26 jul 2007


A felicidade, a envexa, Russell

Andoliña 26 xullo

Sigo o consello dun amigo que me recomenda reler A conquista da felicidade, de Bertrand Russell. Tiña o libro nun recuncho perdido da biblioteca, nunha vella edición de Espasa Calpe, introducida por Aranguren. O ensaio de Russell é antigo, dos anos 30 do século pasado, pero garda algunhas xoias entre as súas páxinas, que quizais sorprendan o lector actual polo ton moralista nada disimulado.
A primeira parte do libro está dedicada ás causas da desgraza: a competencia, a fatiga, o concepto de pecado, manía persecutoria, etc. E entre elas cita Russell con acerto a Envexa: "Para o home discreto o que el ten non deixa de ser agradable porque alguén teña algo máis. En realidade, a envexa é a manifestación dun vicio en parte moral e en parte intelectual, que consiste en non considerar nunca as cousas en si mesmas, senón nas súas relacións".
O envexoso sofre non polo que ten, aínda coa supervivencia económica asegurada, senón polo que non ten: o retrato coincide coa mirada torta dos envexosos notables que eu coñezo. O filósofo remata a faena con xeito: "Hai algo máis envexable que a felicidade? E se eu logro curarme da envexa, serei feliz, e xa que logo, digno de envexa".

41 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Dedicado a Xoán da Coba, por suposto.

Anónimo dijo...

Moi obrigado,Don Valcárcel.Xa o lín á primeira hora da mañá na Región.A agulha do meu egómetro marcóu "fondo de escala".Saturóu a senhal e tardóu bastante tempo en voltar a funcionar bén.

Anónimo dijo...

Non lembro a quén lle lín esta frase que me gosta moito: "Eu non son envexoso,por que a envexa é un pecado que non produce placer"

Anónimo dijo...

Con todo, sería conveniente -ou intelectualmente interesante, segundo o caso- deslindar envexa de emulación.

Anónimo dijo...

Paréceme un post formidable! o libro recomendable!
Dicir que hai moitos tipos e manifestacións de envexa, incluso habelos-hailos que non son conscientes de que a padecen.
Eu creo que o que sofre, é o que padece o mal (pola inseguridade, ou cobiza,ou egocentrismo que os leva a padecer ese "pecado").
Os que ao longo da historia foron obxectivo da envexa foron quizais felices porque buscaban a plenitude no seu interior, na súa propia fortaleza,sen estar pendentes dos demais, negativamente falando.
Dos demais debemos aprender dende un punto de vista construtivo, sempre mantendo o carácter propio dun mesmo. Así a socidedade melloraría. Todo depende da conciencia individual de cada un. A felicidade podémola atopar coas pequenas cousas, limpando a alma. O fodido é cando ás veces queremos mellorar un mundo insalvable, iso tamén provoca tristeza. Polo tanto, desfrutemos do miudiño!
Sigo a manter que a orixe de todo mal na sociedade é o medo que conleva en serie outras moitas animaladas-mordeduras que como fichas de dominó están a caer en picado.
Un saúdo de Yoli

Anónimo dijo...

Na Capella degli Scrivegni o grande Giotto pintou a envexa como unha muller cunhas orellas grandísimas é unha serpente que sae da boca para comer os propios ollos: Invidia>

Anónimo dijo...

Pois eu ía falar desa envexa "sana" que moitas veces nos fai dar un paso adiante na nosa propia vida, pero vendo a imaxen que puxo Arumes, xa non sei...

Anónimo dijo...

Ola Lula!
Eu a iso non lle chamaría "envexa sana", simplemente, ganas de aprender sanamente dos demais para mellorar como persoas.
Un bico de Yoli :-)

Anónimo dijo...

Cesare Ripa na súa Iconoloxía explica a razón da imaxe de Giotto: invidia
Por certo, dean unha volta por esas páxinas.

Anónimo dijo...

Tamén parangonaban os antigos a envexa cun volcán, concretamente co Etna, coma pode verse nos "Emblemas morales" de Juan de Horozco y Covarrubias: “Y porque ninguna cosa puede ser más propia, se compara el infernal vicio de la envidia a este perpetuo fuego del Etna, pues así como el perjuicio y daño de su fuego se convierte en sí, abrasándose de día y de noche, así el envidioso se consume y abrasa sus entrañas con la tristeza que tiene del bien ajeno”.

