4 sept 2007

Querida bandeira (Afonso Monxardín, Galicia Hoxe, 4 setembro)

Tiven que frear de golpe. Acababa de pasar Castro Dozón cando vin o home cunha elegancia natural e hierática parado no medio da estrada. Semellaba ter uns setenta anos. Gastaba pantalóns de pana, boina e camisa clara. Pousaba no ombreiro esquerdo un inmenso paraugas negro co que se protexía do sol. Na man dereita sostiña firme un pau cunha bandeira que se notaba feita con cariño. Destacaban nela, sobre o fondo branco, unhas grandes letras "Bio" que non nos indicaban a vocación ecolóxica do abandeirado -tampouco a negaban- senón que o home usara un cacho de saco de penso para facela.
Parei, ollei polo retrovisor e puxen precavido os catro intermitentes. Mirei entón o home que coa súa presenza enchía o centro da estrada e pensei se estaría el ben da cabeza. Sen mover unha bandeira que colgaba de lado como vira eu facer aos gastadores nas procesións do Corpus, sorriume convencido. Un toliño, estaba empezando a pensar, cando de repente desde a beira dereita cruzan case correndo seis preciosas vacas rubias. Tanguíaas unha señora tamén maior, cunha aguillada máis grande ca ela, e animábaas -abilloei, ei vaca bei- a seguir o seu camiño tradicional, arestora cortado por esa estrada na que eu conducía un coche de moita tecnoloxía saído das fábricas proletarias de Vigo, na mesma nación pero noutro tempo.
O home, satisfeito, cruzou ­unhas palabras que non escoitei coa muller, enrolou a bandeira no pau como tantas veces fixemos todos na mocidade en Compostela, botoulle man polo saco para que non se desenvolvese, olloume de novo, azaneou educado e agradecido a cabeza de arriba abaixo e seguiu o seu camiño.
Un, que vai tendo unha tépeda aversión polos símbolos, insignias, himnos e bandeiras, acababa de encontrar unha pura. Con pau da terra e zume de xente. Con sentido común. Non para significar grandes construcións humanas, desexos ou parvadas (hai bandeiras de países, cidades, equipos de fútbol, bebidas, aceites de coche, gasolinas ou tabacos...). Esta fora concibida para algo esencial, práctico, útil, cotián. Para chamar a atención e facilitar a convivencia entre o gando tranquilo e un pai apurado que vai buscar a filla a un campamento da Xunta na outra punta do país. Ademais era branca, puña "bio" e parei ante ela. Declárome, pois, cidadán da república representada por esta bandeira. A miña.

34 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto e o manifesto de "Galicia bilingüe", que anda rulando por aí, é do máis sensato que levo lido neste vrau... pero non.
A tépeda aversión polos símbolos patrióticos estaría moi ben de non pasar séculos tendo que bicar, simbólica e "realmente", a española. Que lle pregunten, por exemplo, aos (familiares) dos paisáns expulsos de Cortegada.
Galicia ten que protagonizar o seu presente e o futuro, sr Monxardín. Por desgraza, ese home de setenta anos que vostede viu na estrada viviu anos e anos non coñecendo senón a "rojigualda", a de "Todo por la patria" (a deles), a que tivo que bicar naquelas milis de dous anos, a que viu na estación de tren ou no peirao cando tivo que emigrar. Da galega non sabe nada. Quere o sr Monxardín que as novas xeracións descoñezan cal é a súa?

Anónimo dijo...

Os símbolos compiten no mundo dos símbolos.Cobran sentido entre outros da súa mesma natureza.A bandeira galega só tén sentido frente a española i as outras todas.Nun sistema de signos tódolos significados se definen por oposición entre eles.Por eso,nunca entendo qué pinta unha bandeira entre argumentos.Os argumentos que compitan entre eles,i as bandeiras ,coas compañeiras, trasmitindo o seu sentido,por ex.nos pódios deportivos...

Anónimo dijo...

Dende logo as bandeiras que máis emociós disparan hogaño son as dos clubes de fútbol.Dito sexa de paso,a mín déixanme frío todas elas...

Anónimo dijo...

