1 ago. 2007

Vacacións

Como todos os anos, este blog pecha en agosto. É o meu mes de lecer e adoito aproveitalo só para iso: para o repouso. Neste mes non escribo nos xornais e tampouco no blog. Agardo reencontralos/las a todos/as en setembro.
O 1 de setembro o blog reabrirá as súas páxinas (ou quizais xa nos últimos días de agosto, se estou en Auria e con humor para iso). Que o pasen ben todos vostedes.

28 comentarios:

dorfun dijo...

...paseo ben... http://blogs.elpais.com/mauroentrialgo/2007/07/lunes-treinta-d.html

rosa enriquez dijo...

Que pase un feliz mes de agosto entón¡ Un saúdo.

Veloso dijo...

Igualmente. Pásao moi ben alá onde vaias. Agardámoste en setembro.

Anónimo dijo...

Si que se luciron os nosos representantes elixindo tal Valedor do Pobo.

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

CADERNO ABERTO

Valedor do Pobo

Na propia páxina electrónica do Valedor do Pobo dísenos textualmente que tal institución é “o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia”. E engádese a seguir: “O Valedor do Pobo é unha institución que non exerce funcións de tipo coercitivo, senón unicamente de persuasión”. ¿E que di a Lei 9/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo? Pois xa no Artigo 1, parágrafo 2 (‘Enunciados modificados pola Lei 3/1994, do 18 de xullo’), di que “a actividade do Valedor do Pobo estenderase á tutela dos dereitos individuais e colectivos emanados do Estatuto de Autonomía”. Até aquí o que di a Lei. Que non é pouco. Mais a realidade, o insoportábel peso da realidade, é outra cousa. O recentemente nomeado Valedor do Pobo (galego, enténdese) acaba de expresar que “o principal inconveniente que pode ter o uso do galego na Administración de Xustiza é que pode resultar, en certo modo, perigoso”. E engade: “De aí que haxa unha reticencia importante por parte da xudicatura, dos xuíces e dos maxistrados á utilización do galego”. ¡O galego (“lingua propia de Galicia”), idioma fillo do latín e pai do portugués, “perigoso”! Non vaia ser que algún culto xuíz interprete mal unha palabra ou erre nunha acepción. Mais o recentemente nomeado Valedor do Pobo –tutelador dos nosos “dereitos individuais e colectivos”– non para aí. Tamén di o seguinte: “Se aos alumnos se lles esixe [en galego] uns niveis de materias como Matemáticas, Historia ou Literatura, o único que se estará logrando é que ese neno, ese mozo, logre adquirir unha animadversión fronte a un idioma”. Poucos máis comentarios. Nas palabras do novo Valedor zumega ou resúa o vello desprezo polo idioma galego, lingua menor para certas elites que pasan por cultas e que demostran posuír unha escandalosa insensibilidade, descoñecemento da realidade e mesmo do corpus legal que lle afecta ao idioma galego. A patouchada do elefante ao entrar nunha louzaría.

paideleo dijo...

Pois que desfrutes !

F. Miguez dijo...

Cargue vostede ben as pilas, Sr. Valcárcel, que estaremos agardando a súa xenerosa pluma.

Xan da Coba dijo...

Por "nivel" debe de entender "nivel de sofrimento",que é o que se entende habitualmente por "nivel".
O sofrimento na aprendizaxe,é un vello truco dos ensinantes pra facer que os discípulos consideren TOTALMENTE CERTO o estudado.O razoamento subconscente é: Co que sufrín pra aprender isto,como pra que non sexa certo.Defenderéino a capa i espada.É unha maneira de eliminar o espíritu crítico.Penso que moito do fanatismo dos musulmás ven da maneira sufrida en que lle fan aprender,p.ex. o Corán.
Por tanto: se tés dúas maneiras de explicar algo,escolle a que faga sofrir máis ó aluno.Será unha verdade inmutábel para él...Un coñecemento de "nivel"...

En relación ás verbas do inútil do Valedor(refírome á inutilidad do cargo,en principio),sen comentarios,que non fan falla...

