Pan por Pan 11 xullo. Imaxe de Hans Baldung Grien, Adan e Eva, 1531.
Dende que lin o estudo de Mariño Ferro, “O sexo na poesía popular” (Ed.do Cumio, 1995), xa ningunha lectura de coplas é inocente. Se un le, por exemplo, cousa tan fermosa como esta: “O paxaro de María/ anda nas miñas cereixas;/ come paxariño, come,/ que hei de ver as que me deixas”, quizais non atine no seu carácter simbólico: as cereixas, ó estar unidas a pares, representan os testículos e o paxaro que as come é, entón, a vulva feminina.
Nese libro aprendín que pouco hai na literatura popular sen connotacións sexuais. Velaí unha posible lista (incompleta) de símbolos: as cunchas, ameixas, berberechos, navallas, tellas, castañas, o caravel, o xogo das bugalliñas, a troita, a ola, o pozo, o xerro, a chocolateira, o forno, a máquina do tren, a campá, o dedal, os zapatos, a aña, a tea de liño, o coello, a lebre, a rata e o ourizo, ademais dos paxaros dos que falamos nestes días.
12 comentarios:
Póde estar bén seguro de que vou mercar ese libro ipso facto,sr Marcos,e poñelo ó lado de un par deles que teño sobre propaganda subliminal.Acabaréilho recomendando a un par de creativos publicitarios...
Mr Troll Ogilvy
E o cuadro non ten desperdicio
Mr Troll
"Alta estaba la peña/nace la malva en ella..." En clase de literatura medieval tiven unprofe ao que lle encantaban as referencias sexuais na poesía e na narrativa en xeral. Sempre puña algo desto no exame. Ría moito nas súas clases. Coido que eu tamén me farei co libro. Unha aperta
As nenas bunitas
son como as cireixas
que tódolos homes
queremos comelas
(Foliada de Barreiros)
Paxaro que vas voando
e levas fío no pico
tráimo á casa pra cosere
o meu corazón ferido
Mr Troll ágrafo
Varias,surtidas:
O crego da miña aldea
ten as cirolas rachadas
que as rachóu nsa silveiras
ó correr tras da criada
Pensando que te casabas
fixeches a permanente
fixéchela vinte veces
e quedáches coma estabas
Non pode un home de ben
entra en ningunha casa
se é casado,marmuran
se é solteiro,xa o casan
Se eu soubera enamorar
coma séi bebe-lo viño
non me había de quedar
a filla de ningun veciño
esta noite e máis a outra
e mais a noite pasada
abaléi unha pereira
que nunca fora abalada
A ilusión da miña vida
foi casar con home alto
agora teño na casa
o pendón do Jueves Santo
ö paxaro do veciño
téñeno á porta do sastre
pra lle facer un vestido
có pelexo dun tomate
Canta rula canta rula
canta rula naquel souto
ben che pode un esperare
polo que está na man doutro
paxariño que vas voando
e que vas movendo o pico
que che me dera saber
dónde veñen eses bicos
Mr Troll ágrafo
(Aprendéinas bén que prá semana fágobos o enxame)
Agora xa nos imos achegando ao tema que me gusta... a froita prohibida :-)
Tantos paxariños emprumados cando o auténtico erotismo está neses xugosos obxetos de pel lisa ou de veludo e formas suxerentes...
Pois ilústrenos sobre ese tema, prezada señorita Lourixe. Comparta con nós as súas xugosas reflexións.
Sr. a.p.-c. resultaría de mal gusto repetir aquí os meus exhibicionismos arroutados, non cree? Para alén que Don Marcos seguro que é quen de atopar luxuriosas e afroitadas referencias literarias.
Nada do que faga vostede, señorita Lourixe, pode ser de mal gusto, abofé que non. O seu "exhibicionismo" hortofrutícula é, sen dúbida, do máis refrescante e simpático, a teor do que acabo de ollar grazas ao seu enlace.
Hortofroitícola, tiña que dicir nesta ocasión. Desculpen este novo erro.
Si os queréis hacer preñada
tomad, sin que se publique,
zanahoria encañutada,
con zumo de riñonada
sacado por alambique;
Ante noche y de mañana
lo tomad con devoción,
y aun cada vez que hayáis gana,
porque esta es cosa tan sana
que siempre tiene sazón.
Y mientras aquesto dura
haced siempre movimiento,
y si no obra natura,
buscaréis cabalgadura
que sea más a contento:
no os dará ninguna pena,
antes placer y sabor;
y esta recepta es tan buena
que ni Hipocrás ni Avicena
os la podrían dar mejor.
Hai un refrán inglés que dí:
"O paxaro que madruga é o que come o verme"
E díxolhe o galego ó inglés:
Aínda madrugóu máis o verme.
Publicar un comentario