16 jun 2007


Mitos clásicos.

Pan por Pan 16 xuño


Formeime como lector, entre outras cousas, lendo libros de mitoloxía clásica. Son sempre útiles para nenos e mozos, como son necesarios os contos infantís e, por favor, sen censuras de corrección política. Logo coñecín traballos valiosos sobre mitoloxía, como os de Carlos García Gual, catedrático de Filoloxía Grega na Complutense, que dos mitos falou nestes días en Vigo. Os mitos seguen aí como decorado –no cine, na linguaxe, na psicoloxía, nas artes, etc.- pero perderon o seu valor heroico e exemplarizante. Hoxe chamámoslle mito a todo: un actor novo, un novo grupo musical prefabricado polas multinacionais, o que sexa. E o sistema remata por devoralo todo, ata os mitos políticos. Velaí: en Vallegrande, Bolivia, onde apareceu o cadáver do Che Guevara queren facer o roteiro turístico do Che, con hoteis e todo o necesario. Se Hércules levantase a cabeza!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa que falamos de mitos, recomendo a lectura do escritor frances Pascal Quignard " el sexo y el espanto", no que aborda o tema da sexualidade na epoca romana e grega e o cambio producido neste tema polo cristianismo.

Gustavo Peaguda

Anónimo dijo...

A mín, o proceso de "selección natural" mediante o que se configuran os contos infantís de tradición oral,fascíname.
Un pai cóntalhe un conto a un filho,varios contos.O rapá non fai nigún esforzo especial por memorizalos,é demasiado pequeno pra eso...
Cando ese rapá sea grande e necesite un conto pra contarlhelo ao seu filho,recordará somentes os que o impactaron a él,os que resolveron algún conflicto subconscente no seu cerebro infantil,hai xa tantos anos.Ó mesmo tempo,mediante mecanismos traicioeiros da memoria a largo plazo ,alterará seguramente algún aspecto que o melhorará como conto...
O proceso repítese durante milenios. O final temos unha verdadeira xoia.O relato creado por o subconscente colectivo de milleiros de nenos de distintas épocas...regalado ó subconscente individual de un neno concreto...
O conto non é un relato,tal como os que fai o consciente racional dun escritor adulto.É máis coma un soño.A súa natureza é de un onirismo colectivo..Cargado de simbolismos finamente talhados.Un soño da humanidade...
E chegan certos "listillos",ignorantes supinos,que sólo saben do políticamente correcto,e pretenden "mellorar" eliminando no conto o que molesta ós seus prexuizos acomplexados...
Por eso , encantóume a frase de Marcos Valcárcel: "Por favor,sen censuras de corrección política...".Non sei se o dice en base a profundos conhecementos de Psicoanálisis,ou a fino instinto de escritor literario...

O da corrección política é o terceiro ataque forte contra o conto natural.O máis ridículo. O primeiro foi escribilos.O máis perdoable.O segundo,colgarlhe unha "moraleja" explícita en certas épocas pásadas.O máis inocuo,de momento...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Unha pregunta que se me ocurre...
¿Cando empezarán estes meapilas do políticamente correcto a censurar ou "melhorar" esceas nos cuadros e nas estatuas clásicas?

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Tamén me gostaría escribir aquí unha pequena perla...Cómo finalizan os contos infantiles en alemán,pra que non o conheza:
"Und Wenn Sie nicht gestorben sind,denn lieben Sie noch heute..."
( E se non morreron,entón aínda viven hoxe...).Bastante máis fermoso que o "colorín colorado.." ou o "comeron perdices..."
(Se alguén no blog conhece máis fórmulas de finalización de contos noutras línguas,agradeceríallas...)

O troll ágrafo

Marcos Valcárcel López dijo...

Benvidos todos coas súas suxerencias. Haberá que buscar o libro que recomenda G. Peaguda (teño outros dese tema, pero máis pedestres, creo). E moi fermosa a última cita do Troll Ágrafo: todo un achado estético ese "E se non morreron, entón aínda viven hoxe...". Por certo, a correción político quizais existiu sempre: e logo non se lembra dos "braguetone" a retocar os frescos do Vaticano e outros?