12 jul 2007

MEMORIA, LINGUA, SOCIEDADE (eN poleiro alleo)

A memoria ourensá (Cuestionario, Bieito Iglesias, ECG, 12 xullo)

A lingua (As pírricas batallas da lingua galega, X.M. Sarille, ECG, 10 xullo)

A hipocresía (Iglesia sin conciencia, Fernando Delgado, Faro de V., 12 xullo)

Dez anos despois do crime (Vaia un gudari!, A. Tarrío, GH. 12 xullo)

56 comentarios:

Anónimo dijo...

Do extraordinario texto de Bieito Iglesias destaco unha frase:

Fumou tabaco mentolado nos bares do Parque de San Lázaro?

Xenial. Absolutamente xenial!

Nesa frase encérrase toda unha época, e di tanto ou máis que toda unha novela.

Anónimo dijo...

Isto paréceme xa un escándalo: Aínda máis privilexios para os parlamentarios!

É que non poden pagar un seguro de vida do seu propio peto cos elevados salarios que teñen?

É que non poden facer como fan -os que poden, claro- os cidadáns correntes?

Por que temos que pagalos os cidadáns cos nosos impostos cando estes podían utilizarse para necesidades moito máis urxentes?

Velaí a noticia en "Vieiros":

Así o estabelece o prego de prescricións técnicas que rexe a contratación do seguro de vida e accidentes dos deputados e do resto de persoal traballador do Parlamento de Galicia. Publicado polo Boletín Oficial do Parlamento o mes pasado, o Diario Oficial de Galicia recollía esta mesma semana o anuncio de licitación correspondente.

Segundo os requirimentos estabelecidos, o seguro combinado de vida e accidentes garantiralle aos beneficiarios a cobertura dun mínimo de 120.202 euros en caso de morte natural, ou de 159.268 euros en caso de morte por accidente. Ao respecto, o suicidio "considerarase como morte natural". A maior cantidade da cobertura, 189.318, fíxase no caso dun accidente que cause invalidez permanente. Ademais, o seguro abrangue non só aos 75 deputados e deputadas, senón tamén ás 98 persoas do persoal ao servizo do Parlamento.

Anónimo dijo...

Lémbrome que unha vez fún ó liceu ourensán á presentación do libro de Bieito Iglesias "Miss Ourense".Presentóuno o cantante dos Suaves,Yosi.Lembro que dixo o Yosi: O libro é o Ourense da época tal cual.Pois o mesmo volve a ser ese pequeno artígo.Ourense tal cual...
A ministra déu clases particulares a rapaces pra sacarse uhos cartiños,naqueles tempos.Ó parecer non o facía mal...

Mr Trolh ágrafo

Anónimo dijo...

Tén razón ap-c.
Indignante.
A cousa podería cambear se os privilexios dos cargos públicos escomenzaran a estar mal vistos na súa propia vida social persoal,coma sucede noutros países.Eiquí é ó revés.Temos prá rato...

Mr Trolh ágrapho

Marcos Valcárcel López dijo...

Agás tres ou catro, eu identifícome con todas as preguntas que formula o Bieito: sen dúbida son o retrato exacto dunha xeración, aqueles nenos dos 60, mozos dos 70, en Auria.

Anónimo dijo...

Todos os traballadores deberían ter unha mellor cobertura das posibles continxencias derivadas do su traballo. E así, por exemplo, tense reclamado no ámbito da docencia universitaria que existira un seguro que cubrira os posibles accidentes nos desprazamentos entre os campus por obrigas laborais.... Eu voto por estender a cobertura e que sexa imputable parcialmente ao empregador e parcialmente ao empregado (un sistema similar aos sistemas de aportacións que existen en moitas empresas no ámbito dos planos de pensións de subscrición opcional...), en calquera caso xa sabedes que as miñas opinións están marcadas por non ter fumado tabaco mentolado (inicieime xa, de novo, fumando Habanos).

Anónimo dijo...

Naturalmente que eu estou a prol de que TODOS os traballadores teñan unha cobertura plena das posibles continxencias derivadas do seu traballo.

Pero, na realidade e por desgraza, isto non é así.

De tal modo que privilexiar con cartos públicos unicamente a un estamento -o dos parlamentarios- que xa de seu goza dunha posición privilexiada (e poderiamos desglosar os demais items), paréceme un escándalo e un abuso flagrante das súas competencias.

Un gran, grandísimo agravio compartativo verbo do común dos mortais e que, ademais, non fai máis que afondar a cada vez maior fenda que separa os representantes dos representados.

Con actitudes como estas, e como moitísimas outras, como nos imos queixar logo, hipocritamente, da desafección da cidadanía respecto da política? Con que lexitimidade imos criticar a vox populi que di que "todos os políticos son iguais"?

Neste caso, son igualiños, igualiños, igualiños todos: a "morte das ideoloxías" pola particular conveniencia!

Anónimo dijo...

Agravio comparativo, tiña que dicir. Desculpen.

Anónimo dijo...

