28 sept 2007

Axenda outubro

Abrimos unha nova sección mensual de Axenda de actos, que xulgamos de certo interese. Pódese ir ampliando coas achegas de todos os contertulios.

5 outubro (12 h.). Politécnico, Campus Ourense. Inauguración curso universitario: conferencia do profesor Jesús de Juana, “Historia e galeguidade”.
8 ó 28 outubro. Centro Simeón Ourense. Exposición A Escola da Segunda República. Conferencias os días 9 (Juan Jorganes Díaz), 17 (Eugenio Otero Urtaza) e 25 (José Luís Fernández Díaz).
16 ó 19 outubro. Liceo de Ourense. Ciclo Centenario Arturo Vázquez Núñez. Exposición biobibliográfica, Ofrenda Floral no Cemiterio de Ourense e ciclo de conferencias: Francisco Fariña (AVN e a Comisión Provincial de Monumentos), J. de Juana (Biografía AVN) e M. Valcárcel (AVN e o xornalismo ourensán).
27 outubro, sábado. En Vilardevós, presenza do poeta Antonio Gamoneda (segundo nos informa o amigo Xosé C. Caneiro).

45 comentarios:

lourixe dijo...

Seguramente non se trata de cultura á altura dos preclaros contertulios desta solaina, mais non podo evitar publicitar un evento que mesmo recolle LVG ainda que gosto mais do comentario enxebre en Malmequer, o rexurdimento do Castañazo Rock en Chantada o día 3 de outubro.

Anónimo dijo...

Non se esquezan de mercar mañá sábado o xornal "Público", que por 50 cms. que custa agasallan co filme "Camiño a Guantánamo", oso do prata Berlín 2006.

Anónimo dijo...

Como se nota que é vostede ben nova, señorita Lourixe. Pero comprenda que aquí o que predominan son as idades máis provectas, esas que son máis de estar sentados escoitando música tomando un gin-tonic que de dar choutos neses festivais bebendo litronas. Quizais Arume, se vai ben dos puntos, sexa o único que se anime.

Anónimo dijo...

Se nos poñemos así, creo que o domingo xoga Messi.

lourixe dijo...

Si, iso da poltrona e dos prexuizos é moi propio da senectude. ;-) Non lembro ter bebido unha litrona en toda a miña vida.

Anónimo dijo...

Era unha brincadeira, Lourixe. Que xa sabemos que é vostede unha moza seria, formal e recatada.

Anónimo dijo...

Tamén tivo lugar fai unhos días o evento "rock na muralla",en Lugo.Atopéi pola rúa ós amigos compoñentes dunha das bandas,desas que fan un ruido que mete medo.Falábanme de non séi cantos miles de millós de Vatios de son,i eu pensaba,pros méus adentros,"Pobriño XM Glz,pobriña muralla,ter que agoantar eso"

Anónimo dijo...

A quen poida interesar:

Hoxe, na web, de El País, pódese escoitar enteiro o último disco do Boss. Eu estou coa primeira canción: volve o Bruce enerxético!

Anónimo dijo...

Ao mellor vémonos na do 5 en Ourense. Cun pouco de sorte e coa xenerosidade do chofer, o amigo Occam.

Anónimo dijo...

E logo que hai o día 5 en Ourense? Se é tan interesante haberá que ir.

(O novo disco do Boss non é nada do outro mundo, francamente)

Anónimo dijo...

Eu non poderéi ir.Non deixan entrar ós vagamundos borrachos.

Anónimo dijo...

Ah, xa sei! Despois disque dan uns pinchos. Vai ir disfrazado ou de paisano, Arume?

Anónimo dijo...

Eu sempre chego ao himno (o gaudeamus, non vaiamos molestar) e despois ao ágape que, segundo teño entendido, é dos mellores da comunidade autónoma. E para iso o disfraz é incómodo, aínda que baixo o birrete se poden acomodar uns petiscos para a merenda.
Por favor, don Xan: fágase ver.

Anónimo dijo...

Alí nos vemos tod@s, pois.

Dou fe de que o ágape é excelente: estiven na lección de Bonet Correa de hai dous ou tres anos.

