21 jun 2007

VI Premio de Microrelatos Carlos Casares, do Liceo de Ourense

O pasado luns reuniuse o xurado do VI Premio de Microrelatos Carlos Casares, do Liceo de Ourense, e fallou os premios desta edición, entre un total de máis de 700 textos presentados. Ata mañá venres, data da entrega, non podo facer públicos os resultados. Pero darei dúas pistas: forte presenza feminina nesta ocasión e, como xa sucedera no 2006, o texto gañador ten moito que ver co blogomillo galego.

Actualización: 22 xuño, 15 h. OS PREMIADOS (acta completa en comentarios):
Despois dun amplo debate sobre 673 os traballos presentados os compoñentes do Xurado acordan por unanimidade conceder o “Premio CARLOS CASARES” de Microrelato, correspondente ó presente ano 2007: O aportado co lema “Anabel Lee’’. Aberta a plica correspondente resulta ser a sua autora Dona María Lado Lariño, con enderezo na localidade de CEE - A Coruña, Rúa da escona, nº 1 - 1c , e o título definitivo da obra “Alugueres antigos”.
Así mesmo acórdase outorgar dous accésit, dotados polos membros do Xurado con 300 euros, ós traballos seguintes: O presentado co lema “Non teño máis que dicir”, do que una vez aberta a plica correspondente, resultou ser a sua autora Dona Fátima González Comesaña­­­­­­, con enderezo na localidade de Nigran - Pontevedra, Rúa Torreiro, 64 - Priegue, e o título definitivo da obra “Sangue”. E o presentado co lema “Berta”, do que una vez aberta a plica correspondente, resultou ser a sua autora Dona María Lorenzo Miguéns­­­­­­, con enderezo en Laiño- Dodro, Tarrío 26 A Coruña, e o título definitivo da obra “O Limoeiro”.


Poden vostedes ler ALUGUERES ANTIGOS na casa blogueira da súa autora: casatlantica. Xa me dirán se lles gusta.

36 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Esquecín citar o xurado, composto por Delfín Caseiro, Teresa Devesa, Loli Conde e o que asina estas liñas, con Xoán Fonseca como secretario.

Anónimo dijo...

¿¿¿ 700 textos presentados???

Joer.

mmmmmmm

Vou ter que ir pensando e montar unha pequena editorial en galego

O Troll ágrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois si, 700 textos presentados (unha semana sen parar de ler, aínda que eran breves: menos dun folio segundo as bases). Pero o concurso admitía as dúas linguas, galego e castelán: p.ex. había bastantes relatos do resto de España e de Sudamérica.

besbe dijo...

gracias a ti xa descubrimos a gañadora e con moita alegría polo menos pola miña parte :), vou investigar a ver quen foi o gañador ou gañadora do 2006 que ando despistada a ver se levo algunha outra sorpresa.

Saúdos :)

Anónimo dijo...

Confeso que eu estiven tentado a presentarme. Máis ca nada por pulirme logo os cartos alegremente, no caso de por un remoto casual gañase. Pero cando me enterei do certame era o día que finalizaba o prazo. En fin, voume centrar no dos libros de autoaxuda... (e en castelán, que o negocio é o negocio).

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Empeza por G o nome blogomíllico?

Lula Fortune dijo...

Esta é unha canteira de valores artísticos, sen dúbida.Estamos quentando os motores...

Anónimo dijo...

Non se xa viu isto, señor Valcárcel, pero coido que son os paneis da Exposición que sobre Europa e Galicia coordinaron vostede e Afonso Monxardín.

Exposición

Anónimo dijo...

Teño unha dubida vendo os paneis da entrada que adxunta o a.p.c- ¿Realmente nesa exposición solo saen fotos do actual presidente da Xunta o utilizáronse tamén de Rosón, Quiroga Suárez, Fernández Albor González Laxe ou Fraga?

Marcos Valcárcel López dijo...

