9 jul 2007


AS MARABILLAS DE GALICIA
La Región 9 xullo (Opinión) Imaxe: Mosteiro Santo Estebo, na Ribeira Sacra.
As Sete novas Marabillas. Como vostedes xa saberán, o pasado sábado remataba en Lisboa o concurso mundial impulsado polo suízo Bernard Weber para elixir as novas Sete Marabillas do mundo: das do mundo antigo só quedan en pé as pirámides exipcias. O concurso non foi recoñecido pola UNESCO e foi criticado polo seu carácter pouco científico, mediático e mesmo lucrativo (había que votar por SMS ou Internet). En calquera caso as gañadoras foron a Gran Muralla china, a cidade xordana de Petra, o Cristo Redentor de Río de Janeiro, O Machu Picchu peruano, o tempo de Kukulcán en Chichén Itzá (México), o Coliseo de Roma e o Taj Mahal na India. Quedou fóra a Alhambra de Granada, malia as campañas emprendidas, e tamén a Catedral de Santiago, que figurara nas primeiras finalistas. Como consolo dicir que quedaron fora tamén a Acrópolis de Atenas, os Moais da illa de Pascua,o conxunto de Stonenhenge e a Torre Eiffel en París.
En Galicia. A campaña si serviu para abrir un debate sobre as marabillas do patrimonio e da natureza. Eu mesmo participei esoutro día nunha tertulia radiofónica ó respecto, de ámbito galego, na que tamén estaban dous arquitectos, un director de Museo e un técnico de turismo. E nesa tertulia había acordo case unánime en constatar como posibles Marabillas Galegas a Torre de Hércules coruñesa, a Catedral de Santiago e a Muralla de Lugo: non se esqueza que é único fortín romano que se conserva completo no mundo. Falouse tamén das Burgas ourensás, dos Mosteiros de Oseira e Armenteira, das Illas Cíes e da Costa da Morte, do Caurel e doutros lugares. Eu insistín a favor do conxunto natural-monumental da Ribeira Sacra e moi logo conseguín apoios: poucas contornas de tal beleza e riqueza paisaxística e artística son comparables, cos mosteiros de San Estebo e Santa Cristina, da parte ourensá, perfectamente integrados nese lugar case máxico.
Home e territorio. Porque o que pode aportar Galicia a un debate deste tipo é isto: a perfecta compenetración entre o home e a súa paisaxe, a sabia utilización do territorio, como nos ensinaba o mestre Otero Pedrayo. Tiven que contradicir a un contertulio que sostiña que a man do home en Galicia sempre estragara todo: tal afirmación é falsa e moi restrictiva e, dende logo, non foi así ata as últimas xeracións. Foron moitos os séculos de convivencia perfectamente integrada entre o Home e a Paisaxe: a crise dos últimos anos (incluído o chamado “feísmo”) moito ten que ver coa crise cultural e de identidade que sufriu o noso país nos tempos máis modernos. Nas últimas sete décadas Galicia perdeu case un millón de familias campesiñas: algo terá que ver esta realidade coa ruptura desa mutua interrelación de séculos.
Poderíase poñer na entrada da Comunidade Autónoma un cartel que puxese “Entra vostede en Galicia, terra patrimonio natural e monumental da Humanidade”, dixo unha arquitecta nese debate. Estou de acordo e eu engadiría: a terra que forxou dende os tempos medievais a idea dunha cultura europea dende o Camiño de Santiago e que posúe a maior Marabilla de todas: a creación dun idioma propio, o galego, como fonte de cultura para achegar á propia riqueza cultural do mundo.

33 comentarios:

Anónimo dijo...

A súa última frase tén o seu miolo.Sempre que se fala das marabilhas do mundo presupónhense marabilhas arquiteutónicas.E as verdadeiras marabilhas posíbelmente sexan outras...

Anónimo dijo...

Esquencín asinar: Mr Troll ágrafo.

bouzafria dijo...

Que bonito artigo e que certa a derradeira frase, con recendos de Castelao.
E parabéns polo 1000.

Ana Bande dijo...

Aínda de acordo en case todo, para min, marabillas, marabillas, son outras cousas, as que se presentan para os premios ás veces só agochan realidades de escravitude e dominación certamente inquedantes, por exemplo, a muralla chinesa...vale, vale, que se ve dende a lúa, etc. etc. pero ¿non tería sido mellor para os chineses empregar todo ese tempo -séculos- en cultivar as súas terrar dun xeito máis productivo, en traballar para acadar un maior progreso...non sei, Kapuscinski que é un mestre nesto de pensar pon en dúbida moitos destes grandes símbolos de pasados gloriosos que en realidade non o foron tanto...ás veces estas construccións se rascamos un pouco deixan ver moita ignonimia.

