28 sept 2007

O primeiro Pulgarcito.
Pan por Pan 28 set.

Todos coñecemos a mítica revista Pulgarcito, que acolleu a personaxes como Tribulete, Dona Urraca, Zipi e Zape ou Mortadelo e Filemón. Pero isto foi dende 1947. Antes existiu unha revista infantil ilustrada do mesmo nome, fundada e dirixida por Juan Bruguera en Barcelona. Custaba 5 céntimos e publicaba contos e lendas, textos folletinescos, biografías de grandes homes e historias gráficas de aventuras cheas de piratas, bandoleiros, cortadores de cabezas ou heroes como Gastón de Lis. Contaba con sección patriótica coas notas de guerra “Los héroes del Riff” e textos piadosos e caritativos como “Hermanita de los pobres”. Ediciones B publicou no 2000 un tomo cos 40 primeiros números deste Pulgarcito orixinal, que alguén me agasallou. Milagres da imprenta: ten a súa graza ler, dende tanta distancia, as historias infantís dos tempos dos meus avós.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo de ver un número do Boletín Galego de Literatura dedicado enteiramente ao cómic ibérico. Parece interesante.

Anónimo dijo...

O índice é este: coñecéndoo moi ben ao primeiro de todos, pode resultar apoteósico.

Estudos
Juan Casas Rigall: Mundo medieval e ideoloxía no tebeo do franquismo: de El guerrero del antifaz a El capitán Trueno.
Breixo Harguindey: As Cantigas de Santa María: obra mestra das orixes da historieta.
Germán Hermida: BD 2005: Apuntamentos e dirección.
Ana Merino: O cómic español en vías de extinción.
Gemma Lluch: Literatura, televisión e cinema: narrativas en contacto.
Alvaro M. Pons: Unha arte democrática. O tebeo como espello da sociedade dende o século XIX até os 70.
Iratxe Retolaza: Breve percorrido pola banda deseañada vasca.
Marie Manuelle Silva e Rui Malheiro: A banda desenhada portuguesa: autores, temas e tendências.
Henrique Torreiro : Algunhas reflexións en torno á banda deseñada na sociedade peninsular actual.
Rubén Varillas: A noción de estilo no cómic. Posibilidades para unha revisión diacrónica das tendencias comicográficas.

Encontros
Antonio Gil/Xaime Asensi: En Compostela, con Paco Camarasa e Miguelanxo Prado.


Libros
Julián Acebrón, e Ana Merino (eds.): Del fanzine al manga yaoi. Lesbianes, gais i transsexuals al comic. (Margarita García Candeira).

Anónimo dijo...

Pulgarcito ven do dedo "pulgar".
¿Algunha alma caritativa pódeme decir os nomes dos dedos en galego?

Anónimo dijo...

Esas caras nos ovos lembr�ronme a Humpty Dumpty,ovo antropomorfo no conto de Alicia.Hai moitas ilustraci�s na rede.Esta parece sacada de Soth Park

Humpty

Anónimo dijo...

Oa chistes foron tamén moeda de cambio na miña época.Un sistema monetario paralelo prós nenos daquela,que andávamos sempre sen cartos.Outra moeda eran canicas.Había quen colecionaba chistes ou canicas nos pra lelos ou xogar.Só pra ter a sensazón de "ser rico".

Marcos Valcárcel López dijo...

Non deixa vostede de sorprenderme, amigo XDC. Adiántase coas súas palabras ó meu (ó noso, quizais) pensamento: de certo as canicas e os chistes eran valor de cambio e qué sensación de poder aqueles que ían con bulsas cargadas de canicas de todas as cores e tamaños. Cantas carreiras botei eu coas canicas polo chan, facendo carreiriños, no Parque de San Lázaro!! Aí quedou unha parte da memoria do neno que fun.

Anónimo dijo...

¡ Cola e rei,de veras,Marcos ! ¡Rei da foca !. Vou sacar a "cháfora"...