Non por G. O nome blogomíllico empeza por M. Dentro de dúas ou tres horas publicarei a acta do xurado.
E, respecto dos paneis, hai un par deles "engadidos". Fernández Albor estivo na presentación e destacouse alí a súa figura.

Anónimo dijo...

Vostede dice que as bases admitían trebelhos en castelán.Mais vendo a xente do xurado podio apostar que o premiado ou premiados foron escritores en língua galega.Escribo esto sen saber nada dos resultados.Algo así coma cando se sabe queñen gañan unhas oposiciós por anticipado.Pobriños os que mandaron trabalhos dende sudamérica...

O Troll ágrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois este ano os premiados son todos textos en galego. Pero en anos anteriores, co mesmo xurado, houbo premios en castelán: lembro de memoria un gañador de Granada e outro de Madrid. Tentamos xuzgar á marxe das linguas e creo que o logramos.

Anónimo dijo...

oukéi
De tódolos xeitos por se pensa que as ¿críticas? ían dirixidas á actuación perosoal dos membros do xurado,trabúcase.Todos temos as nosas filias e fobias,é human.A ¿crítica? ía dirixida a quen decidíu a configuración do xurado.
Por certo,con Delfín o francés tamén houbera tido algunha oportunidade.
O Troll ägrafo

Anónimo dijo...

Besbelinha:
Eres a mulher da minha vida.Amote dende a primeira vez que te vín.A minha vida xa non terá senso se tí non me fas caso...

Post Data: Noraboa,que me dixeron que che tocóu a lotería.


O Troll ágrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Non se preocupe, non o tomei como crítica. Só indicar que os membros do xurado son os mesmos compoñentes da Sección de Literatura do Liceo, o que facilita as cousas (así non buscamos a ninguén para "cargarlle" coa lectura de case 700 textos).

Marcos Valcárcel López dijo...

VELAÍ O TEXTO COMPLETO DA ACTA:

FALLO DO “PREMIO CARLOS CASARES-2007’’ DE MICRORELATO, CONVOCADO POLO LICEO DE OURENSE


En Ourense, sendo as vinteuna horas do día dezaoito de xuño de dous mil sete, reúnese o Xurado do “Premio CARLOS CASARES”, de Microrelato, convocado por “El Liceo de Ourense”, constituído por Don José Carlos Martínez-Pedrayo García, como Presidente, Don Marcos Valcárcel López, Dona. Teresa Devesa Graña, Dona Loly Conde Fernández, e Don Delfín Caseiro Nogueiras, como Vocais, y actuando como Secretario Don Juan Ignacio Fonseca Moretón. Despois dun amplo debate sobre 673 os traballos presentados os compoñentes do Xurado acordan por unanimidade conceder o “Premio CARLOS CASARES” de Microrelato, correspondente ó presente ano 2007:
O aportado co lema “Anabel Lee’’. Aberta a plica correspondente resulta ser a sua autora Dona María Lado
Lariño, con enderezo na localidade de CEE - A Coruña, Rúa da escona, nº 1 - 1c , e o título definitivo da obra
“Alugueres antigos”
Así mesmo acórdase outorgar dous accésit, dotados polos membros do Xurado con 300 euros, ós traballos seguintes: O presentado co lema “Non teño máis que dicir”, do que una vez aberta a plica correspondente, resultou ser a sua autora Dona Fátima González Comesaña¬¬¬¬¬¬, con enderezo na localidade de Nigran - Pontevedra, Rúa Torreiro, 64 - Priegue, e o título definitivo da obra “Sangue”. E o presentado co lema “Berta”, do que una vez aberta a plica correspondente, resultou ser a sua autora Dona María Lorenzo Miguéns¬¬¬¬¬¬, con enderezo en Laiño- Dodro, Tarrío 26 A Coruña, e o título definitivo da obra “O Limoeiro”.