A Sentenza do TS contra o Cardeal-Arcebispo de Madrid-Alcalá, Monseñor Rouco Varela, debería facer reflexionar aos membros das AMPAS do ensino privado relixioso católico (que tan alegremente están en contra da normalización do galego) sobre o feito de mandaren os seus fillos a institucións sen control moral.

Que sucede coa Igrexa de Roma en España? Están tan dedicados á política (PP) que xa non dependen de Roma? Trasladarían o seu Vativano á rúa Génova de Madrid?
Acabaran todos como cabuxas oficiando no Palmar de Troya?

Haberá que pedirlle un informe á FAES de "Ansar, o texano" para que nos dea luz sobre tan peliagudo problema.

Un saúdo desde a nazón incesante:

Xiao Roel

Anónimo dijo...

Pódenos dar algo máis de información sobre esa sentenza do TS? Desculpe, pero é que hoxe non tiven ocasión de ler a prensa escrita. Grazas.

Anónimo dijo...

Aí lle vai unha ligazón ao artículo de F. Delgado que daba conta do tema hoxe no "Faro".

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=3049&pIdSeccion=5&pIdNoticia=148585

Espero que lle sirva como referencia. Debe de vir máis na prensa de Madrid e de Barcelona.

Un saúdo desde a nazón incesante:

Xiao Roel

Anónimo dijo...

Grazas, amigo Xiao.

Anónimo dijo...

Xa sabe o sr a.p.c.- que os parlamentarios son xente curtopracista e o medo é medo sempre. Ademais ¿alguén que pense con permiso da cabeza pode por en dúbida que o traballo de deputado autonómico é de alto risco???

En calquera caso penso que vai moi lonxe establecendo unha relación tan directa e de tanta intensidade entre a incapacidade dos políticos para relacionarse cos cidadáns e para percibir os seus problemas (e poren da fenda entre representantes e representados) e un seguro de accidentes. Por certo ¿Ese alto grao de maldade dos seguros de vida e unha característica de todos eles ou simplemente no caso dos parlamentarios?

¿Realmente defende que calquera programa específico (como por exemplo un Plano de Pensións) deseñado e, en moitos casos, acordado no marco da negociación colectiva nunha institución publica ten todos eses males? Eu invitaría aos sindicatos a reflexionar sobre o seu papel, a repensar o sistema de negociación, a buscar outro xeito de apoiar incrementos de produtividade non lineais, a buscar outras formas de negociación mais próximas coa realidade na que vivimos (mesmo pode contratar de asesores a algún parlamentario do Hórreo).... Postos a buscar a proximidade, quite os coches oficias e tome certas medidas que "favorezan" e potencian o mergullo... E calquera caso, animo a presentarse ao noso cibertertuliano ás vindeiras elección... xa sabe que ten o meu voto para ese seguro de vida... (tamén pode convencer a algún deputado para que o poña de beneficiario claro...)

PD.- E, si fai o favor, non nos lanzamos co discurso simple "yo les pago los sueldos con mi dinero y MIS impuestos" que asoma despois das referencias aos cartos públicos (sexa referido ao soldo dun funcionario das administracións, dun mestre do ensino público, dun parlamentario...)

Anónimo dijo...

Este é o vello e gran polemista Don Descrido, si señor!

Non, para nada os seguros de vida son perversos. Son unha relación contractual libre entre un particular e unha empresa, mediante a cal aquel paga unha cantidade estipulada e esta ofrece uns bens ou servizos. É máis, por diversos motivos, eu son un fervoroso partidario dos mesmos, se non revise a miña conta bancaria todos os meses.

Ao que eu me refería era a un caso concreto que pon de manifesto o uso e abuso -aínda que legal- dos fondos dunha institución pública (o Parlamento de Galicia) que actua dun modo pechado, coorporativo e alonxado do sentir da cidadanía, coa única intención de favorecer a uns membros de por si xa de abondo favorecidos.

A ningún parlamentario nin grupo parlamentario se lle ocurriu propoñer un plan plurianual específico de fondo calado, por exemplo na liña que vostede di e que eu apoio: a estensión da cobertura de protección ao conxunto dos traballadores, empezando, se se quere, polos propios empregados públicos. Circunstancia para a cal habería que contar coa concertación entre empresarios e traballadores ou, o que ven sendo o mesmo, entre organizacións empresariais e sindicais.

Nada diso, amigo Decrido. O que vai facer o Parlamento non emana de ningunha negociación colectiva nin ten ningunha pretensión última de universalización. É, pura e simplemente, un acto unilateral, que beneficia única e exclusivamente a un estamento privilexiado (co engadido populista de incluír a todos os traballadores do parlamento, non só aos parlamentarios: que progres somos!) e que, ademais, se fai con calor e aleivosía: no verán, cando a maioría da xente anda noutras lideiras, e no último minuto.

E non me diga que non caia no socorrido discurso “yo les pago su sueldo”, cando vostede se desliza pola pendente da chanza e da fácil demagoxia, meu amigo. Non son tan necio como para propoñer que desaparezan os coches oficiais e outras sinecuras inevitablemente necesarias aos cargos políticos por mor –digámolo cun toque de ironía- dun suposto “mergullarse” coas “camadas populares”. Nada diso, meu.

