Censura "democrática" dunha revista
A Audiencia Nacional prohíbe a publicación de El Jueves por unha caricatura denigrante dos Príncipes.
Na portada da revista reprodúcese unha caricatura do herdeiro da Coroa e dona Letizia practicando sexo. Aínda pode verse na web de El Jueves.
E tamén na web de La Región.
Esta revista de humor xa recibira chamadas de atención dende a Casa Real.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
31 comentarios:
Paréceme inadmisible esta ridícula censura, que mostra que algunhas institucións do Estado pretenden poñerse por riba da liberdade de expresión.
Vou correndo ao quiosco da esquina a mercar "El Jueves", que hoxe á mañá aínda o tiñan. Como mostra de solidariedade.
E logo, ¿non teran nada importante que facer o xuiz e as forzas de seguridade?
Menudo seculo XXI, igual que sempre, se non tes cartos estás fodido e indefenso.
Sería máis sensato que alguén secuestrase esa Audiencia "Nacional". Non vos parece.
Eu venho de mercar "Historia y vida". Trae o libro "Rubicón",de Tom Holland.Todo por 3,75 E. No intre que estiven no Kiosco,entraron varias persoas pra mercar "El Jueves".Estaba agotado.Eu aínda non sabía a noticia.Agora mo explico...
Mirá tí con que venhen agora...Coa cantidade de anos que fai que ese magasín caricaturiza toda á familia real de mil maneiras...
(Trabuquéime.valéume 2,75 E)
Xa estou vendo centos de chapas,camisetas,gorras,todo tipo merchandising có dibuxo da portada.
Non séi se encarregalas eu mesmo pra vendelas.A causa republicana ganará adeptos con isto...
Quen tenha un exemplar,que o garde.Cotizaráse...XDD
¿Imaxe denigrante? ¿O fulano coa súa mulher?.Joer.Se o pimtaran cunha chiva,ou peor cún chivo...
A iniciativa de "secuestrar" El Jueves partiu do fiscal xeneral Conde-Pompido e foi executada polo xuíz del Olmo. Seica por ultraxe á Familia Real ou algo así. Esperpéntico, certamente.
Pero, no fondo, alégrome polos de El Jueves, porque lles agasallaron con publicidade gratis. Desde logo que é un milagro que esa revista leve sobrevivido trinta anos. Eu hai máis de vinte que non a leo. De agora en adiante, heime acordar de mercala. Por solidariedade e por darlle nos fuciños aos secuestradores.
E, como di o amigo Xan da Coba, o feito está a provocar un debate sobre a funcionalidade da monarquía.
O tiro estálles a saír pola culata, mire por onde se mire.
Aquí pode verse a xa famosa portada de "El Jueves" polo que foi secuestrado:
El Jueves
Cando vin esoutro día a portada, non sabía se era o Príncipe Charles (aínda que ela non é, desde logo, a Camila), Zapatero (polo título, e ela non desemella a Sonsoles) ou o que decidiu a xudicatura.
Estaría forzado pola Familia Real? Deixen que o dubide; desde hai tempo, escóitase na Radio Galega unha voz que imita claramente ao pai do "rapaz"; aínda hoxe o escoitei con non sei que mensaxe en relación co verán. Habitualmente aparenta que leva unha copiña, e certos comentarios -inicialmente- traíanme ventos de prohibición; ao persistir sen problema, pensei que a política de imaxe da FR dera unha viraxe que posiblemente non resultaría insensata. Así é que non sei que dicirlles.
Polo demais: liberdade de expresión. Malia non ser eu amigo de certas expresións, e considerar que o campo non debe ser infindo.
Eu maxino,"cherchez la femme",que foi a "princesa" a que lhe "coméu o coco" ó Felipe,que xa debía tér "o cú pelado" con estas cousas, pra que "tomara medidas".Xa a estóu vendo,de noite,negándolhe o "débito carnal" (XD) e dicíndolhe: "Tí,non eres home nin eres nada..." .(Manténhome á espectativa do preceptivo ataque feminista).
Paréceme un abuso e, sobre todo, unha estupidez a decisión da Audiencia Nacional. Supoño que o xuíz Del Olmo debe ser un antimonárquico furibundo para facerlle este favor aos críticos da monarquía e por contribuír deste xeito á difusión desa portada que nestes momentos xa vimos todos os internautas.
Despois de lelo moito, xunto con "El Papus", cando era novo, pasei moito tempo sen mirar "El Jueves". Ultimamente véxoo case todas as semanas, porque o compra a miña filla máis vella. Os debuxos satíricos sobre a Familia Real, mesmo con contidos semellantes aos agora obxecto de litixio xudicial, son habituais.
Última Hora
SECUESTRO
El dibujante asegura que la caricatura pertenece a Tom Cruise y Katie Holmes
Guillermo, autor de la polémica viñeta ha asegurado que «no se arrepiente de su caricatura».
