20 jun 2007

Cogoberno en Ourense
A quen poida interesar: deixo en Comentarios o texto do acordo de goberno municipal PSdG-BNG en Ourense e as asignacións específicas de áreas dos concelleiros nacionalistas.

10 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

ACORDO ENTRE O PSdeG-PSOE E O BNG PARA CONSTITUIR UN GOBERNO DE COALICIÓN NO CONCELLO DE OURENSE



I. Introdución

O PSdeG-PSOE e o BNG subscriben o seguinte acordo para a construción dun goberno municipal de coalición no Concello de Ourense, conforme ós principios establecidos no Acordo Marco firmado por ambas formacións políticas para a gobernación dos concellos de Galicia.

O acordo concreta un novo modo de xestión municipal que permita ordenar o desenvolvemento de Ourense, garantindo os principios de igualdade, participación, cohesión social e territorial, sustentabilidade ambiental e transparencia na xestión.

O Programa de Goberno de Coalición basease nas principais liñas programáticas do PSdeG-PSOE e o BNG, para asegurar o cumprimento dos programas electorais de ambas formacións respecto á ordenación urbana, novas infraestruturas, equipamentos e dotacións en todos os distritos, promoción do emprego e vivenda protexida, protección do Medio Ambiente e Patrimonio, benestar social e desenvolvemento económico.



II. Liñas programáticas básicas


O goberno de coalición xurdido da vontade das urnas en Ourense asume a necesidade dun cambio no modelo urbanístico da cidade, na procura dun modelo sostible, con crecemento en torno ós núcleos existentes, coa protección dos solos con valor ambiental, agrario, cultural ou paisaxístico e coa rehabilitación e revitalización dos barrios e do Centro Histórico.

-Crear a Empresa Municipal de Vivenda e Solo, para desenvolver políticas municipais de solo e vivenda e asegurar a transparencia da xestión urbanística

-Promover as accións necesarias para a integración na cidade das liñas de Alta Velocidade e a construción da Estación Central de Galicia, que servirá como motor económico e a posta en valor dos recursos de Ourense, a través das políticas de desenvolvemento turístico.

-Desenvolvemento do Plan Termal de Ourense, coa creación da rede de turismo termal e coas infraestruturas necesarias para o seu aproveitamento comercial, xerando unha “Marca Ourense” que se asimile á excelencia termal.


-Redacción dun Plan Director de Servizos Sociais que sirva para definir as necesidades e obxectivos en cada unha das áreas de competencia municipal. Os Servizos Sociais constitúense nun dos eixes vertebradores da acción municipal de Goberno, estando prevista a elaboración dun censo de persoas maiores que viven soas para a identificación das súas necesidades. Desenvolvemento e implementación dos centros cívicos.


-O Goberno municipal de coalición de Ourense asume como prioridade o desenvolvemento económico e as políticas de promoción do emprego que sitúen ó Concello no papel de motor da Galicia interior.

-A transparencia na xestión municipal será un dos retos da nova corporación, asumindo a necesidade de acadar a total transparencia da vida pública local.

-Dinamizar os barrios e devolverlles o peso específico que lles corresponde dentro do mapa poboacional da cidade.




III. Criterios para o funcionamento do goberno de coalición:

Principio de eficacia: Na acción de Goberno primará a axilidade, eficacia e eficiencia, para así acadar un nivel óptimo de prestación de servizos e de mellora de calidade de vida dos cidadáns


Principios de unidade de xestión, solidariedade e autonomía: O goberno municipal, como órgano único e colexiado, actuará con cohesión, lealdade e apoio mutuo, responsabilizándose de xeito conxunto e solidario do funcionamento do Concello. Cada formación política manterá a súa autonomía de actuación no que exceda á xestión municipal, e dentro dela dentro das liñas programáticas básicas e no sometemento ás normas xerais e ás decisións corporativas que garanten o funcionamento unitario do goberno municipal.




IV. Acórdase organizar o Concello nas seguintes áreas:


A asignación de áreas de responsabilidade ós dous grupos políticos integrados no goberno municipal de coalición establecese con criterios de proporcionalidade, que aseguren a eficiencia na xestión e o máis amplo grao de entendemento e colaboración entre o Concello e as administracións central e autonómica, en defensa dos intereses xerais de Ourense.


