26 sept. 2007


en poleiro alleo.
A beleza da Terra
(Imaxe de Úrculo, Ruedo Ibérico)

Incide hoxe Miguel Anxo Fernán Vello, en A beleza da Terra, nun tema que xa temos tocado aquí, creo: a maior atención ó coidado do medio ambiente e o patrimonio natural nas terras veciñas de Asturias e Cantabria fronte os desastres que se poden ver Galicia adiante.

Tamén pode ser interesante lembrar que se cumpren Veinte años del gobierno Laxe, como destaca José Luís Gómez en El País. Aínda que hai diferenzas evidentes co goberno bipartito actual, aquela foi a primeira experiencia da esquerda (en alianza co centrodereita de CG e PNG) na transición no noso país.

Por outra parte, non deixen de visitar a gorentosa galería de tapas do amigo Arume dos Piñeiros, todo un convite para achegarse polas terras luguesas nos días do San Froilán.

51 comentarios:

apicultor dijo...

Naturalmente, aquel goberno tripartito tivo as súas luces e as súas sombras.

Así, a bote pronto, eu non sería tan optimista no balanzo como o é o redactor da efeméride. Desde logo, comezar como comezou, a partir da "felonía" (Fraga dixit) de X.L. Barreiro non era empezar xa con bo pé.

A respecto desta época, Carlos Mella ten escrito e descrito algunhas anécdotas ben pintorescas e significativas. Mais eu descataría a que considero nefasta actuación de Antolín Sánchez Presedo á fronte do PSdeG-PSOE, a curiosa "ambigüidade" da oposición parlamentaria de X.M. Beiras e a dureza implacable de Camilo Nogueira, única oposición real a aquel tripartito cuxo recordo se perde nas remotas neboeiras da memoria: por algo será, digo eu.


Logo, claro, veu o que veu. E como!

arume dos piñeiros dijo...

A mín o que me chama a atención do que observa Fernán Vello é que iso sempre foi así desde que eu teño uso de razón (xa, xa: hai pouco ou aínda non). Cal é a razón, máis alá do desleixo do que fala Fernán Vello (que creo é de Xermade, terra ben cuidada que parece Ingalaterra) ou a falta de educación? Algo terá que ver (e perdón polo pedestre marxismo) o modo de posesión da terra, o sistema de propiedade, o tipo de adicación agrícola ou gandeira. Porque se Galicia ten queixa de aillamento, Asturies, con aqueles picos de máis de 2000 metros aínda o ten pior. Ao mellor lle pasa como a Sicilia, se lle imos facer caso ao artigo de Sarille en A Nosa Terra, que mirou cara outro lado (Francia, París ou Gran Bretaña, Bélxica) en lugar de para a meseta. Igual si.

Xoan da Coba dijo...

Pra fomentar entre os nenos o amor á terra e a natureza,pódense facer cousas ben sinxelas,bonitas e boas,con poucos cartos pero con imaxinación.Vouvos contar unha iniciativa que vín en Alemania.Quizáis xa a coñecedes..

Pola cidade alemana de Karlsruhe pasa un pequeno río chamado "Ufer".Non é moi profundo,hasta os rapaces pequenos poden atravesalo a pé nalgús tramos.Un día ó ano,no vran,orgaízase un concurso:

Grupos de nenos cos seus páis,ou mozos e mozas,ou adultos,ou incluso unha persoa soa,entran no río a bañarse e de paso apañan pedras do fondo,de tódolos tamaños e formas,e apílanas pra construir unha estructura calquera con elas.Como as pedras teñen formas curiosas e a imaxinación da xente é desbordante deseguida se ven sobresaíndo da superficie dragós,casiñas,formas xeométricas....Os rapaces e os seus páis pásano "pipa" facéndoas.Algunhas son verdadeiras obras de arte.Fanse fotos,etc.
Finalizado o plazo dunhas cantas horas,un xurado evalúaas e danse premios,coma eiquí nos maios,con presencia de autoridades,etc.(Prácticamente cada obra leva algo aínda que sexa de consolación)

As obras non se derruban,quedan alí,adornando,hasta que o río tire con elas.Algunhas poden agoantar moito tempo,i e un orgulo pra queñes as fixeron.
O recordo deses felices momentos fai que todos amen ese río.Nunca veredes lixo na beira,non atoparedes un vertido.O río é verdadeiramente parte da súas vidas persoáiss e coletivas.
Fixádevos con qué poucos cartos se divirte unha cidade enteira e se mantén coidado un río todo o ano.