O único polo que avogo é por un uso racional, eficiente e equitativo duns fondos públicos que, por definición, sempre son escasos. E tamén porque ese uso teña –permítaseme a expresión- un uso “moralizante” ou, se se quer, exemplificador para o conxunto da cidadanía. Arrogarse máis privilexios para os parlmamentarios non creo que vaia nesta liña, francamente.

E o de presentarme ás eleccións, pois qué quere que lle diga. Primeiro tería que facer un cursus honorum dentro dun partido (ou dito en menos fino: ter que poñerlle o… a quen procedese) e, sinceramente, á miña idade non estou para eses trotes.

En todo caso, que os partidos sexan o único medio para saír deputado, senador ou concelleiro, non lles dá patente de corso para facer o que lles veña en gaña. Eu, como cidadán, podo e debo criticar o que non me convence. Porque, entre outras cousas, son un simple hoplita que contribúe coa súa lanza e co seu escudo á defensa da polis (lembra a historia da democracia grega?). Dito en termos de hoxe: o que contribúe cos seus impostos. E, felizmente, tamén podo pagar por min mesmo os meus propios seguros sen perder a dignidade nin a vergoña.

Unha aperta e que lle presten os habanos que fuma (dito en sentido non figurado, senón real e fumegante).

Anónimo dijo...

Entendo perfectamente a defensa que AP-C fai dun manexo austero e eficiente dos cartos públicos. Pero tamén creo que escolleu un mal exemplo para esa defensa na suscrición deste seguro por parte do Parlamento.

Anónimo dijo...

Poidera ser que sexa un mal exemplo. Mais gustariame saber por qué.

Anónimo dijo...

Claro que, comparados cos italianos, os deputados galegos son un exemplo de austeridade e de uso eficiente dos fondos públicos:

Privilexios deputados italianos

Anónimo dijo...

Eu,o privilexio que non acabo de percerber é o que lhe da carácter de "público" a certas persoas chamadas "funcionarios".Públicas son as institucións.¿Cómo pode rematar por ser "pública" unha persoa física que é obviamente máis particular e privada que calquera empresa?.

Mr TRolh ágrapho.

Anónimo dijo...

Fai anos que me refiro á clase política nas minhas conversacións coma "casta",coma ese libro italiano no último enlace de ap.-c.Haberá que leélo sem falha...

Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

Velaí unha recensión dese libro:

RECENSIONE

Sergio Rizzo e Gian Antonio Stella

La casta
Così i politici italiani sono diventati intoccabili

“Rossori di imbarazzo? Mai. Quanto alle retromarce, sono rarissime. E solo nei casi in cui, scusate il bisticcio, il troppo è troppo troppo. Come nel caso del del tunnel che avrebbe dovuto unire Montecitorio a una delle sue numerose dépendance, il Palazzo Theodoli-Bianchelli su via del Corso. Progetto abolito, non senza sbuffi di esasperazione verso i giornalisti impiccioni, soltanto dopo che era stato svergognato sul ‘Corriere’. Da un palazzo all’altro saranno, a esagerare, cinque passi. Lo stanziamento previsto era di 5.220.000 euro. Un milione di euro a passo.”

Ma quanti danni hanno fatto all’Italia i terribili anni Ottanta, gli anni della “Milano da bere”, dell’apparenza che vinceva sulla forma, dei nani e delle ballerine!
Quanti danni hanno fatto anche all’economia nazionale che ha visto il debito pubblico crescere in maniera esponenziale e le casse dello Stato vuotarsi spaventosamente, tanto che oggi ci troviamo con un debito superiore ad ogni Paese europeo e la Legge Finanziaria ci ha chiesto pesanti sacrifici per ristabilire un po’ di ordine nei nostri conti!

Ma ecco che, puntualmente, Gian Antonio Stella (coadiuvato in questo libro dal giornalista economico Sergio Rizzo) mette nero su bianco numeri e dati inconfutabili sul “malessere” della politica italiana, sugli sprechi e sullo sperpero di denaro pubblico, insomma del nostro denaro.
Il confronto che viene fatto è sempre sul “come eravamo” o meglio su che cosa rappresentasse, prima di quei malefici anni Ottanta, l’attività politica sia per chi la esercitava sia per il rapporto tra eletti ed elettori.
La sobrietà, talvolta quasi la tirchieria, erano la regola dei parlamentari e dei governanti, e sono molto gustosi i commoventi aneddoti che i due autori ci presentano, soprattutto quando vengono confrontati con ciò che avviene oggi.
Oggi appunto: se molti inglesi lamentano i costi della Corona (anche se in realtà gli utili che la Nazione percepisce, ricavati dai possedimenti regali, superano i costi) che cosa dovremmo fare noi dato che gli innumerevoli costi della Presidenza della Repubblica sono tanto, ma proprio tanto, superiori a quelli della monarchia inglese?

