14 jul. 2007

ENTRE HORTAS E PORTAS (Xosé M. González)
5. Panoramas.
O barrio da Ponte, dende a acrópole

En Lugo, se ben un mira, o ceo é señor. Verase noutros termos amable azul con almofada, entre nós hai algo sempre de vasta solemnidade; sobre todo cando é chumbo, aquí moi adoito: cinsento en ceo e lousados, na mesma cerca.

Cadramos preto do firmamento, ou tal impresión dá; o lugués de nacemento e longa veciñanza acostuma andar afeito a horizonte e ampla paisaxe. Desde algunha azotea en San Roque aínda se abrangue largacía extensión que sobrancea o río Rato e barrio da Chanca, tirando contra as terras de Castroverde e A Fonsagrada.; en pasado próximo víase mesmo a Ponte da Chanca (lugar de suicidio real ou hiperbólico) e para o leste albiscábanse cumes nevados que unha imaxinación estimulada por lecturas pretendía identificar coma os Ancares. Igual os eran: á fin e ao cabo, a cidade ben se enxerga subindo á becerrense Pena do Pico.

A mellor perspectiva, porén, acádase en lugar distinto. Non lonxe da Porta de Santiago, antes do Postigo, por onde -ten que se lle diga- igual é máis bonito saír ca entrar, hai anos dominábase coa ollada parte non desprezable da ribeira miñota.; libres de edificación monumento e a súa fronte, o adarve suxería alí paseo demorado e quizá ensoñación: o sitio máis propicio. Non tal mirando cara atrás; pero ese será tema doutro día.

O sur da vella urbe, que cada indicio deliña como ámbito máis vital do tempo orixinario, onde se apiñoca o Medievo esencial. A cerca, excepcionalmente visible nestes barrios, amosaba hai oito lustros no pano xistoso amplo retallo en perpiaño granítico, predominante incluso nalgunha das portas; tal bloque macizo e regular, sen argamasa, falaba de utilitarismo romano para o alumno de ensinanza media, dicían -incluso- que romana romana só era aquela fábrica de cor máis clara cá da lousa. Desde a varanda no Poxigo víase ben a rúa baixando en curva, contorneándolle o muro ao Hospital de San Xosé cara á Volta da Viña e a ponte. O río esperaba, desde xuño todo o máis, e co seu degoro había quen cruzaba a Mosqueira, a Ronda General Sanjurjo, inexistencia de sombra onda a beirarrúa é bordo, Porta Santiago e de aí por onde quedou dito. Cruzando o Miño, e afastando á dereita, aínda máis dun quilómetro ata as Insuas; xaora, no autobús de San Fernando, que sempre esperaba por un para retornar costa arriba.

Non torcendo cara a Orbazai e As Insuas, aquela estrada que sobe era a vella de Compostela; antes, presumiblemente a vía que traía a un desde Brácara. Da calzada romana quedaban algúns centos de metros que despois sepultaría certa incuria profundamente misteriosa: un debe algo crer e esperar aínda no peor momento; subía desde a ponte paralela á rúa de Santiago e o muro hospitaleiro. Na outra ribeira, dicía, ascende a estrada buscando As Arieiras, O Picato e perspectivas de fóra.

Quen chega recibe no Picato, a dez quilómetros, a primeira imaxe do casarío; verá daquela, se ten antollo, por que os romanos elixirían ese punto con ou sen lucus, con ou sen castro. Allea é sen dúbida a metáfora da acrópole; miña supoño a evocación de helénico alcipreste en canto o Parque, bico de natural contraforte, se ía distinguindo no retrinco verde que medra co achegamento. Parque de Rosalía de Castro; súa é a hexemonía indiscutida canto a balcóns. A ollada que nos resta, mentres dure.

O Parque era recreo distinguido e inusual de moitos nenos. Nunha marxe, o único tobogán e bambáns que eu coñecía na cidade; do outro lado, un gran mapa da península, en relevo e cuberto, para a fabulación e a xeografía; parrulos que comen o pan que lles dou, outra fauna de ver e escoitar. Coa adolescencia afasta un o resaibo infantil, de máis anos xorde por veces designio bárbaro, turbulento ou só de emoción nova: e o parque son os loros para aprenderlles a dicir “carallo”; o pobre pavón a quen lle quitan plumas ou hai quen planea comelo asado; algún leño esgazado; historias que se contan da noite, co ollo no risco de garda que chegue.

Pero lírica e bucólica atopan ocasión. E un recibía, no solpor de agosto, certa brétema que o río dirixía á balaustrada; non saudosa, impoñente, cara á metrópole augustea. Ou tal día, no lecer de baixa profesoral inesperada, paseaba co Fiscal e o Corrosco falando sobre un docente especial, Alonso Montero, cada un á súa maneira. Que xa naquel tempo había controversia.

