10 jul 2007




A música galega dos 70





Ando a preparar materiais para a miña serie CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL. Dende os 70 acudo xa ó meu arquivo particular e estes días traballei coas caixas de música galega dos anos 70. É só un esquema provisional, pero decidín colgalo aquí para recibir as súas suxerencias ó respecto. Ademais, a moitas persoas (dende logo XMG, que coñeceu ese mundo ben) pódenlles traer algunhas lembranzas agradables, de seguro (eu estiven na maioría dos concertos que aquí se citan: aló vai a nosa mocidade...).


1972.
Nace en Catoira cuarteto gaiteiros “Faíscas do Xiabre”
Do grupo Folc 72, de Lugo, sairán Fuxan os Ventos
Nacen Xuventudes Musicales de Vigo
1974
Vida e morte (Hispavox), de A. Prada. CÓMO CHOVE MIUDIÑO (Rosalía de Castro) LABREGOS (Amancio Prada) . MARÍA SOLIÑA (Celso Emilio Ferreiro) VERBAS A UN IRMAN (Darío Xoán Cabana) . VIDA E MORTE (D.X. Cabana / A. Prada) UN REPOLUDO GAITEIRO (Rosalía de Castro) CAMINANDO (Nicolás Guillén) POR UNA SENDA (Miguel Hernández) . ROMANCE DE LA REINA JUANA (Luis López Álvarez) CANCIÓN DE AMOR Nº 2 (Amancio Prada) EN TI (Luis López Álvarez) MONORRIMO (Luis López Álvarez)
O seu primeiro disco. Gravado coa Boîte à Musique, París, 1974. Disco bilingüe, en gallego e castelán, contén cancións sobre poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xoán Cabana, Nicolás Guillén, Luis López Álvarez, Miguel Hernández y do propio Prada ... Con Amancio Prada, acompañándose á guitarra, toca o violoncelo Eduardo Gattinoni, colaborador habitual naquela etapa de bohemia parisina e nos iscos seguentes. Vida e Morte foi distribuido en España por Hispavox. É o único disco non reeditado, ata agora, en formato CD.
1975
Nace en Carballo grupo folc Xocaloma
Primeiro disco de Fuxan os Ventos
Primeiro Festival Cant. Labrega na Merca, organiz. Por Ramón Rguez Conde. Benedicto e Bibiano multados con 25.000 pts. Por “O can de palleiro”
1976
Caravel de Caraveles (Fonomusic), de A. Prada. AluméameO cantar do arrieiro Unha noite no muiño Cómo chove . Xa morreu a miña nai Quén me dera en Lobeira. Amoriños collin. Vamos co carro.Eu teño un canciño . Caravel . Cando se pon a lúa Deus che o pague, churrusqueira . Ver bailar Carmiña. Fía na roca Romance de Don Gayferos . Vai de roda en roda. Caravel de Caraveles temas tradicionais con adaptación e arranxos de AMANCIO PRADA
AMANCIO PRADA: voz, guitarra e zanfona ALEJANDRO MASSÓ: teorba, flautas e percusión EDUARDO GATTINONI: violoncelo. Gravado nos Estudios Sonoland (Madrid).


“Estamos chegando ó mar”, primeiro LP de Bibiano
Grupo Roi Xordo, primeiro grupo profesional da canción galega. Integrado por Mov.Popular Canción Galega e “Bem-Virá”: Romaní, Seoane, Pi da Bahía, Ze Luís e Quico de Cariño
1977
Concertos en Stago e A Coruña do portugués Luís Cilia e da chilena Soledad Bravo
1º LP de Benedicto, “Pola Unión”,con debuxos de J.L.De Dios na portada
“Acción Galega”, disco de Xerardo Moscoso
“Ti Galiza” de Miro Casabella e “Fonte do Araño” de Emilio Cao
Saen “Lembranzas” de Xoán Rubia e “Idioma meu” de María Manoela
Nace grupo musical folc Doa, con Bernardo Btez. e Xoán Piñón
1978
“Bule, berra, chora”, primeiro disco Xosé M. Conde
“Milladoiro”, primeiro disco do grupo do mesmo nome
Os soños na gaiola, disco Suso Vaamonde, ps. Manuel María
A Roda, premio da Crítica de Galicia polo seu primeiro disco
1979
Fausto canta en Galicia
Falemos Galego, segundo LP de A Roda
15 maio, primeiro concerto Milladoiro na Coruña: Seoane, Romaní e gaiteiros Faíscas do Xiabre
Na Galicia de Maeloc, de Milladoiro
Nace Coro Universitario de Santiago, dir. Por Maximino Zumalave
Galicia canta ó Neno, de Fuxan os Ventos
Primeiro disco cantante Pilocha e “Treboada” de Miro Casabella e “Os nomes das cousas” de Benedicto
Suso Vaamonde exiliado en Venezuela por “delito contra a patria”. Volve no 84 e ingresa en prisión, pendente de indulto

36 comentarios:

Anónimo dijo...