E poi parliamo di Regioni, di quelle a Statuto Speciale in particolare. Bene: le rappresentanze all’estero sono superiori a quelle di tanti Stati europei (Sicilia e Lombardia detengono questo brutto primato), le auto blu dilagano, gli stipendi prevedono cifre da capogiro, gli organici sono così numerosi che sembrano quelli di un'intera grande nazione… Ed ecco le perplessità di noi cittadini diventare sempre più forti.
Tutti, ma proprio tutti, i partiti dell’arco costituzionale non riescono a uscire da questa visione lassista del denaro pubblico. Stella però non ha un atteggiamento qualunquistico, fa dei distinguo, continua a sottolineare che certamente non tutti i politici sperperano i nostri soldi, anzi, molti ci rimettono di tasca loro, eppure… eppure non sono in grado di fermare, o di battersi per fermare, l’emorragia di denaro pubblico.

Sinceramente penso che questo libro abbia una vera funzione civile e mi sembra che proprio questo sia l'intento degli autori: impossibile oggi per i nostri amministratori fingere di non sapere, impossibile ignorare numeri e cifre assolutamente clamorose. Le tabelle che chiudono il libro rappresentano lo “scandalo” della nostra cattiva amministrazione, e il confronto con tanti altri paesi, europei e no, ci fa sentire vergognosamente incapaci di uscire dalla cultura dello sperpero e dell’arroganza.
E poi ci chiediamo perché la politica è in crisi e tanto lontana dai cittadini!

Le prime pagine

Una oligarchia di insaziabili bramini

Da Tocqueville a De Gregorio: la deriva della classe politica

La pianeggiante Comunità montana di Palagiano è unica al mondo: non ha salite, non ha discese e svetta a 39 (trentanove) metri sul mare. Con un cucuzzolo, ai margini del territorio comunale, che troneggia himalaiano a quota 86. Cioè 12 metri meno del campanile di San Marco. Vi chiederete: cosa ci fa una Comunità montana adagiata nella campagna di Tarante piatta come un biliardo?
Detta alla bocconiana, l'ente pubblico pugliese ha due mission. Una è dimostrare che gli amministratori italiani, che già s'erano inventati in Calabria un lago inesistente a Piano della Lacina e un'immensa tenuta di ulivi secolari nel mare (catastale) di Gioia Tauro, possono rivaleggiare in fantasia con l'abate Balthazard che si inventò l'«Isola dei filosofi» dove non esisteva un governo perché i suoi abitanti non riuscivano a decidere insieme quale fosse «il sistema meno oppressivo e più illuminato». L'altra è distribuire un po' di poltrone. Obiettivo assai più concreto della salvaguardia di un borgo alpino o della sistemazione di una mulattiera appenninica.
Certo, le Comunità montane sono solo un pezzette della grande torta. Ma possono aiutare forse meglio di ogni altra cosa a capire come una certa politica, o meglio la sua caricatura obesa, ingorda e autoreferenziale, sia diventata una Casta e abbia invaso l'intera società italiana. Ponendosi sempre meno l'obiettivo del bene comune e della sana amministrazione per perseguire piuttosto quello di alimentare se stessa. Obiettivo sempre più disperato e irraggiungibile via via che la bulimia ha contagiato tutti: deputati, assessori regionali, sindaci, consiglieri circoscrizionali, assistenti parlamentari, portaborse e reggipanza. Fino a dilagare, nel tentativo di strappare metro per metro nuovi spazi, nelle aziende sanitarie, nelle municipalizzate, nelle società miste, nelle fondazioni, nei giornali, nei festival di canzonette e nei tornei di calcio rionali... Una spirale che non solo fa torto alle migliaia di persone perbene, a destra e a sinistra, che si dedicano alla politica in modo serio e pulito. Ma che è suicida: più potere per fare più soldi, più soldi per prendere più potere e ancora più potere per fare più soldi...
Sia chiaro: la montagna, che copre oltre la metà dell'Italia, è una cosa seria. E spezza il cuore vedere gli sterpi inghiottire certe contrade costruite dall'uomo a prezzo di sacrifici immensi, dalla piemontese Bugliaga all'abruzzese Frattura, dalla romagnola Castiglioncello ai tanti borghi calabresi svuotati dall'emigrazione. Come la povera Roghudi, raccontata mezzo secolo fa da Tommaso Besozzi, dove c'erano «tanti grossi chiodi conficcati nei muri e le donne vi assicuravano le cordicelle che avevano legato attorno alle caviglie dei bambini più piccoli, perché non precipitassero nel burrone. Infatti, da qualunque parte si guardino, le case appaiono costruite sopra un torrione che scende a picco, da ogni lato».
Ma proprio perché la montagna vera ha bisogno di essere aiutata, spicca l'indecenza della montagna finta. Artificiale. Clientelare. Costruita a tavolino per dispensare posti di sottogoverno. Divoratrice di risorse sottratte ai paesi che vengono sommersi davvero dalla neve o non vedono davvero il sole per mesi e mesi come succedeva a Viganella, sopra Domodossola, prima che piazzassero uno specchio di 40 metri quadrati che cattura i raggi e li riflette sulla piazza del villaggio.
Basti dire che della Comunità montana Murgia Tarantina alla quale appartiene Palagiano (che si adagia in parte a zero metri sul livello dello Jonio lì a due passi), i comuni riconosciuti come solo «parzialmente montani» nel loro stesso sito internet so¬no 4 e quelli «non montani» 5. E montani? Manco uno. Tanto che l'altitudine media dei 9 municipi è di 213 metri. Una sessantina in meno dell'altitudine del Montestella, la collinetta creata alla periferia di Milano con i detriti. Ma quanto bastava a fonda¬re una struttura con un presidente, 6 assessori, 27 consiglieri, un segretario generale... Pagati rispettivamente, visto che tutti insieme i paesi passano i 100.000 abitanti, quanto il sindaco, gli assessori e i consiglieri d'una città grande come Padova.
Chi vuoi capire come funziona faccia un salto a Mottola, dov'è la sede, e giri una per una le stanze vuote fino a trovare qualcuno. «Cosa fate, esattamente?» «Cosa vuole che facciamo... Abbiamo pochissimi soldi. Non è che ci sono margini per fare tante cose.» «Quindi?» «Qualcosa qua e là... Poca roba.» «Ma il bilancio 2006 di quanto è stato?» «Non so... Intorno ai 400.000 euro. Togli gli stipendi, togli le spese...» «Il presidente, per esempio, che fa?» «Gira.» «Gira?» «Gira, si da da fare per cercare di avere dei finanziamenti.» «E ne raccoglie?» «Mah...»
Tutto merito d'una leggina regionale pugliese del 1999. Che interpretando a modo suo una sentenza della Corte costituzionale si era inventata la possibilità di inserire nelle Comunità anche comuni che non erano montani ma «contermini». Concetto che, di contermine in contermine, potrebbe dilatare una comunità montana dall'Adamello al Polesine. E infatti consentì a quelle pugliesi di sdoppiarsi e ampliarsi fino a diventare 6 per un totale di 63 comuni pur essendo la loro la più piatta delle regioni italiane. Benedetta da contributi erariali che, in rapporto agli ettari di montagna, come dimostra la tabella in Appendice, sono quattordici volte più alti di quelli del Piemonte.