23 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Outra mostra máis de excelencia poética. amigo González. Boto en falta na descripción do ceo lugués a permanente néboa de inverno, que, coma naquel verso de Góngora, era dudosa luz do día. E un apunte sobre as tabernas e casas de comidas do Recatelo (entre elas a excelsa Rivas de bancos corridos) entre a porta de Santiago e o parque, se non lembro mal daqueles anos lugueses.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

http://maps.google.com/maps?f=q&hl=es&geocode=&q=lugo,+spain&ie=UTF8&ll=43.008507,-7.558663&spn=0.001757,0.003616&t=k&z=18&iwloc=addr&om=1

Xos� M. Gonz�lez dijo...

Isto, se sae ben, debe ser o enlace que indica o Arume na mensaxe anterior; na imaxe ver�n parte do espazo aludido na presente entrega.

Os dous cubos da Muralla tan xunti�os son os da Porta de Santiago. A r�a que m�is ou menos desde ela baixa contra a esquerda, � a de Santiago; o grupo de edificaci�ns que nela ocupa o segundo lugar, pola dereita, o Colexio das Xosefinas e o tellado vermello supo�o que a s�a pista polideportiva ou pavill�n (s� estiven dentro, que lembra, d�as veces, e nunca tan adentro).

O tri�ngulo que se ve na parte inferior xa case linda co Parque de Rosal�a, e a ru�a estreita que lle fai de lado dereito � a de Recatelo; se cadra no terceiro edificio contra o v�rtice estaba a Casa Rivas, cuxo cabrito non era dos peores. Non houbo lugar para ela, Arume, nin para o Frade ou o Flaire, a�nda que ben o lembrei; Recatelo deber� volver, espero, se isto dura, e tam�n outras tonalidades e rigor meteorol�xico.

Por certo: detr�s da Porta te�en vdes. o privilexio de contemplar, a vista de paxaro, a gran f�brica da Catedral, adro por diante e a fermos�sima �bsida que cont�n a capela da patroa (Virxe dos Ollos Grandes) por tras: � aquel redondeli�o.

Grazas polo alento, Arume. Espero que para outros poida ser tam�n suxestivo ou de utilidade. (E que desculpe o amo polos problemas que lle dou con formatos e outras aduanadas).

Xos� M. Gonz�lez dijo...

Pois non sa�u ben. Suxiro que, se queren aproveitar a indicaci�n, apeguen o enlace do Arume; tam�n me funcionou, agora hai un momento, clicando sobre a frecha horizontal da esquerda, no "direccionador" (ou como se chame).

Anónimo dijo...

Amigo X.M.Glz. Vostede nunca nos fala do aspeto que máis me gosta de Lujo,que son as festas do S.Froilán.Xa falha menos.NOn as perdo nenhúm ano.Qué festas,esas sí que son festas e non as nosas de Ourense.Pro cando o Marcos sexa vereador de Festas,xa verá...O Corpus váilhe dar un banho ó Froilán...

Anónimo dijo...

Esquencín asegnar.Cóusas do vinho na cabesa dos homes...
Mr Trolh ágraph

Xosé M. González dijo...

Todo chegará, hom, hai que darlle tempo ás cousas. Como ha quedar o Domingo das Mozas sen vir a conto... Por certo que se queren vir comer o polbo, xa avisarán en setembro para acomodar o choio.

arume dos piñeiros dijo...

Sería boa blogoquedada esa nas casetas para un día de outubro.

Anónimo dijo...

Ainda temos pendente a quedada de Vigo, amigo Arume !!!

arume dos piñeiros dijo...

Poñamos, logo, día, hora e lugar e alí podemos estar. Con xantar ou non?

a.p.-c. dijo...

A min iso de "quedada" sóame a un xogo infantil: o queda. Por que non dicimos "cita" que é máis adulto e máis acaído ás nosas circunspectas e reflexivas personalidades?

Fóra bromas, o do polbo en San Froilán é algo tentador, sen menosprezo da cidade olívica, que quede claro.

a.p.-c. dijo...

Bo texto, na liña habitual do González. Por certo, non sabía que Varela Suanzes fose de Lugo e menos aínda que lle chamaran Corrosco.

Anónimo dijo...