Xoan da Coba dijo...

Esquecín decir que ó río sígueo amando incluso xente que vive agora moi lonxe dél.

marcel swann dijo...

[Creo que deste tema xa falaramos hai tempo]
Sobre o feísmo e o desleixo das casas galegas, hai un compoñente póñanlle vostedes como queiran: económico (falta de posesión da terra até tempos recentes), cultural, antropolóxico, histórico. Das o chimpo a Portugal e, aínda que os paisanos son tanto ou máis pobres, parece que teñen outro gusto, outra educación, un saber facer as cousas. As casas teñen outro xeito, hai flores nas fiestras e os xardíns están mellor coidados. [Todo isto son xeneralizacións, evidentemente].
A ver que din a media ducia de historiadores que postean aquí: eu penso que o pobo galego (as chamadas "camadas populares") non tiveron un refrente estético, simbólico ou o que queiran en quen mirarse. Dito popularmente: o paisanaxe morría de asco.
Recordo imaxes, de neno, de familias de labregos con recursos, pero que vivían en enormes casas insalubres pero, eso si, que non faltasen dous ou tres cochazos á porta. Iso era para eles símbolo de estatus, non as cousas "pequenas" como por exemplo enlousar unha eira para non ter que pisar a lama.

apicultor dijo...

Fermosísima esa iniciativa alemá da que fala XDC. Cousas imaxinativas coma estas son as que faltan aquí, e non a edición de folletos ou spots carísimos de campañas "concienciadoras" ás que ninguén lle fai caso.

O feísmo -e falo sen terme detido non máis de cinco minutos en reflexinar sobre o fenómeno- penso que é algo que ven, sobre todo, dos anos sesenta para acó. Non hai que confundir -creo eu- o feísmo coas malas condicións insalubres que, en efecto, tiñan moitas casas no rural até non hai demasiados anos.

E, non sendo historiador, penso que non hai unha relación entre a propiedade da terra e o feísmo. Cando o feísmo comezou a expandirse xa había décadas que o campesiño galego tiña acadado a propiedade dos predios que cultivou secularmente (o campesiñado propietario parcelario, din os historiadores que saben disto, como Ramón Villares, pode considerarse maioritario na Galicia rural á altura dos anos trinta do século vinte). E dado que o feísmo é un fenómeno de trinta anos máis tarde, pois eu non lle vexo a relación.

En troques, o feísmo ten relación coa ausencia dun "referente", pero ese referente debían subministralo e administralo, moi en especial, a lexislación pertinente e a autoridade competente. E xa sabemos que durante o franquismo -e mesmo até hoxe(?)- non había nada diso.

En fin, vostedes dirán. Que con isto son tan só dez minutos os que levo reflexionado sobre o feo fenómeno.

Xosé M. González dijo...

Os Fernán Vello son de Cospeito; non así o trobador homónimo, se cadra da ilustre liñaxe portucalense dos Velhos, se cadra viveirense ou aínda ao mellor de terras do Ribeiro. Lamento non poder ler o artigo nin departir hoxe con vdes. Teñan boa velada e noite.

arume dos piñeiros dijo...

En Asturies dan premios todos os anos "al puiblu más guapu" e tamén ao máis exemplar. E podo asegurar que hai moitos que empregan humildes esforzos a gañalo porque lles concede un prestixio, local eso si, pero do que poden presumir. E moitos deles non son máis de 20 casas, engalanadas, pintadas con primor, coas corredoiras enlousadas ou arregladas con modesto cemento.
Un aspecto que chama a atención é que, a pesares da pouca utilidade actual dos hórreos, éstes consérvanse con cuidado en case todos os sitios.
O franquismo tamén estivo en Asturies (con crudeza coñecida) e Cantabria. Haberá que buscar outras razóns.

arume dos piñeiros dijo...

Tiña información errada, pero Cospeito tampouco está tan lonxe de Ingalaterra e os seus cottages. Ata fica sulagado canda as choivas.

Xoan da Coba dijo...

Fotos na rede do río do que falaba máis arriba

entorno do río

un tramo

outra

apicultor dijo...