O chelista de Amancio Prada, Eduardo Gattinoni, coido que se suicidara pouco despois.

Roque Soto dijo...

“Por qué no mundo menguou a verdade” (Zafiro). Xosé Quintas-Canella moveuse no ambiente musical de Galicia de finais dos anos 60, cando “Voces Ceibes”, aínda que dirixese a súa música cara os ricos cancioneiros medievais. Unha década despois, en 1978, poñíase a venta o disco “Por qué no mundo menguou a verdade”, donde Xosé insistía na preferencia polas vellas cantigas galaico-portuguesas do periodo comprendido entre os séculos XII y XIV, pezas de amor na maioría dos casos que interpretaban os troveiros. Deste repertorio nutrese o primeiro e único disco de Xosé Quintas-Canella, quen estaba acompañado por un excelente grupo de músicos que utilizaban predominantemente instrumentos acústicos. En outras ocasións, o propio cantante era o compositor de cancións como “As nove ondas” e “Pra miña compañeira de laboura”, que no caso da primeira nada tiña que ver co mundo de Cupido senón coa triste realidade do mar contaminado polo chapapote. A portada e contraportada do disco, feitas por Bernal e Enrique, recollen debuxos de inspiración medieval sobre as 12 pezas, ilustracións como as que utilizaban os músicos ambulantes doutras épocas para explicar algunha historia.

Anónimo dijo...

Xosé Quintas-Canella, alaricano instalado na Coruña, estivo no Movemento Popular da Canción Galega a partir do 1975; estivemos xuntos en máis dun concerto. Singular e esquisito; un luxo, en diversos sentidos. Hai pouco saíu unha entrevista con el n' "A Nosa Terra" e aparenta lembrar aquilo dunha maneira un tanto vaga.

Anónimo dijo...

Andrés do Barro.

Anónimo dijo...

Calquer día,cando tenha ganas,cóntovos algunhas anédotas do Andrés do Barro por México...
Anónimo,falóuse fai pouco do Andrés Dobarro no blog:
http://asuvasnasolaina.blogspot.com/2007_06_01_archive.html

Mr Troll peyotero

Anónimo dijo...

texto

Anónimo dijo...

Joer qué trapalheiro som.A ver éste...

amigo suso vaamonde

Anónimo dijo...

Ahí vai altra:

Batalhan canta pomba

Anónimo dijo...

esto equal vos interessa

Marcos Valcárcel López dijo...

Pareceume moi interesante o video colgado na última entrada (ESTO EQUAL VOS INTERESSA) e nada sabía desta campaña de reivindicación do papel da música galega na identidade do país e no novo Estatuto de Autonomía. Non deixen de velo. Non vin nada na prensa ó respecto: menos mal que temos a Rede para informarnos destas cousas.

lourixe dijo...

E Saraibas?

lourixe dijo...

E se cadra non ven a conto (e nunca mellor dito) porque non se trata de música, pero para moitos da miña xeración foi toda unha revelación o disco "Aló cando os animais falaban", os primeiros materiais infantís en galego aso que tivemos acceso na nosa infancia. Creo que se ven de reeditar en CD.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Lourixe:
Aló cando os animais falaban" é de 1980, se non estou errado: daquela foi a presentación nun acto con Antón Costa e Felipe Senén, creo. E o grupo Saraibas non sei se será tamén un pouco posterior, dos 80? Tentarei confirmalo. Máis adiante poñerei o esquema dos 80 con novos grupos: Taranis, Xorima, Brath, A Quenlla, Na lúa, Uxía Senlle, Doa, etc.

Anónimo dijo...

Xil Ríos........

Anónimo dijo...

