6 jul. 2007

EN POLEIRO ALLEO
"Xeración 600" (Bieito Iglesias, ECG 5 xullo)
Pero para que non digan que son un barrombas ansioso de "alternar" coas plumas máis inspiradas da miña quinta, reducireime a trazar unha brevísima cronografía daquela era do Seat duro (capaz de cargar cos fardicos de patacas que os citadinos levaban os domingos da aldea) e pequerrallo, no que puñamos cara de velocidade ao alcanzar uns pavorosos 80 quilómetros por hora. Meu primo Toño, viaxante de caramelos especializado en piruletas, mercou un de segunda man e deume moitos paseos polo Ourense da época, entregado aos signos da modernidade -encoros eléctricos- e á incipiente cultura de masas: Festival do Miño, un feliz arremedo do certame cantigueiro de San Remo. Era tal a fame de novidades desarrollistas que mesmo cando gardabamos o auto nun garaxe cunha floresta de columnas de cemento, a min parecíame que penetrabamos na Mesquita de Córdoba. (...)

O futuro urbano do idioma. O profesor Gabriel Rei-Doval analiza o estado do galego nas cidades (Entrevista de D. Salgado en EP 6 xullo)
O profesor mugardés da Universidade de Wisconsin, que elaborou o seu volume a partir de datos do mapa sociolingüístico da Real Academia Galega, explicou que "a situación en Compostela, a cidade con máis presenza do galego, non é mesma que en Ferrol, onde o galego está menos visíbel". Rei-Doval sitúa, logo de Santiago, a Lugo e Ourense. "Pontevedra atópase no medio, cun gran contraste entre a periferia, galegofalante, e o centro, castelánfalante". Vigo e A Coruña completan a listaxe.

LUCES, EL PAIS. Xosé María Álvarez Cáccamo Poeta. Entrevista de Xan Carballa: "Meu pai era un curioso absoluto, un activista cultural"

9 comentarios:

Anónimo dijo...

A xente xoven urbana é fundamentalmente castelanfalante.Aprenden o galego na escola,pero a maneira de enseñalo fai que o consideren unha mera construcción intelectual,algo así coma si aprenderan o código Morse,ou a linguaxe matemática do álxebra.NOn é unha maneira de "naturalizalo".A única xente xoven que o fala habitualmente é a "tribu urbana" dos bloqueiros,que ademáis fan un proselitismo que produce rechazo moitas veces.
Non se fala un idioma por aprendelo na escola.Eu non vou a un bar e pido cinco moléculas-gramo de hidruro de oxígeno en estado líquido.Séino decir e séi o que é.Pero a maneira natural é pedir un vaso de auga.O que se aprende na escola non se ve necesariamente coma o que se usa na rúa aínda que sexa o idioma dos antergos,ou ó mellor precisamente por eso.
O galego hai que metelo na rúa.E ós nacionalistas non se lles ocurre pensar na axuda que poideran recibir da empresa privada,máis acostumbrada a influir nos gustos da xente de forma sutil,sen imposicións.Sólo pensan na influencia do Estado.Cando faléi de que Carolina Herrera imprimira camisetas en galego,era sólo un exemplo que debería encender máis ideas en xente intelixente,pero sólo Marcos tomóu en serio a idea.Alguén dixo que xa hai empresas que fan camisetas en galego,pero eses están no mercado dos "xa convencidos".O que hai é que entrar no das "ovellas descarriadas".Tamén se pensade que os empresarios sóio queren ganhar diñeiro e que non se preocupan de esas cousas pero a eso digo:1)Haberá de todo 2) Hay moitas maneiras de gañar diñeiro e moitas de elas poderían ser especialmente compatibles coa promoción do galego.Agora déixovos pensar un pouco...

Mr Troll

Anónimo dijo...