Anónimo dijo...

Está moi ben o que di nas últimas 5 liñas.
Mais na miña opinión a imaxe do volcán ten outros moitos significados líricos, non tan negativos. De todos os xeitos a comparación é rica e orixinal.
Saúdos e ata outro día
Yoli :-)

Anónimo dijo...

Hai Envexas bén patolóxicas:

envidia josé feliciano

Sr. X.M.Glz: Non tenho diapasón a máu pro polo vídeo acho que a tonalidade é re minor ¿Non sí?

Anónimo dijo...

Pois verán, Xoán, a verdade é que eu sempre toquei de oído. Pero acabo de desenfundar a guitarra e diría que o de Feliciano é mi menor.

Anónimo dijo...

Impresionante actuación: este José Feliciano tiña unha voz ben singular. Para mín El jinete e aquela versión de Dos cruces ("en el monte del olvido, por dos amores que han muerto que son el tuyo y el mío") eran portentosas, pero esta versión de Envidia emociona. O "que será, que será qué será de mi vida" interpretada por Feliciano era para botar a chorar.
"Pueblo mío que estás en la colina
tendido como un viejo que se muere,
la pena y el abandono son tu triste compañía,
pueblo mío te dejo sin alegría"

Anónimo dijo...

Esta vái pra Arume dos piñeiros.
A verdade é que calquer emigrante pode verse reflexado:

che sará

Amor mío,me llevo tu sonrisa
que fue la fuente de mi amor primero...

Anónimo dijo...

Venho de ver o v�deo da canci�n rec�n enlazada e e vexo que en italiano dice "Meu amor,b�cote na boca" en vez de "me llevo tu sonrisa".�Ser�a a censura de Franco quen lhe fixo cambear a letra?.En todo caso,"levo o teu sorriso",� ben po�tico...

Anónimo dijo...

"La conquista de la felicidad" aínda lla agasallei eu hai pouco a unha filla adolescente que atravesaba zozobras propias da sazón. Relino antes de llo dar e, agás no do traballo como fonte de felicidade, estou de acordo en case todo.

Anónimo dijo...

Leituga 1: Apóstolle "DOUS A UN" a que esta non a coñece a súa filla adolescente:
la felicidad

Anónimo dijo...

Anque,ó mellor coñece o consello que me déu o méu abÓ:
-Tí,porfía e porfía forte.Pero non apostes...

Outro consello moi bó que me déu:

-Na cama e na mesa,vergonza ningunha...

Anónimo dijo...

Non se lles pode deixar sós un par de días...

José Feliciano! Extraordianario e que ben tocaba a guitarra.

Palito Ortega! Despois reconvertido a político peronista. Pero eu prefería a Luis Aguilé.

A envexa! Bertarnd Rusell e a conquista da felicidade!

Anónimo dijo...

La felicidad deu lugar ao título dunha colección de contos excepcionais: La felicidad ja, ja de Alfredo Bryce Echenique.

Anónimo dijo...

Tamén había un conto dunha camisa,que si a puñas eras feliz,ou algo así...(a ver esos mal pensados)

Anónimo dijo...

¡Ah! Xa me lembro.Era que o verdadeiramente feliz era o que non tiña que pór a "camisa"...

Anónimo dijo...

Palito Ortega non foi político peronista, senón pinochetista, que é aínda peor. De todas formas, eu lembrarei sempre con cariño "La felicidad", pero tamén "La chevecha" e "Corazón contento".
E de Luís Aguilé, ete si arxentino, que se pode dicir! O creador dun clásico da gusanera, "Cuando salí de Cuba", e de cancións inesquecibles como "Miguel e isabel", "La Chatunga", "La vida pasa felizmente si hai amor", "Dile", "El sol español" o "El Tío Calambre". Téñolle moito aprezo a este boufeiro de bandullo horrible e eterna cara de neno vello, con pretensións de "chanssonier"...
¡Ai, se houbese por aquí un karaoke!

