25 jun 2007

OS MICRORELATOS COMO XÉNERO
La Región 25 xuño
Que é exactamente un microrelato? Fixéronme esta pregunta estes días e paso a responder. Para empezar, un relato moi breve, por baixo do folio e que pode oscilar en canto á súa extensión: o máis famoso microrelato da historia, o de Augusto Monterroso, ocupa só unha liña: “Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí”. Ademais de breve e como sucede no conto en xeral, o microrelato debe vir marcado polo seu pulo narrativo, o predominio formal da condensación e a supresión do superfluo e a súa capacidade para emocionar dende a intensidade, asolagando ó lector na atmosfera da historia que conta e suxerindo moito máis do que se conta.
Despois diso, hai microrelatos de todos os tipos, temáticas e sensibilidades. Todos os estudosos do xénero insisten en saber retratar un microclima narrativo. Algúns apuntan a comenencia de empezalo e rematalo co mesmo suxeito e situación. Outros, mirando para Cortázar, engaden que non ten por qué ter principio nin final explícito. Todos valoran a importancia de suxerir, de actuar como unha chamarada de luz ou unha polaroid fotográfica. “Hai que ser exactos e breves”, dicía Pushkin do conto: con moita maior razón no miniconto ou microrelato.
Hai moitas receitas, pero na literatura non funcionan as receitas. Pero si os consellos dos grandes escritores. Como Horacio Quiroga: “Non empeces a escribir sen saber dende a primeira palabra cara onde vas. Nun conto ben logrado, as tres primeiras liñas teñen case a mesma importancia das tres últimas”. O xenial contista uruguaio dixo tamén: “O conto é un mecanismo case perfecto; xa que logo, esixe o dominio do oficio. É unha frecha disparada cara un branco”.
Unidade emotiva. Con outras palabras deixouno formulado o noso mestre Rafael Dieste, na súa introdución a “Dos arquivos do trasno”: “A unidade emotiva conséguese no conto pola obsesión do que ten de sobrevir. O remate ha de te-la virtude de facer simultáneas no espírito as imaxes que foron sucesivas. A presenza do remate debe estar atafegada pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato. O remate é unha imaxe que fai estoupar o conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente.” Todo o escrito por Dieste en 1926, data da primeira edición do seu libro, é plenamente válido tamén para o xénero do microrelato.
(Imaxe: Hans Baldung Grien, “Aristóteles dominado pola súa esposa Filis”, 1513).

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha muller que cabalga sobre Aristóteles. A ilustración hoxe, amigo Valcárcel, vai traer polémica. Sadomasoquismo/muller dominadora. Non sei con cal dos dous temas quedar.

Anónimo dijo...

eu quedo coa muller dominadora e gustoume o post de hoxe, moito.

Anónimo dijo...

Pero Aristótles non era gay?

mariademallou dijo...

pois éche unha explicación moi boa do que é un microrelato ;)

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O que explica Dieste parece unha paráfrase do célebre texto de Edgar Allan Poe sobre a unidade de efecto que deben ter os poemas no seu ensaio "Filosofía da composición". En realidade, todas as teorías sobre o conto, o relato breve, o microrrelato e narracións curtas deben a súa esencia á práctica narrativa e as reflexións de Poe.
http://www.ciudadseva.com/textos/teoria/opin/poe01.htm

Mr Tichborne dijo...

As reglas da concisión do relato son, coma vostede di, máis severas no microrrelato. Personalmente, atopo máis difícil escribir un microconto de tres parágrafos ca un relato de tres ou catro follas. É un labor de tesoira.

torredebabel dijo...

Ainda sendo correctísimo que empregues para Horacio Quiroga so o xentilicio "uruguaio" (naceu en Uruguai porque era fillo do consul arxentino nese país irmán), coido que non está de máis dicir que está asociado directamente (pasou na Arxentina a meirande parte da súa vida) á literatura arxentina. É un contista de excepción e hai unha versión en banda deseñada dun conto seu que é, en serio, arrepiante.
O conto chámase La gallina degollada e se de comezos falamos, aqui vos deixo as primeiras líneas: "Todo el día, sentados en el patio, en un banco estaban los cuatro hijos idiotas del matrimonio Mazzini-Ferraz. Tenían la lengua entre los labios, los ojos estúpidos, y volvían la cabeza con la boca abierta". O resto aquí:
http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/esp/quiroga/gallinad.htm

Marcos Valcárcel López dijo...

