29 jun. 2007


A volta do xenio do mal
Andoliña 29 xuño

Rídevos cando se vos fale da liberdade de pensamento, dicía nunha pastoral Martínez Vigil, bispo de Oviedo en 1897. O seu colega, López Peláez, bispo de Jaca, escribiu Los daños del libro (1905) e deixounos un retrato apocalíptico do poder libresco para estragar a sociedade coa lacra do liberalismo: "El genio del mal ha encontrado en los diminutos movibles tipos de imprenta un auxiliar poderosísimo. El escándalo que produce un orador no pasa más allá de donde su voz llega; pero llega su voz a todas partes y resiste a la acción del tiempo mejor que grabada en mármol y bronce, si la palabra, retrato del pensamiento, se fotografía en una débil hoja que se lleva el aire".
Son estes textos de hai cen anos e nada extraordinarios: calquera persoa que manexe textos históricos podería citar moitos máis semellantes. Dende aquela o xenio do mal andaba algo escondido. Semellaba que esa linguaxe, tan arcaica e críptica, quedaba reservada só ós fanáticos islamitas que reclaman outro 11-S contra Occidente. Pero non só: velaí as declaracións do sr. Cañizares, vicepresidente da Conferencia Episcopal: os colexios, mesmo relixiosos, que adapten Educación para a Cidadanía "estarán colaborando co mal" (sic).

P.S.: a miña posición a favor da materia de Educación para a Cidadanía quedou reflectida nunha Andoliña do 31 de outubro do 2006, recollida nesa data neste blog. Por certo, daquela houbo división de opinións e moitos contertulios non eran favorables á introducción desa materia.

81 comentarios:

Anónimo dijo...

Boeno,o Cañizares tén razón e sabe o que dí.Ter en vista que quer dicer "colaborando có que lhe fai mal a eles..."

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Don Antonio Cañizares habla claro, no se anda con medias tintas galaicas........

Anónimo dijo...

Eu non seí de qué vai esa materia da ciudadanía.¿Pretende facer un Perikles de cada aluno? Eu tamén estudéi "Educación Cívico-Social"
Hai algunha materia pra facer "Perikles galegos"?

O Troll

Anónimo dijo...

Se a asignatura fose Formación del Espíritu Nacional como nos vellos tempos,o señor Cañizares non tería tantos problemas morais.

Xaime dijo...

De nengunha maneira reporían a antiga FORMACION DEL ESPIRITU NACIONAL, xa que moitos de nós somos a demostración palpable de que non lles resultou.
De todos modos cando a Iglesia se mete a fondo nestes temas e que albiscan certa porcentaxe de éxito, é dicir, para mín que está pactada unha solución para antes das eleccións xerais de Outono.

arume dos piñeiros dijo...

Retrato al Demonio, parafraseando en el rigor que cabe en el soneto las palabras de Job, con que le retrata, cap. II Ecce Behemoth



¿No ves a Behemoth, cuyas costillas
son láminas finísimas de acero,
cuya boca al Jordán presume entero
con un sorbo enjugar fondo y orillas?


¿Por dientes no le ves blandir cuchillas, 5
morder hambriento y quebrantar guerrero;
que tiene por garganta y tragadero
del infierno las puertas amarillas?


¿No ves arder la tierra que pasea,
y que, como a caduco, tiene en menos 10
el abismo que en torno le rodea?


Sus fuerzas sobre todos son venenos:
él es el rey que contra Dios pelea,
rey de los hijos de soberbia llenos.

TXARI dijo...

están tolos estes curas!!

Lula Fortune dijo...

Todo o relacionado coa igrexa prodúceme un noxento aburrimento.Estou farta e indignada de ter que oír de cando en vez esas declaracións trasnoitadas. Creo que so merecen o desprecio e a indiferencia xa que nin sequera podemos "borrarnos" como me confirmaron algúnas amigos que iniciaron o longo e inútil camiño da apostasía.

marcel swann dijo...

A primeira pregunta que se habería que facer é qué é o mal?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

¿Qué es el mal? Dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¿Qué es el mal? ¿Y tú me lo preguntas?
EL mal... eres tú.

marcel swann dijo...

Vostede non acredita? Nin aínda no eixe do mal?
Agora en serio: é un tema con moitas ramificacións.

Doniña dijo...

Ben dicía D.Quijote : " Ladran Sancho, señal que cabalgamos"

Anónimo dijo...

Eso séino eu. O Mal é o oposto o Bén.
(Por certo,por si non o saben,o Ben é o oposto ó Mal)

(ó Troll venlhe de caer o cabelo tras dos orelhas)

Anónimo dijo...