© 2007, RCS Libri

Sergio Rizzo e Gian Antonio Stella – La Casta
294 pag., 18,00 € - Edizioni Rizzoli (Saggi italiani)
ISBN 9788817017145

Gli autori

Sergio Rizzo è nato a Ivrea nel 1956. Responsabile della redazione economica romana del “Corriere della Sera”, ha lavorato a “Milano Finanza”, al “Mondo” e al “Giornale”. Ha scritto con Franco Bechis In nome della rosa. La storia della casa editrice Mondadori.

Gian Antonio Stella è nato ad Asolo (Treviso) nel 1953. Inviato ed editorialista del “Corriere della Sera”, dopo l’esordio nella saggistica con Schei. Il mitico Nordest dal boom alla rivolta, ha scritto numerosi libri. Tra i quali Tribù. Foto di gruppo con Cavaliere, L’orda. Quando gli albanesi eravamo noi, Odissee. Italiani sulle rotte del sogno e del dolore, Sogni e fagotti (con Maria Rosaria Ostuni), Avanti popolo. Figure e figuri del nuovo potere italiano e il romanzo Il maestro magro.

Anónimo dijo...

QUANTO CI COSTA LA POLITICA ?

Lo sapete quanto costa far volare un aereo per una sola ora? Io si, lo so: costa moltissimo! Diciamo che un anno di pensione Inps, di quelle medie, forse non basta. E il “Quirinale” quanto ci costa? Chissà se un giorno riusciremo a saperlo compiutamente.

Tutti sapranno, ormai, del documentatissimo libro, scritto a quattro mani, dai giornalisti Antonio Rizzi e Gian Antonio Stella “La Casta”.

Leggendolo, forse, riusciremmo a sapere qualche cosa di più preciso, a rispondere a queste domande che spesso ci facciamo e che sentiamo continuamente fare da tutti i nostri amici, conoscenti e non, concittadini, insomma da tutti noi che proprio non ne possiamo più di questa sporca politica che ci costa molto e che nessuno fa niente per ridurla.

Riporto qui di seguito cosa ho trovato su “La Casta”. Vi invito a leggerlo questo interessantissimo libro e, dopo, parliamone: mi farà immensamente piacere sentire la vostra:

"" I costi segreti del Quirinale, della Camera, Senato, di tutti i politici e quant’altro? Tutto questo emerge dal documentatissimo libro di Gian Antonio Stella e Antonio Rizzo " La Casta".
E' il “caso letterario” degli ultiimi mesi, ma non è un romanzo. E' un libro che parla di comunità montane in riva al mare, di aerei di Stato che volano per 37 ore al giorno, di menù prelibati serviti al Senato da maggiordomi in livrea al costo di 3 euro, di pensionati quarantenni con oltre 8000 euro al mese di vitalizio… ma non è uno scherzo.