Góstame moito cando vexo a alguén envolto na súa bandeira favorita,bén apretada.Os psicoanálistas saben que se está envolvendo nunha placenta ,adoptando unha posición próxima á fetal.Cando se desenvolve,síntese "parido" pola bandeira,e considéraa a súa nae.Fíxense nese detalle,por ex.nos partidos de fútbol...

A ver se avanza a enxeñería xenética e podemos ter fillos que se gesten nunha placenta con bandeira impresa.E o mellor tamén pode vir xa na pel do rapá...

Non séi se se dí "placenta" en galego.Na aldea chmábanlle "libre".

Anónimo dijo...

E tamén xa está bén de bandeiras nun trapo.¿Non avanzan as tecnoloxías?.Que alguén comercialice bandeiras holográficas.Serían a sensazón dos máis novos

Anónimo dijo...

Fermoso e sentido artigo o do señor Monxardín. Os meus parabéns.

E a monsieur Swann (ex Marcel) teño que darlle unha noticia: Franco xa morreu hai ben anos, concretamente en novembro de 1975.

Daquela, condearnos agora -nun efecto contrario- a bicar unha nova bandeira (a nosa), é un exceso que nos chega a fartar.

Dado que estivemos obrigados durante séculos (sic.) a bicar a bandeira española, pregúntolle a monsieur Swann (ex Marcel) cantos séculos calcula que deben pasar até que deixemos de bicar a galega.

Anónimo dijo...

Para min que non se trata dun símbolo senón dun sinal. Pero sabedores da convencionalidade do símbolo, se se quere convertir ese sinal en simbolo, pois fago tamén del a miña bandeira. Unha bandeira que nace expontaneamente, que axusta unha necesidade a un dereito, o dos gandeiros, o das vacas, o da natureza, o transito entre o pasado e o futuro no presente, que un crecemento cego e pouco intelixente cega. Pois sí, pode que nesa accidentalidade de conductor Monxardín topase cun simbolo, e os simbolos xa se sabe, dan que pensar. De que serbiron tantas bandeiras se ao final un labrego ten que recurrir a un trapo para que se respete o seu modo de vida.?
Seguino coa ecoloxía, señor Apicultor supoño que estará vostede moi preocupado polas súas amigas as abellas, a poboación esta a desaparecer en todo o mundo, sen que até de agora se enconre unha causa. En Usa, a poboación reduciuse a metade, e por aquí, a situación é moi preocupante.

Anónimo dijo...

Xa lera algo na prensa sobre a desaparición das abellas, amigo Jimmy. Seica non se dá encontrado o motivo. Pero algúns avanzan que pode ser consecuencia dos efectos das ondas da telefonía móbil, que disque as desorienta e non dan chegado ao panal. Se ademais lle engadimos periódicas plagas, quizais así se explique a súa redución.

Dito isto, o meu novo nickname é irónico: respecto ás abellas, pero cando máis lonxe mellor.

Anónimo dijo...

Quén sabe.Pode ser.Os expertos dicen que as abellas se guían polo Sol.Pero claro,ó mellor non é polo astro en sí,senón por determinadas radiaciós do seu espectro,que moi ben poideran estar tamén nas emisiós dos móbiles...

Anónimo dijo...

Hai poucos anos un coñecido republicano coruñés chamado Paco Vázquez e por máis señas alcalde durante moito tempo,colocou unha bandeira xigantesca como remate a outras moitas horteradas que estendeu pola cidade e que fixeran as ledicias de moitos intelectuais locais ,de esquerdas e de dereitas.A intención (aparte da de perpetuarse na memoria das xentes) era a de facer tragar o último sapo aos seus adversarios politicos nacionalistas.Non contaba con que os irados ventos da Coruña botarían por terra a súa ocurrencia.E aínda ben que non houbo desgracias maiores!.
E en intres tan sinalados,onde estaba o ben intencionado (non é ironía) señor Monxardín e outros coma el ?.Quizais,tratándose da bandeira española,era un asunto de demasiado calibre.Mellor non entrar a debater.
E é que moitos dos intelectuais galegos cando miran cara Galicia.Cando se trata de reivindicar as señas propias de identidade (símbolos ,etc),adoitan mostrar unha actitude anarco-nihilista (chamemoslle así) que os leva a meterse en "profundas" teorías filosoficas para concluír negando ,con carácter xeral, a necesidade mesma do símbolo.Outras veces,o resultado, é unha historieta rural como a que nos ocupa que pode servir para tranquilizar a conciencia do señor Monxardín,pero non para tratar istes temas con profundidade.
Eu aconsello,se o termo "símbolo" lles resulta moi pesado e cargado de intención, o sustituian polo de "marca" e verán como fican máis tranquilos.
Por favor:non disparen sempre na mesma dirección.Sexan máis coherentes e máis comprometidos.Non lle fagan o xogo a todos os que pensan que unha medida en positivo sempre significa un elemento máis na confrontación.