Qu� raz�n tinha o galego do conto cando dec�a "Deus � b� i o demo non � malo"...
O Troll

a.p.-c. dijo...

Estase a dar unha furibunda campaña da carcundia en moito ámbitos que colle apampanados a moitos e non dan reaxido.

Leituga 1 dijo...

Na primavera do ano que vén darémoslles unha boa leccións nas urnas.
Monseñor Cañizares vai ter que facer como Atticus Finch: negarlle lexitimidade democrática ás eleccións, como Finch fai coas leis que non lle gustan.
Van aviados. Un e outro.

a.p.-c. dijo...

Eu non estaría tan confiado, amigo Leituga 1. Eu, desde logo, teño a mosca tras da orella.

marcel swann dijo...

Eu creo que vivimos nun intre histórico no que a carcundia ten xa poucos adeptos, e cada vez os terá menos. Hoxe están amplamente aceptadas as ideas de democracia, liberdade (de opinión, sexual, etc) e respecto polas minorías.
Con todo, non remataron nin as guerras, nin a violencia, nin outros males, algúns dos cales eran menos frecuentes no pasado do que o son agora. Esas son as carcundias que máis nos tiñan que preocupar, e non as babecadas dos monseñores de mondoñedo-ferrol de turno. E menos as da igrexa eghpañola.
Noutras épocas había valores positivos que hoxe se están a perder. E por outra banda non conviría rexeitar todo o que nos dicía e nos di o cristianismo. Eu non o rexito "en toto".

a,p,-c. dijo...

Disinto totalmente da visión anxelical do pasado e da idea de que as guerras, a violencia e outros males eran menos frecuentes antes que agora. Disinto radicalmente, se se me permite a expresión.

Anónimo dijo...

Sí,os curas teñen moita razón nas perogrulhadas.Capitalizan as perogrulhadas,e logo un vese negro pra discitirlhe ó outro...

O troll

arume dos piñeiros dijo...

Todos os intres son históricos, coma todos os viaxes son espaciais.

Anónimo dijo...

¿As guerras e a violéncia son o Mal? hummm.Non lhe vinha mal ler "O pretendido mal" (Das sogennante Böse) de Konrad Lorenz,premio Nobel 1973.Äo melhor matizaba un pouco a ideia...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Algúns "Viaxes" son espaciáis,pero nun espacio que non é o de Euclides...

O troll

a.p.-c. dijo...

Quererá dicir, amigo Arume, que todas as viaxes son "especiais" e non "espaciais", penso eu.

Anónimo dijo...

¿Agora tamén se colocan con "especias"? Juer,que atrasado ando...
O troll

marcel swann dijo...

E todos os arumes son os dos piñeiros, non?

marcel swann dijo...

Non me malinterprete. Eu non teño unha visión anxelical nin do pasado nin do presente. Simplemente opino que algúns valores e comportamentos positivos que había no pasado se están a perder, ao seren substituídos por outros negativos. E que non podemos centrar todas as nosas críticas na carcundia da igrexa cando hai outras carcundias máis sibilinas que deixamos escapar.

Anónimo dijo...

O problema da xuventude actual é que xa non pertecemos a ela ...

Mr.Troll ágrafo

a.p.-c. dijo...

Fáganos, se así o estima pertinente, señor Swannn, un listado deses valores e comportamentos positivos do pasado e deses valores e comportamentos negativos do presente.

Pero agora eu voume, que teño que levar a miña tía a súa casa da aldea a dezanove quilómetros de aquí. Lereinos pola noite, se deus quer.

Anónimo dijo...

Hola, son vllbs, relativamente coñecido participante de Arroutadas, mais alá fiquei soziño. A miña opinión sobre o particular pode que sexa novedosa -sendo moi falsamente modesto- é que se non fora polas nosas pequenas intransixencias todos seríamos socialdemócratas e felices votantes de ZP. Así que, bastaría erradicar esas pequenas intransixencias dos nosos rapaces, pra teren futuros votantes de ZP, Caldera, De la Vega(cando o país estea preparado pra unha presidenta, mais din os pepeiros malucos que ten os milenios da súa parte)...polos séculos dos séculos, e, logo, milenariamente, por todala Eternidade, que será laica e progresista ou non será.

PD. centrando e persoalizando un pouco o debate eu de ter un fillo gostaría que fose unha estrana mistura entre Zapatero, Llamazares, Lamazares e Cañizares. Tamén, por que non, podería incluir a Leituga, Lourixe e o resto dos que estando aquí algunha vez coincidiron comigo alá de onde veño.

