14 jun 2007


Máis sobre Irán.

Pan por pan 14 xuño. Foto de Abbas, da súa serie sobre Irán.

Saben quen foi o primeiro país do mundo en meter no cárcere a un internauta por facer un blog, aló polo ano 2003? E saben cal é un dos países con maior número de blogueiros, que segundo diversas estimacións están moi por riba do medio millón de persoas? Pois nos dous casos a resposta é Irán e non calquera outro europeo ou occidental que estean imaxinando. Irán vive unha auténtica explosión de comunicación na blogosfera, di Nasrin Alavi, sobre todo porque as condicións de censura son moi duras e o goberno filtra ou bloquea máis de dez millóns de sitios web. Pero, malia iso, os iranianos fan marabillas para comunicarse dende a Rede e xerar novos espazos de liberdade. O goberno iraní pechou na última década máis de cen publicacións, incluídos 45 diarios: moitos destes xornalistas están agora refuxiados no periodismo dixital. E aí non hai que cubrirse co velo.

1 comentario:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O blog de Federico Rampini (http://rampini.blogautore.repubblica.it/?ref=hpblog), chamado por certo Extremo Occidente, informa cada dous por tres de casos de censura (entre outros de corrupción especuladora co bum inmobiliario) do espazo virtual en China. Debe ser praga que non cesa dos réximes autoritarios.
Por outro lado, véxase o informe recente de Amnistía Internacional sobre Irán:
Amnesty International continues to document serious human violations including detention of human rights defenders and other prisoners of conscience, unfair trials, torture and mistreatment in detention, deaths in custody and the application of the death penalty. Iran has one of the highest number of recorded executions of any country in the world. Amnesty International is particularly concerned about the execution of children and individuals who were minors when their crimes were alleged to have taken place. In one case, an 18-year-old girl, Nazanin, was sentenced to be executed for having, at age 17, stabbed to death one of three men in a park who were attempting to rape her and her younger niece.
Irán, Amnesty International