Home, Arume, eu non dixen que o franquismo fose a única causa, nin tan sequera a principal. Pero que dúbida cabe que a ausencia dunha lexislación acaída e unhas autoridades eficaces tamén contribuiu o seu. Ou non?

apicultor dijo...

Que estraño que ninguén diga nada sobre o tripartito (que na gloria estea).

apicultor dijo...

Insisto: Non hai ninguén que desexe opinar sobre aquel goberno tripartito?

(Voume, que teño que ir facer unhas xestións burocráticas)

Xoan da Coba dijo...

Fai tanto tempo e foi tan efémero...por certo,o de goberno,por chamarlle algo.
Deseguro andan por eiquí xentes moi vencellada a aquelo.¡Falade,viláns!

arume dos piñeiros dijo...

Tan efémero non foi: e aínda fixeron cousas. E, ademáis, case gañan, ollo. Os socialistas nunca despois quitaran tantos escanos. Obrigou ao PP e aos centristas galeguistas a decidirense. E claro que se decidiron cando viron cruzar o telón de grelos a Manolo de Vilalba. Gracias a eles podemos aínda hoxe desfrutar do augardente Presidente don Manuel, pertiño de Ponteareas.

Xoan da Coba dijo...

Cousas do Felipe e o Guerra,que fixeron o posible por que Galiza fora o cemiterio dese elefante.A eles importáballe pouco o noroeste.
E os Centristas foron unhos vendidos (a parte que se puxo de lado de Fraga).Qué pouco "sentido do Estado"(aplicado a Galiza),qué pouca coherencia có que teóricamente eran seus principios,cambeados por
un plato de lentexas.
(A fábrica do aguardente véxoa dende a autovía,pro nunca entréi a vela.A ver se a próxima.)

marcos valcarcel dijo...

Lembran que aquel bipartito empezara co follón do Casón en Fisterra, non?
Tiña escoitado eu a sona de gafe dalgún dos seus responsables, que saben diso?

marcel swann dijo...

Curioso goberno:
- un presidente ex-pexego e tecnócrata reciclado que falaba nun galego simplificado de duas centas palabras, e que non pintaba nada en Madrid, onde non o querían recibir (Fernández Lage, ou "Lakse" como dicían entón en TVE), mais outro que durou de secretario do partido menos que un caramelo á porta da escola (Presedo, creo que se chamaba)
- outro que era tan listo que se pasara de listo, e acabara de aterrar polo método do aluvión (por dicilo dalgunha maneira) nun partido nacionalista que non era tal (José Luis Barreiro: escríboo así, na lingua na que escribe os seus artigos)
- outro que chegou a ser secretario xeral de varios partidos a cuxa demolición contribuiu con enorme éxito (o noso Carlos Garaicoechea galego; por certo, creo que segue por aí en activo... ollo ao piollo)

marcos valcarcel dijo...

Con todo, creo que o único partido estructurado naquel tripartito era o socialista. Coalición Galega estaba habituada a gobernar coa dereita, pero non se vía nese outro papel. E do que foi logo o PNG creo que o núcleo articulador foi Henrique Rodríguez Peña: supoño que M. Swan non se refire a el, porque morreu hai un ano; tal vez quixera referirse a González Mariñas, este si en activo, no BNG, pero creo que era Peña e non Mariñas quen dirixía o tinglado.

Xosé M. González dijo...

A CG puido Barreiro chegar a darlle certo empaque e estrutura, pero liquidárono a tempo de impedilo. Sucedérao Suárez Vence, que era ademais conselleiro de Sanidade: en Lugo, todos os cargos da consellaría eran do PSOE, non lles digo máis sobre o poder "coaga" real.

Eu quedei con esa mesma idea: o único partido realmente estruturado era o PSOE; onde Laxe nin puidera nomear a Ceferino Díaz, o fiel Ceferino, como conselleiro: colocáronlle arredor unha serie de coruñeses coma José Nogueira, o conselleiro de Traballo (penso, e non lembro o nome) ou Fernando Salgado, monterrosino de orixe que traballaba en "La Voz de Galicia". Non preguntarán quen foi o colocador.

marcos valcarcel dijo...

Hai días que non lemos por aquí a LEITUGA, debe andar moi ocupado. A min gustaríame saber a súa opinión sobre aquel tripartito e os seus principais actores.

marcos valcarcel dijo...