Anónimo dijo...

Voulhe axudar,sieur swann...
-Pérdida do valor da vinculación persoal...xa o dixen
-Pérdida do valor da PALABRA humán.Sóio valen papéis...
-Desprestixio da cooperación en aras da competencia.Interprétase a cooperación coma debilidade...
-Desprestixio das facultades mentáis.Empezóuse despretixiando á fantasia,logo á memoria,logo á forza de vontade,e tócalhe agora á intelixencia...

Ocórrenseme máis,pro vou deixar ó Sr.Marcel Swann que continúe coas súas...
Mr.Troll ágrafo

Anónimo dijo...

"O problema da xuventude actual é que xa non pertecemos a ela ..."

Iso só é unha frase: a realidade é que non pertencemos a ela porque ela rexeitanos coma se tivesemos a lepra (quizás pederastas do espíritu)...mais iso vai trocar moi pronto: coa Educación da Cidadanía acabouse ese desprezo mesmo léxico aos nosos maiores e a nós mesmos, imos ficar todos integrados no mesmo saco que gays, lesbis, pretos, louros, etc,etc,etc...amais, coñecernos é amarnos e por riba non damos polo cú nen tocamos repetitivos ritmos africanos, cousa, por certo, ben gostosa aos xoves mais alter-altru-mundistamente comprometidos, xa denantes chegara o seu amigo Charlie a me foder.


PD. e deixo xa de interferir que vai escomezar Iñaki na Cuatro no vello sistema PAL que Deus garde moitos anos.

Anónimo dijo...

Voulhe dar unhos datos ao anómimo anterior...
Asegún os expertos en musicoloxía,os tres aspectos da música relaciónanse cóa mente da seguinte maneira:

O Ritmo.Asociase coa parte máis primitiva da persoa (O "id")
A Melodía.Asociase con sentimentos nobles,os aspectos da indentidade persoal ( O "Ego")
A Harmonía.Asóciase ás partes máis intelectuáis ( O "Superego")

Interprete vostede mesmo ese gusto de moita xuventude actual polo ritmo puro...

O Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Sois todos unos pecadores,arrepentíos de vuestros pecados ahora que todavía estáis a tiempo,y no sabéis el día ni la hora.El mucho estudio es cansancio de la carne,ya lo dice el Eclesiastés,y el demonio se encuentra agazapado en los libros malos que leéis y vais a sufrir mucho en el Infierno...

El señor es mi pastor,nada me falta,me conduce a las aguas tranquilas,su cayado me da apoyo,unce mis cabellos en aceite,adereza la mesa para mí ante mis enemigos,aun cuando se alcen ante mí milicias en campaña nada temeré...

Salomón

marcel swann dijo...

Para o bo de apc: como sempre me está a tirar a luva con preguntas, conteste vostede desta vez ás miñas.
Faga vostede un listado exhaustivo do que considera melloras nos eidos dos valores e os comportamentos nas últimas décadas. E non me saia coas leis do goberno Zapatero.
Por cada aspecto positivo poderemos atopar outro, cando menos, negativo.
Progresamos no aspecto material, pero nos outros aspectos andamos con avances e retrocesos.

Anónimo dijo...

Ten, troll, vostede toda a razón, desgrazadamente nesas extamos. A última -e pode que a derradeira- no eido da música é a combinación de sintetizadores con eses ritmos tribais descontextualizados -o contexto é desas cousas de pensar-, en canto á harmonía -e mais neste distinguido contexto onde a pedantería é cousa de vellos traumas case esquecidos- será cousa,valla a redundancia, de lembrase do protagonista de Doktor Faustus: prácticamente é o único que lembro do libro, supoño que é cousa do meu vello trauma musical provocado por non ter nen idea de harmonía(mais aló da súa base física). Fiquei na melodía, coma, ata o de agora, toda a xente non antediluviana e/ou ancorada na idade de Pedra. Mais os tempos son chegados, acabouse a ética burguesa é con ela as súas ridículas componendas melódicas.

O vello Vllbs deséxalle boa noite.

Anónimo dijo...

Agora que fala da melodía lémbrome de que tamén a linguaxe ten un contorno melódico,xa saben ,as famosas curvas de entoación ,que non son iguáis en tódalas linguas.
Lembro unha teoría curiosa dun profesor méu.Dicía que na forma de entoar influía a paisaxe.Os casteláns da meseta falan plano,etc...A teoría parece coñera,pero o tal "teacher",que aínda vive e pasea por Ourense,chámase Victor Campio i eso faime pensar un bocadinho máis...