(Efe)El dibujante Guillermo, autor de la portada de la revista El Jueves , secuestrada por el juez Juan del Olmo por presuntas injurias a los Príncipes de Asturias, ha afirmado que el dibujo reproduce a la pareja de actores Tom Cruise y Katie Holmes, y no a quien «todo el mundo piensa que son».
En declaraciones a la emisora RAC1 recogidas por Efe, Guillermo ha declarado que él quiso dibujar «a Tom Cruise y Katie Holmes, y no entiendo por qué todo el mundo piensa que son los que son. Nadie ha dicho que estos (los dibujos) sean quienes dicen que son. El juez Del Olmo lleva gafas, se pone colirio, y quizás ha confundido el tema».
Guillermo ha declarado también que el secuestro de la publicación ordenada por el juez Del Olmo «es para reirse», y ha añadido que no lo considera un ataque a la libertad de expresión porque «no llegará a nada».
También ha señalado que no se arrepiente de su caricatura, pues «yo me dedico a dibujar, estoy orgulloso de haber hecho este dibujo y estoy orgulloso de trabajar en El Jueves», ha sentenciado.
El autor de la caricatura ha explicado también que la viñeta no es exclusivamente obra suya, ya que la idea procedió del antiguo director de la publicación Manel Fontdevila, a quien considera «uno de los grandes genios del humor gráfico y del cómic en España».
Ó parecer a Casa Real desvincúlase desa ación xudicial.
Non quero pensar que sexa cousa do goberno,non quero...
Pois eu non concordo co que vostedes din e para nada son eu monárquico ni falta que me fai pero sí estou dacordo co xuiz del Olmo en que debe haber "un principio esencial de respeto a la dignidad personal que todo ciudadano ostenta, cualquiera que sea su condición personal, profesional o de otra índole", faltaría máis. Polo que veño observando ata neste mesmo blog hai as súas normas e non todo vale senón vexamos o exemplo de cando un alumno do Sr. Marcos escribiu en termos "impropios" e como a súa aportación foi eliminada ¿iso non é censura?. Ou cando o Sr. Marcos se molestou pola súa aparición no You Tube, algo que os demais podiamos ver como "chistoso" por aquelo de chamarlle comunista. Por suposto que rexeito secuestros de publicacións e cousas semellantes pois só logran o efecto contrario, que ao final se entere todo o mundo. Penso que o termo "democracia" non ten por que ser igual a "todo vale".
Guillermo deume unha alegría,xa que pensei que se estaba a meter conmigo.
O fiscal, Conde Pumpido, debe estar moi folgado si empeza a ver demos por todos os lados, e ademais si son Felipe y Leticia, pois moi ben.
O ideal sería que esas portadas non se fixeran por que foran rechazadas pola xente,e polo tanto invendibles.Eu non compro esa revista,precisamente por esas cousas.Ésa sería a censura perfecta,a censura do pobo,a "demo-censura".Se non así é por que falha o sistema educativo,monopolio do Estado.pois que apande coas consecuencias...
Se a portada me parece de mal gusto,con non comprala teño feito.Pero o secuestro fáime saltar as alarmas...
I eso da dignidade...¿Acaso non é digno o acto sexual?.A postura é filogenéticamente máis natural.A do "misionero" ten unhos cantos millós de años menos...
¿Que opinan do secuestro do post sobre o concurso de microrrelatos Carlos Casares acontecido neste blog?
A mím paréceme normal que ó Sr.Marcos lhe molestase a nivel persoal aquela entrevista trapalheira.Non foi unha "encerroa",senón unha das moitas e conhecidas trapalhadas do presentador da que Marcos saéu perfectamente airoso e digno.A súa imaxe pública saéu fortalecida.En Ourense sabemos quén é cada quén.Unha cousa é unha entrevista e outra un debate.Quén saéu perxudicado na súa imaxe foi o presentador (chovía sobre molhado nese aspeito).
Do acontecido no concurso de microrrelatos,opino o mesmo que sobre o resultado de moitos partidos de fútbol.O árbitro poido equivocarse,tamén se equivocan os xogadores falhando tiros a porta descuberta.Tanto un coma o outro están no campo e xogan no mesmo partido roles diferentes.Ó final o resultado é o que é.As reglas están escritas no reglamento dun tal "Pedro Escartín".
Eis o Auto Xudicial de El Jueves:
Auto Xudicial
Pero home, claro que estamos dacordo en que a entrevista era unha trapallada. Tamén eu alcanzo a ver iso. Eu refírome ao mal que lle sentou cando a subiron ao You Tube e por riba con aquel título que non me negarán vostedes que non facia rir. Pois con ese sentido do humor do que vostedes falan o autor do blog debera afrontar tamén ese feito e non lamentalo ou e que temos varias varas de medir.
Na sociedade do espectáculo calquera pode encontrarse en calquera momento situado nunha pantalla; desde a invención do Youtube tal posibilidade multiplicouse ata o punto do despiporre, se me perdoan. Con todo, a probabilidade de que a propia imaxe resulte banalizada non fará, probablemente, que o feito concluído resulte satisfactorio.