A distribución de áreas será a seguinte:

1. Economía e Facenda: Intervención, Xestión Tributaria, Inspección de Rendas, Xestión Económica e de Presupostos, Xestión de Inmobilizado e Contabilidade, Tesourería, Caixa, Compras e Fornecementos, Contratación e Patrimonio.

2. Urbanismo: Planeamento, Xestión Urbanística, Licenzas e Disciplina Urbanística, Rexistro de solares e terreos sen urbanizar, Rexistro de edificacións ruinosas e inadecuadas, Plan de Tratamento, Limpeza e Ornato de Fachadas e Licenzas de Obras Menores.

3. Vivenda: Xestión de solo para vivenda protexida de promoción pública, PERIS e BIC das Burgas.

4. Infraestruturas: Alumeado Público, Servizos de Enxeñería, investimentos en infraestruturas, Perímetro rural, Zonas forestais, Obras e contratación de obras e Mantemento e uso de vías públicas.

5. Medioambiente: Aguas, Saneamento, Limpeza viaria, Medioambiente, Recollida e tratamento de RSU, Zonas Verdes.

6. Comercio, Turismo e Termalismo: Abastos, Mercados, Industria e Matadoiro.

7. Benestar Social, Sanidade e participación cidadá: Atención primaria, Atención especializada, Dependencia, Emerxencia social, e programas sectoriais. Atención ós drogodependentes, UAD e Centros de Día, OMIC e participación cidadá.

8. Igualdade, Xuventude e Voluntariado: Políticas de muller, Escolas Infantís e programas sectoriais.

9. Emprego e Promoción económica: Traballo, promoción económica e formación ocupacional e o Centro de Iniciativas empresariais.

10. Educación, Universidade e Bibliotecas.

11. Cultura e deportes. Festival de Cinema, Servizo de Normalización Lingüística, Consello Municipal de Deportes.

12. Seguridade e mobilidade: Policía, Tráfico, Bombeiros e Protección Civil. Transporte Urbano.

13. Servizos Xerais e Recursos Humanos: Rexistro Xeral, arquivo municipal, RPT, organigrama do persoal, Estatística, reprografía e Sistemas de Información, Venta ambulante, Licenzas de Apertura e obras de adaptacións de locais, Servizos médicos e saúde laboral para el persoal, Parque móbil, Servizos Mortuorios e Cemiterios.








V. O reparto das áreas de responsabilidade queda establecido do seguinte xeito:


Corresponde ó PSdeG-PSOE a dirección das áreas seguintes:

a. Economía e Facenda

b. Urbanismo.

c. Medio Ambiente.

d. Educación e Universidade.

e. Benestar Social, Sanidade e Participación cidadá.

f. Emprego e Promoción económica.

g. Servizos Xerais e Recursos Humanos.



Corresponden o BNG a dirección das áreas seguintes:


a. Vivenda.

b. Infraestruturas

c. Comercio, Turismo, Termalismo, Abastos e Mercados

d. Igualdade, Xuventude e Voluntariado

e. Cultura e Deportes

f. Seguridade e Mobilidade


ÁREAS DE GOVERNO MUNICIPAL CORRESPONDENTES A CONCELLEIROS/AS ELEITOS POLO BNG.

• Delegación de área: Vivenda, Termalismo e Comercio.
Alexandre Sánchez Vidal.
1º Tenente de Alcaldía do Excelentísimo Concello de Ourense.

Delegacións específicas:

Vivenda, Solo, PERI e BIC. Alexnadre Sánchez Vidal.

Termalismo. Marta Arribas González.

Comercio, Turismo, Feiras, Mercados e Prazas de Abastos, Matadoiro Municipal e Industria. Ana Garza Cortiñas.

• Delegación de área: Infraestructuras, Transporte público e Seguridade cidadán.
Andrés García Mata.

Delegacións específicas:

Infraestruturas: Alumeado Público, Servizos de Enxeñería, investimentos en infraestruturas, Perímetro rural, Zonas forestais, Obras e contratación de obras e Mantemento e uso de vías públicas, e Mobilidade: Transporte Urbano. Andrés García Mata.

Seguridade: Policía, Tráfico, Bombeiros e Protección Civil. Xosé Fernando Varela.

• Delegación de área: Igualdade, Cultura e Deportes.
Mª Isabel Pérez González.

Delegacións específicas:

Cultura, Festas , Festival de cinema, Auditorio municipal e Normalización lingüística. Mª Isabel Pérez González.