Mr. Troll ágrafo

lourixe dijo...

Quero saudar a Vllbs, que tivo unha actitude exemplar nas guerras foreiras de Arroutadas. Sorpréndeme que a súa visión da polémica asignatura se achegue tanto ás teses do PP. A Marcel Swann véxoo optimista de mais na súa aseveración de que hai valores como a tolerancia, o respeto, etc, que el considera adquiridos a estas alturas de "democracia". Ao meu entender só están xeralizados entre certos círculos intelectuais de esquerdas, pero distan moito de ser as cualidades con que se educan a todos os nenos deste país.

a.p.-c. dijo...

É vostede un galego de pura cepa, mister Swann: a unha pregunta contesta con outra pregunta.

Un saúdo.

marcel swann dijo...

Este fío parece vivo.

Primeiro saen catro descridos a latricar contra os curas e o pouco que lles aproveitaron as clases da Formación do Espirito Nacional (español, claro).

Logo entrou eu, un previsible nacionalista, e pregúntome qué é o mal e onde por onde para.

Veña cachonde(i)o de descridos coma Arume e outros anónimos non culturais.

Aquí incluímos tamén a verba ourensá, os refráns e as lecturas anarquizantes de Troll, que sempre di a verdade e de trolas nada, redactadas nun galego pre-normativo estancado no tempo circa 1977, con curiosas colocacións dos tiles e léxico tipo "quer dicer" e "alén"

Logo entra leituga a anunciar a leción que lle vai dar á dereita o compañeiro (que non camarada) Zapateiro (galeguicémolo, fagámolo "máis nosos") nas próximas eleccións .

Segue apc, que non me (quere) entende(r), e eu apunto unha teoría sobre as virtudes comunais que pode sonar a resesa e perigosamente conservadora. Ladinamente, lisca para un recado e cítame para a loita final.

Troll e Arume seguen sacándolle punta ao meu comentario, até que o Troll lamenta non pertencer á xuventude actual. A cousa remata cando Apc me arrebola (sen til no "o") a consabida luva (ou guante) para que eu perda o pouco creto que queda nesta parroquia internáutica.

Mais entra vblls, un relativamente coñecido foreiro de Arroutada (vade, retro, radicais!), e nun confuso rexistro clama contra a socialdemocracia que nos trouxo Zapateiro (vade retro, radical!) e anuncia que lle gustaría ter un fillo parecido a algúns foreiros

O noso troll (todo blogue que se precie ten un) ponse serio cando fala dos valores perdidos, e entra en vivo e en directo o sr Salomón, que nos fala das Táboas de de multiplicar e de que nos repentinemos

Sigo eu devolvéndolle o guante ou luva ao anónimo (e sen embargo político e cultural), mentres volve vblls a desexarnos boa noite e a parolar con Troll de música e melodías.

Para rematar, Lourixe fala das guerras púnicas (uséase, as batallitas dos arroutados, en permanente crise existencial) e aféame que dese por suposto valores que só están consolidados entre os socialdemócratas, guapos e progres con pelas. O pueblo llano aínda non se enteirou.

Eu tou canso, e quero ir para a cama a ler a Paul Auster. Mañá contesto, Lourixe.

(Anónimo cultural politizado reaparece tarde, mal e arrastro, e marrulleiramente esváeseme dos dedos coma anguía embreada en graxa)

O blogue valcarcián camiña vento en popa e a toda vela, anárquico e cachondo, aínda sen a súa moderadora presencia.

Boas noites á concurrencia.

(Por certo: quen caracho serán eses do Río de que tanto falan por aí? Os de Leche Río Breogán? [Breogán????]) Teño que facer unha investigación nos ficheiros da Cía. Porque Ramón Piñeiro traballou para a CÍA, non?

a.p.-c. dijo...

Boísima a súa síntese, señor Marcell, boísima e con moi boa retranca. Está vostede de moi bo humor, cousa que celebro, e ten un magnífico plan para os seguintes minutos: ler a Paul Auster. Para que logo digan que os nacionalistas só len a Lois Diéguez!

Un saúdo.

a.p.-c. dijo...

Ah, andei a revisar os papeis desclasificados da CIA, señor Marcell, e lamentablemente téñolle que informar que cometeron a indelicadeza de non lle dedicar a Ramón Piñero nin unha soa liña. É así de triste.