Anónimo dijo...

¿Ninguén vai comentar o artigo de Barreiro na Vox Gallaeciae?

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Claro que sím,Ana Bande.A maioría de esas contruccións son monumentos á escravitude e a represión.Pensa na maneira en que se fixeron as pirámides,con esclavos cuya vida non valía naa e que quedaban esmagados entre as pedras se a contrucción o requería.E das catedráis,xa sabes...e da cidade da cultura qué...
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Un muro para defensa militar.
Un par de santuarios precolombinos, preparados para sacrificios humáns.
Un recinto para loitas entre feras e feras.
Un coloso, seica avellentado, cos brazos extendidos nun piricoto sobre as praias de Ipanema.
Unha sepultura de mármol para unha muller.
As reliquias dunhas ruinas, testimonio do paso do tempo e da fraxilidade do ser humán.
Esas son as marabillas do mundo. Para mín faltou o último anuncio de Dolce e Gabbana: no medio do mar azulísimo de Capri un bico eterno nunha sinxela gamela branca.

Anónimo dijo...

TORRE VIXÍA
Firma: | XOSÉ LUÍS BARREIRO RIVAS |

No se toca el violín con un serrucho
LA PRIMERA relación de maravillas del mundo se elaboró hace veintiún siglos, cuando Antípatro de Sidón recogió en uno de sus poemas las siete realizaciones del hombre que todo sabio debía visitar. Por lo que de ello se sabe, el buen Antípatro no consultó su lista con nadie, ni dejó que emitiesen su voto gentes que jamás habían viajado o que aspiraban a confundir lo suyo con lo bueno. Y por eso su lista llegó hasta nosotros con muy escasas variantes: las pirámides de Egipto, los jardines colgantes de Babilonia, el templo de Artemisa en Éfeso, la estatua de Zeus en Olimpia, el sepulcro de Mausolo en Halicarnaso, el coloso de Rodas, y el Faro de Alejandría.

Antes y después de esta lista se conocen algunos intentos de hacer justicia a obras tan portentosas como la puerta de Istar en Babilonia o el Partenón de Atenas. Pero la lista que pervivió fue la de Antípatro, que sin hacer concesiones a la naturaleza ni a lo simplemente grande, creó un canon que no sólo sirve para calibrar la obra humana perfecta, sino que sirvió de estímulo a miles de artistas y mecenas que aún aspiran a crear la octava maravilla. Y así hubiesen quedado las cosas si no hubiese aparecido un millonario espabilado que, basándose en una confusión muy extendida del método democrático, decidió elaborar una nueva lista de siete maravillas en la que se permitía votar a gentes sin conocimiento alguno, se hacía competir a ciudades inmensas con pequeñas villas y se ponía a las civilizaciones en el enorme ridículo que supone hacer una revisión de su acervo histórico con criterios papanatas.

El resultado, ya conocido, no podía ser más revelador: la segunda estatua más fea del mundo -la primera está en Palencia- le ganó la votación a la catedral de Chartres, a la Capilla Sixtina y al Pórtico da Gloria. Los españoles -absorbidos por el chovinismo arquitectónico- ni siquiera pudimos pensar en la cueva de Altamira o la mezquita de Córdoba. Los paisajes, que contaron con la ayuda de Dios, le ganaron por goleada a Roma, París, Londres, Venecia y Florencia. Y, lejos del criterio de perfección, se instalan como pauta de civilización lo desmesurado (la muralla china), lo simplón (el Cristo do Corcovado), lo popular (el Coliseo), y lo exótico (Petra). Salvo el Taj Mahal, que cumple los criterios de Antípatro de Sidón, es posible que no hayamos acertado ninguna, en una soberbia manifestación de que lo mayoritario no coincide con lo bueno, ni lo legítimo con lo moral.

De donde se deduce que la democracia vale para lo que vale, y que las virtudes no son colectivas. Por eso duró tanto la lista de Antípatro. Y por eso va a durar tan poco -¿qué apostamos?- la horterada comercial del 07-07-07.

Marcos Valcárcel López dijo...

De acordo con Barreiro en que "a democracia vale para o que vale" e non para gustos artísticos nin valoracións históricas.
E na liña do xa dito por Ana Bande, Arume, etc., aquel poema, seica de Bertolt Brecht: o faraón tal construiu as pirámides, e quen foron os obreiros que morreron na súa construcción...?

Anónimo dijo...