A propósito do dito por X.M.GONZÁLEZ: poucos anos despois do tripartito, fixemos un debate organizado polo Alex. Bóveda en Ourense, nos salóns de Caixa Galicia do Paseo, falando creo que do caciquismo. Un dos convidados era José Luís Barreiro e fixo as delicias do público contando confidencias daquel goberno: p.ex., contaba que el cando chegaba a un pobo xa sabía se o alcalde era socialista ou de Coalición Galega polo tipo de marquesinas que mandaba a Xunta: se era do PSOE viñan dunha consellería; se de CG, eran doutro xeito. Non sei se co tempo non pasará o mesmo co bipartito actual: a xente dirá, mirá aquí hai unha Galescola, había alcalde do BNG; ou un centro de saúde novo, pois logo era socialista...

apicultor dijo...

Por fin me fixeron caso e falaron do tripartito, polo que lles estou moi agradecido. Lereinos cando chegue a casa. Agora quédanme 90 quilómetros por diante nunha tarde radiante.

marcos valcarcel dijo...

Amigo Apicultor: xa que vostede abriu o debate, agardamos con interese as súas achegas ó mesmo. Semella que de todos os personaxes que se moveron naquel drama poucos quedan na política máis activa: Laxe debe andar máis no mundo académico e Barreiro na opinión política. Do resto, pouco se sabe. Tamén é certo que aquel goberno tivo unha crítica forte dende o PSG-EG, pero creo lembrar que estaba asociada ó tema aquel das denuncias do Xogo, máis que a unha oposición política frontal.

apicultor dijo...

Ja soc aqui!

Eu xa fixen a miña primeira e curta avaliación (está ao comozo de todo). Agora veño derreado de darlle pastilla ao coche: media de 140. Espero que non me puxeran unha multa como ao amigo XDC.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Bossi: "Para conquistarmos a libertade unha loita de liberación do norte". Hoxe nun mitin en Vicenza, na cidade de Palladio, engadiu o lider da Lega Nord, xunto con Berlusconi: "A libertade non se pode conquistar no Parlamento, senón con homes lanzados a unha loita de liberación. Non traigo boas noticias, porque despois do referendum (o da reforma constitucionla de xuño de 2006) non hai seguridade de poder cambiar a Constitución. Por iso, quizáis será necesario un ataque del Norte: eu sei que podo levar 10 millóns de padanos e outros tantos vénetos á praza pública, dispostos ao sacrificio por unha batalla de libertade. Nun país cunha esquerda que ten un odio ideolóxico nas relacións cos homes do Norte".
Traduzo das noticias de Italia. E neste blog aínda non parolamos do de Ibarretxe.

apicultor dijo...

Semella que, mutatis mutandis, Bossi se inspira na Marcha sobre Roma do señor Benito (Mussolini, of course).

Xoan da Coba dijo...

A libertade non se pode conquistar no Parlamento, senón con homes lanzados a unha loita de liberación.

Veña,señor Arume d.p.,que hoxe non é o día dos inocentes.¿Pensóu que eu iba crer que está a falar de Italia? Diga de verdade de qué pais bananero se trata.

Dixo Beiras dijo...

Espectacular a súa definición [de Beiras] do que hai que facer: conservar o espíritu do 1982 especialmente no tocante a ""irmandade, soberanía popular, democracia participativa, república e esquerda, porque non hai transformación nacional sen un prisma de esquerda".


[Dedicado aos que discutían o outro día se o BNG era ou non de esquerdas]

Xoan da Coba dijo...

¿Entón o que dí Beiras é "Palabra de Deus,adorámoste Señor..."? Pregunto,somentes,por si alguén quere respostar...

apicultor dijo...

Xa sabe o dito, e vén moi ao xeito para aplicármolo ao nacionalismo galego:

Deus está morto e eu ultimamente non me encontro nada ben.

arume dos piñeiros dijo...

Gran pregunta, da Coba. Eu tamén a fago. Vai camiño de Mesías. Sen pretendelo, of course.

arume dos piñeiros dijo...

O máis paradóxico do caso é que, sendo Mesías para algúns, é rémora para case todo. Tamén sen pretendelo. Todos ollados no seu espello. Todos buscan a súa resposta. Unha orfandade innecesaria.

apicultor dijo...