Suevio dijo...

Acabo de ler un artigo de Xabier Pérez Igrexas, no seu blog, no que coido que fai algúns comentarios bastante atinados, sobre o tema do impresentable Valedor...

http://contradiscurso.blogaliza.org/2007/08/02/%c2%bfdebe-demitir-o-valedor-do-povo/

A ver que vos parece... eu basicamente concordo co rapaz.

torredebabel dijo...

Que sexan unhas vacacions fabulosas para ti e para a túa familia! Agardámoste aqui. Apertas!

Xan da Coba (Cética) dijo...

Pra potenciar a cidade de Ourense como destiño turístico no vrán,a Concellería de Cultura Ourensá quere pubricar un libro de contos,coa temática "ourense e o vran".O libro editaráse cun título aínda non definido.Será unha antoloxía de DEZ (ou máis) contos de diferentes autores.A acción desarrollaráse en Ourense,no vran i en calquer época histórica,e realzará algún recurso turístico da cidade.O xurado escollerá os dez(ou máis) mellores de entre os recebidos,sempre e cando acaden a calidade suficiente,según o criterio do xurado.O Concello pagará unha cantidade xenerosa ós autores dos traballos seleccionados,comparable como mínimo ó sueldo de un més ou dous dos primeiros munícipes.A cambio,os autores renunciarán ós seus dereitos de autor,que serán propiedade do concello a partires de entón.O concello editará e costeará a distribución dunhos cantos miles de exemplares por toda España i o resto do mundo.Os textos serán,dende logo,en galego.Anque a edición cicáis podia ser bilingüe,ou trilingüe,ou tetralingüe,ou pentalingüe(por que non vamos promocionar Ourense só pra nos mesmos).

Perdoáde,é todo unha brincadeira que se me ven de ocurrir,debido a que veño "alegriño" dunha festa...
É todo mentira.

Colectivo Galiza-Israel dijo...

Pois a cargar as pilas. Ate setembro.

Madalena no té dijo...

Vai polas cebolas
non sexas langrán
escólleas das boas
que son pró tío Xan
arráncaas coa man
non as maces todas.

Machada dijo...

De noite cando dormía
soñéi con grande emoción
que algo se me ocorría
para escreber neste blog

Anónimo dijo...

Encarna Otero

Privilexios ou igualdade: disposición adicional 17

15:00 01/08/2007

Eis porqué quero manifestar como directora xeral, é dizer, como cargo do goberno galego a miña discrepancia e oposición a Disposición adicional 17 da modificación da Lei da Función Pública Galega aprobada polo Parlamento Galego na sesión extraordinario do día 17 de xullo de 2007.

O termo aristokracia significaba segundo a súa orixe grega o goberno dos mellores, co paso do tempo pasou a definir a unha caste ou estamento privilexiada que acumulaba todos os dereitos e ningún deber e que transmitía o seu poder e riqueza polo sistema de herdanza en réxime pechado; no ano 1789 o pobo revolucionario de Francia eliminou o sistema de estamentos e privilexios sentando as bases da democracia en igualdade a través dos principios de liberdade, igualdade e irmandade tanto no político como no económico, principios básicos dos que nos nutrimos toda a cidadanía democrática en Galiza, en Europa e no mundo. Destes tres principios básicos emana o concepto da política como servizo público que todas as persoas que en ela traballamos e militamos debemos practicar e asemade transmitir. Eis porqué quero manifestar como directora xeral, é dizer, como cargo do goberno galego a miña discrepancia e oposición a Disposición adicional 17 da modificación da Lei da Función Pública Galega aprobada polo Parlamento Galego na sesión extraordinario do día 17 de xullo de 2007.