Gustoume moito a imaxe (que viña hai unhas semanas no Cultural da Vanguardia) e colgueina sen pensalo moito. Que cadaquén a interprete como desexe. Como nas últimas semanas nos visitan moitas blogueiras, pode tamén lerse como unha homenaxe a elas mesmas.
Agradezo todas as intervencións e as precisións de Arume e Torredebabel. Quiroga é un dos máis grandes. E tamén o foi Poe e de seguro que foi un mestre para Dieste, como o era para Fole. A tese de POE coincide co que din todos os expertos no sentido da proximidade entre o conto (máis aínda o microconto) e a poesía.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

http://www.metmuseum.org/works_of_art/viewone.asp?dep=15&viewmode=0&item=1975.1.1416

Anónimo dijo...

Non nos sexa comodón e si un pouco máis servicial, amigo Arume, e poña os links para todos poidamos entrar rapidamente neles. Do contrario, poucos os han ver.

Clicar aquí

Anónimo dijo...

A verdade é que tiña un poco de presa: caeume a patilla (patiña en galego?) da gafa e tiven que ir repoñela. Que, por certo, non logrei. Teño que voltar mañán. Pero, xa vexo que vostede está ao quite, se me permite a metáfora taurina, agora que Manuel Rivas sustituiu ao aoutro Manuel (Vicent) no clásico artigo anticorridas (de touros) de EL PAÍS.

Anónimo dijo...

Moi ben,arume,estupenda estatua.
E digo eu ¿non estarían xogando unha a ser Europa, e outra ó Deus (ou Zeus) tornado en cornupeta que a secoestra?
Por que nesto das fantasías sexuais,nunca se sabe...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Interesante achega a de Poe, aínda que unha cousa era o que teorizaba e outra o que el mesmo practicaba nalgúns dos sesu contos, espacialmente nos menos narrativos.

Anónimo dijo...

Eu lín una vez nalgún lado que un conto debía ter un remate brusco,cando menos se contase,e dunha maneira totalmente sorprendente.

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

A concisison, precision e economia que se lle pide ao microconto pode esixirselle a toda narrativa. Se tendo en conta estes requisitos en vez dunha novela sae un microconto, e que a novela era unha forma superflua para o que se tiña que narrar. A diferencia reside nas partes , na sua relacion, e no grao de autonomia.
O microrelato esta a abrirse en sociedades como a mexicana onde hai revistas especializadas. Ten unha eficacia divulgativa maior que a novela e mesturase doadamente coa literatura oral ao ser oralizabel e por tanto continuamente reinterpretabel, versionabel e dado a lenda urbana.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Unha pregunta de ortografía: por que microrelato e non microrrelato?

Anónimo dijo...

Dotores ten a Igrexa,neste blog,amigo arume.A Heterografía do galego non ten por qué ser a do castelán...a mín non me pregunte.Eu tamén estóu á espera da resposta.Se vexo ó Xan Bobillo,da Ziralha,pregúntolle.

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Referencia da Normativa do 2003 (epígrafe 1.8, edición de Do Cumio, páx.18): "...Cando a unha palabra que comeza por r se lle antepón outra ou un prefixo rematados en vogal, non separados dela por guión, hai que duplicar a consoante: rítmico/monorrítmico, rogativa/prerrogativa, redor/arredor, rei/vicerrei, románico/iberorrománico".

Anónimo dijo...

Arume,menos mal que estás ó quite é que XM Glz. ó remate senón esto era un niño de ágrafos.

O Troll

Anónimo dijo...

O pensamiento único.
--------------------

Cando despertóu, as opinións xa non estaban alí.
O Mundo esvaecíase.

Anónimo dijo...

Devoraba as uvas na solaina.Unha atravesóuselle na gorxa e está a matalo. O vendimiador introduciu un alfinete extensibel naquela que el sabía que ía ser a preferida do enemigo. Coñecianse ben de ouriñar por Ourense.

Anónimo dijo...

Na minha aldeia,"ourinhar" era escoitar detrás das portas...
O Troll ágrafo