Unha certa vocación mesiánica -sexa vocacional ou impostada- tena, diso non hai dúbida.

marcos valcarcel dijo...

E que pensarán na dirección do BNG, da que o mesmo Beiras segue a formar parte, do seu apoio entusiasta ás loitas contra Reganosa en manifestacións moi críticas co actual goberno (do que o BNG de Beiras é parte fundamental). Por unha banda, debe ser moi incómodo. Pola outra, serve para cultivar o aplauso da militancia radical e de moitos simpatizantes que poidan sentir nostalxia "polo BNG de antes", non?

arume dos piñeiros dijo...

Beiras ten a vantaxe de estar inmaculado no labor de goberno. Ninguén sabe como o pode facer (ou puido).

Xosé M. González dijo...

Nótase ben que (todos) vdes. estiveron ausentes de Riazor sábado pasado. Había que estar e ver -desde posición privilexiada, debo dicilo-, tamén que escoitar para avaliar, sobre todo, iso de "todos ollados no seu espello", etc.

No caso Reganosa, Beiras non é único, só o máis visible. O BNG en Ferrol ten un tremendo problema, a grande división interna; e debe estar a recuperarse (se tal) de ter sufrido un durísimo castigo electoral cando, en todo caso, de ter culpa non era nin con moito o que máis tiña: partido houbo con moita maior responsabilidade no de Reganosa que máis reforzado non puido saír.

Hai unha ensinanza que outros teñen aprendido de hai tempo e no Bloque parece de aprendizaxe recente: aínda gobernando, cómpre ter un perfil social; e, por veces, pode ter as súas contradicións co labor de goberno. No tocante a Ferrol e Reganosa, non sei se queren que lles concrete.

Remato co algo que xa teño dito: calquera partido grande ten, hoxe por hoxe, considerable pluralidade que trae de seu tensión; pero desde a última Asemble Nacional o Bloque amósase máis ben soldado, non crean todo o que escoitan.

marcel swann dijo...

A min os comentarios que fan arume e apicultor sobre un suposto Beiras mesiánico non me cadran nin co seu comportamento ético nin co estético. Nese sentido Beiras é un tipo raro: ao contrario que moitos galegos, pensa o que di e di o que pensa, e actúa en consecuencia (ás veces con erros, claro está). Do seu comportamento exemplar podería citar algúns casos recentes: tema sobresoldos dalgúns funcionarios, tema Reganosa, non aceptación dunha poltrona para telo controlado, etc. Pero claro, eles non cren no "nominalismo", e Beiras é un "flatus vocis" na historia contemporánea de Galicia.

Leituga 1 dijo...

O tripartito estivo moi a punto de gañar as eleccións. Eu creo que se non o fixo foi pola argallada que lle fixeron os do PP a Barreiro (en proporcionada e cruel resposta á que el lles fixera a eles) e tamén polo que apuntaba Xan da Cova (Felipe e Guerra decidiron que estaría ben montar en Galicia un Parque Xurásico e que o dinosaurio viñese preiquí). Sen repasar nada, lembro tres cousas do tripartito: as novas universidades de Vigo e Coruña, coas que probablemente algúns de vostedes teñan algo que ver; o inicio dun audiovisual galego con perspectivas e ambición ("Sempre Xonxa", "Continental"); e un forte impulso á pmodernización cultural, coa apertura de múltiples liñas de axudas e de actividades das que viviu inertemente o PP ata a extinción electoral do fraguismo. O CGAC é o símbolo máis acaído do que lles conto. Polo demais, estou seguro de que tamén se fixeron estradas, centros de saúde e moitos institutos de cristo. Habería que estudar aquel goberno un pouco máis en profundura do que se fai. Pero non hai entre nós "historiadores do presente".

arume dos piñeiros dijo...

Vostè mateix. Eu non dixen que fora ou tivera intención de mesías, senón que, como vostede mesmo acaba de demostrar, ten unha boa liña de seguidores (moitos deles amigos íntimos meus que cando se retirou, arrenegaban de todo) que así o debuxan ou prefiguran.

apicultor dijo...

Así como o principal problema de Ferrín son os ferrinianos, o de Beiras son os beiristas. Adiviñen vostedes por que.

Xosé M. González dijo...