O canibalismo foi un imperativo biolóxico nalgunhos lugares e alturas da Historia.Logo dábaselhe forma cultural mediante relixión e tal.Lean a un autor chamado Marvin Harris...
Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Boeno,pois eu propogno que votemos neste blog as dez meravilhas naturáis galegas,xa se encarregará alguén de publicar o resultado...
Eu voto por...mmm...mmmmm...
O monte de Santa Tecla e a súa visión da desembocadura do MInho...

Santa Tecla,én puán,Santa Tecla uán póin...

Mr Troll ágrafo

Xaime dijo...

Un atardecer dende a Lanzada co sol baixando sobor das illas de Ons.
Ou tamén un paseo dende Pedras Negras o Burato da Alondra pola praia na baixamar do mes de Xullo.

Anónimo dijo...

O que teño eu son ganas de saber cal é esa estatua de Palencia que supera en fealdade ao Santo Cristo ese de Río de Janeiro. Máis fea supoño que poderá ser, pero seguro que non máis colosal e burdamente ostentosa.

Anónimo dijo...

Boeno,terá que compartir o premio coa que está ó cabo da ponte de Lisboa,que é igual...
Mr Troll Salazar

Anónimo dijo...

Eu tamén estou intrigado de máis con esa estatua palentina. De feito, vou ir ao Google, teclear Palencia e ver se a atopo. Xa lle contarei a experiencia, don Leituga 1, perda coidado.

Anónimo dijo...

Joer,Xaime,vaia correndo ó concelho e que lhe cambéen o nome ó buraco da Alondra por o de Buraco da Laverca,que é o nome galego dese fermoso paxaro de vóo vertical.(Os polinhos,cando lhe atopas o ninho,escapan cada un por seu lado,radialmente e a toda velocidad.Quédaste coma o asno do Buridan,clavado no sitio,sen poder decidirte por perseguir nenhum...)

¿E non será buraco da Londra (Nutria)?.Pergunto,que non séi...

Mr Troll Rodríguez Dafonte

Anónimo dijo...

Buf, foi breve pero intentísima a experiencia de ollar, sequera sexa en foto, o Cristo de marras de Palencia. Ollen, ollen e lean as súas características vostedes mesmos... e logo tómense un tranquimazín para poder durmir.

Cristo del Otero

Anónimo dijo...

Advertencia: despois de entrar na web hai que clicar en "Monumentos civiles" (sic.) e logo en Cristo del Otero.

Velaí lles vai un pouco do texto que acompaña ás fotos:

Cuando el viajero se acerca a Palencia, incluso aunque sólo esté de paso y no se adentre en la ciudad, no puede dejar de advertir la imponente figura del CRISTO DEL OTERO, obra clave de uno de los más insignes escultores palentinos: Víctorio Macho. Erigida en 1931 sobre uno de los cerros que rodean la ciudad, y con una altura de 30 m., domina toda la ciudad, a la que está dirigida en actitud de bendecirla, y es visible desde muchos kms. antes de llegar a ella desde cualquier dirección. El otero (de ahí su nombre) sobre el que se asienta es un viejo cerro miocénico de greda muy desgastado por la erosión. Sus 850 m. de altitud le bastan para elevarse notoriamente sobre la ciudad llana y es practicable por medio de una carretera que lleva hasta la cima, desde la que se puede contemplar una panorámica completa de la ciudad y de sus alrededores por la Tierra de Campos hasta un lejano horizonte.

Anónimo dijo...

Vaia.Case prefiro a Cruz do Val dos tombées...
Mr Troll

Anónimo dijo...

Pero quizais o que máis que deixou anonadado do Cristo del Otero, ademais das fotos, foi a súa denominación de
"estilo postcubista, simple e xeométrico".

Lean, lean vostedes mesmos:

La imagen del Corazón de Jesús, que resulta ser la segunda más alta del mundo, después de la de Río de Janeiro, está concebida como un faro que se levanta verticalmente sobre el horizontal paisaje castellano. Es de estilo postcubista, simple y geométrico. Las manos y la cabeza, de una rigidez y primitivismo que recuerdan a la Grecia arcaica o a Bizancio, surgen de un cuerpo que se diría el fuste de una gigantesca columna.
Bajo la estatua y excavada en el cerro, hay una ermita de tres naves donde está enterrado el escultor y donde se conservan en un pequeño museo los proyectos de algunas de sus obras. Según la tradición, es el lugar donde en el siglo VI se refugió Santo Toribio huyendo de las iras de sus conciudadanos, que no admitían su predicación contra la herejía priscilianista de la que eran adeptos. El apedreamiento de que fue objeto el santo se recuerda en una romería popular a los pies de la ermita. En sus muros exteriores también se puede leer una inscripción gótica junto a unos escudos del siglo XVI.