Deporte. Xosé Fernando Varela Parada.

Igualdade, mocidade e voluntariado. Marta Arribas Gonzalez.





Xunta de governo: concelleiros eleitos polo BNG, e que formarán parte da no Xunta de Governo.

 ALEXANDRE SÁNCHEZ VIDAL
 ANDRÉS GARCÍA MATA
 MARTA ARRIBAS GONZÁLEZ
 MªISABEL PÉREZ GONZÁLEZ

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

"Principio de eficacia: Na acción de Goberno primará a axilidade, eficacia e eficiencia, para así acadar un nivel óptimo de prestación de servizos e de mellora de calidade de vida dos cidadáns
Principios de unidade de xestión, solidariedade e autonomía: O goberno municipal, como órgano único e colexiado, actuará con cohesión, lealdade e apoio mutuo, responsabilizándose de xeito conxunto e solidario do funcionamento do Concello. Cada formación política manterá a súa autonomía de actuación no que exceda á xestión municipal, e dentro dela dentro das liñas programáticas básicas e no sometemento ás normas xerais e ás decisións corporativas que garanten o funcionamento unitario do goberno municipal."

Parece que leron as nosas críticas sobre o pacto xeral e cambiaron este epígrafe, que así parece máis razonable. Temos influencia?

Anónimo dijo...

De ónde sacarían estes carajos o de "poñer en valor" cando a expresión aceptada fai anos é "engadir valor".O I.V.E (imposto sobre o valor engadido) vai pasar a chamarse I.V.P. (imposto sobre o valor posto,que ademáis rima)

Por outra parte,qué bonito o texto.O papel tén mau do que lhe ponhen.Recórdame á "Pepa",constitución hermosísima no papel...

Por outra parte,aparte dos poderes fácticos clásicos,agora está este blog.Xa se dice en Ourense:"Si no escribes en el blog de Marcos Valcárcel,no eres nadie..."

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Os portugues ao IVA chámanlle IVA (Imposto de Valor Acrescentado), e a min pareceume sempre ben.

Anónimo dijo...

Boeno, a ver ,qué vos parece que o BNG ourensán lhe tenda a mau agora á empresa "Xardín das Burgas".Eu podería decirvos o que oín por ahí,pero é doado de maxinar...

O trol ágrafo

Anónimo dijo...

Explíquese mellor, se fai o favor.

Anónimo dijo...

O que oín por ahí á xente non lho vou dicir,fale vostede coa xente da rúa e non soio con intelectuales e tamen o pode oir.

Por outra parte,é sorprendente que o BNG ourensán acacbe tendo algún trato con unha empresa que tachóu de totalmente incompetente e de moitas cousas máis...pero esa é a minha opinión de "man in the street".Por eso pregunto a dos demáis...
O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Pois eu non lle teño nin idea. E tampouco é plan de que vaia até Ourense a preguntarlle á xente que pasa pola rúa.

Pero díganos, se pode, de qué clase de trato se trata.

Anónimo dijo...

Eu, asiduo dos bares, pediríalles algo de prudencia os antes de deixarse levar polo ruxe ruxe das rúas e os bares (aínda que sexa polas tabernas irlandesas), ou acabarase convertendo este blogg nun blogg rosa) e de ser así fálese tamén dos comentarios sobre o anterior alcalde (recaudador do anterior) o dos maldicentes que "parece2 que xa comprobaron en solo dous días a "oficina" q teñen en marcha os actuais xefes do Concello e urbanismo para negociar recalificacións e novas alturas ante as potenciais sentencias do PXOM e algunha cousa mais en menos dunha semana.

Anónimo dijo...

A mín góstame ver que a xente do Bloco empeza a ver a importánzia de temas "terrenáis" coma o urbanismo.
Lembro fai anos ó entón concelheiro do Bloco,Milhán Pikouto,bén conhecido seu,Marcos,como se aburría no debate sobre o Ex-cuartel de San Frisco.Quería falar somentes do galego.Dixo algo así como: O galego vale trescentos ou catrocentos milhóes máis ca o cuartel...

Boeno,vamos padiante.Por que patrás non vamos e quietos non estamos que decía o Fernando,pioneiro do Bloque,filósofo.O Dues dos ateos o tenha no ceu.

o TROLL ágrafo