8 jun 2007

NUNCA SABEREMOS OS PORQUÉS
Andoliña 8 xuño (Imaxe: detalle de Delacroix)

Sigo aprendendo moitas
cousas no último libro de Santiago Lamas, “Ferrín e outras historias” (Ediciós do Castro). Como xa dixen, boa parte do mesmo está ocupada por un ensaio sobre os que se quitan de en medio, referido a escritores e a personaxes suicidas, con especial atención ós que aparecen na narrativa de Méndez Ferrín: velaí os de relatos como “Odiado Amado” ou “Morrer en Laura”, entre outros.
Hai milleiros de libros e artigos sobre o tema dos suicidios: estudáronse os seus condicionantes, variables, formas, etc. Pero nada sabemos dos porqués: “a socioloxía do suicidio non nos ensina nada sobre o suicidio como drama individual.” Porque pertence á máis radical subxectividade: un acontecemento banal para uns pode ser determinante noutra persoa para que se derrube o seu mundo e busque o seu final. Aínda que existe unha palabra breve que nos achega a esas claves: “só”. T. Joiner conta o caso dun paciente que deixou unha nota na que dicía que ía camiñando até a ponte de Golden Gate, pero que, se no camiño alguén lle sorría, xa non o faría. A literatura si sabe dos porqués. A soidade como expresión do sufrimento. Como no magnífico poema rosaliano “Soia”: “como naide a esperaba/ ela non tornou máis”.

19 comentarios:

Moralla dijo...

Definitivamente vou mercar este libro. Grazas pola información sobre o mesmo. Xa me van mandar a revista Raigame. Bicos.

Anónimo dijo...

Don Marcos, estanos a por os dentes largos ós seguidores de Ferrín. Haberá que ir mercalo axiña.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Un librazo,este do Lamas.
Se non vos molesta a recomendación dun ágrafo,podédelo complementar cun ensaio que se lee nunha hora e media."El perdedor radical" de H.M.Enszensberger.Está en castejano, i entón a algún de vos igual non lle interesa.Analiza entre outras cousas con moita os terroristas suicidas.

O Troll ágrafo.

Anónimo dijo...

Sobre o suicidio hay un voz do xenial arxentino Antonio Porchia que o explica moi ben : " la verdad tiene muy pocos amigos y los muy pocos amigos que tiene son suicidas". ( Voces reunidas, antonio porchia. editorial pre-textos).

saudos. Gustavo Peaguda.

Anónimo dijo...

O pasado xoves tiven a oportunidade de visitar a exposicion do Museo do Pobo Galego dedicada a Galicia como celula de universalidade.Se non mal recordo vostede era comisario da mesma. A min gustoume pero notei que nas mesas onde estan os libros e notas dos autores galegos faltaba unha nota explicativa da sua procedencia. No dos libros non ten tanta importancia pero nas notas e cartas si porque impide ubicar o tempo e lugar en que foi escrita e os destinatarios das mesmas. O mellor eu non as localicei.

A parte da amplia información a min coma curioso literario pareceume moi boa unha carta que Castelao escribelle a Otero pedraio onde podese comprobar a humanidade do primeiro. Castelao escribe " que non che falta o xamon e o viño e o cafe e o cigarro". Non me imaxino a cara que pondría o poligrafo de Trasalba. Por certo onde e cando escribiu esta carta castelao.

Saudos. Gustavo Peaguda

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Confundides a valoración da emoción do autor coa valoración literaria das súas palabras.
É como cando un rapaz se atreve a declararse á moza tras pensalo varios días.Dícelle "Te quiero" embargado por unha emoción intensa,e pensa que esas verbas rompen o mundo,pero a relidade é que o seu valor literario é cero.
A moitos de vos pásabos eso moitas veces.Hasta ó Marcos.

Anónimo dijo...

Sempre esquenÇo asinar
o troll

Anónimo dijo...