E xa son ganas de dar a vara co vídeo e o concurso. Ora que miren quen o vai dicir, entrando ao trapo.
Boeno.Ahí houbo un malentendido,provocado polo carácter trapalheiro do presentador.Íste interpretóu (inxustificadamente) que Marcos non estaba disposto a debatir có falangista,por considerarse "superior",cando maxino que non era certo.Sinxelamente,él non fora alí pra iso.O presentador reacionóu visceralmente según esa interpretación errónea que fixo,colgándo na súa páxina web esa parte da intervista,tratando de intolerante a Marcos.Como é un tipo peculiar,non se déu conta que quen quedaba mal era él.O de chamarlhe "comunista" é outra das misturanzas mentales do indivíduo.O enfado de Marcos ven seguramente da sensación de verse atacado ou perseguido,cousa que estimo que non é asi tampouco.Sinxelamente, ó outro fulano "encendéulhe ó revés" o cigüenhal do cerebro...
Ademáis,o que dixo Marcos estivo moi interesante.Ganóu moitos puntos entre unha audienza diferente á que está acostumado.Digamos que se déu a conhecer noutros circulos dos habituais pra él.Opino que ficóu beneficiado.Neste blog trataron ó presentador de "facha".Nada de iso:sinxelamente trapalheiro.
Quen propuxo a Marcos pra esa intervista foi un amigo méu,coa melhor das intenciós.A outra posibilidade que se baralhóu fói Jesús de Juana...
Pola miña banda creo que non son situacións comparables todas as citadas: o do video de Toutube reflectiuse aquí como brincadeira, creo que nin sequera eu me amosei indignado, en todo caso outros lectores. O de eliminar a intervención insultante do alumno creo que entra no sentido común: este non é o espazo para iso, está ben claro. E o do arquifamoso concurso (que xa está restablecido como post) foi, pola miña parte, a única forma posible de rematar un debate que estaba monopolizando o blog e atacando dende aquí a outras persoas (gañadora, Liceo, etc.) que non podían defenderse. En calquera caso, eu non son o Príncipe nin conto cos seus privilexios: se fose tal, acudiría ós tribunais de Xustiza se me sentise incomodado e xa está.
Admítamolo ou non, todos temos algunha vez dúas -ou tres, ou catro- varas de medir. De aí que Lector tamén e que non sexa unha excepción.
E,dende logo,lector argumenta bén,e o que dí é pra tomar en consideración.
Amigo Xan da Coba (ex Mr. Troll ágrafo):
Permítame que lle diga que é vostede unha persoa abondo interesante e misteriosa, e un quédase con gañas de saber cousas súas.
Sen perder o anonimato, podería contarnos algo persoal? Gustos, afeccións, como se autocomprende, etc. Xa sabe que a curiosidade non ten límites.
Halágame esa curiosidade,a.p-c
¿Autocomprender? Xa conhece o proverbio chinés: Quen conhece ós demáis é un ilustrado.Quen se conhece a sí mesmo,un sabio.De sabio tenho pouco.Aplique "modus ponens" ou "modus tollens" ,que xa non me acordo dos nomes clásicos,e deducirá que non me conhezo moito...
Aficiós tenho moitas.Unha recente: leélos a vostedes neste blog.
(Seguiréi a outras horas: estánme pitando no coche pra ir a un deses "centros comerciales" dos que fala Saramago na "caverna"
Para ap.-c,acerca do que "Decíamos onte..." (Eu daría un bó frade...)
Non séi se o có de "autocomprensión" quere referirse á expresión de moda "autoimaxe"...
A maioría da xente ten a súa "autoimaxe" anclada no que estudaron ou fixeron ós vinte anos.Eu coincido có que dixo nunha intervista na Voz o Dr.da Casa do Mar da Corunha,non me lembro do nome,:"¿Por qué un ten que "ser" o que estuda ós vinte anos,e non ós trinta,ós coarenta,ós cincoenta...?" Cando lín esas verbas,sentín atopar un ánima xemelga...
Nun dos últimos libros de Desmond Morris (autor que sigo dende adolescente) falaba,das caractéristicas da xente feliz.Unha delas chamóume atención: É máis feliz a xente que trata do que "fái" que a que trata do que "é"...
(Hoxe andiven por terras do "Forum Limicorumm".A Limia,xa sabe...Había festas en "Xunco da Limia",pro a minha mens vóa ó tempo dos románs cando vou por alá...)
DESMOND MORRIS: DE que libro se trata, se non é moito preguntar, amigo XC?
Esa cita concreta aparece no derradeiro capítulo de "O animal humán" (2002).Pro no 2006 publicóu "A natureza da felicidade" na que abonda no tema.Parece que o asunto da felicidade está de moda.Hasta o Punset se apuntóu.Pero,pra mín, permanece insuperado "A conquista da felicidade" de Bertrand Rusell.
Publicar un comentario