Anónimo dijo...

Hai poucos anos un coñecido republicano coruñés chamado Paco Vázquez e por máis señas alcalde durante moito tempo,colocou unha bandeira xigantesca como remate a outras moitas horteradas que estendeu pola cidade e que fixeran as ledicias de moitos intelectuais locais ,de esquerdas e de dereitas.A intención (aparte da de perpetuarse na memoria das xentes) era a de facer tragar o último sapo aos seus adversarios politicos nacionalistas.Non contaba con que os irados ventos da Coruña botarían por terra a súa ocurrencia.E aínda ben que non houbo desgracias maiores!.
E en intres tan sinalados,onde estaba o ben intencionado (non é ironía) señor Monxardín e outros coma el ?.Quizais,tratándose da bandeira española,era un asunto de demasiado calibre.Mellor non entrar a debater.
E é que moitos dos intelectuais galegos cando miran cara Galicia.Cando se trata de reivindicar as señas propias de identidade (símbolos ,etc),adoitan mostrar unha actitude anarco-nihilista (chamemoslle así) que os leva a meterse en "profundas" teorías filosoficas para concluír negando ,con carácter xeral, a necesidade mesma do símbolo.Outras veces,o resultado, é unha historieta rural como a que nos ocupa que pode servir para tranquilizar a conciencia do señor Monxardín,pero non para tratar istes temas con profundidade.
Eu aconsello,se o termo "símbolo" lles resulta moi pesado e cargado de intención, o sustituian polo de "marca" e verán como fican máis tranquilos.
Por favor:non disparen sempre na mesma dirección.Sexan máis coherentes e máis comprometidos.Non lle fagan o xogo a todos os que pensan que unha medida en positivo sempre significa un elemento máis na confrontación.

Anónimo dijo...

Perdoen: son novo nesto.

Anónimo dijo...

Amigo Anónimo por partida doble: non sei onde estaba Monxardín (a quen felicito polo seu artigo), pero pódolle dicir que a colocación da bandeira no Orzán (que, por certo, seguía este verán de xeito máis discreto) a mín paréceme igual de arrepiante cós intentos miles de facer tragar himnos, bandeiras, marcas, insignias ou pins para mandilóns. De seguro que se fai con intención positiva (se se fai con mala intención, abofé que a maldade é ben inxenua) e que non busca a confrontación. Pero o curioso é que a atopa. Porque hai sempre xente atenta a estas cousas. Se non queres polémicas estériles, pois non a saques aos medios, se me permiten o símil taurino, xa que falamos de Paco e de A Coruña. Se queres que sexa polémica fértil, sácaa (con perdón) doutro xeito. Pero sacándoa así (con perdón) seguro que saen os de sempre desde a caverna. Pero o máis rechamante é que tamén saen os teus, que comezan a estar ata as narices de que andemos sempre co mesmo.

Anónimo dijo...

Ben.Fagámonos ,logo, seguidores da república e da bandeira do noso labrego.Pero,por favor, nono fagan aparecer como un fidalgo ou un abandeirado do Palio de Siena e si como o que realmente é:un home maior esquecido e só nunha estrada pola que alinda as vacas coa súa muller.Axudado dun retallo dun saco de piensos biona ou algo así.Non saberá moito de himnos nin de enseñas nin falta que lle fai pero tampouco lle viría mal saberse pertencente a unha comunidade que mira polos seus intereses,que defende o seu habitat e a súa cultura e,como todas as comunidades do mundo,aspira a ter ,sen que a ninguén ofenda,as súas propias señas de identidade.
Mellor lle iría.A el e a todos nós.