Anónimo dijo...

Agora ben, non podo deixar de manifestar a miña admiración polos "conciudadanos", que tiveron o bo gusto de ser priscilianistas e, sobre todo, de apedrear ao plasta de Santo Toribio.

Anónimo dijo...

EU son o que máis stat-uas tenho dedicadas no mundo.Enormes cruces ,que ,en realidade son o T de Troll...
Non teimedes,homes de pouca de fé.Que EU estóu convosco...

Anónimo dijo...

Qué cabronada vos venho de facer.Agora,cada volta que vexades unha grande cruz,lembrarédesvos de mín,queirades ou non.A mnemotecnia funciona asím...
Mr T T T ácrata

Moralla dijo...

Pois si, as nosas ribeiras do Sil son un tesouro a valorar (con todo o seu patrimonio artístico incluído), entre outros moitos valores da terra-Auria. O Parque Natural da Baixa Limia-Xurés é un exemplo. Hai variedade de tipoloxía nos produtos turísticos. Agora trátase de promocionalos con sostenibilidade e conciencia. apertas

Anónimo dijo...

Viron vostedes o outro día a reportaxe de Jon Sistiaga sobre as marabillas de Corea do Norte?

Anónimo dijo...

E as terras do Sil,por Quiroga e Valdeorras,onde sacaron tanto ouro...Xa o dí o refrán que acabo de inventar: O Sil leva o ouro e Ourense o nome...
Mr Troll argentum

Xaime dijo...

Para Mr Troll Rodríguez Dafonte :

Ante tanta sabiduría só se pode recuar e indicar que o de Alondra foi un erro e quixen pór Londra, pero xa sabe ...

O que non sei se podería ser unha "nutria" xa que e no mar e o río máis preto e o Umia, a 20 km en liña recta, pero como todo cambiou tanto ata é posible que alí houbese un regato, hoxe oculto polas canas e polas casas nas que discurría a londra-troll nunha paraxe inigualable

Na toponimia do Grove aparece Burato da Londra.

Anónimo dijo...

Moitas grazinhas,Xaime.Eu non conhezo o sitio nin de oídas,por iso perguntéi.Xa vé que sabiduría do caralho.Pro iso pódio remediálo este mesmo fin de semána.Xa lhe contaréi...
Mr Troll-Yves-Cousteau

Anónimo dijo...

Venho de ver na rede que hai londras marinas.Flipo,por que eu son de terra adentro."Peina burros" que nos chamaba a xente do mar, por que eles facián a mili na Marina e nós no E.T.(Exército de Terra).(Por eso sempre estábamos;mi caaasaa mi caasaaa.)

Mr Troll ágrafo

Xaime dijo...

Se este fin de semán anda polo Burato, vaia o Restaurante a Botica, e pregunte por un ourensán chamado Marcial, un bó restaurador e millor persoa, e tome o que queira a miña saúde, está convidado.
Xa sabe beber perxudica a saúde pero con moderación e se é albariño menos.
Ten unhos pinchos de empanada de vieira que non creo que no Bierzo atope cousa igual. C´aproveite e de momento só para Mr. Troll Livingstone

Anónimo dijo...

E o restaurante o Pirata, non é bó?
E agora que saca o tema da empanada, pregunto tratando de sacar punta a temas fundamentais coma aquel sobre o cocido:
1. Cal é a porcentaxe de empanadas boas sobre o total dixerido de empanadas ao longo da vida?
2. Cal foi a mellor empanada que comeron nunca?
Eu:
1. 3%.
2. A da antiga taberna do Silva en Cambados de raxo, hoxe desaparecida.

Xaime dijo...

Imos ca empanada:

A porcentaxe non acada o 3%, ainda que teño comido dabondo sobor de todo desde que se estila poñela de canapes en todolos pinchos que se fan, ainda que a de hoxaldre -escrebese así, pregunto- é completamente artificial é odiosa

A millor é unha empanada de liscos que fai unha panadería de Ousá-Friol, e que venden no meu barrio de Recatelo de Lugo.

E en relación ó Pirata, xa non é o que era pero Miguel, que é o fillo de anterior propietario, fai unha parrillada de carnes varias, moi aceptable que regada con un bon Beronia crianza preparache o corpo para ir o Francés a escoitar jazz, calquera noite de verán.

Anónimo dijo...

Nao era má ideia petiscar alguma coisa do jazz,pro antojóuseme Chico Buarque a estas horas da noite.(¿Ficaría grávido?)

gente
humilde


Mr Troll nictálope