24 jul 2007















Os humoristas de El Jueves
supéranse a si mesmos

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Así calquera! As uvasnasolaina tardou máis de catro días en reproducir a portada secuestrada de EL Jueves. Tres e pico máis que o o xornal El País que tamén andivo indeciso 24 horas, mentres que El Mundo, El Periódico e mesmo La Región colgárona, coma a inmensa maioría dos blogs, de maneira case inmediata. Que pasa, que o viticultor agardou a que se vira que non hai perigo en difundila e superouse a si mesmo dicindo que os que se superan son os do famoso semanario satírico? Pouca diferencia atopo entre isto e o de La Voz de Galicia e o resto da inmensa maioría da prensa de Galicia.

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo que anda vostede equivocado, amigo Anónimo. Non se colgou antes a viñeta porque xa o fixeron varios no apartado de comentarios e pareceume redundante: ademais, a viñeta estaba en todos os medios e naquel momento non me apeteceu sacala porque creo que o problema non era o contido en si da viñeta (o seu debuxo) senón a medida tomada polo xuíz e a lexitimidade da Xustiza para secuestrar unha revista. Agora si era imprescindible colgala para entender o contexto da nova, e magnífica, por certo, portada. Iso foi o que pasou: queda vostede en liberdade, por suposto, de pensar o que queira.

Anónimo dijo...

Moito lle agradezo que me deixe en liberdade de pensar o que eu queira, aínda que sexa condicionada –polo que vexo– a que así o dispoña vostede. Déixese de gaitas, felizmente a miña liberdade non depende de vostede, que aínda non o fixeron gobernador das Galias, e, cando isto suceda, eu cambiarei de provincia para que non teña vostede que deixarme en liberdade condicional ou non. Verdade que a maneira de falar delátanos ás veces?

Marcos Valcárcel López dijo...

Máis ben as interpretacións que un faga das "maneiras de falar" é o que nos pode delatar ás veces: nada había na miña expresión, retórica pero tamén sincera, no sentido que vostede indica. E non se preocupe: nunca serei gobernador das Galias nin de ningures (por certo, agora chámanse "subdelegados").

Anónimo dijo...

Non lle vou discutir agora o que delata máis, se as faladas ou a interpretación delas. O que si fago é tomar nota da súa promesa de non ser nunca gobernador (vostede escolle unha traducción do latín abondo máis enrevesada) das Galias. Estarei atento a ver se lle ofrecen o cargo algunha vez e vostede o rexeita.

Anónimo dijo...

Se lhe ofrecen o cargo é o rexeita,o normal é que ninguén se enterase,anónimo.En tal caso,esté atento a ver se o acepta.XD

Anónimo dijo...

Hame explicar, señor Da Cova, a cantos coñece vostede que lle ofreceran un cargo que rexeitara e non saíra correndo a contalo. Agradézolle, porén, a súa advertencia. Estarei, logo, atento tamén a ver se o señor Valcárcel acepta ese cargo. Polo de agora, aínda son capaz de facer dúas cousas á vez. E miren vostedes dous e calquera outro: non me respondan máis. O que non podo é estar atento toda a tarde a vostedes. Estou a 200 quilómetros de Santiago, e quero chegar a ver os fogos do Apóstol. Cuestión de prioridades.

Anónimo dijo...

Vénse de delatar,sr anónimo.Se pode facer dúas cousas á vez,ou ben é unha mulher,ou ((no senso (ou/e)) ún músico.En calquera dos dous casos,de seguro que é capable de facer unha terceira:atender ó blog.E.si está a 200 Km da capital espiritual de Occidente,abóndalhe o tempo se vai en calquera cousa que tenha un motor é polo menos unha roda...e os "fuegos" vénse incluso dende lonxe...
O Sr,Marcos tén varios puntos a favor de ser Subdelegado.Nos últimos tempos exísese ter "olhos craros"...

Marcos Valcárcel López dijo...

De verdade, alguén pode verme a min de gobernador doutra cousa que non sexa a Insula Barataria?
E amigo Anónimo, por se volve por aquí, vaia a modiño ata Santiago a gozar dos fogos do Apóstol. Agradecido pola súa atención a este blog e a este cronista.

Anónimo dijo...

Pois eu estaría contento de ter por de subdelegado a Marcos.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Qué bunita "die Biene Maja",a abelha Maja.Vai música prá portada:

abelha maja

Anónimo dijo...

Sr Jimmy de Rairo:
¿E si lho ófre o PP?
¿Gostaríalhe tamén que aceitara?

(Lembre a J. de Juana)

Anónimo dijo...

A verdade é que esre blog é premonitorio.Levávamos variás xornadas a falar das metáforas sexuáis,dos paxaros,etc...e mire...
Son esas casualidades que Jung tentaba explicar coa súa "teoría da sincronicidade"

Anónimo dijo...

Interesante resume da "teoría da sincronicidade":
sincronicidade

Anónimo dijo...

