23 jun 2007


Microrelatos
(Pan por Pan 23 xuño. Na foto María Lado)
Concedéronse onte na cidade os premios da sexta edición de Microrelatos Carlos Casares do Liceo de Ourense. Este premio fundouse dous meses despois da morte do escritor ourensán e hoxe está plenamente consolidado: de feito, os case setecentos textos recibidos neste ano, en galego e en castelán, demostran a súa vitalidade. O mundo virtual ampliou a difusión destas convocatorias e hoxe dende calquera lugar do mundo pódese acceder a este tipo de citas culturais. Dos premiados onte, cabe subliñar dúas cousas: a forte presenza feminina, tres mulleres galardoadas, dúas delas cando menos coñecidas no mundo literario. A gañadora, María Lado, é unha moza de Cee que mesmo ten blog propio (casatlantica.blogspot.com): o seu microrelato, “Alugueres antigos”, ten bo pulso narrativo e xoga coa beleza das palabras, a ironía e a capacidade de sorprender. Que non é pouco.

(P.S.: por certo foi unha delicia ver a María Lado ler o seu microrelato cos seus acentos fisterrás, de geada e seseo, nas interiores terras aurienses, tan pouco habituadas a eles. Os meus parabéns ás tres mozas gañadoras e un saúdo tamén para Fátima González Comesaña, de Nigrán, que acudiu a recoller o seu galardón e estaba máis que encantada porque era ata agora autora inédita e escritora case a escondidas. A outra premiada María Lorenzo Miguéns, que non puido acudir, polo que eu sei xa ten participado noutras citas semellantes e foi premiada nalgún Concurso de Contos da Casa da Xuventude).

11 comentarios:

Moralla dijo...

Estupendo que nas rúas ourensás caídas nun val preñado de lume, gañe un relato tinguido de acentos fisterrás e mar bravío!! dende a fin do mundo ao río Miño. Noraboa gañadora por esa viaxe

Anónimo dijo...

O microrrelato gañador non cumpre as bases do concurso. Sobrepasa os 1500 caracteres. ?????

Anónimo dijo...

Podería vostede responder aooanterior post se fai o favor? Desexamos seguir crendo na honestidade dos xurados e no cumplimento das bases dos premios.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pódolle asegurar polo que a min respecta (e nisto poño a man polos compañeiros de xurado) que o premio C.Casares de microrelato é o máis honesto e limpo dos que teño participado na miña vida. Non ten detrás ningún interese editorial, nin económico, nin persoal nin de ningún outro xeito. O anonimato dos autores é total e estricto: no Liceo están sen abrir os case 700 sobres (menos os 3 galardonados) recibidos coas súas plicas.
As bases do premio estableceron un límite (1500 caracteres, enténdase sen espazos) para evitar a presentación de textos demasiado longos, ás veces de varios folios, como se presentaron noutras edicións. Obviamente non se comprobaron ao milímetro todos os relatos: revisado agora e contado o relato gañador, pola miña banda sigo crendo que está na filosofía da extensión solicitada, cunha diferencia insignificante no número de caracteres.

Anónimo dijo...

Pódelle vostede botar toda a filosofía que queira, señor Valcarcel. Pero unha cousa está clara. Non se cumpriron as bases do concurso. Houbo mala fe. E non, precisamente, por parte dos membros do xurado, que non se van poñer a contar ao milímetro os caracteres, como é comprensible. Pero si por parte da persoa que presentou o relato. Non é o mesmo contar unha historia en cen que en cento vinte páxinas. En tres que en cinco follas. En mil cincocentos que en mil oitocentos caracteres.

Anónimo dijo...

Vostede perdoe, señor Valcárcel, pero o límite eran 1500 caracteres CON ESPACIOS INCLUIDOS. Eu participei nesta cousa, e asegureime ben antes de enviar o meu microrelato. Á marxe de ler detidamente as bases, púxenme en contacto co Liceo, onde así mo aseguraron: 1500 CARACTERES, CON ESPACIOS E SEN CONTAR O TÍTULO.
De tódolos xeitos, a súa amiga María Lado, sobrepasou os 1500 caracteres tanto se contamos os espacios coma se non.
De pura vergoña!! Pero ninguen dirá nada...aínda que eu non me cansarei de repetir que me sinto ESTAFADA.

