7 jul 2007

Máis coplas.

Pan por Pan 7 xullo. Imaxe de Leonardo.
Vexamos algunhas coplas máis sobre a presenza estética da muller nas coplas. Hai cantigas que eloxian os corpos delgados e outras que satirizan sobre os menos esveltos: “Dícenme que estou gordiña,/ que non me fai xa o refaixo;/ almas que vos condenades,/ que traio outros dous por baixo”.
Os cabelos, dos que xa falamos aquí respecto do seu simbolismo, teñen un amplo abano de posibilidades: “Moza do peliño rubio/ que tes conta do gando: / irás á noite á fiada,/ bailaremos o fandango”.
Ou esta tan simpática, chea, cómo non, de carga sexual: “Paxaro mixiriqueiro/ que estás na punta do toxo: / moito che gustan as mozas,/ aquelas do pelo roxo”.
Tampouco faltan os sarcasmos da fealdade neste rico tesouro do saber popular. Velaí un abondo cruel, ó meu ver: “Non te quero por bonita,/ tampouco por colorada:/ sólo che faltan os dentes,/ que é a fror de toda a cara”.

4 comentarios:

Moralla dijo...

Que divertidas letras!!!
e que imaxe tan lírica e perfecta! Claro, tiña que ser o polífacético mestre Leonardo da Vinci, un dos grandes xenios da nosa historia.
Moitos bicos
Yoli

Moralla dijo...

De quen son eses versos populares? teño curiosidade

Marcos Valcárcel López dijo...

Moralla: como tales versos populares son de autor anónimo e descoñecido. Xa indiquei noutro lugar que os estaba utilizando dende a ampla escolma de DOMINGO BLANCO, dous tomos en Xerais: A poesía popular en Galicia, e o delicioso traballo de MARIÑO FERRO, O sexo na poesía popular, Do Cumio, 1995. No traballo de D.Blanco consta a procedencia concreta: de qué cancioneiro ou recolleita se sacou cada copla.

Anónimo dijo...

Moitas grazas
Yoli