Que teña unha boa noite co bo de Paul. Por certo, cal lle está a ler? En inglés, por suposto, que xa se ve que domina ben a lingua do Guillermo.

Anónimo dijo...

El gallego Rouco menos claro que Monseñor Cañizares

Xosé M. González dijo...

Pasada de fío, case non o pasaron ben e eu por aí afora. Curioso que en materia axiolóxica non se entre moito no cerne. Porque haber, haberao. Ou?

Anónimo dijo...

O mal segue a ser un tema apasionante porque encerra grandes e graves interrogantes.
O mal pode tratarse metafísicamente. Hai unha disciplina especializada nel, a Poneroloxia.Dende a relixión tratao a Teodicéa. Tamén é susceptibel dun tratamento analítico que poidería comezar por preguntarnos a que nos referimos cando decimos "o mal".
Polo que se ve por aquí o que mais preocupa é o "mal social". Hai un acontecemeno clave: O Holocausto, sobre o que se dan moitas voltas, sobre o que se sobrevoa, sobre o que se testifica, pero por mais que nos "familaricemos con el", non deixa de perturbar, por mais que o "banalicemos". Son infinitamente mais crudeis os campos de exterminio que unha bomba atómica, mais crudeis que unha matanza como calquera das que se cometeron ao longo da historia. Hai no Holocausto unha inflexión do mal social, algo que aconteceu en Alemania pero que non é exlusivo dos alemáns.
Jimy de Rairo

marcel swann dijo...

A min totusquisquis me dixo que Pinarium e aquloutro nachiño de apelido composto e maneiras aristocratizantes ("la aristocracia de la inteligencia") pertenceran á CIA, que contribuíran a traer a democracia a España, e que o do galeguismo do PSOE e AP eran obra súa.
Sei de boas fontes que Pinarium foi abducido por axentes da CIA na primeira viaxe que fixo a EEUU. Alí inoculáronlle, mediante avanzadas técnicas de suxestión, o medo contra o nacionalismo e o comunismo que, como ben vostede sabe, son os grandes males do noso tempo.
Logo, desde unha mesa camilla comprada en Armacéns El Pilar, foi exercendo a súa meliflua influencia post-socrática a unha parroquia de bobos fieis xuvenís, que en vez de estarse a confesar cun sacerdote ou sometarse a psicanalise, bebian das augas mananciais do europeísmo e a socialdemocracia avanzada, todo regado con tazóns de colacao e galletas chiquilín.

Leo algo en inghlese, pero prefiro ler en franchese. Por ex, todo o século dezanove até Proust, esa ponte entre dous séculos. Desde Dumas pai (os relatos e novelas de aventuras...), pasando por Flaubert/Stendhal/Balzac/Maupassant até Céline.

marcel swann dijo...

Aquí ninguén quere falar do mal, ou porque non cren nel ou porque iso son paraulas maiores. Non me negarán que, a-lo-menos, a maldade existe, ouh?

arume dos piñeiros dijo...

Empreguei o cachondeo porque cría que na philosophia vitae do laicismo e dun progresismo (quizáis trasnoitado) o tema do mal era equivalente ao dos obxectos volantes non identificados, recuperado para frikis por ese canto á reacción que é Estargüars. Pero vexo que non. Debe de ser unha reliquia da educación escatolóxica do cristianismo, que, tamén polo que se ve, aniña nos raigames da cultura occidental. Cando nos libraremos dela?

arume dos piñeiros dijo...

Efectivamente, a mín a materia non me parece importante. Por razóns diametralmente opostas as da igrexa, of course. Pero non lle vexo utilidade. Así o sinto. Nunca entendín materias desas características, aínda que Savater e Marina (que, por certo, xa escribiu o manual) anden de pregoeiros. Máis lles valía aos alumnos esas horiñas para outras materias.

Anónimo dijo...

Señor Arume, o problema da metafísica é tan vello como actual. Podemos pasarnos moito tempo deconstruindoa, e logo nun rif, cólasenos por detrás.
Certamene un escolle o que pensa, pero cando o pensar acada certa profundidade, un, non pode as veces sustraerse a idea de ser pensado polo que pensa.
A utilidade encerra moitas trampas, baixo ese pragmatismo Sturat Mill, tivo serios problemas para fundamentala, que significa verdadeiramete a maior felicidade e para o maior número?. Eu prefiro aquela navalla Occaniana de "faleme vostede de realidades continxentes" A continxecia produce as veces, mais do que se desexaria:mal. É hai mal que implica necesidade: Todo ser vivo morre, Socrates é mortal, a vida é unha historia que sempre acaba mal.
Pero non quero pesar, así que a voar.
Por certo señor Arume, e xa que somos da mesma terra, da xenerosa terra do Bierzo, deberiamos falar desta nosa xenética identidade algún día.
Jimy de Rairo

arume dos piñeiros dijo...