Concordo no prexuízo que sobre Beiras pareceron exercer certos beiristas que non están á súa altura; responsabilidade niso leván, tamén, os que nun momento dado quixeron "amortizalo" e quen consentiu: non se pode deixar só a alguén e pretender que non colla a man que encontra dispoñible.

Por outra banda, Beiras fixo iso que di o Swann, pero non deixa de ser unha posición na que se encontra cómodo. Ignoro se a poltrona lle foi proposta con intención xubilatoria, en todo caso sería merecida e adecuada.

Xosé M. González dijo...

Haberá que historiar, en efecto, o tripartito, as súas realizacións, liderado, relacións políticas e proxectos que nel quedaron fanados. Antolín fixera estradas e conformara un liderado que entre Fraga e Vázquez escacharon no 93. Alfredo Conde -posiblemente un dos poucos conselleiros de confianza, nomeado polo propio Laxe- tiña contactos, prestixio e deu de si unha xestión razoable; outra cousa é apoñerlle á Xunta o mérito de difundir a Chano Piñeiro, por moito que subvencionase a película.

Non tivo, en todo caso, tempo o tripartito. Quedou, ademais, duramente danado coa caída de Barreiro; iso si que foi perda para o país, por moito que os de Esquerda Galega -teño constancia persoal- non o estimaran así, considerándoo "un deshonesto". En Lugo, en todo caso, os cargos, xestores e xente significada do PSOE, o que eu vía e coñecía, levaban canda eles un tufo felipista -incluso guerrista- que (me) botaba para atrás, incluído un aceno de posible prepotencia. Orozco, delegado de Cultura, singularizábase un pouco falando galego -aparentemente- as máis das veces. Fóra diso, escasísima presenza, non sobrados de respecto. É experiencia persoal, pero lembranza nidia.

apicultor dijo...

Unha perda para o país! Nada máis e nada menos. Incrible.

Reitero que nunca entenderei a fascinación dos nacionalistas por ese personaxe.

apicultor dijo...

Por certo, amigo Saavedra, lin o artigo de Villalaín do que falaba o outro día. Non sei se le ou este blog, pero estou de acordo con todo o que di. Serei prisoísta?

Xosé M. González dijo...

Non necesariamente; cabe a posibilidade certa de que el se abeirase, Apicultor, dalgún modo á súa sombra. Sobre o tema, reitero o dito: posición nidia, algún tópico reacomodado, escaso respecto nalgún cualificativo que igual ata me alcanza.

De Barreiro, hoxe non, ando en cuestión que me ocupa moito. De calquera maneira, Apicultor, supoño que o da fascinación (de ollos, de barba?) non anulará o exercicio de certa análise ponderada. Non me vaia resultar vde. coma o outro.

apicultor dijo...

Por se acaso se lle pasa pola imaxinación, asegúrolle que eu non lle son tal. Amigo del, si, e que lle teño lei tamén.

E non debería darse por alzanzado. Non lle é falta de respecto, senón retranca, iso que tanto falta no país segundo Xaquín Marín.

Xosé M. González dijo...

Ui, Apicultor, a retranca dá para moito pero os adxectivos non son de goma. De calquera maneira, non sospeitara tal cousa.

apicultor dijo...

Xa sabemos desde Aristóteles (e desde Eco e Kundera e outros) que o humor é a arma máis subversiva e demoledora que hai.

Por se non a leu, recoméndolle a vella novela de Kundera "La broma".

Xoan da Coba dijo...

Se X.L.Barreiro visita este blog,que sepa que un servidor é un grande admirador dos seus artigos,estupendamente escritos e argumentados sempre.O de onte,do pendiente,fascinante,coma tantos outros.Coincido con él no 85% dos casos.Cando enfoca temas de índole relixiosa,un pouco menos,pero eso xa é outro tema...
E xa postos,outra periodista que admiro é a ilustradora Pilar Canicoba,da Voz.Cada un dos seus dibuxos equivale moitas veces a un bó artigo de máis de mil palabras...
(Hoxe levantéime pelotillero..)

Xosé M. González dijo...

Apicultor, a broma e o humor son prato diario nesta casa; xaora, a retranca. A falta de respecto -ou lixeireza- é outra cousa, con Kundera e sen Kundera. De calquera maneira non reñamos, primeiro porque non, e segundo porque vou para o choio.