2 sept. 2007









A fráxil condición humana.

Andoliña martes 4 setembro

Nunhas cartas que mandou queimar á súa morte, decisión que non se levou a cabo, Teresa de Calcuta deitou reflexións relixiosas que evidencian as súas dúbidas de fe: xa en 1948 escribía a madre Teresa, premio Nobel da Paz: "Eu chamo, pero ninguén responde, ninguén a quen agarrarme, ninguén (...) Mesmo no máis fondo non hai nada, agás baleiro e escuridade (...) que esgazadura esta insospeitada dor, non teño fe". Hai corenta cartas deste ton que se recollen nun libro de próxima publicación. Por outra banda, Arthur Miller, un escritor que admiro por moitas razóns, ocultou durante anos que tiña un fillo con síndrome de Down: nin sequera o cita nas súas memorias e só se lembrou del á hora de facer o seu testamento. Son dúas novas recentes que nos desvelan as múltiples reviravoltas da condición humana.
Dúas novas que, dalgún xeito, nos ofrecen unha visión máis humanizada dalgúns grandes personaxes do noso tempo. E que, ademais, nos permiten reconciliarnos coas fraquezas ás que todo ser humano ten que pagar o seu óbolo: se ata eles o fixeron, que nos semellan figuras case xigantescas, como non imos padecer nós tamén, humildes humanos do común, miserias semellantes ou outras peores?

21 comentarios:

Jimy de Rairo dijo...

Vergoña, sentir vergoña dun mesmo, resultar ignominioso, execrabel, ocultar, facerse cunha imaxe, cosntruila lonxe das serpres dos sentimentos, con sensación copiadas, mimeses de outras imaxes que poden derrubarse ante a repentina prominencia dun sentimento, ese que fai fenda, que tala as arquitecturas do narcisismo, un sentimento de culpa. Posibelmente Teresa de Calcuta, mandou queimar os papeis, porque se sentía culpabe da súa probabel difusión e non vía nada positivo nas consecuencias. Miller, seguramente transferiu algunha culpa adequirida por outros paraxes existenciais na "desgracia" dun fillo co sindrome down, unha culpa que non daba asumido, un fillo que non deu asumido.
Non soportamos a continxencia do mal, eso é o certo, habería que ser titáns, ou cinícos autenticos para observalo friamente e non proxectar a propia mala conciencia, a culpa.
Pero con titáns e cínicos autenticos nonse fai unha sociedade, por eso o mal está na súa raiz.

marcel swann dijo...

Creo, sr Jimmy, que case todos temos, dun ou doutro xeito, algo máis ou menos doroso que ocultar. Normalmente son cousas que non fan sufrir aos demáis e, como tales, é mellor consideralas con comprensión. Eis o caso de Teresa de Calcuta e de Arthur Miller.

Xoan da Coba (Ex-Mr-Troll-ágrafo) dijo...

A fé de Teresa de Calcuta debía ser comparábel á de Santa Teresa:O difícil é ver o que ela víu e non deixar de crer en Deus ó momento...

A loita xeral do ser humán (e o indivíduo moitas veces) pasóu por tres fases:
Unha primeira loita:Home versus Natureza:a mera supervivenza cotidiá era o reto.Nesas circunstancias,alguén inmortal é un Deus.Non se lle esixe máis,e pode haber varios.
Segunda loita: Home contra Home.A xerarquía e o poder permiten gañar esa loita.Idealízase a Deus como un superior xerárquico absoluto e todopoderoso.Xa sóio pode haber ún,claro...
Tercera loita: o Home contra Sí Mesmo.Nesta terceira fase,crer en Deus é sinónimo de crer nun senso trascendente da própia vida.Ademáis das características anteriores,Deus é un principio que da senso e orgaiza o Universo ("Sábeo todo").
As crises "de fé" danse posíbelmente no tránsito entre estes diferentes conceitos,mesmo a nivel persoal...(Teño que darlle unhas cantas voltas máis a esto...).