Anónimo dijo...

A ser todos/as felices!!!!!!!
Con tanta canción, só falta unha botella do Ribeiro!! e un altavoz para escoitar as súas voces!! (poden gravarse e colgar versións no YouTube a dúo con José Feliciano)
Apertas de verán
Yoli :-)

Anónimo dijo...

Palito Ortega é arxentino, non chileno, e si foi político peronista. A orixe do equívoco do sempre ben informado Leituga 1 está nunhas polémicas declacacións que fixera no seu momento apoiando a Pinochet, motivo que levou ao noso amigo Leituga 1 a trocar a súa nacionalidade.

Velaí da Wikipedia: "Fue Gobernador de Tucumán, su tierra natal y además fue Senador en Argentina. También fue candidato a la Vicepresidencia en las elecciones de 1999. Acusado de algunas irregularidades en su desempeño como senador, decide retirarse de la política y mudarse con toda su familia a Miami; sin dejar de lado sus negocios".

Comparto plenamente a súa querencia por Luis (sen til, porque non é galego) Aguilé. E engado o meu engado polas súas inenarrables corbatas, floridas e longuísimas case até media perna, algo nunha visto nos anais da moda.

Anónimo dijo...

Volvendo ó tema da felicidade e a envexa,fai uns anos lin un libro tiduado "La pasión por el status" (veño de sorprenderme de non atopar referencias en Google).Entre outros interesantes análisis,facía un recorrido histórico da visión do "status" nas diferentes épocas e ámbitos xeográficos.Unha das ideas que "destiléi" persoalmente trala lectura do libro foi ésta: Coa xente que basea o seu senso do status en cousas que non me interesan,o mellor e non relacionarse xa desde un principio.
Tampouco me viña mal reler interesantes libros acerca da base biolóxica do noso senso de status: o carácter xerárquico dos simios.Xa saben que a nosa especie perdéu algo dese carácter xerárquico pra gañar algo do carácter territorial propio dos carnívoros,no percurso evolutivo.As dúas cousas combinaron bén,sobre todo nos paisanos galegos que basean o senso de status na posesión da terra...

Marcos Valcárcel López dijo...

Interesantísima a súa última reflexión, Xan da Coba. Habería que desenvolvela a fondo.
Para Leituga: o certo é que o libro de Russell é atractivo, pero ten cousas que lidas 70 e pico anos despois, sorprende dos despiste daqueles anos: fala en 1930 das enormes potencialidades dos mozos da URSS, que vén dicir que son os máis felices do mundo ou algo así (pleno estalinismo).

Anónimo dijo...

Ben é sabido o que di Xan da Coba ao final, e penso que non debemos tratar só de paisanos galegos.
O home capitalista e globalizado, en xeral, basea o que "debe" ser, mais non "é", a felicidade, na posesión de bens materiais e na fama e visión que os demais teñen de nós. Isto xa está tan arraigado que parece parte da xenética humana.
A felicidade é outra cousa, algo máis profundo (non me quero enrollar, aquí poderiamos falar moito), polo menos para min, seguro que tamén para vostedes.
saúdos
Yoli

Xaime dijo...

Ser feliz, que non ter felicidade, é por exemplo estar pertiño da unha da tarde en Pedras Negras, a punto de saír a pescar cos trasmallos e as liñas preparadas, cun sol expléndido e unha boa compañía
Vai por vostedes

Anónimo dijo...

O de que o diñeiro non fai a felicidade é unha resignada proposta cristián que ten moito éxito, pero a mín un descapotable pola riviera, nunha habitación do Excelsior con acceso directo ao mar, a pensión completa, que queren que lles diga. A felicidade debe de ser algo máis profundo. Seguro. Pero na superficie tampouco non se está nada mal.

Anónimo dijo...

Concordo. A felicidade ten moito que ver coa capacidade para esvarar gozosamente por esa superficie do mundo tan inxustamente deostada, preterida e víctima das suspicacias platónicas herdadas despois polo Cristianismo. Cando eu escriba o meu sempre adiado ensaio sobre "O Mundo, o Demo e a Carne", os tres "inimigos da alma" cristiá e, en realidade, as tres grandes fontes de felicidade humana, deixarei claro todo isto para ilustración e dita de todos os mortais.