Anónimo dijo...

O paisano descrito por Monxardín (o de Biona ou bionic man) pertence á mesma comunidade ca Tojeiro (ou Toxeiro, como o coñecen en Aspontes), o dono de Gadis, que mira polos seus intereses, que defende o seu habitat e todo o que segue, mesmo as propias señas de identidade. E como Tojeiro, uns cantos miles que tamén pertencen a esa tal comunidade e que, como tales membros, han ter de seguro os mesmos intereses e, por suposto, a mesma identidade.

Anónimo dijo...

Pois vexan que o novo anónimo a min tráeme conforto, se non é moi descarado dicilo. A declarada vinculación á súa (nosa) comunidade extensa quítame desolación e evítame certo esforzo intelectual que, en véspera de exames, non pensaba tampouco intentar.

A do Monxardín é sen dúbida experiencia singular; o discurso leva tamén algún aceno persoal compensador de posible efecto déjà lu. Ese farrapo usado polo vello aparenta o feitío suposto das primeiras enseñas que houbo, suxire bandeirola, navío e sinal. Pero é de ver como xorde o apetecer do signo; diríase pracenteiro a máis de útil, en troques de placenta.

Ou igual só esbardallo.

Anónimo dijo...

Señor Arume:Vexo que vostede está xa co pulo e a moral suficiente para comenzar o asalto ao palacio de inverno do señor Toxeiro e os seus camaradas.Nesa batalla tamén me atopará a min.Pero mentras non atopemos o número suficiente de IMPRESCINDIBLES (que decía BeltorBrecht),propoñolle que tentemos lograr (no mellor estilo e tradición socialdemócrata) un país no que se respeten as lexítimas aspiracións de todos os seus cidadáns.

Anónimo dijo...

O problema é que os cidadáns dun país non teñen as mesmas lexítimas aspiracións. Na mellor tradición socialdemócrata haberá que chegar a acordos sobre mínimos para entendérmonos. O respeto polo himno e pola bandeira (aínda que a mín me pareza unha carallada) é un deles. Pero parece medida prudente non andar con exhibicións innecesarias. Pero tamén pode non haber prudencia. Pero entón hai que pandar e non lamentarse da esterilidade das polémicas.

Anónimo dijo...

Dunha anécdota simple, contada coa simple intención de mover un sorriso sacan unhas conclusións ideolóxicas ben fondas, meus señores. Moito leite deu esta vaca que pasaba... Ben, imos por partes.
Sr. Marcel Swann, non teño especial aversión pola bandeira galega nin nada que se lle pareza. Nada máis lonxe... nin máis preto. Quero que os nenos a coñezan. É branca e azul. Estética, bonita. Sen escudos nin estrelas nin nécoras, mellor, pero vaia, que cada un lle poña o que lle pete, se lle peta.
Sr. Xan da Coba, con significados que se definen por oposición… Non creo que a bandeira galega só teña sentido fronte a española… pero tampouco teño pensado moito sobre o tema. Sonlle agnóstico textil.
Sr. Apicultor, graciñas, pero non creo que ninguén pense en bicar bandeiras… co antihixiénico que é. Certo que na utilización de símbolos nas nacións emerxentes sempre hai cousas raras e algúns excesos. Como, por exemplo da bandeira galega e o himno nas festividades reivindicativas do primeiro de maio, etc. Solpréndeme.
Voulle repetir unha anécdota coa única vocación de botar un sorriso, que contaba o ano pasado desde Irlanda. Visitando o cárcere de Kilmainham Gaol en Dublín, un pesado guía nacionalisteiro falaba dos significados da bandeira irlandesa: o verde, Irlanda, o laxanxa, os protestantes oranxistas e o branco a paz entrambos e preguntounos se sabiamos o significado da bandeira española. Os meus alumnos puxeron cara rara... ¿A bandeira española? ¿Significado? ¿Nosa? e calaron. O guía, espabilado, falaba do vermello sangue e o amarelo o ouro o valor... os nosos soriron, porque o tema ese dos lenzos lle quedaba lonxe. Despois o guía con pinta de ex-IRA retirado, colleu un rapaz italiano despistado e preguntoulle polo significado da italiana... e o rapaz, avispado, arriscou: Pois o branco, “gli spaghetti”, o vermello, “i pomodori” e o verde “gli spinaci”. Unhas risas botamos todos... e o militante non o entendeu e revirou o fuciño.
Sigamos, Sr. Jimy de Rairo, simbolo, sinal e o que faga falta.
Sr. Anónimo... Da bandeira de Paco Vazquez... xa se encargou a natureza galega... e agora hai outras máis pequenas... e fin... son agnóstico e moderado, por iso non me gusta ningunha bandeira grande, especialmente as que se poñen para marcar paquete, como a do sr. Vazquez. ¿Que non falei daquela tea tan grandisma posta alá aos ventos do mar? O señor Anónimo pódeme enviar temas –non teño todos na cabeza- e así me pode botar unha mauciña para escoller. Grande o tema? Se cadra si, dado o grande qeu era a bandeira... O home aquel, non era de Siena. Sóubeno en canto o vin. No Palio sigo a bandeira do ourizo, a da “Contrada sovrana dell’ Istrice”. Teño unha e tamén a considero por miña.
En fin, eu que sei. Vou durmir. Boa noite.