Despois de atiborrámonos a canapés e copas de viño, podemos ir tomar uns "cafeses" a unha desas boas cafetarías que hai en Ourense.

Anónimo dijo...

Páseno ben, que o día 5 é San Froilán e ao patrón -quitado no 76, que estaba na mili e non lembro- só lle faltei na vida unha vez. Empecei a carreira xustamente ese día (no 1971) e estaba na aula coma un cravo; un, que era mozo e pretendidamente cumpridor, pero moi inexperto.

Anónimo dijo...

Mágoa que non poida vir, amigo Saavedra (se mo permite, chamareino polo segundo apelido de seu pai, máis acaído a súa personalidade que o máis común de González).

Anónimo dijo...

Por iso do común, seguramente, meu pai era coñecido en Lugo maiormente como Saavedra. A min, os seus compañeiros da Policía Municipal chamábanme "Saavedriña"; e meu irmán, "Saavedriña pequeno". Que lembranzas!

Anónimo dijo...

Logo vai, amigo Saavedra. Eu tamén tomo a liberdade (ou libertade?).

Anónimo dijo...

Vai por todos vostedes, amigos da solaina.

Un millón de amigos

Anónimo dijo...

E esta tamén:

Amigos para sempre

(Eh, eh, que eu tamén teño o meu corazonciño honey, que por algo son apicultor)

Anónimo dijo...

Ah, hoxe estou dun sentimental que tiro para atrás. Tamén esta canción de James & Carol vai dedicada a todos vostedes:

Tes un amigo

(Veña, cantemos todos xuntos!)

Anónimo dijo...

A malograda Eva Cassidy tamén fixo unha versión desta imperecedeira canción de Simon & Garfunkel.

Para que os amigos Saavedra e XDC a toquen coa guitarra:

Ponte sobre augas turbulentas

Anónimo dijo...

Chet Baker ou como aproveitar un delgado fío de voz, complemetario da trompeta:

Time after Time

Anónimo dijo...

Naquela época todo o mundo andaba namorado de Carole King e o seu Tapestry. Cantas veces teño mirado eu aquela portada. Un icono dos anos 70.
Coma aquela de Bridge over troubled waters con Simon & Grafunkel desenfocados ou a dos Greatest Hits sentados á beira do lago de Central Park. Eu comprara aquelas botas de "piel vuelta", "carapijos" (como lles chamaban vostedes?) que levaba Paul Simon. Aínda o meu irmán os leva, mercados nas feiras porque fóra deses lugares non existen.
Time it was
and what a time it was.
A time of innocence.
A time of confidences.
Long ago, it must be,
I have a photograph.
Preserve your memories,
they're all that's left you.

Anónimo dijo...

Paul Simon, non, que leva unhas caterpillar. Era Arturín o que as levaba.
En todo caso, S&F son palabras moi maiores. Aquí a bágoa sae sozinha, sozinha.

Anónimo dijo...

Carole King e tamén Carly Simon, con aquel LP en cuxa portada ía en camiseta azul e na que... Lembran?

Sabía que ía entrar ao trapo, amigo Arume, porque é vostede un sentimental dos que xa non quedan.

Anónimo dijo...

As súas nenas han coñecer esta canción de Carly Simon.

David Paz Nóvoa dijo...

A portada do álbum Bridge Over Troubled Water é unha parodia do filme Cowboy de medianoite. Art Garfunkel vería sendo Joe Buck (Jon Voight) e Paul Simon sería 'Ratso' Rizzo (Dustin Hoffman). Mesmo nunha das fotos do álbum Paul Simon inclina a súa cabeza sobre as costas de Art Garfunkel imitando os xestos do amigo enfermo do cowboy. Despois de facer a banda sonora de O graduado, segundo parece, Paul Simon rexeitou a oferta para compoñer a de Cowboy de medianoite porque non quería converterse no compositor persoal de Dustin Hoffman.

Anónimo dijo...

Velaí a citada portada do album "No secrets" de Carly Simon.

Anónimo dijo...

Magnífica aportación a súa, amigo Paz Nóvoa (el non será vostede descendente do vello avogado republicano e autor da lei de redención foral da I República?).

