26 jun 2007



O díaño no corpo.


Andoliña 27 xuño (Imaxe de Sophie Anderson, Moza rezando)



A literatura presentou múltiples veces o amor como vehículo idóneo para exhibir condutas irracionais, ás veces moi próximas á loucura, dende o Romeo e Xulieta de Shakespeare ó Werther de Goethe, gran fecundador este de suicidios románticos na Europa do XIX.

Velaí a Doce Ferida que dicían os clásicos grecolatinos cando describían o aguillón de Eros, tan doce el como amargo a un tempo. Esa amargura impregna tamén obras mestras como O diaño no corpo, de Raymond Radiguet, escrita cando o autor contaba só vinte anos: por certo, unha carreira ben acelerada, o francés non viviu máis deses vinte anos e só deixou dúas novelas e algúns libros de versos. O protagonista de O diaño no corpo, novela seica tamén abondo autobiográfica (levada ó cine en 1947 por Claude Autant-Lara), é un mozo cínico, mentireiro, inmaturo, irresponsable, mesmo cruel. Case un neno, seduce unha muller casada, cando o seu home está na guerra do 14, e ela entrégase en corpo e alma a ese delirio: “Prefiro ser desgraciada contigo que feliz con el”, dille ó seu amante. É unha historia de amor paixón, sentida en carne viva por dous adolescentes: unha gran historia, perturbadora quizais pola súa mesma autenticidade.

25 comentarios:

Moralla dijo...

O amor é pureza, non desgraza.
Preciosísimo cuadro, encántame!
Bicos
Yoli :-)

Anónimo dijo...

¡Qué sabrá usted del amor! ¿Pureza dice? ¡No! Dolor, desgracia y placer: si nos los siente, no sabe de que está hablando.

bouzafria dijo...

O comentarista anónimo concorda con Bécquer e con Lope de Vega: "huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor suave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño;
esto es amor, quien lo probó lo sabe."

Anónimo dijo...

"Pero todo é inútil, vano esforzo,
porque non poden roubar nada dise corpo
que abrazan, nin penetrarse nin afundirse
íntegramente, corpo con corpo,
que é o único que realmente desexan.
Tanta paixón inútil poñen en achegarse
aos fíos de Venus, mentres os seus membros
semellan confundirse, sometidos ao pracer.
E despois, cando o desexo, nas veas, esvaece, o seu lume
interrumpe a súa chama por un instante e logo volve un novo furor e renace a fogueira con máis forza ca antes.
É que eles mesmos saben que non saben
o que desexan e ao tempo procuran como saciaren ise desexo que os consume sen que poidan achar remedio para a súa enfermidade mortal: ata tal punto ignoran onde se agocha a secreta ferida que os corrompe.
Lucrecio, De rerum natura, libro IV.

Anónimo dijo...

Iso de que o amor é pureza tan só o din os do OPUS.

Agora ben, se Moralla quere esperar ata o matrimonio, ela verá o que fai.

Anónimo dijo...

O amor é unha goma elástica da que tiran dous,collida polos dentes.O primeiro que a solta,dalle ó outro nos morros.

Jardiel Poncela

lourixe dijo...

O comentario do último anónimo parece insinuar que o sexo é impureza, o cal sí é un concepto opusiano. A pureza ou impureza do amor é independiente da súa consumación física.
Seña pracer ou desgraza, o amor é embriagador:
Mi pobre corazón de angustia herido
y de locura, no podrá curarse
de esta embriaguez de amor, ni libertarse
de la prisión donde quedó sumido.
Omar Khayyam

Lula Fortune dijo...

¡Que dulce esta inmensa trama!
Tu cuerpo con mi alma, amor,
y mi cuerpo con tu alma.
JRJ

Anónimo dijo...

"Víbora en rosicler, áspid en flor"

Anónimo dijo...

Escribir de memoria é sempre motivo de erro: o poeta urdiu outro verso:
Víbora en rosicler, áspid en lirio.

Anónimo dijo...

"Es tan corto el amor y tan largo el olvido" ( Pablo Neruda )

Marcos Valcárcel López dijo...

Citas todos interesantes e que complementan o espírito do fío. Supoño que alguén máis lería a novela de Radiguet. Algunha opinión? Eu lina hai bastantes anos e encantoume. Onte mesmo relina (é breve) para este post e non perdera o seu engado. Pero quizais outros non llo vexan...

Anónimo dijo...

Eu como parezo ser maís mundano,recomendo un estupendo ensayo sobre o amor,en realidade:

"Enamoramiento y amor"
de Francesco Alberoni,italiano

Fai unha análise sociolóxica do amor coma Instutución que afecta a dúas persoas somentes,eso sí,pero intitución o fin e o cabo.Identifica enamoramento con revolución e amor con institucionalización.Non ten desperdicio.

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

En cuanto ó sexo,vou recomendar outro.A mín aclaróume moitísimas cousas.
"Batallas en la cama" de Robin Baker.

O título parece frívolo,pero en realidade é un estudo profundo da sexualidade humán.

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Home, sobre sexo máis que recomendar un libro, o que eu recomendaría... máis e mellor.

Anónimo dijo...

Por qué será que en todalas tertulias diurnas acábase falando do sexo,e nas nocturnas de apariciós de mortos...
O Troll

Anónimo dijo...

Non sei por que falar de aparicións de mortos (ou de cousas que se crían mortas) non é tamén sexo. A resurrección da carne ten que ver con esto. Ou non?

Anónimo dijo...

A min que me rexistren. O que quitou "o tema" foi vostede, amigo Troll.

Anónimo dijo...

Eros e tánatos, efectivamente. La petite mort.
Pero hai outras teorías sobre o amor. A que di que en moitas parellas hai un xogo de dous roles: o do Amante e o do Amado. Non é para espantarse, esta teoría?
Unha outra teoría sobre o amor (o real, non o romántico ou o enfermizo) poderana ler nunha novela de Gustave Flaubert: "A educación sentimental" (supoño que nin traducida está ao galego). Tamén é a novela da desilusión e o fracaso, naturalment.

Anónimo dijo...

Boeno senhor arume eu línlhe unha reflexión parecida a Saramago en..."Memorial do Convento",creo que era...
O Troll

Anónimo dijo...

Moi ben senhor swann,moi freudiano.Tamén lhe lín a algún prestixioso biólogo que o orgasmo e as súas emociós eran un residuo atávico do noso pasado celular,da morte por fusión con outra célula..
O Troll

Anónimo dijo...

Nas próximas vacacións haberá que ler "O díaño no corpo", e xa que vai de recomendacións vou facer a miña ,a pesar de ser moi coñecida."El último encuentro" unha novela preciosa , moi fácil de ler , curta , que describe perfectamente o valor da verdadeira amistade, situándoa incluso por riba do amor. Moito me gustou.

Anónimo dijo...

Doniha,a mín non ma pegas.A tí págache o autor pra que andes polos blogs decindo que é boa,coma esas empresas que mandan a actores a manter unha conversa aparentemente natural acerca das bondades do produto nun metro abarrotado de xente...
Boeno,a mín convencícheme.Xa o leo...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Doniha,a mín non ma pegas.A tí págache o autor pra que andes polos blogs decindo que é boa,coma esas empresas que mandan a actores a manter unha conversa aparentemente natural acerca das bondades do produto nun metro abarrotado de xente...
Boeno,a mín convencícheme.Xa o leo...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Non lle ha pesar,xa mo dirá.