"La Casta", il documentatissimo pamphlet dell'editorialista del Corriere Gian Antonio Stella, scritto insieme al collega Sergio Rizzo, spiega come la classe dirigente del Paese sia diventata una casta di intoccabili, che sguazza negli sprechi e nei privilegi delle principali istituzioni statali e delle amministrazioni locali. Tristemente spassoso.
413.000 copie e 7 ristampe in poco più di un mese fanno supporre che le denunce del giornalista abbiano trovato un fertile terreno nell'attuale disposizione d'animo di molti di noi, sapendo offrire infinite risposte alla domanda (retorica) che si pongono alcuni: come mai, di questi tempi, si percepisce una certa disaffezione alla politica da parte dei cittadini italiani…?
Dalle amministrazioni regionali alle auto blu, dai finanziamenti ai partiti alle comunità montane, dai barbieri del Senato alle rammendatrici di arazzi del Quirinale. Sperperi, clientelarismi, protervia e bulimia, a volumi iperbolici . Ce n'è per tutti, nessuno escluso,
compreso i retroscena della vita al "Colle", dove risiede la più alta rappresentanza dell'unità della Repubblica, un autorevole e importante riferimento per tutti noi e per chi ci percepisce dall'estero. ""

Anónimo dijo...

Se Arume vai este verán a Italia, podería mercar o libro, lelo e facernos cando volva un comentario. Que lle parece a proposición, amigo Arume?

Anónimo dijo...

Coma vexo que están atentos á política italiana, debo dicir que hai crise á vista. De novo o Senato italián, o cumio da xerontocracia política e da diversidade de siglas (ou máis ben de persoas), volve tirar para atrás unha lei do goberno Prodi.
Vexan a composición do senado
Gruppi parlamentari
XV Legislatura
(dal 28 aprile 2006)

Composizione dei Gruppi parlamentari Alleanza Nazionale 41
D.C. per le autonomie-P. Repubblicano Ital-Mov. per l'Autonomia 10
Forza Italia 71
Insieme con l'Unione Verdi - Comunisti Italiani 10
Lega Nord Padania 12
L'Ulivo 89
Per le Autonomie 10
Rifondazione Comunista - Sinistra Europea 26
Sinistra democratica per il socialismo europeo 12
Unione dei Democraticicristiani e di Centro (UDC) 20
Misto 21
Totale 322
Pero o curioso é o seguinte: as variacións na composición durante estes anos:
http://www.senato.it/composizione/21600/108794/genpagina.htm

Anónimo dijo...

Feito. Xa me dirán que queren exactamente, pero mercar o libro mercareino.

Anónimo dijo...

Video-entrevista aurores

la casta

Mr Trolh

Anónimo dijo...

Moi interesante a entrevista. Grazas por procurala, Mr. Troll. Escoitareina despois, cando dispoña dun pouco de vagar.

Arume, o que se lle pide que faga xa se lle dixo e é ben sinxelo: ler o libro e facernos logo un pequeno comentario persoal. Para vostede, que gasta boa pluma, ha ser doado.

Anónimo dijo...

Para intentar situar o tema dos seguros de vida dos parlamentarios galegos na súa dimensión real, diremos que a retribución dun parlamentario “raso” galego situase por riba dos 4.000 € mensuais ademais das dietas de locomoción ; divididos nunha ASIGNACIÓN FIXA. de 2.075€ mensuais e unha contía mensual fixa para afrontar os gastos de aloxamento (ten gracia) e manutención que orixine a súa actividade parlamentaria de 2.092 € mensuais (penso que esta última cantidade ë libre de impostos, cosa que me parece moito mais “peculiar” que o tema do seguro e que e resulta moito mais susceptible de ser criticada dende o meu punto de vista) …

O custe dun Seguro de Vida, poñamos duns 150.000 € para alguén de idade en ton aos 40 anos sitúase, mais ou menos en 90 € mensuais. Realmente que é o que fai que eses 90 € o mes podan ser catalogados como contrarios ao “uso racional, eficiente e equitativo duns fondos públicos escasos (o importe en si? O feito de que sexa en aportación en especie? Ou o feito de que sexa un plano de seguros colectivo?)

Lémbrolle,en calquera caso, que millóns de españois reciben retribucións en especie, derivadas de acordos colectivos ou bilaterais, e milleiros de institucións e empresas que abonan este tipo de retribucións claramente contempladas na nosa legalidade e que paréceme excesivo que os sinale co dedo por perder a dignidade e a vergoña. En canto a facelo nos meses de verán entendo que é casual (polo menos tan casual como subir as taxas universitarias...)


Síntoo, benquerido a.p.c.-, pero non lle vou a trocar os meus habanos polos seus mentolados, coincido con vostede en que nos viños que da o parlamento galego e nos que ofrece a Xunta deberían por Viño Tinto das denominacións de orixe Galega se non viños da Rioxa, co agravante ademais de que teñen tendencia a escoller un bastante mediocre, ou acordar con outras Comunidades intercambiar denominacións (por exemplo nos poñemos Priorato e os Cataláns Ribeira Sacra) ; en calquera caso estou seguro que o seu espírito nacionalista permitiranos seguir fumando o tabaco cultivado en Pinar del Rio e algún outro produto (cultural ou non, de fora do país..)

Anónimo dijo...