En consecuencia, outórgase o ‘‘PREMIOS CARLOS CASARES", convocado por “El Liceo de Ourense”,na modalidade de Microrelato, e correspondente ó ano 2007, e dotado coa cantidade de MIL CINCOCENTOS EUROS (1.500 euros.) a Dona María Lado Lariño. Así mesmo outórganse DOUS ACCÉSITS, dotados con TRESCENTOS EUROS (300 euros) cada un, a Dona Fátima González Comesaña, e a Dona María Lorenzo Miguéns.. En conformidade coas Bases establecidas, será entregado o premios o próximo día 22 de xuño, venres, na sede social do Liceo de Ourense, nun acto que será ademais relembranza merecida do escritor Carlos Casares, Socio de Honra desta institución cultural. Tamén o Xurado quere transmitir públicamente o seu agradecemento a Entidade CAIXA GALICIA pola súa colaboración económica para a realización deste importante concurso literario.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por se alguén non o sabe, MARIA LADO é a autora do blog
www.casatlantica.blogspot.com

Para o noso TRoll, permítame unha pequena corrección: "... tería algunha oportunidade". Houbera tido, manca os ouvidos.

Anónimo dijo...

¿Houbera ou houbese? (Xa lhe dixen que eu non estudéi galego aínda que sexa a minha lingua materna, a lingua na que falo cando deliro por enfermedade ou borracheira...a mín nunca me pasaría o que lhe pasóu a Fraga cando se lhe barréu o sentido no Parlamento)

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Pois parabéns ás gañadoras.

Anónimo dijo...

Parabéns as gañadoras.

Polo que respecta ó tema da presenza dos distintos Presidentes da Xunta na exposición sobre Europa e Galicia, e sempre que non o considere incorrecto nin un abuso o propietario do blog, gustaríame saber, nos paneis orixinais, en cantas fotos saen cada un dos presidentes da Xunta de Galicia e si, neste montaxe posterior, engadiuse algunha para gloria do que financia a exposición.

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo que xa contestei á última intervención deste fío, quizais noutro lugar. Nos paneis que presentamos AVM e MV rematabamos antes dos inicios da Autonomía: polo tanto non había fotos de ningún presidente da Xunta.

Anónimo dijo...

Pasa un polo corpo do microrrelato con sensación de pecho e luxo da prosa modernista estilo "reina Mab". Matízaa certa expresividade século XXI que se confirma na derradeira e conclusiva cláusula. E eu quedo coa impresión de cousa lírica da que ben podería xurdir novela longa de frufrús, lenocinio e sete mares; con quen sabe cantos afluentes.

Parabéns para a autora, desde esta casa, con especial mención para o estilo. Permítanme ela e vostedes excursus ampliador: carácter distintivo da última década é que, por primeira vez na historia, sen cambiar de lingua un pode percorrer esteso mundo en espazos e tempos. Xa nada é previsible na literatura galega.

Parabéns á autora por formar parte diso. E polo premio.

besbe dijo...

Marcos, quen é o troll ágrafo este, que me acaba de deixar descolocada. E a ver que eu non sei nada de lotería ningunha.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Besbellinha,vostede desculpe.

¨Non lhe ¿gostóu o méu "microrelato"?


O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Como este é un post coa etiqueta "Liceo Ourense" vou facer propaganda do acto que se celebrará alí o 30 do presente S.Xoan as 20 horas.Unha celebración do VI aniversario do grupo de alcólicos anónimos de Ourense.

Eu tamén matenho unha relación amor-odio có "esprito do vinho",nome poético do que os químicos entenden coma un derivado alcólico do hidrocarburo etano.Derivado sólo dende o punto de vista teórico,por que na práctica obtense das "uvas da solaina".¿Cando vai escribir sobre a relación alcól-literatura,amigo valcárcel?¿na vendima?

(Exercicio: adiviñar cales dos escritos do troll ágrafo se conciben na fase do amor ou do odio facia esa "Gilda" particular).

O Troll ágrafo

lourixe dijo...

Señor Troll ágrafo, (que os demais me permitan esta disgresión do tema principal do fío), e vai ser que temos un amigo mexicano común?

besbe dijo...

non teño nada que desculpar que eu saiba, e claro que gustei,como non :) Saúdos, pois.