Os cargos públicos da Galiza democrática percibimos as retribucións que a lei contempla no exercicio do noso traballo durante o período que corresponde ao noso nomeamento, mais unha vez que este servizo remata, remata tamén o noso nível e as retribucións que del se derivan, mais o que non remata é o noso compromiso, ético e político con Galiza; polo tanto cando eu, como funcionaria pública volte ao meu traballo como docente quero ser igual en dereitos e deberes que @s compañeir@s que traballan comigo no centro de ensino onde teño o meu destino, e xunto con eles/as ser quen de reclamar se é preciso que a administración nos retribúa e considere o noso traballo coa dignidade da que somos merecentes; calquera outra situación sería privilexio e polo tanto mal uso do diñeiro público e contrario a práctica democrática que a política e a ética me esixe como militante, como galega e como funcionaria pública.

Quero pois dicirlle a@s compañer@s, amig@s que tamén os teño, cargos públicos do goberno galego que fagan público se así o consideran oportuno e así o pensan o seu desacordo coa Disposición adicional 17, e como en política ademais de pensar tamén cumpre actuar quero facer un chamamento a desobediencia política no acatamento desta norma e a insubmisión económica como criterio ético para deste xeito contribuír a que Galiza e o seu Goberno sexan mostra de ética rexenerativa.

Xan da Coba dijo...

Menos mal que o dice a Encarna Otero,que si o digo eu,cómenme vivo...

Xanta-Cobras dijo...

O que había era que chimpar con todo o sistema de selección de funcionarios públicos,ou sexa as oposiciós actuáis.As oposiciós sólo selecionan ós que son capaces de aprobar oposiciós.(Cousa que que non é o que teñen que facer despóis).Selecionan ós dispostos a entrar nese xuego humillazón-recompensa.Exámenes tipo test,sitemas de puntuación risibles,qué cachondeo...E logo,provilexios aristocráticos. "Por algo aprobamos una oposición" lémbrame aquel "por algo ganamos la guerra" dos fachas...Como se o Estado estivera pra premiar méritos personáis,papaíto Estado que me compra una bici por que aprobé todo...
E logo,estes privilexiados que non demostraron máis que "ser capaces de aprobar unha oposizón",burócratas por definición,copan os postos políticos,nos que se requiren outras capacidades de índole totalmente diferente,iniciativa,capacidade de resolver problemas de maneira novedosa,o contrario do "papeleo"...
Paro aquí.Xa seguiréi a outras horas,que o meu psicólogo díxome sólo cinco minutos...

Maruxa Repeiteada dijo...

Cómo me gostaría que houbera unha revista sobre murmuración galega("cotilleo" en castelán) .Tanta dependencia de Madrid,da sua salsa rosa,do seu corazón corazón,das folklóricas andaluzas.Eiquí todolos editores son xente tan cultísima,que o galego asóciase a contidos cultos.Eu quería unha revista en galego coma o "Hola",que falara do modelito da segunda esposa dalgún conselleiro ,da primeira comunión do neto dalgún empresario galego.Exclusiva da boda dun alcalde...As lengoretas coma mín habiamos ler en galego coma loucas...

Anónimo dijo...

Moi ben por Encarna, ten dende agora todo o meu apoio, como política galega.
E o meus desprezo sincero a todos os politicos galegos que non critiquen esta desigualitaria lei.
O meu desprecio sobre todos para os politicos do BNG que non o fagan, por ser eu participe en moitos aspectos dese proxeto, e agora sentir vergoña allea por uns comportamentos que se aproximan ao neocaciquismo, a corrupción, e as prebendas tipo antigo rexime.
Miguel Aristua

Anónimo dijo...

PPdeG e PSdeG enfadan con Encarna Otero por rexeitar o complemento ao soldo dos altos cargos
"Teño entendido que é delito a desobediencia ás leis", opinou o secretario de Organización do PSdeG e conselleiro de Traballo. Encarna Otero propuxera en Vieiros a "insumisión" económica contra o privilexio concedido aos altos cargos da Xunta.