Os escritores saben que as tres loitas anteriores son os modelos básicos de calquer novela: "Robinsón Crusoe","Guerra e Paz" ou "Crimen e Castigo" son fácilmente clasificables...
Falta un carto tipo de loita: O Home contra o Sobrenatural.(¿Extraterretres,mortos..? ¿En qué clase de Hiper-Deus creeremos cando esta loita sexa a prioritaria? ¿Cómo serán as correspondentes "crises de fé"?

Graziñas por lembrarme reler a Teilhard de Chardin...

apicultor dijo...

A singularidade destes casos de Teresa de Calcuta e Henry Miller -como non hai moito tamén a a de Günter Grass- é non tanto que padezan as típicas miserias da condición humana, senón en erixirse narcisisticamente en portavoces universais dunha presunta razón superior (Deus, a humanidade, a xustiza, a liberadade, ...) cando cometen actos que eles mesmos reprobarían nos demais sen moverselles un só músculo.

Xoan da Coba dijo...

Por outra banda, a loita interna contra o noso alter-ego,o que Jung chamóu "A Sombra",é algo normal.Sóio unha persoa que se tome esa loita en serio e moi disciplinada é quén de escribilo,posibelmente como unha maneira de disciplinar o razoamento,de "neuralizalo" de xeito diferente,sen a máis mínima intención de que eso sexa publicado.O escribir os propios pensamentos fáinos máis precisos,máis claros.Releelos despóis dun tempo é moi nutritivo.Pero é algo íntimo e persoal,coma un cepillo de dentes.Normal que non sexan transferidos,"publicables"...

apicultor dijo...

O caso de Henry Miller -que por construirse narcisísticamente unha imaxe pública renunciou ao máis leve atisbo de compaixón- é semellante ao de Ignacio Gallego, lembran?, aquel dirixente comunista de melena leonada.

Este tivera na URSS un fillo cunha grave minusvalía física, e Gallego abandoouno nun infernal orfelinado soviético, condeándoo a unha morte case segura.

Pero o rapaz sobreviviu e, ademais, era moi listo e espabilado. Co tempo escribiría unha novela de éxito sobre a súa experiencia e hoxe vive de escritor. Chámase Rubén Gallego.

Ignacio Gallego deixou ao seu fillo tirado nun brutal orfelinado. Henry Miller seguro que o internou nunha institución de pago onde o tratarían ben.

Mais, alén desta diferencia, os dous casos exemplifican como a "nuda vida" é moitas veces sacrificada en aras de "ideas superiores".

Velaí un dos alicerces do totalitarismo.

hormiga dijo...

A min tanto me ten o de Teresa de Calcuta, posto que so me provoca repulsión. E o de Arthur Miller é coma o de Neruda e a filla abandonada. Unha vergoña, unha flaqueza, algo que non mezclo coa obra, porque non vou ir analizando a vida de todo Dios. De tódolos xeitos na miña casa non hai altares e caben todos os pecadores.

Xoan da Coba dijo...

En efecto,apicultor.Pero unha muller nunca o faría.Os homes teñen unha idea abstracta da Humanidade,i en aras do que eles consideran o bén desa Humanidade Abstracta,sacrifican a parte de Humanidade Concreta que lles corresponde coidar (As mulleres fan ó revés).
Claro que os totalitarismos baséanse nese desprecio do individuo concreto en aras dunha "causa".Excepcionalmente,o individuo concreto pode ser un mesmo (terroristas suicidas).

Xoan da Coba dijo...

Vouvos contar un caso.
Fai anos,sendo eu novo,pero xa con carné de conducir,un veciño vello da aldea pedíume se o podía levar a un sitio.Eu díxenlle que sí,e levéino ó que resultóu ser un centro de disminuidos psíquicos que hai perto de Allariz.Iba visitar un fillo que tiña alí e que ,como soupen despóis, visitaba en moi raras ocasiós.Na aldea,sóio a xente da súa xeración coñecía a existencia dese fillo.Parecéume a mín tan vello coma o pái.Non falaba nada,e non parecía cómodo coa visita .Acompañéinos nun paseo pola carretera e caéume a alma os pés cando o pái se pon a chorar e dixo: Ai,fillo,fillo.Canto mellor fora que te levara Dios cando nacíches...

rosa enriquez dijo...