Pero, señor Troll Ágrafo, non debería ser vostede tan reducionista: unha carta non é tanto un documento literario como un exercicio de comunicación interpersoal. As cartas non se escriben para a posteridade nin para que se convirtan en pasto futuro para os afeccionados a crítica literaria. Poden -e mesmo direi que deben- estar faltas por completo de "ambición" literaria, vontade de estilo e achádegos expresivos como os que vostede parece botar de menos nesas cariñosas palabras de Castelao ao seu amigo. Produce unha impresión un pouco tristeira esa confusión súa da vida coa literatura, tan característica de poetas aburridos, profesores hipocondríacos e transeuntes pelmazos. ¿Non será vostede un deses obsesos con furor literario?

Anónimo dijo...

"Produce unha impresión un pouco tristeira esa confusión súa da vida coa literatura, tan característica de poetas aburridos, profesores hipocondríacos e transeuntes pelmazos."

Señor Leituga isto é emoción e comunicación interpersonal e o demais son letras unhas tras outras. Noraboa, vese que os trolls ágrafos o inspiran, jajajaja

Unha trolla (?) ágrafa

Anónimo dijo...

Vaia.Pensei que nadie consideraría a posibilidade de que o troll non fose másculo... :)
@ troll@

Marcos Valcárcel López dijo...

Para G. Peaguda: Grazas polas súas gabanzas, amigo. Os materiais que están expostos nas vitrinas da mostra do Museo do Pobo Galego axuntounos o equipo técnico que montou a mostra, da man de Gustavo Adolfo Garrido. Se a mostra chega a ser itinerante, trasladareilles a súa oportuna suxerencia.

Aclaración: suprimín un comentario posterior porque era insultante cun dos que participa neste fío e, polo tanto, non cumpría coas normas da casa.

Anónimo dijo...

Vale vale.Sólo pretendo determinar o umbral admitido de "insultatez" antes de que me chimpen fora...
A mín podédesme insultar o que queirades.A magnitude da ofensa resulta do producto entre a intensidade do insulto do emisor e o tamaño do Ego do receptor.Como o meu Ego é cero,a ofensa é sempre cero...

A Troya...

Anónimo dijo...

O Xurado do Losada Diéguez vai admitir a modalidade de ensaio
¿Preparando o premio pró Lamas?...
Volvoreta

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois eu pensei que xa se contemplaba a modalidade de ensaio ou que ía subsumida en investigación. Paréceme ben porque o ensaio tamén é un xénero literario e debe ser considerado como tal. E se o ano que vén o merecese o Lamas, habería que darllo, ou non?

Anónimo dijo...

Unha humilde proposición: Non lle deamos máis de comer ao Troll ou Trolls.

Anónimo dijo...

Morte aos trolls!!
¡Quero ver un troll colgado en cada árbore do país...!
Si home si,...entón quen me lle vai dar salsa ao blog...

Por certo.Eu son o troll ágrafo.Síntome orguloso do apodo porque mo puxeron OUTROS membros xa consagrados neste blog.Neste senso posiblemente sexa o único apodo auténtico:mo puxeron outros e NON eu mesmo...
Disgústame ver que outros usaron este apodo ou parecidos...
A mín gostame dar caña e as veces hasta insultar a nivel persoal,pero se algún mais lle gosta,que colla outro alias.
Curiosamente,prácticamente todol os meus escritos permanecen sen suprimir...
Votádelle unha ollada ó artigo de Ferrín no Faro,e logo xa discutimos...

O troll ágrafo

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Sr troll ágrafo, dúas cousiñas, unha: disculpas por ter imitado o seu apodo, non volverá a suceder , de agora en adiante asinarei "a burriña ácrata que pasa por aqui" ou cando estea cansa a B.A. en lugar de a trolla ágrafa, dúas: non presuma tanto, a min tampouco me borraron ningun post.

Un saúdo a todos/as

A burriá ácrata que pasa por aqui

Anónimo dijo...

Señora burriña ácrata: acepto a súas disculpas,pero o meu (pequeno) enfado iba dirixido a quen firmóu co meu apodo tal cual nalgunha ocasión...
Quería falar do artigo do Ferrín,pero teño que encontrar onde era...
Troll ágrafo