23 jun. 2007

Día das Letras Galegas en Roma

Unha amiga quedou un pouco sorprendida da celebración do Día das Letras Galegas en Roma por iniciativa do Instituto Cervantes.
Semella que os aires romanos reconciliaron a Francisco Vázquez, "diplomático", coas letras galegas. Ela encóntralle á cousa pouca poesía. Pero non deixa de ter a súa gracia.

9 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

PV pode ser españoleiro, españolista ou españolarra, pero de tonto non ten nin un só cabelo. E ademáis, quen de nós, puidendo contemplar Roma desde o edificio de Academia de España en san Pietro in Montorio, declina tal invitación, aínda que sexa para escoitar o típico discursiño de xustificar gastos do IC?

Xosé M. González dijo...

Eu, co Paco Vázquez, nunca sei se sobe ou se baixa. Polas noites, no programa do Tino Santiago adoita ter máis razón ca un santo. Que siga así, e aló.

O procurador de sonhos dijo...

gosto muito muito da muralha de lugo

arume dos piñeiros dijo...

Hai foto do evento na páxina web de Xosé Manuel Pereiro: http://sihomesi.blogsome.com/2007/06/18/letras-romanas/

marcel swann dijo...

Bonita foto. "Lo mejorcito de cada casa".
Está moi ben iso de promover "las letras gallegas"... en Roma, gastos pagos, claro.

Anónimo dijo...

Que ten vosté en contra "de lo mejorcito de cada casa". A ver, explíquese.

marcel swann dijo...

Como ultimamente me saíron anónimos con tantas ansias de saber cultural ("explíquese"), velaí como xustifico a miña opinión:
1.- Véxolle pouca efectividade a esas efemérides. Entre quen se está promovendo a literatura galega con ese acto "a la romana"? Non será un gasto de cartos inútil? Asistiría esa xente ao "evento" se non foran cos gastos pagos?
2.- O cartel, en español, (http://roma.cervantes.es/Cultura/Fichas/Ficha42330_33_1.htm), indícanos que foi organizado pola "Junta de Galicia"/"Xunta de Galicia". Xa só por estas dúas cousas o acto me parece unha burla.
3.-Os escritores aí representados fan a súa obra case na súa totalidade en español. Pregúntome, por outro lado, se non están aí por "afinidades selectivas".
- Poden consultar a páxina web de Marina Mayoral (en español, cunha incorrección gramatical nese "Poneros (sic) en contacto conmigo").
- A interesante obra de Luisa Castro está redactada na sua case totalidade en español. [Recoméndolles, se non o fixeron, que lean "La segunda mujer"]
- César Antonio Molina, o mesmo. Categoría: "Escritores de España".
- Fanny Rubio (?)
- Logo tamén está Amancio Prada, cantante ocasional en galego e parlante de castelán (non conseguir aprendelo en todos estes anos).

Adiviñan en que lingua se desenvolveu o acto das "letras gallegas" (como di o cartel)? Si, na de Cervantes (nunca mellor dito). Ou falarían en "bilingüe"?

Do señor que aparece na esquerda (?) da foto non necesito comentar nada. "Por sus obras lo conoceréis". Durante o seu mandato, fixo unha loable (para a súa causa) defensa de todos os intelectuais nacidos en Galicia que contribuíron ao engrandecemento de España e/ou que fixeron a súa obra literaria/xornalísitca en español, desactivando todo o que puidese haber de galeguismo na Coruña.

Agora pediríalle ao anónimo que quite a careta e que rebata punto por punto o aquí dito.

marcel swann dijo...

Ao "César o que é do César". Rectifico o que anunciara como erro na páxina de Marina Mayoral: o que cría que era un imperativo ("Poneros") é un infinitivo "Podréis... [e varias liñas máis abaixo] poneros en contacto conmigo")

Anónimo dijo...

Conte cón meu aplauso,signore Swann,o aplauso dun nínguén.Sobre todo polo punto "1" o que máis pode xenelarizarse a cáseque todo tipo de actos de este tipo,e que case nuca é tomado en conta polos "intelectuales"...
O Troll ägrafo

1.Eu son ninguén
2.Ninguén é perfecto

ERGO: Eu son perfecto