14 jul. 2007

De pozos e balanzas (Helena Villar Janeiro, ECG 13 xullo)

O artigo enteiro

(...) Cando parecen amostrar certa disposición ao diálogo, "sempre que se garanta o equilibro de ambas as linguas", venme á memoria outra fórmula da Física: a da balanza ou equilibrio dunha barra con pesos desiguais nos extremos para calcular a que distancia deles se colocará un punto de apoio. Cando a forza e a resistencia dos dous brazos non son de igual magnitude, hai que facer modificacións na aplicación do apoio para que cadre a fórmula de que a potencia multiplicada polo seu brazo resulte igual á resistencia multiplicada polo dela. Quere isto dicir que o equilibrio de dúas cousas de diferente peso lógrase buscando a distribución asimétrica dos seus elementos. Xa que logo, a grande distancia que separa o peso social de ambas linguas perante os falantes en todos os niveis, rexistros e circunstancias (pénsese en bibliotecas, materiais de apoio, medios de comunicación, estatus social, resistencias ao cambio, prexuízos lingüísticos e ideolóxicos...) supón que non se pode localizar inxenuamente o punto da balanza exactamente no medio de ambas, senón buscar compensacións para que ao final a aprendizaxe e o uso sexan de verdade equivalentes e equilibrados. (...)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Está ben a analoxía.
Vóulhe dar outra,máis que ren por encetar o post:

Cando dous engranaxes de diferente diámetro se poñen en contacto,o máis pequeno tén que dar máis voltas por segundo que o outro,pra que o contacto e o funcionamneto do mecanismo sexa armonioso.Enténdeo bén,que de pequeno de seguro que destripoú algunhos relós...

Mr Trolh ágrapho

marcos valcarcel dijo...

O exemplo é igualmente opotruno e serve tamén para explicar que é iso da "discriminación positiva" en moitos campos, non só no idioma.