Señor da Coba, pois pareceríame non só ben, senón moi oportuno. A xente da cultura ou intelectuais, como Marcos, terían que estar por riba das disputas partidarias. Dende un galeguismo serio, comprometido e pragmático, os galeguistas terían que tenderse pontes dende o nacionalismo, pasando polo socialismo até os sectores mais galeguistas do PP. Se no PP de Galicia, houbera receptividade para este galeguismo e esperanzas fundadas para a futura constitución dunha dereita galeguista, eu celebraria o nomeamento de Marcos polo PP de G.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

"El Jueves" (Rosa Aneiros, GH 24 xullo)
Leo "O secuestro xudicial da revista satírica el Jueves por supostas inxurias ao sucesor da Coroa dispararon o interese pola publicación, pola que xa se chegan a pedir ata 2.500 euros en internet". Abondaría con isto para argumentar e contraargumentar sobre a suxestión da Fiscalía Xeral do Estado consumada polo xuíz Del Olmo. Pero vaiamos máis alá, a pesar dos riscos que iso implica neste país en que a Constitución é sacrosanta, segundo o artigo que nos vaia nela.

Por favor, señores xuíces, non me veten cando lles diga que a súa foi unha decisión excesiva e absolutamente arbitraria. Non me amordacen cando afirme, e á vista dos feitos está, que foi peor o remedio que a enfermidade. Non pidan responsabilidades aos medios que me publican cando afirme que a súa moral e o seu decoro poden non ser extensivos ao resto da sociedade e que, en todo caso, non debería ser constitutivo de delito aquilo que non casa coa súa propia "moral" e co seu sentido do humor.

Non existe nesa viñeta ningunha chamada á desorde pública, nin ao crime, nin sequera cuestiona a "incuestionable" monarquía. Nada, só unha tímida mofa da Casa Real e, sobre todo, dos 2.500 euros prometidos por José Luis Rodríguez Zapatero. Que nos faga graza ou non, xa é outro cantar, pero iso non debería ser obxecto de decisión xudicial.

A liberdade de expresión non reside en decidir se isto ou aquilo é de bo ou mal gusto, senón en respectar que cadaquén se exprese segundo as súas conviccións, que non teñen por que ser compartidas. Pero o máis terrible do asunto non recae no debate político nin tampouco en se os aludidos se sentiron ofendidos ou non. O terrible é o precedente que asenta.

Anónimo dijo...

¿Cómo achades que se pode sentir a Leticia como ex-xornalista que é? ¿Terá remorsos por non saír en defesa dos dolegas?

Anónimo dijo...

O único de bo que vexo neste asunto estúpido e absurdo do secuestro de "El Jueves" é o anuncio da Vicepresidenta do goberno de estudar a eliminación da actual lexislación da medida xudicial do secuestro dunha publicación. E tamén a iniciativa de Izquierda Unida para suprimir, asemade, o delito de "inxurias á Coroa".
Se se producen esas dúas supresións, xunto co sobreseimento da causa contra os responsables de "El Jueves", ata terá merecido a pena esta trapallada. E se o Fiscal Xeral do Estado decidise retirarse aos seus apousentos e dedicarse a practicar o autoritarismo sen sentido na súa propia casa, eu lamentaríao polos seus familiares pero alegraríame polo país.

Anónimo dijo...

Non se pode dicir que este non fale claro.

Anónimo dijo...

Coincido con Leituga 1 en todo. Xa comentei que o actual Fiscal Xeral era un home excesivamente preocupado por saír nos xornais. Tamén é certo que ser (máis ben presumir) de progresista na carreira xudicial é algo parecido á heroicidade ou á extravagancia. Por iso, con demasiada frecuencia os xuristas desa afinidade ideolóxica tenden a facer algo máis por demostrar o seu poder, en inferioridade con respecto á maioría aplastante da dereita no poder xudicial. Un rexeitable protagonismo pérdeos sempre: no caso de Conde-Pumpido é máis que evidente.
De todas formas, respetado escrupulosamente o dereito constitucional da libertade de expresión, supoño que haberá mecanismos para denunciar os agravios que esto puidera ocasionar. De feito, cada dous por tres aparecen sentencias condenatorias de xornalistas aos que a invocación da libertade de expresión non lles serviu de moito diante da defensa do honor ou da intimidade das persoas denunciantes. É unha eterna batalla. A manifestación da libertade de expresión non sempre queda impune: a colisión con outros dereitos sempre se zanxa caso por caso diante dos tribunais. O secuestro é decisión completamente inadmisible e o caso das "inxurias á coroa" delito que debe desaparecer. Se Felipe ou Leticia consideran dañado o seu honor con esa estampa deben acudir ao xulgado máis próximo á Zarzuelita e presentar a correspondiente denuncia. Como todo quisque. A intervención do Fiscal Xeral do Estado neste caso é lamentable e a decisión de secuestrar a revista un ataque inaceptable á libertade de expresión.

Anónimo dijo...

Eu tamén concordo con vostede, Arume. Cando colisionan dous dereitos fundamentais, o da liberdade de expresión e o dereito á intimidade e á propia imaxe, deben ser os xulgados quen decidan a partir de denuncia interposta polos perxudicados. E non é admisible que os monarcas ou a familia real -que conta con todo o meu respeto e simpatía- recuperen a través do Código Penal as prerrogativas que a Constitución conscientemente lles nega.