Dos ecritores interésame a obra,sobre todo. Non me gusta mitificar, quizabes por iso non me sorprenden as miserias humanas. Hai moitos casos como o de Arthur Miller, Picasso por exemplo.

marcos valcarcel dijo...

Arthur Miller (non Henry), querido amigo Apicultor.

marcos valcarcel dijo...

Ben triste e contundente a anécdota que conta Xoán da Coba en Allariz: por desgraza moi verósímil. Tamén me parece moi dura a expresión que usa Hormiga cara Teresa de Calcuta: non logro entender tanta xenreira...(á marxe das crenzas de cadaquén).

apicultor dijo...

En efecto, Arthur Miller e non Henry idem.

Xoan da Coba dijo...

De Henry Miller lín varios libros,pero sempre o asocio a un titular cunha frase súa seleccionada dunha intervista en "Interviú",mediados os 70: "El sexo es Dios".Menudo escándalo...incluso pra mín,naquela altura.Hoxe,a frase paréceme digna de análisis...

marcos valcarcel dijo...

Eu tamén lin varios de Henry Miller, hai bastantes anos, pero confeso que non me chistaron demasiado: quizais non os lin no momento oportuno...

Anónimo dijo...

¿E pensades qué esas dúas anécdotas son miserias?. Miseria sería carecer de dúbidas. Só os cegos de mente carecen delas. Un pode tender, crer en algo, pero precisamente, chámese a gracia divina ou a iluminación do intelecto, pasa por non cegarse e dubidar. Preguntarse o por qué, hasta do que un usa como patrón de vida. O fillo de Arthur Miller, ¿ninguén se pregunta si cecáis esa foi unha forma de protexelo, de mantélo alexado das malas linguas que a través do fillo poideran clavar o aguixón no pai. Todos temos os nosos enemigos. Non o tiña tan lembrado cando se acordóu de él no seu testamento. E o seu fondo, o seu sentimento, foi cecáis o único que non publicóu.
¡Xuzgar, xuíces! A quen ferro mata a ferro morre. Miseria é non xuzgarse a sí mesmo, é pensar do que un pensa: Esto é así e non hai máis que falar ...

Calcio 20 dijo...

¿Miller? ¿non era un porteiro do Bayern de Munich?

bastián gomez trabadelo dijo...

Que pouco entendes de futbol, Calcio 20, non se chamaba Miller se non Muller.

Calcio 21 (isótopo inexistente) dijo...

¿Qué ten que ver entender de fútbol con entender de futbolistas,entender de literatura con entender de literatos,entender de medicina con entender de médicos,entender de musica con entender de músicos,entender de cociña con entender de cociñeiros,entender de cine con entender de cineastas,entender de pintura con entender de pintores...?

E a diferencia entre entender desde a producción i entender desde o consumo.Xa séi que o último concepto é dominante actualmente...

arume dos piñeiros dijo...

As novelas do falócrata Henry Miller, lidas en idade temprá, favorecen a temprera matinal e a licuación dos membros. As obras de Arthur Miller tratan de comprender a inevitable tristitia post coitum. Os goles de Müller valeiraron Amsterdam la nuit un aciago día de 1974.

Leituga 1 dijo...

Gerd Müller, en efecto. Non porteiro, senón dianteiro centro, exemplo de cazagoles, compañeiro de Breitner, Beckenbauer, Maier, Vogts e do inesquecible Frank Overath. Foron eles, e Müller por riba de todos, os verdugos da Laranxa Mecánica aquel día de 1974 rememorado por Arume con tristeza que comparto.