Anónimo dijo...

Xaime, moitas grazas!!
apertas de Yoli para todos/as

Anónimo dijo...

Concordo cos últimos posts de Arume e Leituga 1. Non podería ser doutro xeito: temos alma (o do corpo ímolo deixar aparte) de hedonistas.

Anónimo dijo...

BIEITO IGLESIAS
O placer
Este verán incerto, cos seus torbóns cada catro días, ten a vantaxe de demorar as labaredas nos montes e de retrasar o ataque dunha Luftwaffe de mosquitos. Por outra banda o ano tan mollado xa arruinou a colleita de cereixas (vale Deus que se salvaron as do Bierzo, sabedeiras sobre todo as da caste ambroesa) e impediu que florecese polo momento a gardenia que debería perfumar a miña xanela. Así e todo son feliz neste clima, consciente de que (como escribiu Maupassant) a felicidade non é necesariamente alegre. Acabo de ver outra volta Le plaisir, filme de Ophüls baseado en tres contos do narrador citado que nos transporta a un mundo de bailes e vellos verdes, de festas normandas regadas con sidra, a casas de pracer sumamente respectables e ambientes artísticos dados á vida bohemia e aos amores tráxicos. Guy de Maupassant non coñecía ben a ruralía, por iso se asiste a unha noite camponesa de pesado silencio, oposta ao rebumbio urbano coas súas troulas nocturnas. O certo é que quen teña vivido a noite rural sábea chea de ruídos misteriosos, na escuridade rebolen numerosos animais crepusculares que manifestan á solta os seus desexos, a fame e o instinto euxenésico.

Ver cine na sala de estar, pouco máis hai que rañar nun período estival que nos escorrisca das praias a poder de choviscas ou nordés. Por fortuna contamos coa expectativa de viaxar en agosto e cos actos do 25 de xullo para entreter a espera. Esta data tráeme bos recordos das verbenas do Santiago no barrio ourensán da Ponte, amenizadas polas míticas orquestras Bellas Farto ou Los Chicos del Jazz, co seu vocalista Manolito el Pescador á frente. Tamén das manifestacións anteriores á conquista da santiaguesa praza da Quintana polos nacionalistas, cando había que espilirse para safar das cachamorras da policía. O 24, amais do tradicional folión, este ano pudemos desfrutar dunhas recuperadas Vésperas do Apóstolo na sé compostelá. O 25 reservámolo algúns para soñar coa Alba de gloria de Castelao.

Anónimo dijo...

Pai unhos días puñamos no blog esta cantiga galega:

O Demo cando rabea
PON OS CORNOS DO REVÉS
rabea,demo,rabea,
rabea que Demo és.

Agora vemos no enlace de Arume,á Invidia representada cunha lengua-cobra que se volve contra a dona...

Sembra que o "pensamento simbólico" sabe do mal que lle fan ó propio dono esas emociós negativas,volvéndose contra él...

Anónimo dijo...

Polo que lro, case diría que a felicidade é un tema de conversa centrada sempre naquilo que non temos. E pur...

Anónimo dijo...

Polo que leo, quería dicir.

Anónimo dijo...

Consigno algo dun dos meus poetas de referencia:

ODA XXIII - A LA SALIDA DE LA CÁRCEL

Aquí la envidia y mentira
me tuvieron encerrado.
Dichoso el humilde estado
del sabio que se retira
de aqueste mundo malvado,

y con pobre mesa y casa
en el campo deleitoso
con sólo Dios se compasa
y a solas su vida pasa
ni envidiado ni envidioso.
(Fray Luís de León).

Non lles critico o gusto, é contrapunto.

Anónimo dijo...

Ese beatus ille tamén o asino eu, pero hai que lembrar que no poema de Horacio os derradeiros versos eran para presentar o home de negocios que ía por Roma lamentando a súa vida presente. O punto de ironía (horaciana, por suposto) que poucos tomaron en conta.

Anónimo dijo...

Xa se me ocorreu a "Vida retirada", Arume, puxen este por ser máis curto e contundente. Sería feliz Fray Luis?