20 jun 2007


Inverno do 76.

Pan por Pan 20 xuño


O inverno do 76, ós poucos meses da morte de Franco, foi moi difícil. O goberno Arias Navarro non avanzaba nas liberdades (“Yo lo que deseo es continuar el franquismo”, declaraba o que era coñecido popularmente como “Carnicero de Málaga”). A esquerda estampaba nas súas portadas clandestinas lemas como “¡No al rey impuesto!” (Mundo Obrero) ou “Abajo la monarquía fascista de Juan Carlos” (En Lucha). E a rúa estaba en permanente conflitividade laboral e política. Un capitán xeneral, Prada Canillas, quixo sacar á rúa o Exército para controlar a situación: impediuno Adolfo Suárez como ministro da gobernación en funcións. O titular dese ministerio era entón Fraga, que estaba de viaxe. Como reaccionaría Fraga nesa situación? Pois non o sabemos, por suposto, pero poucos meses despois Fraga fixo famosa aquela frase: “La calle es mía”. Por sorte estaba de viaxe.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

E eu, na mili. De xaneiro a marzo do 76 no CIR de Alcalá de Henares; desde aquela ata marzo do 77, nun cuartel de Getafe.

Pasei no segundo (a poucos meses de concluír o meu tempo militar) os secuestros de Oriol e Villaescusa. Naquelas semanas fixen máis servizos de armas ca en todo o resto do tempo. Nunca tiven, con todo, sensación de golpe; ao mellor é que nunca entrei nunha sala de bandeiras...

Anónimo dijo...

¿Pero vostede non conhece as normas do blog?.Está prohibido contar historias da mili,por que si non todo Dios se apunta,e bloquéase o ordenador. ¿Ou non víu aquela vinheta de Quino na que Mafalda lhe pregunta ao pai pola mili e despóis non paraba...?

O troll ágrafo

Anónimo dijo...

Creo que non mal interpreto o dono do blog, nin os demais contertulios, se digo que o amigo González ten bula para case todo, mesmo para contar a mili. Que a veteranía segue sendo un grao...

Marcos Valcárcel López dijo...

Por suposto que XMG está autorizado a falar ata da mili. E tamén os demais contertulios, pero xa chegará unha ocasión máis axeitada: eu por certo fíxena máis tarde, 1981, ano do golpe, Córdoba e Sevilla. Pero, con golpe e todo, seguro que pasaban aínda máis medo no 76, con Arias Navarra á cabeza daquel tinglado e as cousas aínda tan escuras...

Anónimo dijo...

Como obxector de conciencia, suplico que o tema da mili teña post propio con advertencia inicial.

lourixe dijo...

Eu estou tan indignada que vou saltar os protocolos todos, e como non fixen a mili a miña transgresión consistirá en poñer o link dun debate que hai en Arroutadas sobre un cómic que se opón ao emprego do galego no ensino. (Por Chuza souben que en realidade orixinariamente o cómic era de temática homófoba, mudaron os textos das viñetas para adptalo á nova polémica)

Anónimo dijo...

A ese debate xa se referiu o amigo González noutra entrada, señorita Lourixe.

Penso que non hai que deixarse levar pola provocación, que é o que pretenden, por moita indignación que nos cause. Mente fría e pulso firme: eís a chave.

Anónimo dijo...

¿Mili? Quen era ela?
As máis noviñas só temos que contar o campamento de Gandarío e outras cousas así.
Deixádevos de rollos de pais.

Anónimo dijo...

O campamento de Gandarío, non era da OJE?

Anónimo dijo...

Da Xunta, que organiza alí campamentos.

A OJE? Lusistas? HOXE, será, non?.

Anónimo dijo...

Vos querédesme matar
Agora traédemes recordos da OJE...

UN flecha en el campamento CHI CHI
la colchoneta meó chiribiribíii

(O que non entendo ben,agora que o penso,é por que tamén cantabamos a de Oh bela cháo,cháo,cháo...)

O troll ágrafo

Anónimo dijo...

Boeno,a sede da OJE en Ourense,estaba,se non me falla a memoria,na avenida da Habana,maxino que Marcos sabe bén do sitio.Ahora tamén hai alí algo da Xunta...
Daquela había unha biblioteca chea de libros de José Antonio,nunha habitación interior.Boeno.Eu aprendín alí a revelar fotos...
O troll ägrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Confésolle, sr. Troll Ágrafo, que me ten vostede abondo intrigado: sen dúbida, coñéceme ben. De certo, nacín nunha casa da estrada da Granxa (creo que acaban de tirala), moi perto do cimiterio, pero de moi neno leváronme para a Avda.da Habana, 111 daquela e alí vivín ata os meus 17 anos, que fun a Compostela (enfronte vivía Afonso Monxardín, pero daquela non tiñamos tanto trato). Esa casa feita pola miña familia está ó carón do que era o local da OJE, da Farmacia onde aquel neno ía comprar as medicinas e onde vivía algún amigo. Esa oficina coñécea moi ben o meu amigo Benito Losada.
E voulles facer outra confesión, a vostede e ós lectores: ó meu pai nunca lle gustou o réxime franquista nin moito menos. Pero, cando eu tiña 9 anos, tivo que aguantarme unha noite chorando. Razón: o neno quería ir ós campamentos que facían en Porto do Son a OJE e os Maristas e ós que ía o seu irmán. E o neno saiuse coa súa e foi, mesmo sen idade legal, case de mascota dos curas e xefes do Movimento. E repetiría un ano máis e pasouno alí cos amigos como os indios. Ten moitas anécdotas deses días, nos que aprendeu a cantar o "Cara al sol" nun mastro e as "Montañas nevadas". Aquilo non me fixo falanxista nin franquista nin anti. Foi unha experiencia de neno, que nin sequera percibía o contido político de todo aquilo: supoño que algo semellante lle pasará ós cativos que van cos "Pioneros" en Cuba e así.

