora sei de ónde lhe ven a vea artística ó filho

Del tal pau,tal pastilha

(Joer,qué mal soa)

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Onte estiven e Redondela.Magoa que Marcos non estivera ,para escribir o que ue non sei facer.......
Un cheo absoluto-auditorio grande-,de persoeiros políticos solo vin o Beiras...../O que dixo Ramonet extracta hoxe él mellor que o faría eu en Galicia Hoxe.
Pero..¿Porque níngun medio dí o que alí se falou no coloquio,...penso que ven interesante, Ha verdade non encontrei nos foros que teño asistido un tan concienciado colectivo como esta< zona de Vigo.
Hasta se saliron de madre: Unha rapaza (Parecia guerrilleira social..!),tuvo unha intervención
...(fora de forma ,pero contido polemico/Hasta sacou un sorriso a Beiras), !Dixo :Ramonet Vd, e Un ignorante , e un TRAIDOR, isto por defender Ramonet que O Goberno Judeo non e un Genocida con Palestinos, anque efectivamnte non deixe de ser Un Goberno Imperialista,pero que GENOCIDIO E OUTRA COUSA.
Bueno, aquelo, a boa de Carmen Carballo , non o deu controlado, o Coloquio deribou nas reindivincacions social da Comarca: Leron unha Carta contra o que se quere facer en isla S, SDimon.
Unha Sra , pedíu unha calle pàra Ramonet...... en fín non son Marcos para reflexar aquelo
, que :me parece algún medio debia de reproducir hoxe!. Haber si algun maís estubo alí

Anónimo dijo...

Mágoa non por estar alí, amigo Trebo, digo Trebi. Tivo que ser un auténtico espectáculo ese coloquio tan animado. Como os de antes, de hai moitos anos.

Anónimo dijo...

... non poder...

Anónimo dijo...

¡Hay que luchar por el chalet....!