Anónimo dijo...

As confrontacións simbólicas son unha auténtica peste. Unha pesadez que a min adoita provocarme un estado próximo á depresión, ao comprobar o grado de animosidade intersuxeitiva e mesmo entre colectivos amplos que poden suscitar trapos coloreados, marchas simplonas e baladas vagarosas sen que a experiencia histórica nin a evolución do mundo servise para aminorar tales belicismos. Con perdón para os amigos latinoamericanos que nos estean lendo, eu vexo o asunto este das pelexas por himnos e bandeiras moi sudamericano, no sentido de sociedades inseguras e pouco cohesionadas, excesivamente emocionais e demasiado tendentes a desviar a través do "patriotismo simbólico" as súas angustias e carencias. Entendo que se respete e se queira ás bandeiras e aos símbolos e non teño nada contra quen así o fai, pero ¿como é posible que persoas intelixentes e asisadas poidan perder a cabeza por estas cousas, como ocorreu estes días finais de agosto? E o de intelixentes e asisadas non o digo polos comentaristas de "El Mundo"...

Anónimo dijo...

Fago miña a pregunta última do Leituga, se ben eu con certa dose de retórica. Porque se "El Mundo" concita semellante adhesión de fondo -obviando, xaora, a tradución pedestre e titular inverosímil- cabe intuír que o soporte téxtil e a combinación melódica teñen un máis alá, aínda que difuso, ben difundido. Sorprenden a belixerancia, displicencia, topicidade... Podíase, en efecto, esperar máis madurez.

Un meu veciño do cámping ten certa teoría: "Se non o dixese Quintana, senón calquera outro, non facían puto caso". Veña pois o mandilón sen cruces gamadas, canten os nenos o Himno e o "Caracol caracoleiro", siga a vida infantil na placidez e a nacional no máis ben sosego. Xa virá outro motivo de discordia mediática, orixe de artigos varios e materia para intercambio solaineiro; xa que o vicepresidente, digo eu, non vai botar a vida calado.

Anónimo dijo...

Se sóio houbera dúas bandeiras,cada unha tería o que se chama un "bit" de información (se fosen equiprobables).Este é o concepto de "información de Shannon",no que se basa a informática.Se houbese unha sóa bandeira no mundo o seu valor informativo sería cero.
(E unha coña,só pra picar ó que anda decindo que os matemáticos son (¿somos?) xente revirada.)

Anónimo dijo...

Dín que a bandeira galega representa o río MIño que vai de traveso por Galiza.Se fora así,a banda azul debería ser a outra diagonal.Pero xa séi: como os máis xenuinos habitantes galegos son os mouros que viven baixo terra,así é como vén eles o asunto...

Anónimo dijo...

O branco do ceo e o azul das nubes e do mar. Iso é a bandeira galega. Escollérana para nós os nosos paisanos emigrados de América. Á actual da Xunta habería que sacarlle a coroa real porque Galicia non ten rei nin falta que lle fai.