¿É mais noxento que os parlamentarios galegos se poñan este complementiño antes das vacacións, ou que os plenos municipais, e de algunha deputación, fixeran a pornografía obscena que fixeron fixándose eles mesmos os soldos que se fixaron, en institucións moitas veces con gravísimos problemas financeiros? ¿E que lles parece o do actual Alcalde de Ourense, do PSOE, que tras criticar o anterior alcalde polo seu soldo (do PP) , ponse un similar (72.000 €) despois de que fai anos comprometerase a cobrar de ser alcalde o mesmo que cobraba como docente? ¿por certo a algún docente deste blogg subíronlle tanto o soldo este mes?

Anónimo dijo...

Un aspeto do problema é que os políticos, ó marxe dos discursos antagónicos que aparentemente defenden,mantenhen un corporativismo notable nesa clase de cousas.Son conscentes dos intereses de casta.A solución tén que vir de fóra,non se soluciona deixando de votar a uns pra votar a outros.

Anónimo dijo...

Voltéi esquecer asinar.O Trolh tén as súas facultáis mentáis menguadas,(se é que iso é posíbel,claro).

Anónimo dijo...

A proposta do Sr. Trolh xa conseguiu calar nalgunha sociedade e permitiu , entre outros, os gobernos de Jesús Gil en Marbella ou Berlusconi en Italia...

Anónimo dijo...

Amigo Descrido:

Véxoo facendo aceleradamente méritos para convertirse nun dos pais da patria. Eu non dubidaría en votalo (con uve), ben o sabe.

Propóñolle o lema de campaña: "Chegou a hora de pensar: O curtopracismo vaise acabar!".

Apertas.

Anónimo dijo...

Sr gurú: o seu argumento xa o conhezo tamén.A soluzn que adote a sociedade con ese tema terá que haber asimilado ese risco e superalo por elevación.
Pode que vostede pense que vivimos no melhor dos mundos políticos posíbles e que o sistema de partidos non pode admitir melhoras.Eu penso que o sistema de partidos,coma sempre pasóu na Historia caducará pra dar paso a outra cousa.E non me valen as opiniós o respecto dos propios políticos,porque son xuez e parte.A sociedade irá encontrando o caminho.Democracia vs partitocracia.I eu creo que o veréi,aínda que non son nenhúm rapáz...

Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

Por certo.Pode que vostede vexa moitas diferenzas entre o que facía Gil ou Berlusconi e o que fan os políticos mai ortodoxos.Eu,dende logo noto moitas diferencias de forma.Pero de fondo,xa non lhe vexo tantas...

Mr Trolh ágrapho

Anónimo dijo...

Un interesante texto de Ramón Máiz recentemente publicado pola Fundació Rafael Campalans:

Nacionalismo, Democracia y Federalismo

Anónimo dijo...

Para Trolh:

Apostaríalle a que non haberá Revolución algunha, tampouco será neste neste ámbito logo, que sexa a locomotora dese cambio cívico político (bla, bla, bla bla) simplemente os partidos evolucionarán, mantendo os mesmos valores (e dicir moi próximos a cero). En calquera caso, entendo que non todos os partidos son iguales, e si, que quere que lle diga, penso que non é o mesmo Rodríguez Zapatero que Berlusconi, nin FORZA é o PSOE ou o BNG ou o PP son iguais ó GIL ; e aínda así, cando non me gustan os candidatos das listas dos diferentes partidos na miña circunscrición (algo que me pasa cada vez con maior frecuencia), non voto. Tal vez si fora algunha das mulleres fetiche deste blog... quen sabe

Anónimo dijo...

Gurú: Vostede pensa simplesmente o que pensa a maioría.Pero o comportamento da sociedade non é controlable polo pensamento racional imperante.Cando chega o momento dunha nova idea,non hai quen a pare,xa conhece a frase.Ó tempo...
Mr Trolh

Anónimo dijo...

Dúas cousas tan solo: (1) Non todo o diferente paga a pena nin todas as películas inintelixibles son boas (non digo que o seu discurso sexa initelixible) , (2) non lle dea tanta importancia á sociedade (deixemos quedar nos estantes os manuais dos anos sesenta e setenta) e fíxense mais no que este a pasar nos individuos, no consumidores e nas redes que forman entre eles (tal vez así poderá albiscar o que ven)

Anónimo dijo...

e tampouco nos obsesionemos por manter o que non funciona

Anónimo dijo...

Cando digo "sociedade" non me estou a a referir a ningún dos seus modelos clásicos,probablemente obsoletos como vostede entendo que quere dicir.Os diferentes modelos "piramidales" e outros serán sustituidos polos modelos "en rede",estóu dacordo...
mr Trolh

Anónimo dijo...

¿De que sociedade me está a falar Sr Trolh? ¿Podería darme algunhas pautas do comportamento desa sociedade ó respecto? ¿Cales serán eses cambios tan profundos que operarán no sistema político occidental?

Descrido: ¿Quen lle dixo a vostede que isto non funciona?

Anónimo dijo...

Por exemplo,as Deputacións,¿Non,Sr Descrido?.
Mr Trolh

Anónimo dijo...

A visión Este-Óeste do mundo que parecía enterna, (Segue vigente na mente de moitos,pro unha xeneración pasa pronto),o poder da relixión,van no caralho.Occidente-Óriente-Norte-Sur.¿Canto tardarán en saltar polos aires eses modelos?

mr Trolh

Anónimo dijo...