Sobre o Bierzo, onde me naceron, hai que facer un monográfico. Pero dependemos da xenerosidade ubérrima do amigo Valcárcel.

lourixe dijo...

Señor Marcel Swann, eu non falei nin de pelas nin de guapuras. Só me refería a que hai moitas persoas que neste país lle da mais prioridade a que os seus nenos saquen boas notas (seña do xeito que seña, e mellor se estudan na privada, que prestixia), antes de que adquiran valores de tolerancia, respeto, etc, que diso non se come. Son mais ben os pijoprogres rompedores de Hespañas os que teiman para que os nenos non señan sexistas, racistas, etc, (como diría Vllbs, para convertilos en pequenos ZPs).
Eu non diría que o mal, nin sequera o concepto que poidamos ter del, proveña exclusivamente da tradición xudeo-cristiá. Outra cosa é o Pecado, tema xugoso onde os haxa! XD

Anónimo dijo...

¿Arume é do Bierzo?
Vaia,grazas por lembrarme que teño que ir a pasar un par de días a Molinaseca,que me gosta moito ese sitio.Por certo ¿Por qué lhe porían á rúa principal o no me de Fraga Iribarne?
E así tamén lhe mando unha boa cea no Prada de Cacabelos...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

O Pecado,o Pecado...
Eu tiña un amigo que cada volta que ligaba,contábame todas as bondades da partenaire.Que si está boa,que si cociña ben,que si esto que si aquelo...Pero o melhor viña ó final.En voz baixa,decíame acercándose: O melhor é ,que é das que aínda pensa que é pecado facelo...A mín púnhanseme os dentes largos...
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

E despóis vou hastra Acevo,máis alá de Molinaseca polo camniho de Compostela ó revés a comer esa carne de cabalo riquísima que cociñan,e falar coas alemanas que sempre andan a facer o Caminho...

Mr Troll Ágrafo

Anónimo dijo...

Tamén as hai francesas,monsieur swann...
Pour avoir si souvent dormi...
avec ma solitude...

(Xa tenho a unha no bote...)

Mr Troll

marcel swann dijo...

Contesto a Lourixe:

Os rapaces non teñen a culpa, senón os valores nos que se asenta este sistema. Polo tanto, ningunha asignatura de nome rimbombante, por moi ben intencionada que sexa, vai cambiar nada. A educación, a cultura, a bondade, debían ser cousas que nos liberasen da ignorancia, da maldade, da inxustiza. Iso era o que pensaban os ilustrados, e a esa idea aínda nos aferramos.
Pero hoxe os mundos van por outro lado. As boas intencións, como cando don Quixote lle quixo desfacer os griletes aos condenados a galeras, son papel mollado.
Hai un movemento de pais, nalgúns países europeos e en EEUU, que están a reclamar a potestade de educar aos seus fillos na casa, sen ter que levalos á escola. Nesta corrente educativa, hai un pouco de todo: desde pais que teñen unhas crenzas relixiosas moi súas até xente de esquerdas que non quere que os seus fillos se malcríen. Os resultados demostran que sacan notas iguais ou mellores ca os outros e que non saen traumatizados da experiencia, nin son rapaces que deixen de ter contacto cos da súa idade.
Eu penso que esta xente ten todo o dereito do mundo de decidir como educar aos seus fillos, e de recibir axuda do Estado para levalo a cabo. Requírese, sobre todo, que os pais teñan tempo. Unha cousa que axudaría a ter máis tempo sería cambiar estes horarios laborais e educativos tan peculiares que temos.
Pero non: o máis fácil é facer leises e mais leises, de dubidosa actualidade, pero adubiadas de falsa progresía.

marcel swann dijo...

de dubidosa efectividade, je voudrais dire.

lourixe dijo...

Eu non digo que os rapaces teñan a culpa, só que na súa formación hai moitos pais que non lle dan valor á adquisicións desas cualidades morais que da vostede por xeneralizadas, Monsieur Swann. E o Estado debería garantir uns mínimos educacionais, que se poden reducir á lecto-escrita se vostede quere, pero que para min deberían incluir moitos mais conceptos a fin de facer dos nenos persoas "de proveito", se me permite a expresión. Especialmente se eses centros de formación os estamos a pagar cos impostos de todos.
Decía Fraga que "non pagaba para que o insultasen" (creo que a propósito da TVG), supoño que se está a converter na actitude de ZP respecto dos centros concertados relixiosos.