Méndez Romeu defende o privilexio e suxírelle a Encarna Otero que dimita

Redacción - 09:30 03/08/2007
Tags: altos cargos Encarna Otero soldos
"Cando eu, como funcionaria pública volva ao meu traballo como docente quero ser igual en dereitos e deberes que os compañeiros e compañeiras que traballan comigo no centro de ensino onde teño o meu destino, e xunto con eles e elass ser quen de reclamar se é preciso que a administración nos retribúa e considere o noso traballo coa dignidade da que somos merecentes; calquera outra situación sería privilexio e polo tanto mal uso do diñeiro público e contrario a práctica democrática que a política e a ética me esixe como militante, como galega e como funcionaria pública".

Así o expoñía este mércores en Vieiros a actual Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda. Referíase Encarna Otero á reforma da lei de Función Pública e a polémica disposición adicional 17, que fixa un gorentoso complemento salarial para os altos cargos por unha cantidade de 14.721 euros até a xubilación. Malia que ela mesma se podería ver beneficiada por eses cartos no seu momento, subliña no artigo o seu desacordo con ese privilexio e pídelle ao resto de altos cargos da Xunta que fagan presión contra a norma. Así, Encarna Otero propón mesmo a "insubmisión" económica como "criterio ético", opinando que só así Galiza e o seu Goberno poden ser exemplo de "ética rexenerativa".

Populares e socialistas anoxan
O posicionamento de Encarna Otero acendeu xa as primeiras críticas no ámbito das formacións políticas. O secretario de Organización do PSdeG, e tamén Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, considerou que "non foron as manifestacións máis afortunadas" de Otero e limitouse a sentenciar que desobedecer unha lei "é delito".


Desde o PPdeG, que apoiou e emendou especificamente a reforma lexislativa que amarra ese incremento salarial para os que foron altos cargos durante os sucesivos gobernos populares, tamén houbo pronunciamento este xoves. Así, o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, desviou o desafío de Otero e limitouse a recomendarlle ao bipartito que "a austeridade ten que iniciarse noutros lados", citando o que cualificou de exceso de asesores en Vicepresidencia ou a compra en Presidencia dun coche por valor de 250 mil euros.

Nos dous casos, tanto socialistas como populares evitaron referirse ás implicacións éticas sobre as que desafía Encarna Otero no seu artigo en Vieiros.

Unha reforma que "só valeu para consolidar os salarios dos altos cargos"
Así a analizan desde CCOO-Galicia, lamentando ademais que garanta esas cantidades extra mesmo "con efectos retroactivos". Recordan tamén que a polémica disposición adicional non foi sequera negociada cos representantes do persoal. "Só beneficia uns poucos e hipoteca, polo custo que supón, as futuras negociacións do conxunto dos empregados públicos", denuncian, insistindo en que os contidos reformados non garantirían "nin máis profesionalidade nin máis transparencia".

Tamén belixerantes son desde a CIG, criticando o "sobresoldo vitalicio" concedido aos altos cargos, que abranguerá sen distingos até dous milleiros de persoas, desde directores xerais até delegados provinciais ou directores de entidades e fundacións. Un gasto extra que cualifican de esaxerado e que lle permitiría ademais a moitos funcionarios cobrar grandes cantidades sobre o soldo de actuais compañeiros aínda facendo o mesmo traballo. Refírense así a unha utilización "interesada e mercantilista" da reforma.

Por outra parte, o chamado Movemento de Igualdade no Emprego Público, aproveitando o artigo de Encarna Otero reiterou a súa posición en contra da disposición adicional 17. Cualifican de "atentado" a reforma da que opinan que "racha o principio básico de obxectividade no acceso ao emprego público". Ao respecto presentaron un recurso diante da Fiscalía contra a reforma e avanzan que acudirán tamén ao Valedor do Pobo. Así, solicítanlle a Emilio Pérez Touriño que se derrogue a lei.

Cartafol do Mandeo dijo...

pois que sexa un bo verán

Anónimo dijo...

alguén sabe onde se pode atopar este documental enteiro?
http://br.youtube.com/watch?v=vJ0zQ-eXLiw

AVMF dijo...