Fai anos xa que, destacados sociólogos avanzaban que a clave para entender o futuro deberíamos buscala nos comportamento dos individuos nas sociedades en rede, pero aínda, penso eu, non existe un gran corpo doutrinal ó respecto, mentres tanto... temos o que temos...pero sen dubida evolucionará (como pasa, por certo, con case todo, incluso coas nosas deputacións, chamadas a desaparecer... )

Anónimo dijo...

A visión Este- Oeste durou moito menos do que durará a partitocracia, porque este sistema funciona moito mellor que funcionaban os estados comunistas

Anónimo dijo...

Está ben iso dos individuos funcionando en rede. pero supoño que o que importará será o tamaño das sociedades que cren a través dese funcionamento. "Rede" é hoxe unha palabra un pouco máxica, pero redes hóuboas sempre. E o tamaño neste caso, como en tantos outros, si importa ¿Non lles parece?

Anónimo dijo...

Sr leituga1, neste tema non é tanto un problema de tamaño como de importancia estratéxica, este sería o elemento clave na sociedade en rede. Nunha sociedade con esta tipoloxía, o tamaño (sexa da cidade, da área metropolitana, da institución de...) non é o mais importante. O realmente importante é ser nodo de moitas redes (e estamos a falar de redes de xeración de valor, de información, de produción, financeiras, de coñecemento, de cultura, de comunicación, de innovación de...., de xeito que os nodos delas non teñen porque coincidir ) e que estas sexan da maior relevancia e extensión posible (é dicir o mais global posible), cantas mais redes teñan a (unha cidade, unha institución, un organismo, un ...) como nodo, mais importancia estratéxica terá este e mais oportunidades xurdirán póla interacción das redes.

Neste marco xeral, nodos que poden parecer de gran importantes de xeito “local” en determinados aspectos (poñamos Madrid ou, en menor medida, Barcelona), poden ser de baixa relevancia, ou incluso nula, no ámbito global. E nesta realidade apaixonante, Galicia non existe, é practicamente invisibel, e mentres isto sucede, da á impresión que estes aspectos non lle interesan nada aos responsables de liderar, de repensar o de impulsar o noso país, probablemente están noutras “cousiñas”, tal vez mais urxentes.... de novo o "mal" do curtopracismo ...

Anónimo dijo...

As teas de arañas tamén son redes, e a ninguén lle gustaría ser presa dunhas arañas mostruosas que non comesen os miolos.

Boa tarde, amigo Descrido. A súa campaña contra o "curtopracismo" coido que vai vento en popa.

Anónimo dijo...

Neste mundo en rede é mellor ser araña. Polo que respecta a loita que compartimos, polo menos no concepto que logo a vida da moitas voltas, contra o curtopracismo, empeza a parecer unha pelexa quixotiana, e non sei si será mellor iso que ser o Rucio que leva enriba ós votantes do pais (voten o partido que voten).

Anónimo dijo...

Nunca dixo vostede, amigo Descrido, unha verdade tan verdadeira: "Neste mundo en rede é mellor ser araña".

That is the question!

Anónimo dijo...

Pero como vamos falar de redes, se non temos nin transporte público eficiente case para ir a ningures. E iso que vivo en Vigo e somos entre toda esta conurbación (que quere dicir?) máis de medio millón de habitantes.

Anónimo dijo...

Vostede ben o sabe, Arume. Pero na Wikipedia venlle unha boa explicación dese palabro tan feo, "conurbación".

Anónimo dijo...

Ohhhhhh ¡¡¡¡¡mais e medio millón de habitantes..... coidado que paramos o mundo!!!!

Parece que o discurso de D. Ceferino do Gran Vigo empeza a calar ata nos intelectuais...

Anónimo dijo...

Non sabía que o meu comentario podía suscitar tanto asombro: un vistazo ao INE resolve moitas dúbidas. E unha mirada sobre o número de vías férreas que hai no Morrazo, no Salnés ou nas bisbarras viguesas complementa o anterior. Abandono completo de servicios públicos, por outra parte nada alleo ao conxunto do país. Polo que imaxino que os mesmos problemas hai noutros lados.
Eu falo do que sei, que non é moito e que, por suposto, non chega nin a in.

Anónimo dijo...

Está moi bén denunciar os abusos.Ó poder tamén lhe interéssa.En canto se denuncian os abusos,non se cuestionan os usos...

Anónimo dijo...

Datos do 2001, sen contarmos Pontevedra capital, Marín, ou a península do Salnés.

Arbo 3.742
Baiona 10.931
Bueu 12.350
Cangas 23.981
Cañiza (A) 7.194
Gondomar 12.176
Guarda (A) 9.835
Moaña 17.887
Mondariz 5.185
Mondariz-Balneario 693
Mos 14.127
Nigrán 16.110
Oia 2.995
Ponteareas 19.011
Porriño (O) 15.960
Redondela 29.003
Rosal (O) 5.923
Salceda de Caselas 6.335
Salvaterra de Miño 8.073
Soutomaior 5.405
Tomiño 11.371
Tui 16.042
Vigo 280.186
Vilaboa 5.735
540.250