Anónimo dijo...

Se un viaxeiro do pasado procedente de,digamos,quinientos ou seiscentos anos,ou máis,aterrizase no mundo de hoxe ¿Cal é o único sitio no que sabería onde estaba e o que se estaba a facer? Un aula...
O procedemento de ensinanza non mudóu prácticamente: velahí os mesmos pupitres,a a pizarra,a mesa do profe...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

O ensino precisa de unha revolución.Pero de unha revolución de verdade...
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Vu puvé dir cela san per,mon ami Swann.Muá lle né pa la muandre dute,vu dits la verité...

Mesié le Tgol aggaf

lourixe dijo...

Monsieur le Tgol, un viaxeiro de hai 600 anos (anterior a Gutemberg)había flipar co pouco valor que se lles da aos libros agora.

Anónimo dijo...

Lourixe,se non o léu recoméndolhe o relato "Cántico a San leibowitz".Fala dun futuro no que a humanidade se destrúe e volve a empezar a pasión polos libros.Encóntrase formando parte de "O retorno dos bruxos",famoso libro.

M. le Tgol

Anónimo dijo...

onde dí volve=volta
empezar=escomenzar
pasión=paixón
encóntrase=atópase
famoso=afamado
destrúe=escaralha

M.le Tgol,que vostede rífame moito se non escrebo bén

marcel swann dijo...

Referente ao último aquí comentado, ocórreseme o refrán en vernáculo: "O mal do pai, co fillo vai."
Si, estou d'acordo coa idea de que moitos pais se desentenden totalmente dos fillos, mais tamén hai que considerar o esforzo de moitos pais responsables que se encontran con que outras influencias están a desfacer o seu traballo.
A socialdemocracia traballa poñendo parches, pero non se plantexa para nada cambiar de xeito radical moitos dos esquemas que funcionan nesta sociedade. Calma as nosas ansias de xustiza con leis moi chulas, pero as raíces dos problemas de hoxe (moi distintos dos de hai corenta anos) están empezando a apodrecer.

arume dos piñeiros dijo...

Non se pode disentir tanto con esta elexía dun pasado arcádico. Ese pasado arcádico non existiu xamáis. É a mesma falacia que levan escoitando os seres humáns desde que foron botados do paradiso. E como non fumos botados de ningún paradiso, pois, non hai tal decadencia.
Calquera tempo pasado, simplesmente, foi anterior.

marcel swann dijo...

Aquí ninguén falou, que eu saiba, nin de pasados arcádicos, nin de paradisos perdidos nin de decadencia.

a.p.-c. dijo...

Hai un libriño do célebre economista e sociólogo Albert O. Hirschman, "Retóricas de la intransigencia", México, F.C.E., 1991 (mellor título no orixinal inglés: "The Rhetoric of Reaction. Perversity, Futility, Jeopardy"), que sería moi recomendable a estes efectos. Recoméndollo a todos, en especial a Monsieur Swann.

marcos valcarcel dijo...

Eu agradezo todas as súas recomendacións bibliográficas e tomo nota delas: quizais poida máis adiante botarlle un vistazo a moitas das súas valiosas suxerencias. Pero estámonos a crear unha fama de "listos" que asusta:
no fío de Arroutadas, p.ex.,
Home, agora mesmo acabo de falar cos amigos "As uvas da ira", "Otero cume insalvable", "Un estudiante en Santiago" e algúns mais que non desvelarei, membros/personaxes do clube de amigos das "uvas da ira".
Outros, polo visto, andan máis despistados:
Quen son os d´As Uvas da Ira? Un novo blogue? Unha asociación cultural? Unha secta satánica? Un novo grupo político? Un clube de alpinismo? Quen, quen, quen son?

a.p.-c. dijo...

Que ninguén me mal interprete, e desde logo non é por desprezar a ninguén, por suposto, pero non sei se sería bo andar a mesturar unhas cousas coas outras. Xa sei que a liña do ciberespazo é moi fina, mais non me gustaría que viñeran aquí algunhas guerras que alí se traen. Máis que nada pola súa inutilidade.

marcel swann dijo...

Se o ten a ben, gustaríame preguntarlle a anónimo político-cultural (e polo que se ve tamén economista amateur) por que me recomenda ese libro?

marcel swann dijo...

Eu cría que me ía recomendar o libro de Gianetti...
Estes socialdemócratas...