Sobre o enlace que aquí figura sobre a música no estatuto de autonomía, eu quería preguntar se a xente sabe ben o que vai incluido nun estatuto? Nun estatuto soe figurar unha expresión xeral, en relación cos principios que deben rexir para a acción política, de defensa das manifestacións culturais, do tipo que se ve no Estatut de Catalunya: "Els poders públics han d'emprendre les accions necessàries per a facilitar a totes les persones l'accés a la cultura, als béns i als serveis culturals i al patrimoni cultural, arqueològic, històric, industrial i artístic de Catalunya".
O Estatuto é un texto xurídico que establece dereitos e deberes, competencias políticas, institucións propias, financiamento ou estructura económica. Non ten por qué recoller todas as peculiaridades culturais do territorio e das xentes que viven nese territorio. Eso pode figurar en leis ou decretos que desenrolen o Estatuto, pero non teñen que figurar nel. Ou eso creo eu, que non son constitucionalista nen perito en temas lexislativos, pero que algún estatuto lin.

bouzafria dijo...

¿Foi naquela década cando Juan Pardo sacou o disco "Miña nai dos dous mares" con poemas de POndal, Cabanillas...?

Roque Soto dijo...

Os meus elepés favoritos da década de 1970.
-Ahí ven o maio-Luis Emilio Batallán (1975)
-Fonte o araño-Emilio Cao (1977)
-O son da estrela escura-Doa (1979)
-A Galicia de Maeloc-Milladoiro (1979)
-Fuxan Os Ventos-Fuxan Os Ventos (1976)
-Me llamo Andrés Lapique Do Barro-Andrés Do Barro (1970)
-Estamos chegando o mar-Bibiano (1977)
-Na fermosa Galicia-Os Tamara (1970)
-Cantigas da Fradería-Jei Nogerol (1978)
-Os nomes das cousas-Benedicto (1978)
-Pilocha-Pilocha (1978)
-Rosalía de Castro-Amancio Prada (1975)

Anónimo dijo...

De qué ano era aquel hit de Palomita pechugona de Os Breogáns? E aquí, como vedes, mato dous paxaros dun post, aínda que galego era máis o nome do grupo cá cumbia verbeneira.

Anónimo dijo...

Descoñezo esa cumbia, amigo Arume. Nos últimos tempos ándolle un pouco retirado das verbenas.

Marcos Valcárcel López dijo...

MÚSICAS DOS 70. Agradezo todas as súas achegas, que serán incorporadas á serie. Faltan uns cantos títulos e ireinos sumando a ese listado: p.ex., tamén falta "O son da estrela oscura" o terceiro disco de Miro Casabella (logo integrouse en Doa).

Anónimo dijo...

Enlace interessante:

canción galega

Mr Troll

Anónimo dijo...

Palomita pechugona
como se contonea
mueve la colita
al cruzar de acera.
Déjate de tonterías
déjate de tonterías
y currucucucucú.
Ou algo así. Tratarei de atopar erudición sobre o particular.

Anónimo dijo...

De todas maneiras, nesa historia cultural de Galicia e deses anos, convén anotar a importancia das músicas caribeñas no cerne mesmo das orquestras en verbenas, sesións vermús ou romarías. Esa é historia que adoita esquecerse, pero alí se formaron ducias de cantantes e músicos durante anos. E nese reino, a cumbia era a raíña indiscutible.

Anónimo dijo...

Outra cousa interesante foi a importancia emocional da música en galego prós tantos e tantos emigrantes en centroeuropa aqueles anos.Era o único que os vencelhaba á terra durante tantos anos.Sempre levaban cintas en galego.

Vóuvos contar un detalhe,coma podían contar tantos miles de galegos.

Mediados dos 70.Estaba eu facendo a compra nun gran centro comercial en Frankfurt,Alemania(daquela aínda non había centros comerciales eiquí).O parkin do súper estaba xeado.Un home acerca o carrito da compra abarrotado ó seu coche aparcado.Abre o maleteiro e as portas do coche.Pon unha cinta pra escoitar música mentras carga as cousas.De repente empeza a sonar "Campanas de Bastabales...".Eu quedo clavado no cháu.A música soaba alta e os alemás próximos miraban de reolho ó fulano.Acércome a saludar ó galego que resultóu ser de Allariz.Coméntolhe que os alemás o están criticando,i él dícime: "Que se jodan,que non saben o que é bo..."

Mr Troll ágrafo

Anónimo dijo...

Esa conexión americana, Arume (non só caribeña, é fundamentalísimo o brasileiro) non foi posta ben en valor ata os noventa; e aí o Xurxo Souto, Diplomáticos, etc. teñen papel ben importante e positivo.