A bandeira española é o pabellón imposto polos borbóns ("buena gente") e que, con sucesivas coroas e aguiluchos, chegou até os nosos días "desde hai séculos" (e non "sic" precisamente, sr. apicultor; incluso os que non somos "cultores" algo sabemos destes temas).

Anónimo dijo...

Vostede, monsieur Swann, dixo textualmente: "pasar séculos tendo que bicar, simbólica e `realmente´, a española".

Xa sei que procede dos Borbóns, o que si non sei é se desde comezos do século XVIII até a extinción do servizo militar estaba todo o mundo obrigado a bicala. Claro que, pondo o de simbolicamente, cúrase en saúde.

Anónimo dijo...

Creo que a bandeira española non ten tanta tradición. Paréceme que non se oficializa como tal ata o Século XIX, xa en época isabelina. Non é, falando con propiedade, unha bandeira "borbónica", pois a cor desta casa seica era o branco. Vén de non sei que corpo da Marina española. En canto á galega, hai discrepancias sobre a súa invención, pero a versión que recolle o señor Swann é a máis acreditada. Algúns engaden que o que fixeron os emigrantes galegos de La Habana foi engadirlle a franxa azul, símbolo do mar, non do Miño, ao que era o estandarte branco -coma o dos Borbóns, je, je-do antigo Reino de Galicia.

Anónimo dijo...

Con el advenimiento de la Casa de Borbón con Felipe V se sustituyó el diseño por otro: las armas reales sobre paño blanco. El blanco, propio de la Casa de Borbón, también era el paño utilizado en el siglo XVIII por las distintas ramas de los Borbones que reinaban en Francia, Nápoles, Toscana, Parma o Sicilia, además de España, por lo que Carlos III decidió cambiar el pabellón nacional de España, para diferenciarse mejor de estas otras naciones. Es así cómo el actual diseño de Bandera Nacional surgió con el Real Decreto de 28 de mayo de 1785 por el que Carlos III resuelve un concurso convocado para adoptar nuevo pabellón de la Marina, eligiendo dos diseños, uno para los buques de guerra, y otro para los buques mercantes (civiles), de entre las 12 propuestas que le presentó Frey Antonio Valdés y Fernández Bazán, en esa época Secretario de Estado y del Despacho Universal de Marina (Ministro de Marina).1
En 1793 se ordenó que este pabellón, utilizado hasta entonces sólo en los buques de guerra, ondeara también en los puertos y fuertes de la Marina, y finalmente en 1843, por Real Decreto de 13 de octubre, sancionado por la Reina Isabel II se ordena que todas las unidades militares españolas utilicen la misma bandera, a partir de lo cual se la consideró como bandera nacional. Desapareció la variante para "las demás Embarcaciones" (bandera mercante o pabellón civil). Este diseño se conserva hasta nuestros días, aunque ha habido constantes variaciones del escudo. Solamente la proclamación de la Segunda República Española en 1931, durante la que se utilizó una bandera tricolor de franjas horizontales de igual tamaño entre ellas, sustituyéndose en la franja inferior el rojo por el morado, constituyó un paréntesis en su uso. Tras la guerra civil, se volvió a la bandera bicolor, pero con el nuevo modelo de escudo, el modelo de 1938 (aprobado el 11 de febrero de 1938). Posteriormente, se cambió el escudo en dos ocasiones más, con los modelos de 1945 (aprobado el 11 de octubre de 1945), y 1977 (aprobado el 21 de enero de 1977), hasta el actual modelo de 1981.

Anónimo dijo...

«España tiene un problema: que los conceptos de nación, bandera y patria fueron secuestrados por el franquismo, de modo que aún no se ve con normalidad la bandera española». Todo esto pese a que «el origen de la nación es un concepto liberal; el paso de súbdito ciudadano». El investigador de la Universidad de Cantabria Luis Garrido participó ayer en el seminario sobre 'Nación y nacionalismo español en la época contemporánea', un proyecto de investigación al que se acaba de incorporar como especialista en el siglo XIX.