Anónimo dijo...

Pois,lourixe,non sei,coma non sea "Don tequila",pero non é amigo,e conhecido de vista...

(¿A qué se referirá a Julieta Venegas con "yo te quiero con limón y sal,no hace falta cambiarte nada...?)

De Méjico,góstanme as rancheiras...

Tu retratito...
lo llevo en el móvil..

(Vaia,perde romanticismo...)

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Hola, buenas tardes. Yo me presenté al concurso y pregunté en el Liceo por las bases. Eran 1500 caracteres con espacios. Leo el texto ganador y lo supera por mucho. Mi pregunta es, ¿Los accésits también sobrepasan los caracteres? me siento muy engañada; y ya que usted fue miembro del jurado, creo podrá responderme. Gracias.

Anónimo dijo...

Amiga Clara: podría pasar o seu microrrelato a estas páxinas para que todo o mundo puidera lelo?

Anónimo dijo...

Vai ser difícil, despóis do gran cabreo dos participantes, levantar a sona dun mal facer neste certamen. Non é unha boa medida borrar e facer calar. Esas estratexias xa están pasadas de moda. Non se olvida aínda que se condene ó silencio, máis ben todo o contrario. O Arume dille a unha tal Clara (quizá para pretender taparlle a boca) que pase o seu microrrelato a estas páxinas para que todo o munda poida leélo. Quedo parvA con tanta desfachatez, tanto que foi o que me levóu a mandar esta protesta. Se queres lelo, pide para lélo quizáis formar parte do próximo xurado, así non terás que arrastrarte polo chan pedindo algo fora de lugar. Presións para facer comparativas? Comparativas diante dos ollos de quén? O infantilismo tamén chegou a literatura e invádea. Mágoa. Mágoa. Mágoa. Onde a grande literatura?. Onde os grandes lectores?. Onde os críticos serios e fundamentados?

Anónimo dijo...

1. Eu son Arume dos Piñeiros, non o Arume. Aínda con alcume, non admito fácilmente o colegueo. E menos o tuteo.
2. Eu non estou, nin estiven, nin supoño que estarei en ningún xurado. Polo tanto non dirixa a súa ira contra mín.

Anónimo dijo...

Buenas de nuevo. Disculpe por no querer enviar mi relato, pero creo que no es la forma. Encantada estaría de compartirlo con usted tomando un café. Pero no en estas condiciones. Vivo fuera de Galicia, pero desconocía que un certámen podía evadir de una manera tan radical e impositiva una cuestión tan clara. Sólo quiero que me digan por qué el ganador sobrepasa con creces los 1500 caracteres. El Liceo me informó telefónicamente que no se podían sobrepasar los 1500 con espacios. La otra pregunta era simplemente si los accésits también sobrepasan los caracteres establecidos. Creo que es digno, que una pueda preguntar y ser informada, después de sentirme engañada por este concurso. Gracias.

Anónimo dijo...

Arume dos piñeiros le dice al anónimo que no admite el colegeo fácil, y me llama amiga. En fin, parece que no hay mucho que hacer cuando no se quiere responder ni cuando uno quiere entender lo que le están preguntando. ¿Señor Valcarcel? Podría responder cuando pueda a mis preguntas. Yo fui una participante y usted miembro del jurado. Gracias.

Anónimo dijo...

Para Arume dos Piñeiros:

Pola súa sensibilidade ferida
Disculpe vostede pero no foi a ira
Esa parte en mín estaba hoxe dormida
Marchou un día e sigue estando ida.

A mala lectura conduce a graves erros
Nada máis lexos de mín que con vostede o colegueo
Pero eu que son persoa de arriba a abaixo
Eu sí que admito o maxistral tuteo.

Todos os demáis embalaxes de importancia
Os regalo para as señorías que se creen algo.

Anónimo dijo...

deixade en paz a Marcos dunha vez ou non vedes que non quere contestar. Ao final vai eliminar esta entrada tamén.