(Sen dúbida, teño que estar agradecido ó escritor Alfredo Conde polo entusiasmo que amosa xa en varios dos seus artigos a favor deste blog. Entusiasmo compartido por todos/as, pois, como el mesmo di, esta é unha aventura intelectual compartida, casa común de moitos amigos/as)
Os tempos de Erasmo foron xerminais. A entón a penas recén estreada imprenta, permiteu que os coñecementos circolaran con unha velocidade que daquela semellaría vertixinosa. Xa non era preciso o monacal traballo dos copistas e dun libro podíanse tirar centos e centos de exemplares que os intelectuais europeos se intercambiaban cunha frecuencia outrora nin soñada. O saber espallóuse moito máis e moito máis rapidamente do que ata ese momento o fixera. E notóuse.
Vendo o que sucede coas uvas na solaina -xa me entenden, os que me siguen, e, os que non me entenden, saiban que falo dun blog moi nutritivo- non podo menos que evocar os tempos de Erasmo. Hai uns días os máis asiduos e pertrechados lectores do blog participantes nas terturlias, debates ou polémicas que nel se producen a cotío, empezaron a largar, cousa fina.
Largaban coñecementos, largaban opinións, loubanzas e críticas a esgalla, intercambiandoo todo entre eles a traves dun fair play intelectual que embelesaba. Permitíao a internet. Eran os tempos de Erasmo redivivos. Chegado un momento empezaron a intercambiar bibliografía, datos, referencias de todo tipo e, os ocultos lectores do seu faladoiro, poidemos disfrutar o que non estaba escrito: é dicir, non só o que non esperabamos, se non tamén o que intuiamos detrás da ausencia de mezquindade intelectual de todos eles; é dicir, unha xenerosidade que non implicaba pedantería ningunha e si moito afán de comunicar e de saber, de inquirir e resolver. E todo Made in Galicia. Os que siguen ese blog de certo que han saber ó que me refiro. Cultura actual, cultural universal e universalizada, os grandes temas da contemporaneidade, expresados en Galicia e en galego con idéntica desenvoltura intelectual que a que un pode atopar por aí adiante, neses países que disque van diante e tantas veces non é mintira.
E, mentres, a cultura oficial, qué? Pois facendo bo o aserto de que o millor ministerio de Cultura é o que non existe. Moito máis valido, o aserto, nun país coma o noso que debeu de estar maiormente habitado por campesiños e mariñeiros a selo por unha clase funcionarial que lle imprimeu o carácter que substituíu xa a aquel outro, enraizado na lingua e na cultura na mesma medida na que este, funcionarial e espeso, se esta a desenraizar delas. Aquela lingua servía pra algo, este castrapo noso de hoxe pode empezar a servir se o camiño de xente como esta da que estamos a falar é seguido pola máis da tribo, coa mesma fineza de espírito
9 comentarios:
Moitas moitas gracias, don Alfredo. O mellor deste blog é que por riba de todo o pasamos de puta madre, se me permiten o castrapo e a pequena grosería, que saberán desculpar.
Marcos construiu un blog-niño, onde se crían ao quente voces de xílgaro, de pardao, de cuco, alimentados pola esperanza da amizade. O anonimato, o semianonimato, o nominato permite un necesario recoñecimento isegórico, de igualdade na palabra,que vai dando cumprida conta das ansias de publicitación dunhas existencias que atopamos no blog unha farmacopea para as nosas ansias de trascendencia cotidiana. O enfado, o disgusto, a alegría, a ocurrencia, a fachenda de lucir algún que outro coñecimento, a risa, podense compartir con toda a forza que permite a escrita. O aliciente é a espera, agardar, pensar na recepción , mirar, comprobar, reaxustar, evaluar, emitir, proceso comunicativo... emocionar...
Quen fai de cuco?, quen de xilgaro?, quen de pardao?
raras avis, vellos coñecidos, entrañabeis descoñecidos,curiosas coincidencias, no blog-niño, chiase, cada quen ven dun ovo distinto, pode que ata haxa algún ornitorrinco, e xuntos, até o cuco coa súa disonancia apuntan cara unha sinfonia , atonal,dunha profundísima armonia na que o tempo se mostra nuns brevísimos momentos na evidente intersección de intencións, solapado entre os discursos, enganchado, pescado, nalgunhas frases, que teñen o poder de actuar na actualidade facendose acto, xesto evidente de existir, de ser, de habitar, na experiencia de pensar.
Jimy de Rairo
Completo...de habitar na experienica de pensar comunicándose.
Jimy de Rairo
Como diría o finado do Anxel Fole: Si, Señor!...don Jimmy de Rairo, tirando cara o Cumial
No cúmio, claro que si, señor A...
non hai nin dereita nin esquerda, senón arriba e abaixo.
A ELLA LE GUSTARIA NO TENER PALABRAS,
YA NO
NO SABER DECIR: AHORA, HOY, POEMA, COMIDA, CALCETIN, DESPUÉS, ANHELOS, ZALEMA, DESEAR, CATARATA,
NO.
LE GUSTARIA TENER UNA SOLA PALABRA: ¡SILENCIO!
AUN ASÍ, SEGURO QUE SE LO ARREBATAN.
(Do Diario poético de Inés Andrade) Teresa Moure.
Se me deixara levar polo que realmente penso,suscribiría o que dice don Conde de que o mellor Ministerio de Cultura é o que non existe,como o mellor do Ministerio do Sexo é,precisamente,que non existe.Pero,como non quero ferir susceptibilidades,diréi que posíbelmente o mellor Ministerio de Cultura,coma nos árbitros,é o que pasa desapercibido. Pero haberá que agoantar ese afán de protagonismo paternalista que amosan os dirixentes do ramo.
A definición que fai do blog Jimmy de Rairo paréceme non só axeitada, senón tamén moi fermosa.
Moi bén,si, o de Jimmy de Rairo.Faime pensar no que dí a "dinámica de grupos" de que nos grupos eficaces os membros son moi diferentes entre sí .Os roles, precisamente,ás veces explícanse usando animáis como modelo.
Publicar un comentario