Para el joven historiador, «España sufre un problema que no tienen otros países, al menos de forma tan acusada, porque aquí en cuanto aparece la bandera, salvo que se trate de fútbol, hay un problema», tanto por la herencia franquista como por el «apocalipsis nacionalista -periférico-». En su opinión, este «complejo» no se superará hasta que «el franquismo se reduzca a los libros de historia» gracias a la llegada de nuevas generaciones que no lo hayan conocido. Aún así, Garrido no considera que exista un riesgo de ruptura de la nación española, aunque «quizá desemboque en en un estado federal, que es en parte lo que significa el Estado de las autonomías. Precisamente se utilizó este término por ser más neutro».

De hecho, recordó que existen varios proyectos de nación española -franquismo al margen-: «el conservador, el liberal y el republicano, que en algunos casos es federal, aunque no necesariamente». Lejos de considerarlo un problema, interpreta este hecho como «lo propio de un país europeo; lo anormal sería que sólo hubiera uno».

Además acotó que el republicanismo español no es sólo optar por una forma de gobierno, sino que tiene también un programa político detrás: «Sí, es cierto que hubo otra bandera asociada al republicanismo que ahora se quiere recuperar, pero eso es lo de menos. Hasta el PC renunció a ella, y parte de los ideales progresistas republicanos están reflejados en la Constitución».

Anónimo dijo...

Ciutadans (C's) porá en marcha a semana que vén unha campaña cívica para fomentar que os cidadáns esixan aos seus concellos que fagan ondear a bandeira española, ademais da autonómica, no interior e no exterior do edificio municipal, tal e como establece a lei sobre o uso de bandeiras.

O partido estima que só en Catalunya existen máis de 100 concellos nos que non ondea a bandeira española. Para cambiar esta situación, C's colgará na súa páxina web unha instancia que poderá ser presentada nos concellos, e o propio partido realizará esta acción en todas as poboacións nas que se teña constancia deste incumprimento da lei, como mínimo en Catalunya, Galicia e o País Vasco.

Así mesmo, as propias Agrupacións Locais de Cidadáns presentarán nos plenos dos consistorios da súa localidade unha petición neste sentido.

Segundo explicou a través dun comunicado o presidente de C's, Albert Rivera, "custou moitos anos e penas que as bandeiras autonómicas fosen utilizadas con normalidade e pleno dereito", pero agora sucede "a situación contraria" e é a bandeira española a que é "ninguneada debido á presión dos partidos nacionalistas".

Por iso, dixo Rivera, "o partido denunciará aos consistorios que desatendan o requirimento dos cidadáns". C's está aberto a colaborar nesta iniciativa con outras entidades ou asociacións non nacionalistas.

Segundo explicou Ciutadans, a normativa prevé penas adicionais de inhabilitación para os cargos públicos en caso de incumprimento desta lei.

Anónimo dijo...

A bandeira das Hespañas durante moito tempo foi a cruz de san andrés en roxo sobre fondo branco. Viña dos Austrias e, en efecto, foi sustituida por esta que engalana, e moi ben por certo porque as cores son bonitiñas e churrusqueiras, colocada en ristra, as festas dos pobos de Galicia. Máis ca española parece a bandeira do corpus ou das festas patronais.

Anónimo dijo...

Para que a festa fose completa,Ciutadans debería denunciar tamén aos gobernadores militares ou comandantes de posto da Garda Civil que non coloquen as bandeiras vasca,catalana ou galega na porta dos seus cuarteis.

Anónimo dijo...

Non sóio os conceptos de bandeira,nación,etc foron secoestrados polo franquismo...

Tamén secoestraron outros como:respeto ós profesores,respeto ós veciños,valor da disciplina e do esforzo,etc... de tal maneira que cando enfatizas eses valores,moita xente chámache "facha".Un daño indirecto do franquismo que sufrimos aínda hoxe...

Anónimo dijo...

Polo seu interese sociolóxico transcribo comentario (que me pasa a miña filla) dun fotolog dun "angelico" adolescente:

"sisi oy x este colegio jajaja xq,,

xq se va a poner todo n castellano no vamso a tener gallego uniko inconveniente al q ami me enkanta hay q hacer la selectividad n madrid ya q aran nuseq cn lso sauces de la moralweja,,osea eskisito adios no mas gallego!!!!!!!!!!!!



sisis te kiero Sauces!!!

Anónimo dijo...

Non se preocupe.se suprimiran tamén castellano serían aínda máis felices.