A maneira na que pretenden influir na xente os dirixentes políticos é pra votarse a rír a maioría das veces.¿Que hay que facer unha campaña antidroga? gastan un montón de cartos nunhos anuncios que dín "Non te drogues".¿Que hay que fomentar a lectura? Fan unhos anucios que dín "lée máis" ou "leer é bó".Manda nabizo.Sonche unhos lumbreras de caralho.¿Que hay que promocionar o galego? Adiviñástedes.Fan un montón de anuncios que dicen "fala galego" ou calquera simpleza ineficaz coma esa.Penso que a razón é que non pretenden realmente conseguir o que dicen,senón quedar bén cara a galería,ou é que a cabeciña non lhes da pra máis.
A outra maneira que se lhes ocurre é facendo léis.ou sexa,a colhós.Tamén son totalmente ineficaces cando se enfrentan ós gustos da xente.E así están as realidades do fraude fiscal,da industria do narcotráfico ou as mil e unha triquiñuelas coas que a xente aparenta cumplir a lei,pero coas que a están realmente mandando a tomar polo cú.Se unha ley che olbliga a remplir un impreso en galego,falo con unha mueca de desprecio,e logo voltas a falar castelán ó salir á rúa.Dinero negro.Justicia negra.Lenguaje negro.A realidade por un lado i os políticos por outro...
No mundo da empresa privada,persíguense resultados de verdade,non de cara á galería.Se unha fábrica de coches quere que un modelo sexa un éxito de ventas non fan un anuncio que diga "Compra tal coche" e dende logo non poden facer unha lei pra obligarche.Mais consígueno.Hay que ser máis sutil,hay que crear mundos na cabeza de aqueles a quenes se pretende seduir.E como si pretendo ligar a unha rapaza decíndolhe ¿Queres foder? Demasiado básico,demasiado primitivo.Pois a maioría das campañas gubernamentáis son así.
Por eso,como decía antes,habería que aproveitar a experiencia das técnicas das empresas galegas con eficacia demostrada e cuyos dirixentes estiveran sensibilizados coa promoción REAL ,e non sólo cara a galería,do galego.Aos burócratas sólo se lhes ocurren léis,que se demostrarán ineficaces co tempo...

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

E volvendo a comparaÇao coa rapaza a quen lhe pediron de foder,e respondéu que non,pola maneira de pedirlho, a rapaza sí que quería ...
Moita xente nova estaría encantada de conhecer e melhorar o seu galego,pero claro,tal e como lho están pedindo...

Mr Troll ágrafo

Etxeokeai dijo...

Evidentemente o Troll Ágrafo ten máis razón ca un santo.

Etxeokai dijo...

Eu sempre dixen que non cadraría mal na Secretaria xeral de Política Lingüística ao director comercial de Coca Cola España.
Ou así.

Anónimo dijo...

Os directivos de empresas moi grandes, salvo que foran os fundadores,son tamén moitas veces unhos incompetentes de caralho.As empresas,cando medran moito e tenhen beneficos astronómicos ténhen unha inercia que permite que funcionen bén incluso con "negados" ó frente,durante moito tempo.Moitos de eses directivos galácticos con contratos blindados son unhos verdadeiros cáncros...
Prefiro a imaxe do emprendedor que demostróu algo desde cero,ou desde menos ún."From rugs to riches",que dín en England.O que se pasa é que aínda hai moitos estereotipos negativos facia esa xente,sobor de todo entre a xente da esquerda.Seguen a tér a típica imaxe do empresario paletiño que non sabe facer o"o" cun canuto,e que medróu a conta da explotación de outros.Un tópico.Moitísimios empresarios galegos tenhen estudos universitarios ,interésalhes a cultura e o país e son coma mínimo menos tan "listos" coma "os listos oficiales",ou sexa a intelectualidade.Moitos de eles autores de libros infumables pagados có dinheiro publico do departamento estatal no que manda un amiguiño...
(Logo tamén hai moito universitario e moito dotor que nunca demostróu que podese enfrentarse ó caos,ó génesis de algo.Que é quén de crear estructuras novas.Estudaron a EXB,logo o bac,logo licenciáronse,logo,como non sabían cómo enfrentarse ó mundo,fixeron doctorados e prepararon oposiciós.Ou sexa,sólo souperon moverse en ambientes previamente estructurados.E logo métense na nomenklatura dos partidos pra gobernar á xente,sen saber o que vale un peine...e pretender implantar "ocurrencias",e gobernar unha sociedade que só existe nas súas cabeÇas...

De todolos xeitos,Etxe,tén razón no que díce,esencialmente.Aínda que existe una probabilidade mayor que cero de que o fixese con ironía...

Mr Troll ágrafo

a.p.-c. dijo...

Pobre Mr. Troll. Non se lle fixo caso na brillante idea das camisetas...

Anónimo dijo...

Snif.Son un genius incomprendido.Menos mal que vostede compréndeme,a.p.-c.A minha vida ten algo máis de senso tralas súas empáticas verbas...
Mr Troll in Magdalená´s desconsolation.

Anónimo dijo...

Ós outros,chegada a altura,colocaréivos á minha esquerda,que xa o estades agora,e diréivos: afastaívos de mín,Filhos do Demo.Preciséi da vosa comprensión e non ma déstedes.Xa choraredes e rincharedes os dentes...
(O demo cando rabea
pón os cornos do revés
rabea ,demo ,rabea
rabea, que demo és)