Anónimo dijo...

El señor Valcarcel, con todos mis respetos, ha sido muy imprudente. Yo también llamé personalmente a la dirección del Liceo para asegurarme de los caracteres exactos, y se me dijo ,explícitamente, que el trabajo no debía sobrepasar los 1500 (CON ESPACIOS INCLUÍDOS); por lo que deducimos que el señor Valcarcel, que ha sido miembro del jurado, no ha estado informado en una cuestión de esencial importancia en lo que respecta a las mismas. El hecho de que el relato ganador sobrepase con 350 caracateres es de suma importancia, pues difiere en una cantidad excesiva, y no se puede explicar lo mismo en 1500 que en 1850 caracteres. He intentado ponerme en contacto telefónicamente con algún representante del jurado, pero Secretaría del Liceo responde que no puede contactar con ellos. Al menos, señor Valcarcel, merecemos una disculpa, todos nos equivocamos. Lo que es totalmente inaceptable y vergonzoso es que quiera hacer ver que el jurado no mira los caracteres. ¿Ni siquiera los de los finalistas que pasaron la criba, ni siquiera el del ganador?... Y además les hacemos saber que ese relato incumple las bases, ¿y les da igual?. Si es así, el premio Carlos Casares, del cual usted se jacta en el sentido de tan impoluta imparcialidad, no es más que una ESTAFA descarada. Por otra parte agradecerle a usted la posibilidad de exponer nuestro criterio ( que por otro lado es el verdadero en este caso que nos concierne) a través de este blog. Gracias.

Anónimo dijo...

Sí, efectivamente non se cumpren reglamentariamente as bases. Non é culpa da que envíou o texto, si cola, cola. Pero eso pón en entredito ó que otorga o premio: o Liceo de Ourense. Cousas así deixan un mal sabor de boca, e nos tempos que corren dan moito qué pensar e xeneran ese tipo de desconfianza sobre certos organismos que, dan pena. Lástima.
Ningún digno de premiar en castelán?. Lástima tamén. Galegos amantes e saídos do terruño que nos manexamos tamén en castelán: condeados na nosa propiña terra. Ben feito.
Polo demáis, unha crítica, constructiva e persoal: é un conto bonito, romántico, en certo grao infantil. Dónde a grande literatura?

Marcos Valcárcel López dijo...

Non desexo manter ningunha polémica ó respecto, pero si quero aclarar catro cousiñas:
1. Nas bases non figura ningunha alusión ós espazos en branco. O xurado entende que os 1500 caracteres non inclúen estes espazos en branco.
2. Creo que o tema quedou claro abondo. Para min non é unha diferencia sustancial a establecida entre 1500 e 1534 caracteres (media liña de texto).
3. Neste fío sigo o mesmo criterio que no conxunto do blog: non permitir insultos nin ataques personalizados. Xa que logo non permitirei que ninguén se sirva deste fío para atacar a ningún dos participantes, incluídos os premiados.
E 4. Base séptima: "O Fallo do Xurado será inapelable".

mar jun 26, 12:18:00 PM

Anónimo dijo...

Sí, señor, "as bases serán inapelables". Moi dictatorial a resposta. Veña, come e cala.
Por outro lado, confesar que eu tamén participei no concurso, e cando me puxen en contacto telefónico para preguntar polos caracteres, dixéronme moi clariño que eran 1500, contando os espacios, e que en ningún caso se debían de pasar. O relato gañador pásaaos con 350.
Non importa, sigan defendendo o indefendible.
Se o que queren é relatos que non pasen do folio, reféxeno así nas bases. Hoxe seríamos menos os que sentimos rabia cara todo isto.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.