Nos setenta, nas reunións privadas, cantabamos bastante hispanoamericano: pero do tipo Chalchaleros, Calchakis, Violeta Parra, etc.

Xaime dijo...

En Lugo desde finais dos setenta, casi todólos músicos que estaban comprometidos polo día facían unha cousa e os fíns de semama ían cas orquestas ganar cartos pra aguantar.
Pajón, Fredi, os da Orquesta Alborada, eran Taranis, e un pouco máis tarde Eloi Caldeiro, turraba na batería nas verbenas de todo Lugo, cas orquestas mais bailonas.
Aínda non sei si Mero e Mini non terían andado a facer bolos

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Hai pouco, quizáis o ano pasado, botaron na TVG un programa sobre as orquestras do país, que merecen un homenaxe mundial, por tantos momentos felices que proporcionaron, ás veces cun talento descomunal. Eu recordo unha verbena na que tocaban o Sultans of Swing mellor ca Mark Knopfler. Sinto non saber o nome daquela orquestra. E tamén engado que o ano pasado fun a unhas festas patronais onde tocaba un grupo de éxito e a orquestra Sintonía de Vigo. Mamma mía que malleira lle meteron (con todos os paus da música) ao grupiño modelno.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

E, por certo, poñerían en valor (que expresión!) nos 90, pero nós nos 70 (tamén papabamos toldos ata que pechaban co pupurri clásico de catro peneques entre a lama diante do palco) eramos fans daquelas orquestras, antes tan denostadas. Agora mesmo chega pola fiestra aberta do pasado aquela fórmula de despedida coa música do manisero: Os Tambar se van, se van.

Xaime dijo...

Do meu comentario anteiror teño que facer unha excepción, Xosé Manuel González cantaba de día e de noite canción protesta (sic), e moi ben por certo, e a mostra deunola na commemoración do ano pasado de antiguos alumnos do Instituto Lucus Augusti, cunha versión explosiva e rompedora de L´estaca de Llach, que cando veñan por aquí xa a ollarán en video

Anónimo dijo...

Anedotas de músicos:

¿Cantos cantantes de orquesta fan falha pra cambear unha bombilha?
Un.Tén conta da bombilha namentras espera que o mundo dé voltas arredor dél.

¿Cantos bateristas fan falha pra cambear unha bombilha ?
Catro.Un pra tér conta dela e tres pra darlhe voltas á banqueta

¿Cantos guitarristas fan falha pra cambear unha bombilha?
Tres.Un pra cambeala,e dóus pra dicir que éles o farían melhor.

¿Cómo afinar un contrabaixo?.Escaralhándoo pra facer un xilófono...

¿Cando está anivelado o palco?
Cando o baterísta babea igual polos dous lados da boca.

Mr Trolh

Anónimo dijo...

Aparentemente non pega nada poñelo aquí, pero é unha clara mostra da desafinación (ou sexa, de trapos suxos) na universidade española das últimas décadas.

Cheguei a el por casualidade, pero non ten desperdicio para quen coñeza ou teña algunha referencia dos personaxes.

A pesar da súa prolixidade, paga a pena. Vai dos historiadores do dereito e aparecen algúns galegos ou afincados en Galicia.

Todo un poema.

Álvaro D´Ors

bouzafria dijo...

Ao fío do último comentario de a.p.-c: Si, todo un poema, pero merecedor dun post independente.

Anónimo dijo...

Falta, penso, o magnífico disco de Luís Emilio Batallán "Ahí ven o maio", editado en 1975.

Un saudo.

Anónimo dijo...

Deberíase tamén incluir no listado de grupos galegos anteriores a 1990 ao grupo DOA e o seu disco "o son da estrela escura" (1979) pódese ver en http://www.doa-music.com a traxectoria e discografia de DOA.

Anónimo dijo...

Pois si, penso que co disco de Doa "o son da estrela escura" a música galega cambia de rumbo, pero mirade en
http://generacion49.blogspot.com/

no 1968 o grupo "Generación 49" co gitarreiro histórico de Doa Xoán Piñón, xa gravara un disco con temas galegos ...

Anónimo dijo...

Creo que estaría correcto incluir ao grupo vocal coruñés "Cumbre". Cantaban cancións en galego con letras propias, de Zeca, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Rogelio Groba. O seu disco "A espesura do camiño" saiu no 1980, xa que gañaron o concurso da TVE (creo en 1979) chamado "Gente Joven". Teñen outro disco posterior.