Non sabía ese dato que apunta: extraordinaria película e aínda máis extraordinario album.

Anónimo dijo...

E falando de voces extraordinarias magnificamente acopladas, que me din de Crosby, Stills & Nash?

Anónimo dijo...

E cando se lles sumaba o incombustible Neil?

Crosby, Stills, Nash & Young?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pero, naquel momento, as cousas entre Art e Paul xa andaban tortas como lembrarán vostedes por aquela canción "The only living boy in New York":
"Tom (o nome de Garfunkel cando eran Tom e Jerry), take your plane right on time". Aquilo foi the end e houbo que agardar a máis tarde para velos de novo xuntos diante dun millón de persoas en Central Park. Non Central Pork, ollo, onde se xunta a flor e tona da intelectualidade viguesa. Por certo, onde anda o Leituga 1?
Pero, amigo Apicultor, por que me fai isto?

Anónimo dijo...

Os catro cantando e tocando Carry on.

Anónimo dijo...

Para que disfrute sufrindo, amigo Arume, para que disfrute sufrindo...

E agora a guinda: Neil Young cantando Heart of Gold.

Anónimo dijo...

Aquí Neil Young convocando os espíritos de Bob Dylan e Jimi Hendrix.

Anónimo dijo...

O vello e combativo Neil Young dándolle brasa a George Bush jr.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para APICULTOR:
aínda que non teño a sorte de coñecelo en persoa, o amigo David Paz Nóvoa e mestre por terras mariñeiras (Vilagarcía) e licenciado en xornalismo, conduce o blog www.madialevo.blogspot.com
dende xullo do 2006 e é fillo do profesor e pedagogo e cinéfilo Xosé Paz, que Apicultor si coñece.

lourixe dijo...

Cantas veces se abre un mesmo curso escolar na universidade? Quixen facer onte unhas xestións na USC, estaba todo fechado pola apertura do curso -cerimonia que se hai que crer os medios de comunicación, partillaban as tres universidades nun acto común presidido por Senén Barro en Compostela. E agora me vindes con outra cuchipanda o día 5 en Ourense? Qué duro é o laburo!

Anónimo dijo...

Non se nos queixe, señorita Lourixe. Veña vostede tamén á chupipanda de Ourense, que lle habemos facer un oco. Obviamente, sería unha redundancia dicirlle que viñese elegante a quen é de natural elegante.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Cánta razón leva, amiga Lourixe! Pero aínda podería empeorar (ou mellorar según se mire) se os campuses (ou campi) de Pontevedra e Vigo decidiran facer a súa. Non dea pistas.

lourixe dijo...

Quen me dera adicarme á eterna xoldra universitaria, señor Apicultor! Pero eu teño que traballar para manter unha familia de dúas cadelas e tres gatas, e nin respeto os festivos lucenses! Páseno ben e beban unha á miña saúde.

Anónimo dijo...

As gatas,mantéñense sóas,Lourixe.

Venme de lembrar vostede un relato de Hemingway,no contexto da guerra civil española.

Marchaban pró exilio os veciños dunha póboa recén tomada polo bando nazonal,asistidos por forzas extranxeiras pro-República.A esas forzas pertencía Hemingway (o relato transcurre en primeira persoa).Un velliño só tiña pena dos animáis que deixaba atrás: "Pobres chiviñas,pobre can,pobre gato.Boeno o gato non vai ter problema.Pobres chiviñas e pobre can".E non facía outra cousa que repetir eso,namentras as bombas seguían caendo tras él.

Anónimo dijo...

Sae hoxe na edición ourensá do Faro unha entrevista a Jesús de Juana,sobor do contido da conferencia inaugural anunciada neste post.Non aparece na edición dixital.
Notas do meu caderno,trala leitura (caligrafía terríbel,no orixinal):

-Galeguidade=Identidade Galega
-Identidades,referéncianse unhas ás outras.(=cobran sentido unhas frente ás outras,coma os diferentes órgaos dun ser vivo,todas son importantes)
-Igualazón cultural=máxima entropía,dexenerazón,morte.

Anónimo dijo...

(Non séi se caso de poder asistir á conferenza,as anotaciós no caderno serían as mesmas)