23 sept. 2007







Arturo Baltar.


Pan por Pan domingo 23 setembro

Nesta cidade chamámoslle Museo ó que non é tal cousa: velaí a sala de exposicións do Concello, que debería axustar o seu nome para non crear máis confusión. En cambio, somos cutres á hora de crear institucións onde se poida ver a obra dos nosos artistas. Por exemplo, Arturo Baltar. En calquera cidade europea estarían encantados de poder exhibir o mundo marabilloso deste xenial artista, fillo do pobo, alma do pobo. Da súa inxente produción só está accesible, en parte, o seu Belén da Praza de San Cosme. Había un proxecto para crear un museo coa súa obra nunha casa anexa á do Belén: Que foi do mesmo? En que situación está? Tardaremos lustros ou décadas en velo facerse realidade? O bo de Baltar, home modesto, tranquilo, segue ás súas cousas, como xenio anónimo. A cidade está en débeda cos seus grandes artistas: con Arturo Baltar, en primeiro lugar.
(Nas imaxes, dúas pezas do escultor: Árbore, 1977, e Ero de Armenteira, 1975, da colección Caixanova)

4 comentarios:

Xoan da Coba dijo...

A mín cáeme moi bén Arturo Baltar por que é do meu mesmo símbolo zodiacal.(Esto é unha carallada pra encetar o post,pero é certo)

marcos valcarcel dijo...

E eu encóntrolle a vostede, amigo XDC, riscos de xenialidade que tamén podería compartillar co querido Baltar. Dígollo de verdade (visto o estilo destes días, haberá que explicitar cando usamos a ironía).

Xoan da Coba dijo...

Co señor Arturo Baltar teño partillado algúns viños e algunhas conversas agradables no "Gaimola",pero fai tempo que está moi recluido na súa casa de campo e sáe pouco.

Xoan da Coba dijo...

Entrevista a Arturo Baltar no Faro de Ourense de hoxe.Mágoa que na edición dixital non veñan as fotos da edición impresa.

Arturo Baltar no Faro