TERS NOITES SEN DURMIR, POR Afonso Vázquez-Monxardín
(GALICIA HOXE, 6 DE AGOSTO 2007)

En decembro do 1994 pasei tres noites sen durmir. Cadrárame estar nun tribunal de oposicións e dous alumnos que sacaron cadanseu 9,5 e 10 nos exames feitos perante nós, os profesores que xulgabamos competencia e sabencia, non obtiveron logo praza por non sei qué argallada de despachos, puntos, sindicatos, pactos, acordos, etc.

Cando me enteirei como era a cousa, abrín a boca. Pero calei porque escoitara dicir que era a última vez, que se facía para regularizar unha situación de non sei que colectivo e que a partir daquela todo ía ser oposición libre. (Busquei ao do dez ata encontralo, deprimido, detrás dun mostrador familiar nunha vila de Ourense. -Máis de dez non vou sacar... así que non me volvo presentar. Pedinlle desculpas aínda sen ser responsable, e tratei de animalo. Tampouco durmín aquela noite-).

E agora, para o meu absoluto pasmo, trece anos despois, outra aínda peor. Anúnciase, incluso, que os que non deron interpretado expresións tan escuras, estrañas e dífíciles como "número de páxinas" ou "tipo de letra", pasarán nas listas de futuros profesores substitutos por diante dos que levan hoxe sobresalientes pero non tiveron oportunidade cronolóxica de teren "experiencia".

Mi madriña! ¿Como se chama isto? A progresismo non cheira. Un meu amigo sindicalista aclaroumo hai trece anos dunha forma diáfana. Gañoume puntos pola súa sinceridade e ao tempo contribuía a aclararme algunhas cousas. Díxome textualmente: "Os sindicatos defendemos os intereses dos afiliados e non xustiza ou dereitos sociais abstractos".

Exactamente. Ás veces, moitas, ambas as cousas poden ir na mesma liña -condicións de traballo, subas salariais...- pero outras, como no caso presente, en sentido oposto, ou sexa, os sindicatos foron neste tema, en contra da xustiza e dos dereitos sociais da maioria "abstracta".

Esa maioría social representada polos opositores libres que ven prostituído o seu dereito a competir en igualdade polo posto de traballo ante a presión sindical e a transixencia da Administración en favor da minoría privilexiada. E entre os privilexiados, aínda unha pequena minoría concreta e afiliada que non aprobou a oposición, sen competencia contrastada pois, e que, cos seus competidores pexados e maniatados, seguirá ocupando un posto de traballo aínda que algúns non entendan ben o significado da críptica expresión "sesenta páxinas". Moito ollo. Que así, pouco a pouco, auparon a Sarkosí.

Anónimo dijo...

Unha vergolña e un escándalo perpetrados por un goberno de esquerdas. Pasaredes á historia, nachos. Que goberne necrana, sáenos máis barata

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Pataca minuta, ao lado dos italiáns. En breve, verán "como se las gastan" (nunca mellor dito). Aquí non pasamos de raterillos de pouca monta.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Como foi aquí neste blog, onde prometín facer unha crítica do libro La casta por invitación do ex apc, agora apicultor, advirto que fixen unha entrada no meu blog a ise libro. Se o consideran vostedes oportuno podo trasladar toda a información a este blog. Resulta moi instructivo, en todo caso.

apicultor (antigo a.p.-c.) dijo...

Vaia, xa está funcionando en condicións o blog. Un saúdo a todos en primeiro lugar e que a reentré sexa frutífera (xa, xa sei que é unha idea piadosa!).

En relación ao libro "La Casta", que tan xentilmente nos vai comentar o amigo Arume, e que ven moi a conto coa que está a caer en Galicia, estaría ben que Valcárcel dese cabida como post independente o texto (igual ca fixo cos do amigo González). Iso sen menoscabo que o propio Arume os reproduza tamén no seu blog.

marcel swann (vedraño marcel swann) dijo...

Coincido punto por punto co exposto por monsieur Mon-Jardin

marcel swann dijo...

Saúdos á concurrencia do blog. Espero que o vrao lles fose frutífero. A min pouco, así que terei que traballar o dobre até polo menos Natal. Sorte que teñen vostedes de ter tempo para bloguear... eu terei pouco.