Anónimo dijo...

Eu nunca fun a nada disto: son refractario a todo tipo de campamentos e cousas polo estilo. A verdade, agora que o penso, nunca mili(tei) en nada. Fun socio da Ponferradina (agora chámanlle a Deportiva, que hai que ser hortera) e pouco máis. E cando me presento a algo nin siquera me voto. Para que non colla confianza.

Anónimo dijo...

Ou sexa, amigo Arume, que nunca sería socio dun club que admitise a xente coma vostede. Xa me parecía a min que era un perigoso e irredento marxista.

Anónimo dijo...

En efecto, un dos meus libros de cabeceira é Groucho e Chico, abogados, unha edición de Michael Barson en Tusquets que recolle vintaséis episodios radiados dos irmáns Marx no ano 1932. Para os que aínda cren que o audiovisual naceu onte.

Anónimo dijo...

¿Recorda tamén vostede,señor Valcárcel,un pouco máis arriba,onde hai agora un edificio con galerías,unha finca,unha viña onde andaba sempre un velhiño sachando? Circundada por un valado metálico verde na parte de Bós Aires e da Habana.¿ou fálhame a memoria?
O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Boeno,Sr,Valcarcel.Está ben que sepamos que o pasóu ben nos campamentos da OJE.Tamén o paséi eu,coma os indios,nunca melhor dito,aprendíamos a rastrexar.Asi,non lle pasará como a Günter Grass,cando sexa moito mís naior... XDD
O Troll ägrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Lembro perfectamente ese chalet, un dos últimos en caer no centro de Ourense, porque ademais víase moi ben dende a terraza da miña casa (catro pisos). E recordo facer a casa que está ó carón da Habana 111, e fai esquina entre a Habana e Camiño Caneiro e está situada fronte ó espazo dese antigo chalet. Dos últimos en caer, pouco despois, foron o chalet dos Lloria na rúa de Bedoya e o do Paseo onde hoxe está o edificio Viacambre.

Marcos Valcárcel López dijo...

tamén lembro, aínda que eu sería moi pequeno, a sala Auria, perto dese chalé do Paseo (puxéronlle unha placa hai pouco). Quen me levaría aló sendo moi neno? Vin estes días as fotos que saen no especial festas do Corpus de Publicidad Radar (no que escribín eu tamén) e recoñecín ó momento aquela sala circular, coas súas columnas de azulexos verdes pequeniños, mesas e cadeiras, todo... A que iría eu alí???

Anónimo dijo...

"O exceso de lembranzas é síntoma de inexorable senectude" (Séneca).

É brincadeira! A cita é inventada, pero a que queda ben?

Vou inventar outra:

"A nenez é o berce dos suplicios adultos" (Shelley).

A partir da paráfrase destas citas, creo que me vou dedicar a escribir libros de autoaxuda que falen de cómo vivir felizmente o presente & bla, bla, bla.

Teño entendido que xeran moita pasta gansa.

Anónimo dijo...

Señor ap.c.A cita apócrifa de Séneca é unha verdade de barqueiro...

Os libros de autoaxuda parécenme todos unha merda,menos un que lín hai xa moitos anos,o clásico de "Dale Carnegie" sobre gañar amigos etc...

De todas formas un libro de autoaxuda escrito orixinariamente en galego e que acabase sendo un best-seller,tipo "Platón versus Prozac" faríalhe moito ben ó
galego.

O Tróll ágrafo

Anónimo dijo...

Vale o libro de Xurxo Borrazás de autoaxuda?

Anónimo dijo...

Eu referíame a un libro algo así coma "a retranca galega como medio pra alcanzar a paz de esprito",que poidese venderse en todo o mundo,como o feng-shui chino,o yoga indio,etc...
Un Longsam Rampa da filosofía galega da vida,vamos...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Non lle lin ese libro, Arume. Pero a risco de pecar de inxusto, pola entrevista do seu autor no Faro e por un fragmento del que alguén colou en Arroutada (e que vin de casualidade), dame a sensación que, máis ca de autoaxuda, se trata dun "descubre mediterráneos contaminados" que, a priori, non me chama a atención para nada.

Anónimo dijo...

Sr.Valcárcel.Eu nunca entréi na sala "AUrea",pero acredito que lhe escoitéi a alguén que había unhas horas ,non sei se os domingos á hora do vermú,que a sala era "pra todolos públicos".Pode contrastar ese dato con moita xente...

O troll ágrafo