A mín eso de "circunspecto" sóame a "o trigono circunspecto na circunferencia",e o de reflexiva era unha propiedade de certas relacións matemáticas que se establecían na teoría dos conxuntos de Cantor:simétricas,antisimétricas,transitivas...
E o de adulto,adoito...debe de ser alguén sem déudas...
E o de deuda sóame ó da déuda metódica de Descartes.Pasábalhe coma mín...
Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

Amigo XM Glz:
Fai anos,e por agradables circustancias que non vén ó caso detallar,paséi en Lugo a noite de aquel forte vendaval que chamaron "Hortensia".Cando abrín a fenestra pola mañán ,atopéi un panorama desolador.Unha morea de enormes e fermosas árbores do parque no cháu.Qué triste ver aquelas verdadeiras xoias botánicas,xigantes con pés de barro,tumbadas .Non séi como tomaron aquelo en Lugo,pero pra mín foi unha irreparable perda de patrimonio natural.Non séi se vostede o recorda ou se pensa referilo nos seus escritos...

(Non séi cal é o nome do parque.Alameda non é,que vostedes chámanlle alameda ó parque enfrente ao Concello ¿ou non?.E á caron de onde se poñen os feirantes e as casetas no S.Froilán).

Mr Troll ágrafo

Xosé M. González dijo...

AP-C, o apelativo de Corrosco debía ter orixe familiar, posiblemente pola linguaxe infanti, pero era corrente no Instituto e despois, entre os coetáneos. Espero que o ilustre catedrático ovetense -haberá trinta anos que nin o vexo, nin sei se me lembrará- non leve a mal a divulgación hipocorística, se chegase a ter coñecemento dela.

Por certo, é familia extensa, con outros dous xuristas (Daniel e Jacobo; o primeiro, eurodeputado do PP, o segundo, supoño que aínda asesor na oficina do Valedor do Pobo) e aínda outros tres como mínimo.

E mr. Troll (igual era ben procurar outro apelativo), a Hortensia desfixo (ademais de parte da instalación barraquil do San Froilán, en particular a da Casa de Andalucía)o Parque de Rosalía de Castro, en efecto. Aquela noite eu durmira fóra de Lugo, pero ben vin o estrago; curioso que desenraizase grandes árbores e non puidese con outras. Tivo que ser no 1984; en todo caso, cadra fóra do marco temporal inicial destas evocacións.

Leituga 1 dijo...

Ademais de Daniel e Joaquín, un en Bruxelas-San Xoán de Ortoño e o outro en Oviedo, anda tamén por Vigo Alvarito, despois de varios anos de estancia en Londres como profesor de galego no Instituto Español.
Joaquín, "Corrosco", aínda tivo certa presencia pública de dous ou tres anos para acá polo seu libro sobre o Conde de Toreno, autor do outrora célebre, importante e aínda non reeditado "Historia del levantamiento, guerra y revolución de España", texto clave para a autoidentificación nacional da España liberal do século XIX.

Xaime dijo...

Celebro que todos coñezan a Corrosco, pero hai anos, moitos anos -non-o diría senón estivera prescrito- tentou de facer unha céluda en Lugo do FRAP ( Frente Revolucionario Antifascista Popular) e xuntababános nunha casa da Plaza do Campo de Lugo.

a.p.-c. dijo...

Eu teño unha edición da monumental obra do Conde de Toreno, amigo Leituga 1. Reeditáraa unha editorial que agora non lembro nun formato pequeno en tres volumes. Debo tela nunha caixa aínda sen abrir.

a.p.-c. dijo...

Joaquín Varela Suanzes ten un excelente currículo académico, cunhas investigacións centradas, sobre todo, na historia constitucional:

Currículo

a.p.-c. dijo...

E ademais é codirector dunha moi boa revista da especialidade cuxos contidos se poden consultar na rede:

Fundamentos

Xosé M. González dijo...

Alégrome de saber do Alvarito, que desde que aprobou a oposición non o volvín ver. Os outros dous irmáns Varela que eu coñezo son a Belén (casara co Xoán López Rico e desde aquela case nin noticias) e o Nacho. Ignoro se don Daniel Varela Piñeiro (figura moi sobranceira na Deputación luguesa) tivera máis vástagos.

Leituga 1 dijo...

Pois Belén, que eu saiba, segue no eatado na que vostede a ubica e, máis milagroso aínda, sen cambiar de socio. Pero hai tempo que non a vexo. Con Alvarito aínda estiven outro día tomándolle uns gintonis. E a Daniel atopeino hai cousa de un ano nun avión. ¡Oxalá todos os pepeiros fosen coma el!
Oiga, AP-C: ese libro ten que ser unha xoia. Supoño que se reeditará o ano que vén, con gallo do segundo centenario da Guerra da Indepe. Se non é así, paso un día por aí e pídolle que me deixe facerlle unha fotocopia, se non é moita molestia.

Xaime dijo...

Outro comentario rosa, e pregunto, non é tamén unha Varela Suanzes a muller de Victoriano Azcárraga Salvadores, Abogado de Lugo e Presidente do Clube de Golfe de Lugo