Anónimo dijo...

Un amigo méu, futbolista,queixábaseme unha vez de que no seu colectivo profesional non tiñan "dereito ao honor".Calquera podía sair na prensa decindo que eran unhos "paquetes","maliños" etc.impunemente,sobor de todo cando perdían.Aínda que iso ós perxudicase profesionalmente de maneira forte.

Anónimo dijo...

Hai que ter coidado co honor dos futbolistas. Contáronme que, hai anos, un periodista ovetense fixo un artigo crítico con Carlos, aquel racial dianteiro centro do outrora algo glorioso Real Oviedo, afirmando que o ariete perdera o olfato de gol e que lle "fallaba a pituitaria". Sabedores algúns dos seus compañeiros da escasa cultura xeral e o deficiente nivel de estudos do goleador carbayón, empezaron a meterse con el dicíndolle que o periodista aludía co da "pituitaria" aos seus atributos masculinos, aos seus tegumentos procreativos, ao seu "pitu", en suma. E dinque as bofetadas que o ofendido Carlos lle meteu ao enxeñoso juntaletras pasaron a formar parte do folclore épico-cómico local.

Anónimo dijo...

Xa se deben empezar a xeneralizar entre os futbolistas os estudos secundarios; aínda que non sei se iso será moita garantía de gran cousa.

No asunto da portada e a retirada, teño a impresión de que na rúa -e entre os que prestaron algunha atención a iso- deben ser bastantes os que non ven mal (ou directamente ven ben) a retirada da revista. Dunha banda, estarían os que consideran a monarquía como intocable; despois, moitos aos que lles cae ben El Rei, os xenros, Leticia ou quen sexa, por diversos motivos; e posiblemente aínda viría outro grupo, que tendo escaso aprezo polo tipo de humorismo practicado por "El Jueves" (incluíndo o grafismo), aceptan mal que unha institución historicamente tan relevante non sexa tratada con outra contención.

Entre os últimos igual os hai que non se identifican particularmente coa monarquía española nin a a dinastía borbónica. Pode que a moitos deses, porén, si que lles gustase a nova portada.

Anónimo dijo...

Eu penso que hai un abismo entre que che caia ben a monarquía,ou que sexas incluso pro-monárquico,e que vexas ben a retirada da revista.
Se nalgún momento se refire vostede ós carlistas,diréille que o carlista máis notable que temos en Ourense (Rego Nieto)alardea de que lle é indiferente o que lle pase á familia real.Nas súas propias verbas "non me dan nin frío nin calor"...

Anónimo dijo...

Non, non me refiro a ninguén en particular, nin a posicións definidas en política nin canto a lexitimidades dinásticas. Refírome a algo que é en parte cheiro persoal e en parte consecuencia dalgún comentario escoitado; e habería unha combinación entre certa simpatía por uns e pouco gusto polos outros. Loxicamente, obraría polo medio unha sensación de que "non todo vale" no exercicio da liberdade de expresión.

Alégrome de saber que Rego Nieto segue entre nós e, polo visto, en forma.

Anónimo dijo...

Sorpréndeme moito ese "pangaleguismo" a-ideolóxico e idealista que amosa Jimmy de Rairo no seu último post. Francamente.

Anónimo dijo...

No asunto este da forma de estado eu son "accidentalista". Nestes momentos, polo tanto, "xoancarlista". Aprezo o papel do Rei na transición e o que me importa realmente é a democracia e o réxime constitucional, non a cuestión de monarquía ou república. Pero incluso dende ese punto de vista, non me parece que o secuestro de "El Jueves" lle fixera ben ningún á monarquía. Eu creo que o fiscal xeral do Estado neste caso levou ata un extremo absolutamente inconveniente a súa ansia de facerlle a pelota á familia real. Os pelotas son moi perigosos. Hai que fuxir deles como da peste bubónica. A pouco que te despistes, fanche unha faena.

Anónimo dijo...

saúde e república (galega, és clar)

"Realmente" recomendado: "Un rey golpe a golpe":
http://www.nodo50.org/unidadcivicaporlarepublica/documunntosrep/un%20rey%20golpe%20a%20golpe.pdf

Anónimo dijo...

Se cadra polo meu descoñecemento do medio, non teño a Conde Pumpido por un louvamiñeiro da institución ou Familia Real. No caso presente, eu interpretaría a súa decisión como inercia ou política de partido/goberno.

As declaracións da vicepresidenta Fernández de la Vega poderían aboar a primeira posibilidade. Como esas puideron xerarse a posteriori -da decisión e as públicas reaccións subseguintes-; xa que, ademais, non acabo eu de ver aí a dona Teresa como portavoz -nin oficioso- do goberno, manteño a segunda hipótese.

Anónimo dijo...

Opina Aymerich.

Anónimo dijo...

Quer sería de nós sen o humor! O meu máis sentido tribuot ós humoristas gráficos de EL JUEVES