Anónimo dijo...

Claro que este blog tén fama de moi sério.Por eso ando éu aquí,pras qwe se me pegue algo.Recetóumo ó psicólogo,non é coña.Podo mostrarvos a ordenansa...

Mr Troll ágrafo

a.p.-c. dijo...

Lamentablemente a miña ignoranacia é notoriamente ampla de máis, e o nome de Gianetti só me soa moi vagamente a ciclista ou a escultor, monsieur Swann. Se ten a bondade de darme datos máis precisos, agradeceríallelo.

O libro de Hirschman citado apenas vai de economía (ciencia lúgubre da que disto moito de comprender os seus arcanos), senón de crítica social e política dalgúns dos argumentos herdados (as teses reactivo-reaccionarias) e que, polo seu carácter transversal e adaptativo, adoitan colarse pola xanela a pesar de que atranquemos a porta.

Neste sentido, considerei que podería ser de interese xeral, e tamén para vostede, monsieur Swann. Espero que non mo tome a mal. Creo que lle pode ser útil a súa lectora, xaora. No seu momento eu relín un conto de Joyce que vostede me recomendara. Creo xusto proceder en reciprocidade.

Anónimo dijo...

O Troll toma boa nota de todolos libros que se recomendan no bloc.Por dous motivos: Pra lelos e pra conhecer as influenzas de quen os recomenda.É de esas frases máxicas que che permiten conhecer á xente como a frase "todo o mundo...verbo+complemento" que che permite saber en qué circulos se move a persoa que a pronuncia...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Por certo,non me digades que non vos impresionéi onte,cando entréi vestido de Salomón...
Mr Troll

a.p.-c. dijo...

Para monsieur Swann:

Encontrei na rede o texto da contracapa do citado libro de Hirschman que quizais lle pode ser de utilidade:

La creciente ola de transformaciones en el orden político mundial ha propiciado asimismo cambios en las relaciones sociales: se revitalizan los movimientos democráticos, surgen nuevas estructuras de poder y se implantan esquemas de gobierno más ambiciosos. 'Retóricas de la intransigencia', de Albert O. Hirschman, destaca tres tesis reactivo-reaccionarias (en el sentido que daba Newton a estos términos: "a toda acción se opone siempre una reacción igual") para valorar los modelos y los argumentos que se contraponen a los esquemas políticos existentes. Así, la llamada tesis de la perversidad sostiene que toda acción deliberada para mejorar algún aspecto del orden político, social o económico, únicamente sirve para agudizar la situación que se desea remediar; la tesis de la futilidad afirma que los intentos por llevar a cabo reformas sociales serán nulos o de alcance limitado debido a su fragilidad teórica; finalmente, la tesis del riesgo asegura que el costo político y social de las reformas propuestas es considerablemente alto y pone en peligro logros precedentes. Hirschman desglosa con objetividad estos argumentos en el marco de los diversos sistemas de gobierno, que suscitan incesantes enfrentamientos entre conservadores y renovadores, entre los ideólogos que atesoran cautelosamente lo alcanzado y los individuos dispuestos a reafirmar expectativas y programas políticos originales.

De Albert O. Hirschman han aparecido con el sello de esta casa editorial: 'Desarrollo y América Latina'; 'El avance en colectividad. Experimentos populares en América Latina'; 'De la economía a la política y más allá. Ensayos de penetración y superación de fronteras'; 'Interés privado y acción pública'; ‘Enfoques alternativos sobre la sociedad de mercado y otros ensayos recientes'; 'Las pasiones y los intereses. Argumentos políticos a favor del capitalismo antes de su triunfo'; 'Salida, voz y lealtad. Respuestas al deterioro de empresas, organizaciones y estados'; y 'La estrategia del desarrollo económico.'

marcel swann dijo...

Supoño que a min me acae o de "perversidad". Serei, pois, perverso. Pero esquece a.p.-c que unha cousa. A día de hoxe, o poder económico xa non o teñen en exlusiva os gobernos. Son as grandes corporacións as que gobernan as nosas vidas, e as que nos din o que temos que mercar e pensar. Eu son pesimista do que poden facer os estados fronte a iso, por moito que intenten regular as cousas os benintencionados socialdemócratas.

O estado do benestar pode estouparnos nos narices calquera día (a longo prazo xa o fará, debido ao cambio climático). QUe non nos pille diante.

a.p.-c. dijo...

Primeiro lea o libro -se quere- e logo xa falaremos.

Anónimo dijo...

Has casually found today this forum and it was registered to participate in discussion of this question.